11.7 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis

    Tag: festa do tinto das rías baixas

    Éxito da XVI Festa do Tinto Rías Baixas nas Neves

    Centos de persoas acudiron este martes á 'XVI Festa do Tinto Rías Baixas', nas Neves, para gozar dos viños de ducias de variedades da D.O., con especial presencia de tres adegas locais: Señorío de Rubiós, Viña Nora e Eido da Ponte.

    As Neves celebra a XVI Festa do Tinto das Rías Baixas

    A programación abrangue gastronomía, música, andainas, xogos, propostas de cultura urbana, actuacións e actividades para cativos.

    As Neves celebra o martes a XV Festa do Tinto Rías Baixas

    As Neves inicia este domingo, día 10, as actividades da XV Festa do Tinto das Rías Baixas, que terá o seu día central o martes, 12 de outubro. A festa recupera, case na súa totalidade, o seu formato habitual.

    A XV Festa do Tinto Rías Baixas se celebrará o vindeiro 12 de outubro nas Neves axustando o seu formato á realidade Covid

    A celebración este ano da XV Festa do Tinto Rías Baixas, en As Neves, non seguirá o formato dos anos pasados. A situación creada pola Covid-19 fixo necesario adaptar a súa forma a esta nova realidade. A xa tradicional festa deixará paso, o vindeiro luns, 12 de outubro, a un acto de promoción deste produto nas instalacións da carpa do Hotel Nande, entre as 12:00 e as 15:00 h.

    Concerto de Uxía na celebración da «Festa do Tinto das Rías Baixas»

    A cantante Uxía súmase á celebración da 'XIV Festa do Tinto das Rías Baixas', nas Neves, que empezou o pasado xoves, día 3 de outubro, e segue, con diferentes propostas e actividades, ata o vindeiro sábado, día 12 de outubro.

    A «XIV Feira do Tinto Rías Baixas» comeza as súas actividades

    As Neves deu comezo, este xoves ás actividades do programa da 'XIV Festa do Tinto das Rías Baixas', que seguirá, con diferentes propostas, ata o vindeiro día 12. A 'Cata-maridaxe A catro mans', celebrada no Restaurante Horta e Viño do Hotel Nande, cos chefs Fran Sotelino e Rui Ribeiro, foi a encargada onte de abrir o programa.

    Todo preparado para a ‘XIV Festa do Tinto das Rías Baixas’

    O programa da ‘XIV Festa do Tinto das Rías Baixas’, que como cada ano ten As Neves coma escenario, empeza este mesmo xoves, 3 de outubro, e seguirá, con diferentes propostas e actividades, ata o vindeiro día 12. "O obxectivo é xerar ao redor desta festa unha ‘cultura’ dos sabores, tanto dos propios desta cita enolóxica, coma gastronómicos, culturais ou paisaxísticos", asegura o alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.