O amarelo, a cor corporativa do programa de Memoria Histórica ‘O Pasado Por Vir’ da Deputación de Pontevedra foi onte a cor da alfombra de gala que pisaron todas as protagonistas do documental ‘Acorda. Cartografía Musical da Memoria Histórica de Pontevedra’ no Teatro Principal.
A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, presidiu esta onte o minuto de silencio convocado ás portas da Subdelegación do Goberno en lembranza da última vítima da violencia machista, Mónica Marcos Piñeiro, asasinada pola súa parella na localidade de A Coruña e que acaba de ser recoñecida oficialmente como vítima de violencia de xénero.
A urxente necesidade de que as mulleres estean presentes “en todos os retos da transformación total e absoluta” que está a vivir a Humanidade da man da tecnoloxía e dixitalización centrou hoxe a intervención da presidenta da Deputación de Pontevedra na apertura da Conferencia Internacional da feira Mindtech en Vigo. Na apertura da MIC, xunto a vicepresidenta primeira do Goberno de España e Ministra de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, Nadia Calviño, Carmela Silva incidiu na importancia de que as mulleres “poidan formarse e adquirir a posición para ser dirixentes das tecnolóxicas”.
A Deputación de Pontevedra volve levantar o pano do teatro este outono. Co lanzamento do programa “Tornar ás Táboas” a institución provincial vai levar o teatro a toda a provincia, no marco do seu obxectivo de “aviventar cultura” este 2021, e máis particularmente cunha aposta polos concellos de menos de 20.000 habitantes, os que, como destacou hoxe a presidenta Carmela Silva, “teñen menos recursos para desenvolver actividade cultural”.
O voceiro de Economía do Grupo Socialista, Juan Carlos Francisco, lamentou hoxe que o Partido Popular siga negándose a que a Xunta adopte medidas para evitar o continuo peche de oficinas en moitos concellos da comunidade autónoma.
A Sección Cuarta da Sala do contencioso-administrativo autorizou a obrigación de exhibir o pasaporte Covid en determinados establecementos –lecer e restauración– de Galicia, acordado pola Xunta galega o pasado mes de agosto para reducir os contagios, ao considerar que a medida é idónea, necesaria e proporcionada. A Sala afirma que “o beneficio que proporciona a medida, respecto da redución significativa dos contagios, é moi superior ao sacrificio que comporta a esixencia de presentar a documentación para o acceso ao local.
A Xunta de Galicia, a Autoridade Portuaria de Vigo e o Consorcio da Zona Franca de Vigo, promotores da plataforma loxística-industrial de Salvaterra-As Neves (Plisan), constituirán unha entidade de xestión dos sistemas xerais da Plisan coa participación activa dos concellos de Salvaterra do Miño e As Neves.
A mirada de Xela Arias segue os pasos de todas as persoas que percorren desde este luns a sala de exposicións do Museo Verbum, en Vigo, tras a inauguración de 'A poesía do retrato', unha mostra que conxuga parte da obra poética da autora coa fotografía de Xulio Gil. A exposición, organizada polo Concello de Vigo en colaboración coa Deputación de Pontevedra, poderá visitarse ata o 29 de outubro tras a apertura de onte.
Vinte persoas participan desde este luns no Centro Príncipe Felipe de Pontevedra no terceiro e último dos cursos de español para persoas inmigrantes que organiza neste 2021 a Deputación de Pontevedra para facilitar ás persoas de países non hispanofalantes a obtención do Diploma de Español Como Lingua Estranxeira (DELE A2), un requisito indispensable para que poidan logo acadar a nacionalidade española.
O Museo de Pontevedra vai acoller o vindeiro xoves 16 de setembro dous concertos de ‘Neønymus’, un proxecto musical de Silberius de Ura que levará ás persoas participantes a pasar dos sons da Prehistoria á ‘música inventada’. Serán dous eventos singulares, ‘Historia inventada de música inventada’ para público familiar ás 16.30h na praza do Edificio Castelao, e ‘Ecos da Prehistoria’ ás 21 horas nas Ruínas de San Domingos.
“A Deputación de Pontevedra, na defensa do interese xeral da provincia, e moi especialmente dos concellos rurais de menor poboación, entende que as oficinas bancarias prestan un servizo presencial básico”. Así comeza a Declaración Institucional aprobada por unanimidade polo Pleno extraordinario da Deputación, ao ter recibido os votos favorables dos grupos políticos do PSdeG-PSOE, BNG e PP.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.