Sábado, 8 Febreiro de 2025

É Noticia

O papel das mulleres emprendedoras no ámbito científico, no marco do programa de pódcasts ‘Ciencia en feminino’ da Deputación

A Deputación de Pontevedra ofrece este xoves unha conferencia sobre o papel das mulleres emprendedoras no ámbito científico no marco de 'Ciencia en feminino', o programa de pódcast e videopódcast que promove xunto a GCiencia para reivindicar o papel da muller nas ciencias e na investigación. Catalina Fernández de Ana Portela, bióloga e CEO de Hifas da Terra, será a encargada de afondar na relación entre ciencia e emprendemento feminino xunto á deputada provincial Sandra Bastos.

A Deputación destina máis de 1,75 millóns de euros para que 11 concellos da provincia contraten a 54 persoas, afronten gasto corrente e impulsen...

A Deputación acaba de aprobar en Xunta de Goberno destinar preto de 1,76 millóns de euros para que 11 concellos da provincia impulsen novos investimentos, afronten gasto corrente e contraten a 54 persoas ao abeiro das tres primeiras liñas do Plan +Provincia. Benefícianse destes recursos A Estrada, Arbo, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Lalín, Meaño, Moaña, O Grove, Silleda e Vilagarcía de Arousa.

A Deputación defende a importancia de “tender pontes entre todas as administracións para a igualdade” no foro ‘As mulleres que opinan son perigosas’

Reivindicar ás mulleres na comunicación e no xornalismo é o obxectivo do encontro “As mulleres que opinan son perigosas”, organizado pola Deputación de Pontevedra e o Concello de Pontevedra e que inaugurou onte no Teatro Principal de Pontevedra a súa sétima edición. A deputada provincial de Igualdade, Sandra Bastos; a concelleira de Igualdade, Anabel Gulías, e as coordinadoras do foro, Diana López Varela e Susana Pedreira, foron as encargadas de abrir as xornadas.

Xornada de portas abertas na EDAR de Guillarei

O Consorcio de Augas do Louro e Aqualia organizan unha xornada de portas abertas con visitas guiadas á EDAR de Guillarei o próximo sábado 23 de marzo con motivo do Día Mundial da Auga.

Abel Losada e Sindicato Unificado de Policía, SUP, analizan as necesidades policiais da provincia

O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, reuniuse onte con responsables do Sindicato Unificado de Policía (SUP) nun encontro de traballo no que se analizaron as diferentes necesidades e demandas policiais a nivel provincial.

O vicepresidente Rafa Domínguez reúnense coa Organización de Diversidade Sensorial de Galicia, XOGA

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acompañado pola deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, reunironse onte con María Jesús Monterde, presidenta da Organización de Diversidade Sensorial de Galicia (XOGA); Pilar Iglesias, vogal da entidade, e Carolina Rego, intérprete de lingua de signos, para afondar na situación autonómica da persoas con diversidade sensorial de Galicia e no estado da lingua de signos galega.

Luis López anima a traballar pola igualdade “os 365 días do ano” na inauguración dunha mostra sobre o traballo das mulleres do mar

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, participou este martes no colexio plurilingüe Antonio Palacios do Porriño na inauguración da exposición “Achegas das mulleres á Sustentabilidade do Mar”, enmarcada no programa de conmemoración do Día Internacional da Muller deste centro de Educación Primaria. Durante o acto, o mandatario provincial puxo en valor o labor das mulleres que traballaron e traballan no eido do mar, desde o marisqueo ata as investigadoras; e salientou, diante dos escolares de sexto curso, que calquera delas sería xusta merecedora do Premio Boas Prácticas en Igualdade que acaba de crear o organismo provincial.

Luis López subliña no seo da FEMP a importancia da administración local na promoción dos hábitos de vida saudables

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, participou este martes en Madrid na reunión da Rede Española de Cidades Saudables, un organismo dependente da FEMP (Federación Española de Municipios e Provincias), para coñecer as conclusións da memoria de actuacións levadas a cabo ao longo do pasado ano 2023 por esta entidade, da que o mandatario provincial ocupa o cargo de vicepresidente segundo.

A Deputación pon en marcha cun faladoiro sobre Carmen Babiano a segunda colección de ‘Aquí Faltan Páxinas’

Carmen Babiano, “a artista na gaiola”, pontevedresa pioneira na arte feminina de finais do século XIX, foi a primeira protagonista da segunda colección de 'Aquí Faltan Páxinas', que arrancou hoxe no Museo de Pontevedra cun faladoiro a cargo de Beatriz de San Ildefonso, conservadora da entidade.

A Deputación ten aberto ata este venres o prazo para que cu entidades sen fins de lucro soliciten algún dos obradoiros de “+Xuntas”

Últimos días para que as entidades sen fins de lucro da provincia que teñan como obxectivo a promoción das mulleres e apoien o seu desenvolvemento poidan solicitar algún dos obradoiros do programa da Deputación de Pontevedra “+Xuntas”. A través desta iniciativa, dotada con 300.000 €, a institución provincial pretende impulsar a participación activa das mulleres, xerando vínculos e fomentando as relacións interpersoais e o intercambio de experiencias.

Unanimidade no pleno da Deputación para instar o Goberno central a buscar un trazado alternativo da A-57

O pleno da Deputación de Pontevedra aprobou este venres por unanimidade unha moción presentada polo Grupo Popular para instar o Goberno central a realizar un estudo alternativo para o trazado actual da A-57 no tramo comprendido entre A Ermida e Pilarteiros, nas parroquias pontevedresas de Bora e Xeve, co obxectivo de dar con unha ruta que sexa menos impactante para as comunidades e familias afectadas e que teña en conta tamén a redución do impacto ambiental. Nesta sesión ordinaria, tivo lugar a toma de posesión como deputado do Grupo Socialista de Francisco Ferreira, que substitúe ao deputado Carlos López Font, así como a renuncia ao seu posto da vicepresidenta primeira da Deputación, Marta Fernández-Tapias.

A Deputación destina preto de 240.000 € para que Pazos, Barro e Redondela impulsen e melloren as súas infraestruturas deportivas

A Deputación acaba de aprobar en Xunta de Goberno os primeiros recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas con axudas que ascenden a preto de 240.000 € para os concellos de Pazos de Borbén, Barro e Redondela. Este plan, promovido polo goberno de Luis López e dotado cun orzamento de 4 millóns de euros, permitirá que os concellos da provincia poidan “construír novas instalacións de uso deportivo, modernizar, remodelar ou mellorar as existentes e adquirir equipamentos, material ou terreos para uso deportivo”, detallou o presidente.