23 C
Pontevedra
Sábado, 20 de Abril de 2024
Máis
    HomeÉ NoticiaO PSOE pide a Xunta un modelo de financiamento comparable aos da...

    O PSOE pide a Xunta un modelo de financiamento comparable aos da Deputación e Goberno de España

    O poder municipal socialista xúntase en Vilagarcía para reclamar un auténtico Fondo de Cooperación Local que emule o funcionamento do Plan Concellos

    O PSdeG-PSOE xuntou en Vilagarcía as/os 22 alcaldesas e alcaldes da provincia, así como ás tenencias de alcaldía onde ostenta responsabilidades de goberno, para esixirlle á Xunta de Galicia un cambio de modelo nas relacións interadministrativas co municipalismo. Un pacto local que comezaría pola completa reformulación do fracasado Fondo de Cooperación Local.

    O poder municipal socialista, co alcalde de Vilagarcía Alberto Varela como anfitrión, criticou que os Orzamentos da Xunta para 2020 traian “cero investimentos para os concellos gobernados polos socialistas” e conxelasen o Fondo de Cooperación Local base (a única partida reservada aos concellos que se reparte obxectivamente en función da poboación, avellentamento, dispersión e extensión) en 112,9 millóns de euros. Mentres tanto, engadiu, a Xunta incrementa ata os 266,1 millóns de euros o caixón para repartir fondos autonómicos por convenios e subvencións escuras.

    Por cada euro que a Xunta de Galicia transfire obxectivamente aos concellos hai outros 2,5 que se reparten discrecionalmente e iso non pode ser”, denunciou Alberto Varela, quen reclamou un Fondo de Cooperación máis transparente e con moita maior dotación, “un instrumento que sexa comparable ao que na Deputación chámase Plan Concellos”.

    Na xuntanza do poder municipal socialista (que goberna sobre dúas terceiras partes dos habitantes desta provincia) acordouse reclamar da Xunta de Galicia a aprobación dunha lei específica para regular o Fondo de Cooperación Local, así como o fin das subvencións e convenios discrecionais.

    Explicouse que a Deputación de Pontevedra transfire un 30% dos seus Orzamentos totais aos concellos da provincia en base a instrumentos regrados e con reparto obxectivo. Pola contra, a Xunta só dedica un 2,3% da súa recadación tributaria ao Fondo de Cooperación Local, o que supón un 0,1% do Orzamento autonómico total.

    O presidente da Federación Española de Municipios e Provincias e alcalde de Vigo, Abel Caballero, achegou o dato de que o Estado transfire aos 61 concellos da provincia de Pontevedra, en base á participación local nos tributos estatais, 208 millóns de euros. E o Goberno en funcións acaba de aprobar un incremento dun 7% en concepto de anticipos a conta. Unha cifra que contrasta, e moito, cos 112,9 millóns que a Xunta transfire aos concellos de toda Galicia co FCL.

    Alberto Varela lamentou a discriminación constante da Xunta e ironizou lembrando que o presidente Núñez Feijoo visitou Vilagarcía hai uns días. “Estivo na Praza de Abastos e agardo que, polo menos, mercara algo porque sería o único investimento que deixaría nesta cidade”.

    Varela Paz destacou tamén a importancia das Eleccións Xerais do próximo 10 de novembro e desexou que o PSOE teña “un gran resultado”, para o que, recalcou, é necesario contar co respaldo “dos cidadáns que non se deixan enganar”.

    O PSdeG-PSOE goberna con maioría absoluta en Vilagarcía, Vigo, Ponte Caldelas, Cuntis, O Grove, Tui, Nigrán, Gondomar, Fornelos de Montes, A Illa e Silleda. En base a pactos, como forza máis votada, en Vilaboa, Caldas de Reis e Baiona. E, finalmente, tamén acadou gracias á súa capacidade de diálogo, as alcaldías da Cañiza, Redondela, O Porriño, Forcarei, A Guardia, Meis e Cambados. Un poder municipal que compleméntase co Goberno da Deputación Provincial, onde ostenta 13 dos 27 deputadas/os posibles. David Regades invitou á xuntanza de alcaldes a Alberto García “porque só un pacto contra natura privou á veciñanza de Catoira do alcalde que a xente votou maioritariamente nas urnas”. Xunto con eles estiveron tamén as/os tenentes de alcalde de Pontevedra, Poio, Ponteareas Vila de Cruces, Moaña e Cangas, concellos nos que o PSdeG-PSOE ostenta tenencias de alcaldía e fixo posible gobernos de progreso.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.