O pavillón do Centro Príncipe Felipe, da Deputación de Pontevedra, acolleu hoxe a fin de festa do IV Encontro Provincial pola Inclusión organizado pola institución provincial na que entre luns e martes participaron máis de 500 persoas. Foi a través dunha xornada de ledicia e convivencia, que complementou a xornada técnica de onte no Museo.
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, remitiu hoxe unha carta ao presidente do Parlamento galego, Miguel Santalices, na que lle recorda “que as administracións locais non están supeditadas a ningunha outra administración, e que é a propia Constitución a que establece o principio de autonomía local que debe ser respectado por todas as administracións”.
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, anunciou que a Xunta de Goberno aprobará o día 29 a concesión das subvencións dirixidas á 102 entidades sen fins de lucro para actuacións no ámbito dos servizos sociais, sociosanitarios e da xuventude na provincia. A institución investirá un orzamento de 499.000 euros no montante destas axudas.
O PSdeG-PSOE xuntou en Vilagarcía as/os 22 alcaldesas e alcaldes da provincia, así como ás tenencias de alcaldía onde ostenta responsabilidades de goberno, para esixirlle á Xunta de Galicia un cambio de modelo nas relacións interadministrativas co municipalismo. Un pacto local que comezaría pola completa reformulación do fracasado Fondo de Cooperación Local.
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto á deputada de Cultura, Vicky Alonso, mantivo un encontro de traballo con representantes de ata 24 concellos da provincia para abordar cuestións relacionadas coa feira Cultural, que terá lugar entre o 29 de novembro e o 1 de decembro.
O deputado delegado do ORAL, Carlos López Font, deu a benvida este luns ás persoas que participaron na xornada sobre as 'Novidades na tributación local: novas liñas na mellora da eficiencia na prestación dos servizos' organizada polo ORAL no Edificio Administrativo, e que foi a iniciativa dos propios concellos. Asistiu persoal municipal dos servizos de recadación, así como os alcaldes de Ponteareas, Xosé Represas, e Vilaboa, a quen López Font agradeceu “o esforzo que supón que sacarades horas do voso traballo para estar aquí”.
A Deputación de Pontevedra vén de aprobar en Xunta de Goberno a adxudicación do contrato de subministración de equipamentos para os 9 puntos limpos da provincia entre os que se atopan os de Ponteareas, A Guarda, Nigrán e Gondomar.
O deputado de Cooperación Transfronteiriza e director do AECT Rio Minho, Uxío Benítez, participou hoxe na inauguración da I Xornada de Gastronomía do Rio Minho, celebrada en Caminha, nun acto no que estivo acompañado polo director da Fundación CEER, Valerià Paül; a concelleira de Festas de A Guarda, Elena Baz; e o presidente da Câmara Municipal de Caminha, Miguel Alves.
As 'Anpa Solleiro' do IES Tomiño; a 'Anpa do CEIP Pintor Antonio Fernández' de Goián e a 'Anpa Pena do Equilibrio' do CEIP Ramiro Sabell Mosquera de Ponteareas recibirán, en total, 9.000 euros da Xunta de Galicia para desenvolver actividades de promoción da igualdade e de prevención e loita contra a violencia machista.
A pasada fin de semana, un grupo de persoas do Baixo Miño mantiveron a primeira reunión do recén creado 'Grupo Antiherbicidas do Baixo Miño', formado por máis dunha ducia de persoas que se unen para loitar contra o uso de herbicidas por parte da administración nos espazos públicos: estradas, camiños, etc.
O proxecto 'Camiño a dentro', promovido pola Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia a través do programa 'O teu Xacobeo', fixo escala onte na praza Arquitecto Antonio Palacios de O Porriño, onde o grupo 'Dúas', formado por Sabela Caridad e Marta Figueiredo, ofreceu un recital de percusión en directo ante autoridades, veciñanza, peregrinas e peregrinos.
Cun cheo absoluto, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, abriu no castelo de Soutomaior a xornada 'Mercantilización do corpo das mulleres' da Escola de Igualdade María Vinyals cun recordo ás 'Trece Rosas', unha lembranza de xustiza e desagravio tal e como deixou claro a presidenta provincial.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.