O Concello de Arbo forma parte xa do Pacto dos Alcaldes contra o Cambio Climático. Horacio Gil, alcalde de Arbo, asegurou que “todos temos algo que facer e no ámbito da administración local o facemos deseñando estratexias para reducir esas emisións en función das nosas competencias”.
Precisamente, para alcanzar eses obxectivos, o Concello de Arbo adheriuse ao Pacto ten que a redactar un Plan de Acción para a Enerxía Sostible e o Clima (PACES) cun inventario de referencia de emisións (IRE) para facer o seguimento da súa efectividade das accións de mitigación e unha avaliación de riscos e vulnerabilidades ante o cambio climático.
Nesa liña, o Concello de Arbo deberá concentrar os seus esforzos en reducir a demanda de enerxía nos seus territorios e adaptar a demanda enerxética á oferta promovendo a utilización de recursos enerxéticos locais.
A Comisión Europea puxo en marcha en 2008 o Pacto dos Alcaldes (Covenant of Mayors), unha iniciativa aberta a todas as cidades e municipios en Europa co obxectivo de involucrar ás autoridades locais e aos cidadáns no desenvolvemento e a aplicación da política enerxética da Unión Europea.
O Pacto consiste no compromiso das cidades asinantes de ir máis alá dos obxectivos adoptados para o ano 2020 pola UE para reducir as emisións de CO2 a través de medidas de eficiencia enerxética, de accións relacionadas coa promoción das enerxías renovables e da mobilidade urbana sostible.
A Xunta de Galicia asegura que “o Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía e o mellor instrumento para implicar aos concellos de Galicia na loita contra o cambio climático”.