A Biblioteca Pública Municipal da Guarda continúa coas actividades para conmemorar o día da Biblioteca 2019, que se celebra cada ano o 24 de outubro. O obxectivo destas actividades é a animación á lectura durante o mes de outubro.
A segunda actividade terá lugar o vindeiro luns día 21 de outubro ás 18:00 h cun contacontos moi especial a cargo de Anxo Avelino (Carballo con botas).
Chegan á biblioteca os teixos, freixos, bidueiros, aciñeiras, buxos…, para contar as súas historias, para aprender a abrazar as árbores, a coidar bosques, fragas, soutos, para plantar unha árbore que conte contos en defensa do futuro.
Espectáculo dirixido a público infantil: bebés, nenas e nenos de 0 a 6 anos.
A programación continuará o xoves 24 de outubro con ‘Bibliotecas para mudar o cambio climático’. Efervesciencia. Ás 18:00 h; e o sábado 26 cun ‘Obradoiro de creación de teatros de papel’ a cargo de Juste Kamishibai, ás 11:30 h.