O Xulgado Contencioso Administrativo número 2 de Pontevedra vén de facer pública unha sentenza que ratifica a legalidade e corrección do nomeamento do novo director do Museo, Xosé Manuel Rey. A Deputación certifica así a rectitude da designación tras o recurso presentado pola Asociación de Amigos do Museo (AMUPO) que, unha vez desestimada a súa queixa, debe facer fronte ás costas do proceso.
O papel da Deputación como impulsora da UNED na provincia de Pontevedra quedou hoxe de manifesto durante a visita que o reitor, Ricardo Mairal, realizou ao Pazo Provincial. No libro de honra deixou escrito “Un verdadero honor visitar la Diputación y un verdadero privilegio trabajar conjuntamente en torno a un proyecto universitario común”. Mairal, que acudiu acompañado do director do Centro Territorial, Víctor González, anunciou a próxima posta en marcha de “proxectos de cara á máxima apertura da Universidade Nacional de Educación á Distancia á sociedade”.
Dar a coñecer dun xeito claro ao sector as claves dos programas e liñas de axuda dos fondos Next Generation da man dos mellores expertos e expertas do Estado foi hoxe o obxectivo do webinario “Plan de Recuperación do Sector Turístico: Oportunidades para o sector público e privado” promovido pola Deputación de Pontevedra e Segittur que se desenvolveu de xeito telemático cunha espectacular acollida.
A Sala Rosalía da sede viguesa da Deputación, presidida por un “GRAZAS” protagonista en todo momento no evento, foi testemuña hoxe da homenaxe e agradecemento da provincia de Pontevedra ás e aos dez deportistas que participaron nos Xogos Paralímpicos de Tokio. Carmela Silva, acompañada do deputado de deportes, Gorka Gómez, recibiron ás e aos paralímpicos, en palabras da presidenta como “as verdadeiras heroínas e heroes desta sociedade. Sodes o mellor que temos, sodes a bomba!”.
Dar a coñecer lugares e feitos singulares da memoria histórica da provincia “a través dunha expresión artística marabillosa que é a música”. Ese é o obxectivo de ‘Acorda. Cartografía Musical da Memoria Histórica de Pontevedra’, un documental con idea orixinal do departamento de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra que se vai preestrear o vindeiro día 17 no Teatro Principal de Pontevedra e se presentará oficialmente no Ourense Film Festival o vindeiro 1 de outubro.
As persoas amantes do deporte sustentable, a natureza e a orientación xa poden inscribirse na segunda das rutas do programa 'Depo Orienta' da Deputación de Pontevedra, que realizarase o domingo 26 de setembro no Monte do Acibal en Barro. Trátase da segunda das saídas deste programa provincial de orientación tras a excepcional acollida da primeira actividade celebrada o pasado domingo no Monte do Galiñeiro (Gondomar), cun éxito de participación rotundo.
“O equipo desta escola dá leccións de vida”. A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, puxo hoxe en valor a traxectoria da Escola de Xoiería Atlántico de Vigo na visita que realizou a este centro de formación, na que mantivo un encontro con seis mozas de Latinoamérica que van participar no programa de becas da Escola, 'Becas Atlántico', así como con catro dos cinco estudantes que a partir de outubro viaxarán a Francia e Portugal no marco do programa de mobilidade Practicum Depo da institución provincial.
A rede de voluntariado de COGAMI inicia en 2001 para canalizar todos os proxectos de voluntariado que se desenvolven, destacando programas como o de acompañamento e apoio a persoas con discapacidade dentro e fóra do domicilio, apoio educativo a estudantes que precisan de reforzo nalgunha materia, apoio nas charlas de sensibilización sobre a discapacidade, na atención ás persoas que realizan natación terapéutica, na práctica de actividades de lecer, entre outros.
A edición 2021 dos Roteiros Literarios e das Rutas de Arquitectura da Deputación de Pontevedra revalidan a súa excepcional acollida de anos anteriores e arrancarán o vindeiro domingo, 12 de setembro, co cartel de completo para as 225 prazas ofertadas. As rutas literarias se desenvolverán ata o 10 de outubro cun total de cinco sesións noutros tantos concellos, mentres que os sábados será a quenda das catro rutas arquitectónicas, que comezarán o día 18 e finalizarán o 9 de outubro.
A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta semana dúas accións formativas impartidas de xeito online, da carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións versan sobre as diferentes contornas visuais dispoñibles en Instagram e a plataforma de email márketing Sendinblue.
“Non é casualidade e responde ao modelo transformador, sostible, dixitalizado, moderno e de recuperación do espazo público que promove a Deputación”. A presidenta provincial, Carmela Silva, amosou hoxe a súa satisfacción polo novo recoñecemento ao modelo da institución que supón a inclusión de seis obras realizadas na provincia da man da Deputación nas candidaturas aos Premios COAG de Arquitectura, que se fallarán a finais de mes.
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, informou en rolda de prensa, de que a Xunta de Galicia comezará a citar ás persoas que xa pasaron a enfermidade da Covid-19, para recibir a primeira, ou a segunda dose, da vacina.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.