A concellería de Cultura do Concello de Ponteareas, que dirixe Fernando Groba, anima á cidadanía a gozar das curtametraxes gañadoras no Festival de Cans que serán proxectadas este sábado, día 19, no auditorio do Centro Cultural de Xinzo.
O director do festival, Alfonso Pato, visitará Xinzo da man do Centro Cultural que, en colaboración coa Comunidade de Montes da parroquia, ofrecerá unha noite de cine.
A partir das 21 horas e ata completar aforo, poderemos converternos en público do documental ‘Quince Primaveras’ de Isaura Docampo; da comedia negra ‘O Neno Bonito’ de Fran X. Rodríguez; da curta de animación ‘Soy una tumba‘ de Khris Cembe e da curtametraxe de medo ‘Limbo’ de Dani Viqueira, curtametraxe premio Mestre Mateo 2018.