Mércores, 11 Decembro de 2024

Nigrán ofrece esta fin de semana senllos concertos no marco da celebración das Letras Galegas

O sábado terá lugar no exterior do muíño de Porto do Molle unha foliada coas pandereteiras do Sobreiro e Leni Pérez e Roberto Comesaña e o domingo actuará no Auditorio Municipal a coral Novos Aires de Nigrán e Os Penediños de Atios

O Concello de Nigrán ofrece este sábado 11 no muíño de Porto do Molle a partir das 20:00 horas unha foliada coas pandereteiras do Sobreiro e a actuación ‘De ramo en ramo’, da intérprete Leni Pérez e o acordeonista Roberto Comesaña (este é o seu primeiro traballo discográfico conxunto, cun amplo repertorio tradicional que xira en torno á figura da muller). As miñoranas ‘Pandereteiras do Sobreiro’ xa actuaron con gran éxito na inauguración do muíño o día 20 de abril ao ter arranxado un tema facendo mención ex-profeso ao devandito muiño.

Clcik para ampliar

Pola súa banda, o domingo a partir das 20:00 horas no Auditorio Municipal terá lugar o tradicional concerto das Letras Galegas da coral anfitriona Novos Aires de Nigrán e a invitada Os Penediños (Atios).

A programación polas Letras Galegas continúa o martes 14 e xoves 16 na Biblioteca Municipal de Nigrán a partir das 18:00 con contacontos infantís (‘A orixe’, de Raquel Queizás e ‘Contamos en Igualdade’, de Eduvía, respectivamente).