9.9 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeComarcasRedondelaRedondela reafirma a súa aposta pola igualdade cun completo programa de actividades...

    Redondela reafirma a súa aposta pola igualdade cun completo programa de actividades para o 25N

    A programación, que inclúe presentacións literarias, exposicións e unha nova edición dos Premios Sesé Mateo de Xornalismo Ético desenvolverase dende o lunes 21 ata o venres 25 de novembro

    A Concellería de Igualdade do Concello de Redondela, dirixida por Iria Vilaboa, vén de dar a coñecer o programa da Campaña de Igualdade en torno o Día Internacional da Eliminación da violencia contra a muller. Unha iniciativa, aposta persoal da alcaldesa Digna Rivas, que busca poñer sobre a mesa de debate “todos aqueles temas que poñan en valor o papel da muller na sociedade e a súa loita por acadar unha igualdade real como único camiño para conseguir unha sociedade máis xusta”.

    “Queremos, como o fixemos dende que chegamos ao Goberno, que os actos non queden cinguidos a un só día, senón que teñan continuidade e participación da cidadanía, dos centros escolares e centros de día”, explicou a alcaldesa Digna Rivas na presentación do programa de actividades.

    O día 21 de novembro, nos centros escolares e centros de día do municipio, comezará o programa de actividades cun xogo ao estilo do popular Pasapalabra onde os e as participantes dispondrán dun rosco proporcionado polo Concello de Redondela que terán que completar. As palabras terán toda relación coa violencia machista e coa igualdade, entre elas podemos atopar: abuso, acoso, burla, berrar

    “O xogo está ideado para que sexa participativo e non competitivo –explica a alcaldesa redondelá– porque o que buscamos é poñer de relevo as repercusións deses actos e desas palabras que forman parte dun entorno de violencia”.

    “Somos conscientes de que temos que ir da man cos centros e que non é suficiente tratar o tema con charlas. Entendemos que a violencia é un tema sensible e que ‘non é un xogo’, pero queremos chegar coa mensaxe ao mallor rango de idade posible”, explica Rivas.

    A alcaldesa tamén quixo agrafeder a participación do IES Mendiño e a profesora de Relixión Almudena Suárez, “por aportar ideas e propostas interesantes, e a todolos institutos de Redondela que sempre están dispostos a colaborar”.

    O martes 22 de novembro e o miércoles 23 a través das Bibliotecas Municipais, haberá actividades enfocadas para as familias. Como en todas as actividades que desenvolve o Goberno local, a transversalidade está sempre presente como deixa ben claro Digna Rivas ao subliñar que “apostamos por traballar de forma transversal con centros e bilbiotecas, para chegar a máis xente e conseguir o obxectivo que é cambiar as actitudes e conseguir unha sociedade onde se fomenten as relacións igualitarias”.

    O teatro tamén estará presente o programa do 25N de Redondela e o fará con Contos para nenas grandes e pequenas no Multiúsos da Xunqueira con Marta Ortiz e Brais das Hortas, o martes ás 18:30 horas. Un espectáculo que trata sobre a importancia do bo trato entre as persoas, a loita contra a violencia machista e a igualdade a través de historias de mulleres diversas.

    O obradoiro Xoguemos a poetizar, que se levará a cabo no Multiúsos do Piñeiral do Crego o mércores ás 18 horas, traballa tamén a violencia de xénero, a cousificación do corpo ou o acoso escolar.

    O mércores 23 pola mañá, o alumnado dos institutos e o público xeral (ata completar aforo) poderán asistir á proxección de dúas curtametraxes e se contará coa presenza do director dunha delas, Javier Pereira, co que as e os asistentes poderán falar do tema que se expón: A sumisión Química tema que, por desgraza, está de actualidade e ao que é preciso darlle visibilidade para sensibilizar aos e ás adolescentes. “As mulleres teñen dereito a divertirse sen que ninguén lles impida exercer o seu dereito de liberdade”, afirma rotunda a alcaldesa. Esa mesma presentarase en Redondela o libro 8 Señales. Cuestión de vida o muerte, no que a súa autora nos relata a súa propia e traumática experiencia na que a súa exparella a intenta asasinar.

    O xoves, 24 de novembro, inaugurarase a exposición Á violencia de xénero dille NON!. E xa o 25 de novembro realizarase o acto institucional na Praza do Concello coa lectura do manifesto e a presentación do libro ‘BAMBÚ’ de Isabel Blanco, para despois pasar a facer a ofrenda floral que se realiza todolos anos na árbore Ginkgo Biloba no Salgueiral.

    O 25 pola tarde ás 20 horas no Multiusos da Xunqueira, celébrase a Gala dos II Premios de Xornalismo Ético Sesé Mateo “coa que pecharemos dun xeito emotivo a nosa conmemoración do 25N” asegura Digna Rivas. A mestra de cerimonias será a actriz Arantxa Treus nun acto no que se dará a coñecer a persoa gañadora desta segunda edición duns premios que buscan recoñecer o tratamento ético das informacións vencelladas coa violencia de xénero e ao que concorreron un total de 16 participantes.

    Por último, a alcaldesa de Redondela quere agradecer a “Joshua Mateo o seu traballo na realización dos premios Sesé Mateo que consideramos de gran importancia porque buscan ser un recordatorio permanente e unha homenaxe ás vítimas da senrazón que é violencia machista, unha das maiores lacras da sociedade”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.