Esta fin de semana, Pablo Cabana del Amo, e Andrea Domínguez, ámbolos dous deportista do C. N. Ponteareas, formaron parte do equipo de España de Natación en augas abertas en escenarios distintos. Pablo Cabana competía na República Checa no Europeo de Augas Abertas de Račice, mentres que Andrea Domínguez o facía na Copa de Asturias de Augas Abertas. O equipo ponteareán amosou, ben as claras, o seu potencial na especialidade de Augas Abertas.
Máis polo miñudo, Pablo Cabana del Amo, remataba como décimo clasificado –e primeiro clasificado do combinado español– na proba de cinco quilómetros do Europeo de Augas abertas de Račice (República Checa). Ademáis, o domingo formaba parte do equipo de relevos mixto sub-16 que acadaba unha meritoria 5ª posición. O equipo español remataba a competición no 5º posto cun total de 128 puntos.
A próxima cita do nadador do C.N. Ponteareas será a Mediterranean Open Water Swimming Cup (COMEN) a disputar en augas de Larnaca (Chipre) no mes de outubro formando parte, novamente, da Selección Española da especialidade.
Pola súa banda, Andrea Domínguez, participaba coa Selección Española este pasado sábado na Copa de Asturias de Augas Abertas que, á súa vez, é etapa da Copa de España. Andrea asinou unha magnífica actuación subindo ao terceiro lugar do caixón, que, nas dúas primeiras prazas estivo ocupado pola holandesa Sharon van Rouwendaal, –campioa olímpica en Río 2016– e a alemana Finnia Wunram, medallista de Bronce no Campionato do Mundo de Kazán 2015, ámbalas dúas nadadoras clasificadas para as olimpiadas de Tokio 2020, o que da conta do extraordinario papel desenvolvido pola nadadora do club ponteareán.
O domingo, polo tanto case que sen descanso, Andrea Domínguez participaba no ‘Descenso á Ría de Navia’ de 5 quilómetros de percorrido e máis de 900 nadadores e nadadoras inscritos nas diferentes categorías. A ponteareá voltaba a acadar a terceira praza –e polo tanto a medalla de bronce– nunha proba na que, novamente, impoñíase novamente a holandesa Sharon van Rouwendaal.
Doutra banda cómpre salientar o traballo realizado polos nadadoras e nadadores do C.N. Ponteareas, Iria Lemos, que acadaba a terceira posición na distandia de 1,1 quilómetros; Marcos Martínez, asinaba unha meritoria 9ª posición nos 5 quilómetros masculinos e Martín Carrera entraba no posto 12 na mesma proba.(distancia 1,1km, 3.ª posición), Marcos Martínez (5km masculino, 9.ª posición) e Martin Carrera (5km masculino 12.ª posicion), subiron tamén ao podium representando ao CNPonteareas.
Unha fin de semana intensa, con bos resultados para ambos os nadadores internacionais do CNPonteareas, que traballan para consolidar a súa presenza na selección Española de augas abertas, modalidade que, tras a súa recente entrada nos Xogos Olímpicos, segue sumando nadadores en todo o mundo.