Sábado, 25 Xaneiro de 2025

Suspendida a andaina prevista para o sábado na Guarda

O Concello da Guarda e a Cámara Municipal de Caminha decidiron suspender a andaina prevista para este sábado día 19 de outubro pola Senda da Fraga do Barragán, debido ás previsións meteorolóxicas desfavorables.

Nestes intres se está avaliando a posibilidade de trasladar dita actividade a outra data, que será informada a todos os inscritos.

Para calquera información poden contactar co departamento de Deportes no 690 928 751 ou no enderezo electrónico [email protected]