13 C
Pontevedra
Martes, 19 de Marzo de 2024
Máis
    HomeÉ NoticiaCarmela Silva pon o foco na MIC do Mindtech na urxencia de...

    Carmela Silva pon o foco na MIC do Mindtech na urxencia de “dar o salto para que as mulleres sexan líderes tecnolóxicas” na transformación dixital

    A presidenta da Deputación participou na apertura da Conferencia Internacional Mindtech poñendo en valor o talento feminino e o proxecto 'Tecnolóxicas', que presentou á vicepresidenta do goberno de España no marco da feira

    A urxente necesidade de que as mulleres estean presentes “en todos os retos da transformación total e absoluta” que está a vivir a Humanidade da man da tecnoloxía e dixitalización centrou hoxe a intervención da presidenta da Deputación de Pontevedra na apertura da Conferencia Internacional da feira Mindtech en Vigo. Na apertura da MIC, xunto a vicepresidenta primeira do Goberno de España e Ministra de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, Nadia Calviño, Carmela Silva incidiu na importancia de que as mulleres “poidan formarse e adquirir a posición para ser dirixentes das tecnolóxicas”, e puxo como exemplo o proxecto ‘TecnoLóxicas’, que a Deputación desenvolve con Asime, como un paso máis “para dar ese salto e que sexamos líderes”. Precisamente, a presidenta puido explicar con detalle este novidoso programa á vicepresidenta do Goberno, e visitou o stand que “TecnoLóxicas” no marco da feira, proxecto que opta aos fondos Next Generation.

    Na súa intervención, Carmela Silva puxo en valor a importancia de Mindtech que ten permitido “vivir en primeira persoa” os grandes avances dixitais que se están a producir na industria que “amosan que España é un país moi avanzado, e témonos que sentir orgullosas e orgullosos do noso potencial, de todo o que se investiu a nivel público e privado para estar ben posicionados”. Pero a velocidade desta transformación implica novos retos cada día aos que hai que dar resposta, que “son dixitais, de conectividade, pero tamén ligados á sostibilidade” e ao compromiso coa igualdade. Neste senso, puxo o foco na necesidade de que as mulleres se incorporen a carreira e aos empregos tecnolóxicos, “que nos van formar de cara ás industrias xa non do futuro, senón do presente”.

    Tamén amosou a súa preocupación ante a actual situación, que non está a ser favorable, cun descenso de mulleres nas matriculacións das carreiras STEAM e “cunha pequena porcentaxe de mulleres que ocupan lugares de gran representación nas industrias tecnolóxicas”. “En 100 anos temos logrado ser máis do 55% das tituladas universitarias, polo tanto temos que dar este paso para que as mulleres ocupemos a metade de todo nesta economía dixital e verde”, afirmou. Cara ese obxectivo vai dirixido o proxecto “TecnoLóxicas”. “Creo que non hai un proxecto tan potente como este –subliñou- para que nas empresas haxa a posibilidade de que haxa mulleres que se poidan formar, estar mentorizadas e adquirir a posición para ser dirixentes das tecnolóxicas. Este programa vai permitir que haxa moitas firmas dispostas a que haxa mulleres dando ese salto para que sexamos líderes. Nesta conferencia internacional a metade do mundo ten que estar presente”, rematou.

    O papel fundamental das mulleres na economía e na tecnoloxía que centrou a intervención de Carmela Silva foi recollido pola vicepresidenta Nadia Calviño, quen remarcou que “a igualdade e a participación das mulleres ten sido un dos grandes vectores da transformación e modernización de España e vai seguir séndoo nas próximas décadas se nos aseguramos de subirnos ao tren das novas tecnoloxías e sobre todo, da dixitalización”.

    A vicepresidenta tamén falou da recuperación económica trala pandemia está en marcha e “é moi forte e intensa, e amosa a gran capacidade do noso país”. Calviño cualificou da “oportunidade extraordinaria” que van supor os fondos europeos e o Plan de Recuperación: “Temos un plan, temos os recursos e a determinación de non deixar pasar esta oportunidade e vexo un gran compromiso das empresas para aproveitar esta oportunidade”. “Temos unha base moi sólida –engadiu-, temos un tecido produtivo forte, resiliente, innovador e flexible, con grandes empresas como as do metal, pero tamén con pequenas e creativas empresas que compiten sen complexos a nivel mundial. E por iso creo, dixo, que España e un país enorme para atraer investimento e talento nestas novas tecnoloxías. Esta aposta por posicionarnos para atracción de investimento da industria dixital é gañadora. Regreso coa mochila cargada con tres palabras: orgullo, confianza e esperanza”, concluiu.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.