21.6 C
Pontevedra
Venres, 19 de Abril de 2024
Máis
    HomeVal MiñorNigránO alcalde de Nigrán recibe a persoal de 'A Galiña Azul' en...

    O alcalde de Nigrán recibe a persoal de ‘A Galiña Azul’ en folga pola fixeza dos seus postos de traballo

    Personal temporal do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar mantén desde o 18 de febreiro unha folga indefinida cada xoves para defender os seus postos de traballo tras o anuncio da Oferta Pública de Emprego da Xunta

    O alcalde de Nigrán, Juan González, recibíu esta mañá a dúas traballadoras de ‘A Galiña Azul’ da localidade, en folga pola fixeza dos seus postos de traballo, ante a convocatoria da Oferta Pública de Emprego do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, entidade dependente da Xunta de Galicia. O persoal temporal mantén desde o 18 de febreiro unha folga indefinida cada xoves convocada pola CNT e a Asociatem para defender os seus postos de traballo ante o que consideran unha convocatoria inxusta que non respecta os seu anos de temporalidade.

    “O sorprendente é que o Concello de Nigrán aporta 100.000 € anuais ao Consorcio para o mantemento desta Escola Infantil e non recibíu por parte da Xunta ningún tipo de información sobre este conflito laboral nin argumentación algunha pola súa banda. Foron as propias traballadoras as que se dirixiron an nos”, considera o alcalde, quen, en todo caso, rexeita o alto índice de temporalidade desde a creación das ‘galiñas’.

    “Moitas de nós levamos máis de 10 anos como interinas ou indefinidas nunhas prazas que agora o Consorcio quere sacar a oposición. Levamos máis dunha década defendendo o noso posto de traballo con coñecemento, non deixando de aprender e atendendo/coidando das crianzas e familias. Moitas creamos as nosas vidas ao redor da escola, fora do noso ámbito familiar, unha vida que agora se pode ver truncada por unha oposición que non pode vir no peor momento, en época de pandemia e cando seguimos a traballar en primeira liña. Non pedimos que nos regalen as prazas, queremos que se valore o noso traballo e chegar a un acordo có Consorcio”, salientaron Tania e María, traballadoras de A Galiña de Nigrán, ante o rexedor.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.