8.8 C
Pontevedra
Venres, 1 de Decembro de 2023
Máis
    HomeÉ NoticiaA Xunta convoca diversas axudas para que as persoas desempregadas poidan participar...

    A Xunta convoca diversas axudas para que as persoas desempregadas poidan participar nos cursos de emprego

    O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria das axudas directas para apoiar a participación de persoas desempregadas nos cursos para o emprego que está a impulsar o Goberno galego. Así, o orzamento para a edición 2023-2024 destas bolsas de apoio, que inclúe financiamento para os gastos de desprazamento, manutención, aloxamento e conciliación, crece un 9,3% con respecto á convocatoria anterior, ata chegar aos máis de 9,3 millóns de euros. Son 800.000 euros máis que en 2022-2023.

    As solicitudes deberán presentarse no prazo dun mes desde a incorporación á acción formativa ou desde que teña lugar o feito causante da axuda. Polo tanto, o período que abrangue o prazo de solicitudes para esta convocatoria será para as accións formativas que se inicien entre o 1 de novembro de 2023 e o 30 de novembro de 2024.

    Con esta iniciativa, coa que se estima que se poidan beneficiar máis de 16.100 persoas sen emprego, a Administración autonómica galega concederá bolsas de asistencia a colectivos prioritarios que presentan especiais dificultades para a súa inserción laboral. Así, outorgará achegas de 9 euros por día de clase ao alumnado con polo menos o 33 % de discapacidade; a integrantes de familias numerosas ou de carácter monoparental e ás persoas que participen nun itinerario personalizado de inserción. Estas bolsas ascenderán a 10 euros por día para as vítimas da violencia de xénero que tomen parte nas accións (inclúense as vítimas de violencia vicaria ou dixital).

    O Goberno galego quere apoiar tamén a asistencia de persoas que teñan ao seu coidado fillas ou fillos, menores de 12 anos en acollida e/ou familiares con dependencia ata o segundo grado, ás que outorgará unha contía igual ao 75%  do Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (Iprem) diario que estea vixente, para facilitar a súa conciliación.

    Como novidade nesta convocatoria, auméntase ata os 20 euros a contía máxima diaria de axuda de transporte en vehículo propio con respecto aos 15 euros da anterior edición (0,19 € quilómetro/día); e -ao igual que en anteriores ocasións- concederanse achegas para o uso do transporte público urbano ou interurbano (1,5 €/día); de manutención (12 €/día) se a distancia do domicilio supera os 20 quilómetros; e para aloxamento e manutención de ata 50 euros por día tanto para domicilios que disten 100 quilómetros ou máis ou nos que se careza de servizo de transporte que permita o traslado a diario. 

    O obxectivo desta acción non é outro que o de facilitar a asistencia do alumnado aos cursos e, polo tanto, mellorar a súa cualificación para que aumenten as súas oportunidades laborais.

    Na anterior convocatoria, 2022-2023, un total de 16.600 personas resultaron ata o de agora beneficiarias destas bolsas, xa que a resolución aínda non se pechou. A Xunta leva investidos desde 2015 máis de 62,3 millóns de euros a esta iniciativa.

    Ligazón á orde no DOG:

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20231027/AnuncioG0656-161023-0001_gl.html

    LIBROS

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.

    Domingo Villar, «Síbaris»

    A morte prematura de Domingo Villar foi un duro mazazo para os amantes da literatura galega, iso é algo sobre o que coido que existe consenso a estas alturas.