25.5 C
Pontevedra
Venres, 19 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasO Pleno de Ponteareas aproba, por unanimidade, modificar o orzamento para paliar...

    O Pleno de Ponteareas aproba, por unanimidade, modificar o orzamento para paliar os efectos da COVID-19

    A proposta de 1.137.000 euros foi ratificada na primeira sesión plenaria virtual do Concello

    O Concello de Ponteareas aprobou este luns por unanimidade a modificación do orzamento por un importe de 1.137.000 euros, dos que máis de 650.000 € teñen como finalidade intentar paliar os efectos da crisis sanitaria do coronavirus no Concello. Este foi o segundo punto da orde do día da sesión extraordinaria e urxente celebrada onte, sendo o primeiro pleno virtual da historia de Ponteareas, utilizando o sistema telemático que permite a realización de Plenos, Comisións e Xuntas de Goberno Local non presenciais.

    A proposta do goberno de BNG-PSOE, consensuada co grupo independente ACiP, recibiu tamén o respaldo do PP, os 21 concelleiros e concelleiras dos 4 grupos da Corporación deron a súa conformidade a proposta que contempla a dotación de 400.000 para axudas directas, subvencións e partidas para reactivar a actividade económica, 160.000 euros para incrementar as axudas de emerxencia social e o centro de reparto de alimentos, ademáis doutras partidas económicas necesarias para facer fronte ao gastos provocados polo Covid-19 ata sumar un total de máis de 650.000 euros para esta finalidade.

    Tamén se aprobou por unanimidade o expediente para asumir, con cargo ao remanente positivo de tesoureria de 2019, máis de 67.000 euros da débeda polo convenio urbanístico do parque Ferro-Ucha.

    No primeiro punto aprobouse de forma defnitiva a modificación puntual da RPT, cos 12 votos do goberno BNG-PSOE, votando en contra os 9 concelleiros da oposición.

    Antes de comezar o pleno, o alcalde, Xosé Represas propuxo aos asistentes gardar un minuto de silencio para honrar aos falecidos pola pandemia da Covid-19.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.