8.5 C
Pontevedra
Venres, 29 de Marzo de 2024
Máis

    Tag: cn ponteareas

    Brillante papel do CN Ponteareas nos campionatos de España de Torremolinos

    Torremolinos, en Málaga, foi a sede do XXII campionato de España “Open” Absoluto–XXXVIII Campionato de España júnior, que se disputou en piscina de 50 metros do 9 ao 13 de abril. O evento congregaba aos principais nadadores e nadadoras nacionais e foi retransmitido en directo pola canle Teledeporte.

    O Club Natación Ponteareas, gañador na clasificación conxunta e feminina no Campionato Galego Máster de Inverno

    Grande éxito do Club Natación Ponteareas na primeira cita autonómica deste ano 2022. O complexo deportivo Álvaro Pino acolleu a pasada fin de semana o Campionato Galego Máster de Inverno.

    Rotundo éxito do Club Natación Ponteareas no Campionato Galego Absoluto celebrado en Lugo

    O concelleiro de Deportes, Miguel Bouzó, quere trasladar os parabéns do Goberno municipal ao Club Natación Ponteareas, que rematou o ano por todo o alto no Campionato Galego Absoluto celebrado en Lugo.

    O CN Ponteareas, Campioas galegas absolutas e Subcampións galegos a nivel conxunto

    Decembro aparecía no calendario da natación con dous eventos subliñados en cor vermello. Dunha banda, a Copa de España de natación de 2ª división, con 14 equipos da xeografía española.

    O CN Ponteareas consigue un novo récord para o Club

    A pasada semana, do xoves 25 ao domingo 28 de novembro disputábase, na piscina "Son Hugo" de Palma de Mallorca, o LXV Campionato de natación absoluto de España de inverno.

    Máis de 250 deportistas daranse cita este domingo 31 en Ponteareas nun XXII Trofeo da Amizade de natación de récord

    Ponteareas acolle este domingo 31 de outubro o XXII Trofeo Amizade, unha proba organizada polo Club Natación Ponteareas en colaboración co Concello que reunirá á cifra récord de 250 deportistas de 16 clubs de toda Galicia.

    Os ponteareáns Pablo Cabana, Iria Lemos e Sofía Carballo, deportistas promesas de Pontevedra

    A natación continúa a deixar recoñecementos para o deporte de Ponteareas. Os nadadores do Club Natación Ponteareas Pablo Cabana, Iria Lemos e Sofía Carballo acaban de ser recoñecidos como deportistas promesas 2021 pola Deputación de Pontevedra.

    O CN Ponteareas acada numerosos podios no peche da tempada de augas abertas

    O encoiro de Castrelo de Miño, en Ourense, acollía o sábado 18 de setembro a quinta edición do campionato galego de augas abertas, que ademáis constituía a derradeira proba do circuito galego express.

    Miguel Martínez e Aroa Silva, vencen na ‘V Travesía a nado Vila do Tea’

    O sábado 14 de agosto a praia da Freixa vestíase de gala para dar acollida á V Travesía a nado 'Vila do Tea', a primeira etapa do Circuíto Galego de Augas Abertas 2021, cunhas condicións meteorolóxicas ideais para a práctica da natación en augas abertas. Os máis de 200 nadadores e nadadoras inscritos constituían o récord de participación da proba.

    O CN Ponteareas pecha a tempada cunha boa actuación no Campionato de España Open Junior-Absoluto de Las Palmas

    A tempada oficial en piscina rematou de xeito oficial está fin de semana coa disputa do campionato de España open Júnior-Absoluto. A piscina do CN Metropole na illa de Las Palmas de Gran Canaria acollía esta derradeira proba á que o CN Ponteareas presentaba a maior representación galega. Dúas...

    O Campionato de España Infantil de Verán, contou con representación ponteareá

    Tres nadadoras do Club Natación Ponteareas –Naroa Estévez, Sofía Carballo e Iria Lemos– participaron no Campionato de España Infantil de Verán que tivo lugar do 21 ao 23 de xullo na piscina do Club Natación Sabadel.

    Gran fin de semana para o CN Ponteareas

    Esta foi unha gran fin de semana con dous eventos para CN Ponteareas. Dunha banda, Yoel Faro Martínez participaba no campionato de España alevín de verán en Tarragona.

    Ponteareas xa é, oficialmente, ‘Cidade Amiga da Infancia’

    Ponteareas é xa oficialmente unha Cidade Amiga da Infancia. Representantes do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030, a Federación Española de Municipios e Provincias, o Instituto Universitario de Necesidades e Dereitos da Infancia e a Adolescencia (IUNDIA) e Unicef España entregaron este mércores nunha cerimonia virtual os recoñecementos ás 72 entidades locais que renovaban esta distinción e aos 73 municipios, mancomunidades e deputacións que o recollían por primeira vez, entre eles o Concello de Ponteareas.

