10.4 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Marzo de 2024
Máis

    Tag: unicef

    O Concello de Ponteareas únese a UNICEF no Día Mundial da Infancia

    O Concello de Ponteareas aprobou este martes por unanimidade en pleno sumarse á UNICEF Comité Galicia na celebración o vindeiro 20 de novembro o Día Mundial da Infancia, que este ano se celebra baixo o lema ‘Dereitos e emocións’.

    A Deputación e UNICEF da man para responder ante as necesidades humanitarias da infancia en Ucraína

    A Deputación de Pontevedra vén de aprobar unha nova colaboración con UNICEF neste 2022 a través do programa “Emerxencia en Ucraína. Resposta ás necesidades humanitarias da infancia: subministracións esenciais de saúde e nutrición” da ONG.

    Ponteareas asina con Unicef o convenio que a ratifica como Cidade Amiga da Infancia

    Ponteareas xa é oficialmente Cidade Amiga da Infancia. A alcaldesa, Cristina Fernández Davila, e a vicepresidenta de Unicef Galicia, Gloria del Río, asinaron este venres o convenio que ratifica o recoñecemento outorgado á vila o pasado mes de xuño e que recolle os compromisos adquiridos polo Concello de Ponteareas para continuar promovendo e impulsando o cumprimento dos dereitos dos nenos, nenas e adolescentes.

    A Deputación revalida o seu compromiso con UNICEF no Día Mundial da Infancia

    A Deputación de Pontevedra iluminará de azul o seu Pazo Provincial desde as 19.00 deste venres ata as 8.30 da mañá do domingo ao abeiro do Día Mundial da Infancia.

    Nigrán estreouse cunha andaina logo de sumarse ao II Encontro Autonómico de Consellos de Participación Infantil e Adolescente

    O Concello de Nigrán continúa a dar pasos de cara a obter o selo 'Cidade Amiga da Infancia' outorgado desde Unicef. Deste xeito, o Consello de Participación Infantil e Xuvenil do Concello de Nigrán (creado en xuño) estreou este venres e sábado a súa andaina ao sumarse con 5 representantes ao II Encontro Autonómico de Consellos de Participación Infantil e Adolescente.

    Nigrán avanza cara ao selo ‘Cidade Amiga da Infancia’ de UNICEF mediante unha enquisa xeral

    O Concello de Nigrán da un paso máis no seu compromiso para conseguir o recoñecemento do selo “CAI” (Ciudad Amiga de la Infancia) que concede o Fondo das Nacións Unidas para a Infancia (Unicef) de forma bienal.

    “Por min e por tod@s os meus compañeir@s!

    O Auditorio Municipal de Nigrán acollía, este pasado xoves, a representación da obra de teatro 'Por min e por tod@s os meus compañeir@s'. Os nenos e nenas de 4º de primaria do CEIP Humberto Juanes querían, con esta iniciativa, recaudar fondos para UNICEF cunha obra de teatro onde os dereitos dos nenos foran os protagonistas.

    A mocidade de Ponteareas paricipou no VII Foro Infantil UNICEF-Parlamento de Galicia

    A tenenta de alcalde e concelleira de Ensino, Cristina Fernández e o concelleiro de Mocidade, Miguel Bouzó, acompañaron onte ao alumnado de Ponteareas que participou no 'VII Foro Infantil UNICEF-Parlamento de Galicia', celebrado no Salón de Plenos da Cámara galega coa intervención de representantes dos consellos locais de participación infantil e adolescente dos municipios galegos.

    Redondela retoma o proxecto de ‘Cidade Amiga da Infancia’ para que sexa unha “ferramenta útil para a mocidade”

    A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, acompañada polo concelleiro de Cultura, Daniel Boullosa e a concelleira de Ensino, Olga García Ballesteros, recibiu na Casa do Concello a Gloria del Río, vicepresidenta de UNICEF Comité Galicia e Marta Andrade, responsable de Sensibilización e Políticas de Infancia en UNICEF Galicia, de cara a estudar a situación en...

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.