14.5 C
Pontevedra
Venres, 19 de Abril de 2024
Máis

    Tag: a galiña azul

    Nigrán renova toldos e estores da escola infantil “A Galiña Azul”

    O Concello de Nigrán investíu este curso escolar un total de 12.789 € para melloras de todo tipo na escola infantil municipal ‘A Galiña Azul’, situada na rúa do Panasco e á que acuden 72 crianzas de 0 a 3 anos.

    O alcalde de Nigrán recibe a persoal de ‘A Galiña Azul’ en folga pola fixeza dos seus postos de traballo

    O alcalde de Nigrán, Juan González, recibíu esta mañá a dúas traballadoras de ‘A Galiña Azul’ da localidade, en folga pola fixeza dos seus postos de traballo, ante a convocatoria da Oferta Pública de Emprego do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, entidade dependente da Xunta de Galicia.

    Aberto o proceso de admisión de alumnado na escola infantil A Galiña Azul do Rosal

    A escola infantil A Galiña Azul do Rosal xa ten aberto desde este mesmo luns 18 de maio o seu proceso de admisión de alumnado para o curso 2020/21. O prazo de presentación de solicitudes rematará o 29 de maio, como recolle a Resolución do 27 de abril pola...

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.