17.7 C
Pontevedra
Mércores, 24 de Abril de 2024
Máis
    HomeVal MiñorNigránNigrán celebra o sábado o acto central das Letras Galegas cun coloquio...

    Nigrán celebra o sábado o acto central das Letras Galegas cun coloquio sobre Xela dirixido por Camiño Noia

    A charla desenvolverase desde as 19:00 horas no Auditorio Municipal coa presenza da familia directa de Xela, o seu editor, e a catedrática e escritora Camiño Noia

    O Concello de Nigrán ofrece este sábado 15 de Maio desde as 19:00 horas no Auditorio Municipal o seu acto central das Letras Galegas, adicado integramente á figura de Xela Arias, cunha charla-coloquio e posterior concerto-homenaxe.

    Click para ampliar

    A entrada será de balde ata completar o aforo permitido polas autoridades sanitarias e os asistentes recibirán o libro ‘Poesías e Retratos’ de Xela Arias e o fotógrafo (e marido) Xulio Gil, editado polo Concello e Engaiolarte para a ocasión.

    Camiño Noia, escritora, catedrática e veciña de Nigrán experta na obra de Xela Arias, será a encargada de dirixir o coloquio xunto a Xan Carballa, director da Editorial Engaiolarte, e a familia máis próxima da poetisa (o seu fillo Darío Gil Arias, a súa nai Amparo Arias e os seus sobriños Bruno e Iago Arias). Unha pequena exposición recollerá en diferentes paneis retratos de Xela tomados por Xulio Gil e fragmentos dos seus poemas, tal e como aparecen no libro ‘Poesía e Retratos’.

    “Desde o Concello de Nigrán queremos, con esta publicación e con todo o mes de Maio adicado a súa obra, render a unha sentida homenaxe a unha poeta que viviu con presa, e iso foi o que lle impediu vivir”, sinala o alcalde, Juan González, no prólogo ao libro editado polo Concello. Nel explica que tivo a ocasión de coñecer á autora no “efímero proxecto cultural ‘Galería Círculo y Cuadrado’ de Sabarís” e quedou impresionado porque “Xela trasmitía xenerosidade e optimismo”. “Queda a súa palabra”, incide.

    Xardín Desordenado

    A continuación, ás 20:00 horas, o Concello de Nigrán ofrecerá o concerto-homenaxe de Xardín Desordenado, banda galega con máis de dez anos musicando a autores galegos e que, nesta ocasión, baseará a actuación nos catro poemarios de Xela Arias.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.