10.5 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis

    Tag: viticultura

    O Museo da Ciencia do Viño de Salvaterra de Miño rexistra máis pechou o ano 2023 con máis de 1500 visitas

    O Museo da Ciencia do Viño do Condado do Tea, situado dentro do Castelo de Dona Urraca, no municipio de Salvaterra de Miño, pecha o ano rexistrando un total de 1508 visitas. Un máximo histórico que sitúa este espazo como un referente cultural sobre a vitivinicultura en España, así o avala o número de visitantes recibidos dende que abrira as súas portas en febreiro do 2019.

    Reunión en Arbo para informar das medidas fronte á flavescencia dourada na vide

    O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, o subdirector de Explotacións Agrarias e o xefe Territorial de Medio Rural reuniranse cos viticultores de Arbo o 8 de marzo ás 19:00 horas no Auditorio do centro multiusos para informar das medidas fronte a flavescencia dourada da vide.

    Salvaterra convoca unha reunión cos viticultores o vindeiro xoves

    Este pasado xoves 2 de febreiro, a Consellería de Medio Rural vén de declarar a presencia da praga de corentena denominada "Flavescencia dourada da vide", ademais de establecer a zona demarcada para a praga e a adopción das medidas urxentes para a súa erradicación e control na Comunidade Autónoma de Galicia.

    Zona Franca promove acordos entre «VinoExterior» e importadores de China, México e Países Baixos

    Promover os viños das denominacións de orixe galegas nos mercados de China, México e Países Baixos é o principal obxectivo da misión comercial inversa que a Zona Franca de Vigo está a organizar desde hoxe e durante tres días como os actos de peche do programa de VinoExterior, a aceleradora promovida polo Consorcio para impulsar a internacionalización das empresas do sector vitivinícola galego.

    O Museo do Viño de Salvaterra presenta a súa oferta de cursos e experiencias para o 2020

    O Museo do Viño de Salvaterra de Miño xunto ao Concello e a Confraría presentou a "ampla e variada" oferta de accións formativas para este ano 2020, un proxecto cualificado polos organizadores como "ambicioso e pioneiro tanto por número de accións coma polo contido das mesmas".

    Adegas Marqués de Vizhoja abre as súas portas durante o «Día Europeo do enoturismo»

    O vindeiro domingo 10 de novembro celébrase o 'Día Europeo de enoturismo' no que a adega galega Marqués de Vizhoja abrirá as súas portas para que, as persoas que o desexen, poidan gozar dunha visita gratuíta previa inscrición. Para rexistrarse nesta visita gratuíta interesados e interesadas poden facelo a través do correo electrónico enoturismo@marquesdevizhoja.com.

    A «XIV Feira do Tinto Rías Baixas» comeza as súas actividades

    As Neves deu comezo, este xoves ás actividades do programa da 'XIV Festa do Tinto das Rías Baixas', que seguirá, con diferentes propostas, ata o vindeiro día 12. A 'Cata-maridaxe A catro mans', celebrada no Restaurante Horta e Viño do Hotel Nande, cos chefs Fran Sotelino e Rui Ribeiro, foi a encargada onte de abrir o programa.

    Todo preparado para a ‘XIV Festa do Tinto das Rías Baixas’

    O programa da ‘XIV Festa do Tinto das Rías Baixas’, que como cada ano ten As Neves coma escenario, empeza este mesmo xoves, 3 de outubro, e seguirá, con diferentes propostas e actividades, ata o vindeiro día 12. "O obxectivo é xerar ao redor desta festa unha ‘cultura’ dos sabores, tanto dos propios desta cita enolóxica, coma gastronómicos, culturais ou paisaxísticos", asegura o alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez.

    Areeiro destaca que o bo tempo acelerou a maduración da uva albariña

    A Estación Fitopatolóxica Areeiro (EFA), centro dependente da Deputación de Pontevedra, acaba de publicar o último aviso fitosanitario semanal da actual campaña, debido á proximidade da vendima e da colleita doutras froitas, no que informa de as boas temperaturas desta semana facilitaron o aceleramento da maduración da uva albariña nas parcelas de seguimento habituais (practicamente todas as uvas están xa brillantes), constatado no laboratorio da entidade.

    Areeiro advirte do “elevado risco” de aparición do mildeu

    A Estación Fitopatolóxica de Areeiro (EFA), centro dependente da Deputación de Pontevedra, informa no seu aviso fitosanitario semanal que á primeira mancha de mildeu detectada nunha parcela do Rosal o pasado martes, hai que sumarlle xa dúas máis en sendas parcelas do Salnés. Os técnicos da EFA indican que,...

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.