22.1 C
Pontevedra
Martes, 6 de Xuño de 2023
Máis
    HomeVal MiñorNigránÁbrense novos prazos de inscrición para obradoiros de rap e música urbana...

    Ábrense novos prazos de inscrición para obradoiros de rap e música urbana en Nigrán

    Estes obradoiros teñen como obxectivo rachar coas desigualdades de xénero

    O Concello de Nigrán empregará o rap e estilos afíns (trap, R’n’b, EDM, reggaton…) para sensibilizar entre a mocidade sobre as desigualdades de xénero e a violencia aparellada. Deste xeito, a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM) ofrece unha nova oportunidade para realizar gratuítamente durante o mes de outubro catro “Obradoiros de Rap e música urbana” a cargo da escola de música de Nigrán ‘Gain Over’, composta por artistas locais de bandas tan recoñecidas como Blue Monk. O prazo de inscrición permanece aberto ata o venres anterior ao inicio de cada curso e está dirixido a persoas con idades comprendidas entre os 11 e 18 anos, tendo prioridade os empadroados (no caso de vacantes poderán participar de outros municipios).

    Os obradoiros están financiados polo Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, realizándose no propio CIM (Estrada pola Vía, 65) nas seguintes datas: grupo 1, xoves 1 e 8 de outubro de 17:00 a 19:30 e sábados 3 e 10 de 10:00 a 12:00; grupo 2, venres 2 e 9 e sábados 3 e 10; grupo 3, xoves 15 e 22 e sábados 17 e 24; grupo 4, venres 16 e 23 e sábados 17 e 24. As persoas interesadas deberán remitir a folla de inscrición (poderá descargarse no Facebook Cim de Nigrán, Facebook OMIX Concello Nigrán, Instagram OMIX Nigrán ) acompañada da copia do DNI ao seguinte enderezo electrónico: cim@nigran.org.

    Gain Over

    “Cremos que, precisamente a través da música que a mocidade acostuma a escoitar e de músicos moi coñecidos en todo o Val Miñor, podemos chegar a eles máis facilmente con mensaxes que rachen cos estereotipos de xénero e que preveñan a violencia. Eles mesmos son os actores do cambio que queremos promover”, resume Patricia Diego, edil de Igualdade.

    A través deste recurso pedagóxico innovador preténdese sensibilizar á mocidade sobre as desigualdades de xénero e promover a crítica social ante esta violencia, sendo os obxectivos máis específicos que o alumnado aprenda a identificar tópicos sexistas, previr noivados abusivos e convertilos a eles mesmos en protagonistas do cambio. Durante o obradoiro gravarán e producirán un vídeo-clip musical con letra centrada neste contexto e que se distribuirá a través das redes sociais para achegar o proxecto a toda a poboación.

    Para máis información os interesados poden telefonear ao CIM (986383081).

    COLABORACIÓNS

    Pilar Pallarés, «Unha boa gatucada!»

    A primeira incursión de Pilar Pallarés na literatura infantil e xuvenil resultou ser unha grata sorpresa, unha colección de poemas (en realidade un longo poema narrativo fragmentado), que ten como protagonistas un grupo de gatos que conviven cunha humana.

    Aperitivos de hojaldre sin gluten

    Mayo es el mes de las personas celíacas. El día 16 se celebró el Día Internacional de la Enfermedad Celíaca y hasta este año, el 27 de mayo se celebraba en España el Día Nacional (este año nos unimos al resto de los países y lo celebramos el día 16).

    Ponteareas diante das eleccións (II): a Xeración do cambio, un recordo para que a Historia non se repita

    “De onde vimos? quen somos? onde imos?”. O título do cadro de Paul Gauguin e a letra da coñecida canción de Siniestro Total son interrogantes filosóficos que, aplicados ao mundano proceso electoral no que estamos inmersos, serven para lembrarnos que os procesos histórico-políticos son dinámicos e, polo tanto, teñen unha xénese no pasado que explica un presente que, á súa vez, condicionará o futuro decorrer dos acontecementos. A recente historia de Ponteareas non é unha excepción e, a poucos días das eleccións municipais, convén lembrala para non estar condenados a repetila.

    Ponteareas diante das eleccións (I): David contra Goliat e a utopía feita realidade

    Botando unha ollada atrás un non pode deixar de sorprenderse da rapidez coa que transcorre o tempo e a vida. Unha velocidade vertixinosa que tamén acompaña aos acontecementos e procesos sociais e políticos e que explica a facilidade coa que a sociedade pode esquecer tan axiña o seu pasado e, sobre todo, en política, ignorar de onde vimos, onde estamos e cara onde nos diriximos. Esquecemento dos que viviron eses procesos, mais tamén descoñecemento comprensíbel por razóns biolóxicas e xeracionais dos que daquela non naceran ou eran uns cativos.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    84 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS