Domingo, 20 Xullo de 2025

Comarcas

Arbo súmase ao Pacto dos Alcaldes contra o Cambio Climático

O Concello de Arbo forma parte xa do Pacto dos Alcaldes contra o Cambio Climático. Horacio Gil, alcalde de Arbo, asegurou que "todos temos algo que facer e no ámbito da administración local o facemos deseñando estratexias para reducir esas emisións en función das nosas competencias".

Redondela reforma as oficinas do Rexistro Xeral do Concello

As actuais Oficinas do Rexistro do Concello de Redondela teñen os días contados xa que, segundo adiantou o Goberno local que preside Digna Rivas, na vindeira semana está previsto que comecen as obras de reforma e ampliación deste espazo para adaptalo á Ley de Accesibilidade e á Ley de Procedemento Administrativo.

Ponteareas, no noveno seminario sobre compostaxe doméstica e comunitaria

A concelleira de Medio Ambiente do Concello de Ponteareas, Rosa Covelo, participou nestes días no noveno seminario sobre compostaxe doméstico e comunitario que se celebra en Valladolid e no que a vila do Tea participa co obxectivo de acadar "unha vila o máis sustentable posible e ir mellorando as ferramentas que se comparten coa cidadanía para conseguilo".

Nigrán busca alternativa ao aparcadoiro da rúa Vilameán

O Concello de Nigrán tramita o expediente para poder alugar de xeito transparente unha nova finca céntrica que sirva de alternativa ao aparcamento público da rúa Vilameán, onde a promotora propietaria da parcela iniciou hoxe as obras para construír 40 chalés pareados, polo que este espazo cedido de xeito gratuíto no 2013 está xa inoperativo.

A alpinista Verónica Romero, pregoeira da Festa do Codillo de Mos

A contorna do Pazo de Mos acolleu hoxe domingo a celebración da 'XXII Festa do Codillo', organizada polo Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia de Mos e que tivo a unha "pregoeira de altura" como é a alpinista Verónica Romero, integrante da expedición feminina 'Compromiso por la Tierra'.

As Neves destina 8.000 euros a mellora dos centros de ensino

A Concellería de Ensino e Benestar Social do Concello das Neves vén de realizar distintos traballos de arranxo e mellora en varios centros escolares, destinando para esas actuacións máis de 8.000 €. As obras centráronse nas escolas infantís de Rubiós e Taboexa; escola infantil da Galiña Azul e no CEIP Pazo da Merced.

O BNG do Porriño considera “innecesarios” vehículos de alta gama para servizos municipais

O BNG do Porriño, que considera que o parque de vehículos dos servizos municipais de obras, xardinería e mantemento "precisaba dunha renovación" puntualiza que os prezos e as necesidades marcadas polo Concello na redacción dos pregos de condicións, "son superiores ás verdadeiramente necesarias".

Contacontos de Anxo Avelino o luns na Biblioteca da Guarda

A Biblioteca Pública Municipal da Guarda continúa coas actividades para conmemorar o día da Biblioteca 2019, que se celebra cada ano o 24 de outubro. O obxectivo destas actividades é a animación á lectura durante o mes de outubro.

Marcos Porto deixa o Club Ciclista Ponteareas logo de tres anos ao fronte do mesmo

O dia 25 do presente mes, celebrarase entre os socios do Club Ciclista Ponteareas unha Asemblea Extraordinaria, onde o seu Presidente Marcos Porto Isla, presentará a súa renuncia ao cargo, unha renuncia motivada por outros compromisos persoais e "considerar que cumpriu o labor que dende o primeiro momento se propuxo e foi revivir ao Club Ciclista Ponteareas".

Suspendida a andaina prevista para o sábado na Guarda

O Concello da Guarda e a Cámara Municipal de Caminha decidiron suspender a andaina prevista para este sábado día 19 de outubro pola Senda da Fraga do Barragán, debido ás previsións meteorolóxicas desfavorables.

O Centro Cultural Xinzo énchese de cine

A concellería de Cultura do Concello de Ponteareas, que dirixe Fernando Groba, anima á cidadanía a gozar das curtametraxes gañadoras no Festival de Cans que serán proxectadas este sábado, día 19, no auditorio do Centro Cultural de Xinzo.

Mirador de San Nomedio nas Neves, un balcón ao Condado

O Xeodestino Condado Paradanta, dependente do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Condado Paradanta, está a potenciar o proxecto dunha rede de miradoiros nos concellos que forman parte do mesmo, financiados, nunha grande porcentaxe con fondos procedentes da Xunta de Galicia.