10.2 C
Pontevedra
Venres, 29 de Marzo de 2024
Máis

    Tag: agresións sexuais

    A Deputación lanza unha mensaxe contundente contra as agresións sexuais, “Non toleres as agresións sexuais. Actúa e denuncia”

    “Nin a Covid, nin a crise sanitaria poderá evitar que sigamos na loita contra a lacra das agresións sexuais”. Con esta declaración de intencións da presidenta provincial, Carmela Silva, anunciou hoxe o lanzamento da campaña da Deputación 'Lembra, eu decido, ti respectas' e “Conta comigo, eu respéctote”, as dúas iniciativas que durante estes anos a institucións realizou en festivais, praias, festas e vilas e cidades.

    ‘Entroideiro ou besta’, o Entroido de Salceda di “non” ás agresións sexuais

    O Concello de Salceda, xunto coas asociacións de A Feira e Castro Barreiro, veñen de presentar a campaña 'Entroideiro ou besta', coa que queren poñer o foco de atención nas agresións sexuais e os ataques a mulleres, conscientes de que o anonimato agochado detrás dunha máscara na festa do Entroido, pode carrexar situacións de risco para as mulleres.

    A Deputación leva a súa campaña para previr agresións sexuais ao festival ‘Vive Nigrán’

    A Deputación de Pontevedra volverá levar este vindeiro fin de semana a súa campaña de igualdade #LEMBRAEUDECIDOTIRESPECTAS #CONTACOMIGOEURESPÉCTOTE para previr violacións en cita e as agresións por submisión química ao 'Vive Nigrán', un dos sete eventos do verán que conforman os Festivais Rías Baixas e que se desenvolverá os...

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.