11.7 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis

    Tag: ceip humberto juanes

    O Concello de Nigrán insta a empregar xa a nova cociña escolar do CEIP Humberto Juanes

    O alcalde de Nigrán, Juan González, reuníuse esta semana con representantes das Anpas do CEIP A Cruz (Camos), Mallón, Carlos Casares (Vilariño), Humberto Juanes (Nigrán) e Terra de Turonio (Gondomar) para coñecer de primeira man a problemática crecente coa calidade dos menús escolares neste curso, elaborados todos por eles por un catering en A Estrada.

    O CEIP Humberto Juanes exhibe os traballos realizados polo alumnado na actividade extraescolar de cómic

    O alumnado e toda a Comunidade Educativa do CEIP Humberto Juanes, en Nigrán, podrán gozar nestes días de fin de curso 2020/2021 –que remata o martes 22 de xuño–, dunha interesantísima mostra de cómics realizada polo alumnado do centro na actividade extraescolar organizada pola ANPA do centro. Esta iniciativa foi desenvolvida ao longo do curso –os xoves en horario de 16:00 h a 17:30 h– pola ilustradora Coral Martínez.

    Nigrán construirá unha cociña para todos os colexios do municipio

    O Concello de Nigrán aprobou esta mañá en Xunta de Goberno o proxecto para modernizar a cociña e o comedor do Humberto Juanes co obxectivo de que poida dar servizo a tódolos colexios públicos do municipio que o soliciten. O goberno vincula a realización da instalación, cun custe de 373.878 euros con cargo aos fondos municipais, a que a Xunta saque a concurso a contratación do servizo de xestión utilizando esta cociña como a única habilitada.

    “Por min e por tod@s os meus compañeir@s!

    O Auditorio Municipal de Nigrán acollía, este pasado xoves, a representación da obra de teatro 'Por min e por tod@s os meus compañeir@s'. Os nenos e nenas de 4º de primaria do CEIP Humberto Juanes querían, con esta iniciativa, recaudar fondos para UNICEF cunha obra de teatro onde os dereitos dos nenos foran os protagonistas.

    Nigrán escoita as propostas dos escolares para frear o cambio climático

    O goberno de Nigrán, co seu alcalde Juan González ao fronte e catro dos seus ediles, recibiu esta mañá no salón de plenos do Concello ao alumnado do CEIP Humberto Juanes que se sumou hoxe á 'Folga Mundial polo Clima'.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.