Tag: desigualdade de xénero
Ábrense novos prazos de inscrición para obradoiros de rap e música urbana en Nigrán
O Concello de Nigrán empregará o rap e estilos afíns (trap, R`n`b, EDM, reggaton...) para sensibilizar entre a mocidade sobre as desigualdades de xénero e a violencia aparellada. Deste xeito, a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM) ofrece unha nova oportunidade para realizar gratuítamente durante o mes de outubro catro “Obradoiros de Rap e música urbana” a cargo da escola de música de Nigrán 'Gain Over', composta por artistas locais de bandas tan recoñecidas como Blue Monk.