15.9 C
Pontevedra
Venres, 22 de Setembro de 2023
Máis

    Tag: marina vidal

    Nigrán contrata a tres persoas desempregadas do municipio para conserxes dos colexios ao abeiro do Plan Concellos da Deputación

    O Concello de Nigrán incorporou este martes a través da liña 3 do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra a contratación dos 3 conserxes para os colexios públicos de Nigrán. Todos eles son veciños do municipio que se atopaban en situación de desemprego e terán que desenvolver o seu traballo no reparto e recollida de correspondencia, fotocopias, escaneado, atención telefónica e presencial, colaborar cos docentes na entrada e saída dos menores, nos recreos ou nas actividades do centro.

    O Goberno de Nigrán aproba investir 1 millón de euros do remanente para 13 proxectos entre os que está a cociña municipal escolar

    O Concello de Nigrán celebrou esta mañá o seu primeiro pleno presencial tras o estado de alarma declarado polo Covid-19 cumplindo con todas as medidas de seguridade, o que obrigou a sentar a parte dos concelleiros entre as cadeiras do público para gardar distancias, ter ventilado o salón...

    Nigrán canaliza co profesorado a realización de fotocopias e entrega a domicilio para o alumnado sen medios técnicos

    O Concello de Nigrán, ante o inicio da terceira avaliación e con elo maior demanda de tarefas ecolares, canaliza directamente co profesorado a realización de fotocopias e posterior entrega a domicilio para todos aqueles alumnos sen medios técnicos. Así, son os propios titores os que facilitan ao correo electrónico da Concellería de Educación os documentos que precise cada estudante en concreto indicando a dirección de entrega e un contacto telefónico para poder achegarllo persoalmente desde o Concello.

    Os nenos e nenas de Nigrán realizarán o cartel oficial da ‘X Travesía a Nado Costa Serena’

    O Concello de Nigrán e o Club deportivo Tumetapesonal, en colaboración coa firma deportiva Area, organizan un concurso de debuxo infantil para escoller o cartel anunciador da 'X edición da Travesía a nado Costa Serena-Gran Premio Concello de Nigrán', que se celebrará o 5 de xullo en Praia América.

    E Nigrán namorouse da ciencia

    O Auditorio de Nigrán encheuse na xornada participativa que, baixo o nome máis que acertado de 'Namórate da Ciencia', pechaba toda unha semana de actividades celebradas nos centros escolares con motivo do 'Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia'. Cando as cousas planifícanse ben, con sentidiño e sobre todo con paixón, adoitan sair ben así que, dende ese punto de vista, que 'Namórate da Ciencia' saíra extraordinariamente ben, tampouco era unha sorpresa.

    Marina Vidal, “é importante que nenos e nenas coñezan o traballo dos científicos en xeral e das científicas en particular”

    O Concello de Nigrán achega, durante toda esta semana, a ciencia aos centros escolares e o fai da man de recoñecidas investigadoras que teñen unha vinculación directa co municipio. Marina Vidal é, amais de concelleira de Ensino, mestra en activo e iso nótase á hora de falar de temas...

    Nigrán recibe ao alumnado francés de intercambio no «CIP Arquitecto Palacios»

    O alcalde de Nigrán, Juan González, e a edil de Educación, Marina Vidal, recibiron na tarde do luns, no Salón de Plenos do Concello, aos 12 alumnos e alumnas e 2 profesores do Lycée La Province de Fécamp (Alta Normandía, Francia) de intercambio actualmente co CPI Arquitecto Palacios de Panxón.

    O «CPI Arquitecto Palacios» entrega aos servizos sociais de Nigrán 1.330 euros en vales de comida

    Unha representación de alumnos e docentes do CPI Arquitecto Palacios de Panxón entregou onte ao alcalde de Nigrán 1.330 € en vales canxeables por comida para que os Servizos Sociais do Concello os distribúan entre as familias en dificultade.

    Nigrán encarga ao director de teatro Diego Valeiras a posta en escena da Cabalgata de Reis 2020

    O Concello de Nigrán busca abrir, o 2020, cunha Cabalgata de Reis convertida no que ten que ser esa data para os máis pequenos e pequenas, unha festa da ilusión. Para iso nada mellor que contar con profesionais das artes escénicas, domo Diego Valeiras, para que lle dean forma a esa viaxe máxica que, cada ano, "emprende a Estrela de Oriente para guiar aos Magos a todas as casase cumprir os desexos dos máis cativos e cativas e tamén dos maiores que aínda temos agochado ese neno e nena no noso maxín".

    Nigrán realiza obras de acondicinamento en todos os colexios públicos do municipio

    Operarios municipáis do Concello de Nigrán están a pintar e reacondicionar aulas de tódolos centros educativos públicos do municipio co obxectivo de que os traballos estén finalizados a inicios de setembro e non interfiran co novo curso escolar. " Durante o pasado curso o Concello investiu máis de 120.000...

    COLABORACIÓNS

    Alberto Mancebo, «O que me quedaba por dicirche»

    Poderiamos afirmar que nos últimos meses algo se está a mover na literatura galega pola aparición de novos autores que nos sorprenden gratamente pola frescura das súas propostas.

    Antón Riveiro Coello, «Hotel Carioca»

    Antón Riveiro Coello volve a demostrar a súa rara habilidade para a construción de historias nas que xoga a mantenta coas personaxes e mais co lector.

    Branca Novoneyra, «As cunchas baleiras»

    Logo dunha longa década de escrita íntima e de reflexión, Branca Novoneyra decide facer público un novo poemario de clara vocación estética e simbólica como é «As cunchas baleiras», que ela mesma concibe como unha «antoloxía» dos versos que saíron da súa pluma ao longo de todo este tempo.

    Fabio Rivas, «A pintura debida»

    Ás veces atopamos sorpresas inesperadas que nos fan sorrir e confiar na saúde da nosa literatura.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    89 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS