Domingo, 16 Marzo de 2025

“Por min e por tod@s os meus compañeir@s!

CEIP Humberto Juanes de Nigrán pon o cartel de «completo» na súa obra de teatro solidaria a favor de UNICEF

O Auditorio Municipal de Nigrán acollía, este pasado xoves, a representación da obra de teatro ‘Por min e por tod@s os meus compañeir@s’. Os nenos e nenas de 4º de primaria do CEIP Humberto Juanes querían, con esta iniciativa, recaudar fondos para UNICEF cunha obra de teatro onde os dereitos dos nenos foran os protagonistas.

[su_image_carousel source=”media: 10139,10138,10137,10136,10135″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

A obra recollía o dereito a ter unha vivenda digna, alimentación, a ser atendidos cunha sanidade pública,… entre outros. Unhas pequenas formigas preguntábanse quen sería o máis forte e importante do mundo e chegan a conclusión que todos somos importantes e todos aportamos o noso grao de area.

As titoras, Carmen Pose e Mónica, e as familias amosáronse moi orgullosas do bo traballo e resultados amosados no escenario. Ademáis xuntaron un bo donativo: 914,80 €. Parabéns rapaces!