Luns, 20 Xaneiro de 2025

Ponteareas, no noveno seminario sobre compostaxe doméstica e comunitaria

A concelleira de Medio Ambiente, Rosa Covelo, coñece os últimos proxectos de innovación en materia de compostaxe

A concelleira de Medio Ambiente do Concello de Ponteareas, Rosa Covelo, participou nestes días no noveno seminario sobre compostaxe doméstico e comunitario que se celebra en Valladolid e no que a vila do Tea participa co obxectivo de acadar “unha vila o máis sustentable posible e ir mellorando as ferramentas que se comparten coa cidadanía para conseguilo”.

Esta novena edición céntrase na xestión da materia orgánica no mundo rural, analizando os pasos que están dando as administracións estatais e autonómicas neste senso e profundizar nas investigacións que se están realizando na actualidade e adentrarse en proxectos de innovación.

Rosa Covelo tamén participou nas visitas técnicas co obxectivo de recoller toda a información posible para aplicalas a futuras accións relacionadas coa compostaxe no noso concello.

A concelleira salienta a importancia da separación de residuos no fogar “que é o primeiro paso e que so depende de nós, sen isto non se pode acadar o obxectivo final”.

“O que intentamos conseguir e que coa fase 1, na que xa estamos coas composteiras implantadas no centro urbano, elimínense os restos orgánicos do contedor verde levándoos á composteira coa que conseguimos un bo compost que volve á terra e completa o ciclo” explica Rosa Covelo.

Covelo insiste na importancia da acción individual e “da responsabilidade que temos todos e todas a diario”.