11.4 C
Pontevedra
Venres, 8 de Decembro de 2023
Máis

    Tag: vive nigrán

    Xornada de recollida de residuos na praia a cargo do festival Vive Nigrán

    O festival Vive Nigrán, a través da súa iniciativa 'Vive sostible' convoca unha xornada de recollida de residuos en Praia América, coa colaboración do Concello de Nigrán, o vindeiro domingo 4 de xuño.

    Vive Nigrán recibiu a Rigoberta Bandini co aforo completo

    Vive Nigrán recibiu onte pola noite a Rigoberta Bandini no campo de Monte Lourido, co aforo completo. Con millóns de escoitas e visualizacións dos seus temas, e tras o seu paso polo Benidorm Fest, posicionouse como unha das artistas españolas con máis presenza a nivel internacional.

    A sexta edición do Vive Nigrán arranca mañá cos abonos esgotados

    O festival Vive Nigrán arrinca este venres a súa sexta edición no campo de fútbol de Monte Lourido, cunha ampla programación para todas as idades e actividades complementarias.

    O Festival Vive Nigrán completa o seu cartel

    O festival Vive Nigrán completa o seu cartel da sexta edición cos concertos do galego GRANDE AMORE e as sesións DJ de COOL NENAS e EME DJ, que se engaden a artistas xa confirmados como RIGOBERTA BANDINI, IVÁN FERREIRO, LA BIEN QUERIDA, NIÑA POLACA, COLECTIVO DA SILVA, KARAVANA ou o Concerto Vibra Mahou de CARIÑO.

    “Balmi” o cachalote de Vive Nigrán xa está en Praia América

    O compromiso do Vive Nigrán coa súa contorna e coa sostibilidade está desde hoxe plasmado na escultura “Balmi”, unha doazón do Festival integrado na marca Rías Baixas Fest da Deputación ao Concello e que xa loce na rotonda máis próxima ao campo de Monte Lourido en Praia América, onde se celebra o evento.

    A temporada FEST Galicia da Xunta arranca co festival Vive Nigrán

    Vive Nigrán regresa ao recinto no que naceu en 2017, o Campo de fútbol de Monte Lourido en Praia América, unha contorna privilexiada e cunha programación para todas as idades.

    A campaña ‘Vive Sostible’ do festival ‘Vive Nigrán’ recolle 221 quilos de residuos en Praia América en menos de dúas horas

    A V Edición do festival Vive Nigrán, impulsa accións de recollida e clasificación de residuos nas praias do Concello de Nigrán dentro da súa iniciativa VIVE SOSTIBLE. Este pasado domingo, en menos de dúas horas, as e os participantes nesta iniciativa, foron quen de recoller un total de 221 quilos de residuos no areal de Praia América.

    Vive Nigrán inicia a súa campaña “vive sostible” en colaboración co Concello

    A V Edición do Festival Vive Nigrán, impulsa accións de recollida e clasificación de residuos nas praias do Concello de Nigrán dentro da súa iniciativa "vive sostible".

    Ginebras, novo nome confirmado para Vive Nigrán 2021

    O festival Vive Nigrán regresa na súa 5ª edición ao recinto no que naceu en 2017 –o Campo de fútbol de Monte Lourido– e adaptarase a un formato “especial” con aforos limitados.

    Vive Nigrán anuncia a súa primeira confirmación na súa quinta edición

    O festival regresa ao recinto no que naceu en 2017 –o Campo de fútbol de Monte Lourido– e adaptarase a un formato “especial” con asentos e aforos limitados. As entradas para este primeiro día anunciado poñeranse á venda este venres.

    Os #RíasBaixasFest reinvéntanse para rexurdir en 2021 co apoio da Deputación, que redobra a súa aposta para garantir a súa continuidade

    “O 2020 vai ser un ano de música e o 2021 un ano de máis música”. Deste xeito describiu hoxe a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, a “reinvención” dos festivais das Rías Baixas en tempos da Covid. Silva referendou durante a presentación oficial da nova edición dos Rías Baixas Fest o “absoluto respaldo da institución á esta industria cultural, turística e estratéxica da provincia” e agradeceu aos promotores e promotoras destes eventos que fosen quen de abrir novos formatos e propostas para manter a súa continuidade neste ano, cara á recuperación total dos seus contidos e o seu “rexurdir” no vindeiro 2021.

    A Deputación leva a súa campaña para previr agresións sexuais ao festival ‘Vive Nigrán’

    A Deputación de Pontevedra volverá levar este vindeiro fin de semana a súa campaña de igualdade #LEMBRAEUDECIDOTIRESPECTAS #CONTACOMIGOEURESPÉCTOTE para previr violacións en cita e as agresións por submisión química ao 'Vive Nigrán', un dos sete eventos do verán que conforman os Festivais Rías Baixas e que se desenvolverá os...

    LIBROS

    Amador Castro Moure, «Pronto hei de volver»

    A emigración, como non podía ser doutra maneira, é un deses temas aos que a literatura galega volve unha e outra vez. Dende distintas perspectivas e con diferentes enfoques e intencións, forma parte troncal do noso sistema literario dende o momento en que comezou a tomar forma.

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.