    Yoel Faro, María Quintas e María Seijo do CN Ponteareas, medallas de ouro no Campionato Galego Alevín de Verán

    Os meses de xuño e xullo están sinalados no calendario na natación polas numerosas citas autonómicas e nacionais que están a disputarse nestas datas. A primeira delas, o campionato galego alevín de verán, disputouse esta fin de semana na piscina do Complexo Deportivo Rías do Sur, en Pontevedra.

    Magníficos resultados do C.N. Ponteareas no Campionato Galego Máster de verán de natación

    A pasada fin de semana, 12 e 13 de xuño, o complexo Deportivo Álvaro Pino de Ponteareas acolleu o Campionato Galego Máster de natación, unha cita na que se deron cita preto de 250 nadadores e nadadoras de 25 clubs galegos. Era esta á única cita autonómica da categoría esta tempada, logo da cancelación, por motivos sanitarios, do campionato galego de inverno o pasado febreiro.

    O CNPonteareas e o CNEscualos, gañadores do campionato galego de natación categoría máster

    Gran nivel competitivo no Campionato Galego Máster de natación, celebrado a pasada fin de semana en Ponteareas, e no que as nadadoras e nadadores galegos rexistraron varios récords.

    O CNPonteareas campión galego na clasificación feminina e conxunta no Campionato galego de fondo

    O pasado domingo 25 de abril, a federación galega de natación organizou en Carballo (A Coruña), o campionato galego de fondo en categoría máster de natación. Os nadadores e nadadoras participaban en dúas probas, unha de 800 metros e outra de 1500 metros libres.

    O CN Ponteareas medallista no Campionato de natación de España infantil de inverno

    Esta fin de semana, do 5 ao 7 de marzo, Málaga acolleu o Campionato de natación de España infantil de inverno, ao que se presentaban un total de 72 equipos femininos e 83 masculinos. O CN Ponteareas participou no mesmo con 3 nadadoras que obtiveran a marca mínima clasificatoria para 10 probas individuais en total: Sofía Carballo, Iria Lemos e Rosette Otero.

    O Club Natación Ponteareas ‘volve a casa’

    Coa incerteza que caracteriza esta tempada, as disciplinas deportivas buscan adaptar a súa actividade e calendario ás esixencias de saúde. Pero seguen adiante.

    Primeira competición de natación en piscina tras o estado de alarma

    Esta fin de semana o CNPonteareas, en colaboración coa Federación Galega de Natación e o Concello de Ponteareas, organizou a primeira proba en piscina que se disputaba en Galicia tras o parón en marzo do calendario de competicións.

    Club Natación Ponteareas, facendo historia

    O Club Natación Ponteareas segue a escribir páxinas na súa historia. Logo de conseguir na pasada tempada o ascenso, neste curso 2019-2020 o seu Equipo Absoluto está competindo xunto a otros 5 equipos de Galicia na máxima división da Liga Galega de Clubs de Natación: a División de Honra.

    O equipo feminino do C.N. Ponteareas, campión galego no Campionato Galego de Inverno Máster

    O Club Natación Ponteareas vén de asinar un brillante papel nos Campionatos Galegos de Inverno Máster, celebrados esta fin de semana no complexo deportivo 'Frigsa' de Lugo. O equipo feminino proclamábase Campión Galego e o equipo ponteareán remataba, na clasificación xeral, nun máis que notable segundo posto.

    Excelente peche de ano para o Club Natación Ponteareas

    Hai para quen os últimos días do ano son de tranquilidade e relax para coller folgos para afrontar un novo ano e, por contra, as hai e os hai que apretan o acelerador a fondo para conseguir que un ano magnífico, convértase en extraordinario. Ese é o caso do Club Natación Ponteareas para o que, estes últimos días do ano, foron xornadas de gran actividade para os seus nadadores e as súas nadadoras.

    O C. N. Ponteareas segue amosar o seu enorme potencial na especialidade de Augas Abertas

    Esta fin de semana, Pablo Cabana del Amo, e Andrea Domínguez, ámbolos dous deportista do C. N. Ponteareas, formaron parte do equipo de España de Natación en augas abertas en escenarios distintos. Pablo Cabana competía na República Checa no Europeo de Augas Abertas de Račice, mentres que Andrea Domínguez o facía na Copa de Asturias de Augas Abertas. O equipo ponteareán amosou, ben as claras, o seu potencial na especialidade de Augas Abertas.

    Brillante papel das nadadoras alevíns do C.N. Ponteareas nos Campionatos de España

    O club natacion Ponteareas participou no Campionato de España Alevin cun equipo formado exclusivamente por 4 nadadoras, que acreditaran marcas mínimas para poder participar nesta competición, na que se dan cita as mellores nadadoras e nadadores do panorama nacional, de idades comprendidas entre os 12 e 13 anos. As...

    Positivo balance do C.N. Ponteareas nos Campionatos Galegos de Natación

    Pontevedra acolleu as probas dos Campionatos Galegos de Natación, unha importante cita deportiva que abarcaba dende a categoría infantil (nadas no 2004 e 205 para as rapazas e no 2003 e 2004 para os rapaces) ata a categoría absoluta. O campionato, en formato de catro xornadas, disputouse na piscina...

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.