Inma López Silva regresa ao primeiro plano literario cunha nova proposta narrativa que ten un certo punto inquietante. Inma acostuma a ser unha autora incómoda por provocadora, no sentido de ser capaz de situarnos fronte a un espello como sociedade ou como individuos, para que vexamos a nosa propia imaxe e tomemos consciencia dunha realidade que, na vertixe actual, pode ser que nos pase desapercibida.
A primeira achega literaria do certame de poesía organizado polo Concello de Cospeito veu da man dun dos nosos clásicos en vida: Xesús Rábade Paredes, veciño da localidade e vencedor na súa primeira edición. E como resposta ao nome co que foi bautizado o galardón, 'Castelo de Caldaloba', o escritor optou por versificar a historia desta vella torre, hoxe en perigo de derrubamento, misturando realidade e ficción dacabalo da tradición oral.
'A casa xunto ao volcán' é a nova proposta narrativa de Xosé Ricardo Losada e chega a nós avalada pola concesión do Premio Viaductos de novela. Trátase dun relato que, pese á temática e á súa protagonista, custa traballo identificar plenamente cun produto dirixido ao público adolescente, malia que ese pareza o seu destinatario máis lóxico.
De Nazaret López tiñamos algunhas referencias abeiradas ao mundo da comunicación e do teatro, pero é a primeira vez que se adentra, publicamente cando menos, no eido da narrativa a través dunha novela, e faino para falarnos da reconstrución psicolóxica dunha muller que se ve desbordada por unha ruptura sentimental.
Ao igual que fixemos en anos anteriores, a primeira edición do ano de «O meu andel» pretende botarlle unha man aos Reis Magos na procura de material de lectura acaído para os cativos. Por iso hoxe traemos a estas páxinas tres obras doutros tantos autores consagrados do noso panorama literario, destinadas, principalmente, a nenos e nenas.
An Alfaya volve á novela xuvenil e faino baixo o paraugas dun premio tan celebrado como o 'Raíña Lupa', convocado pola Deputación coruñesa. E preséntanos unha historia que de seguro non deixará a ninguén indiferente, ao colocar sobre o tapete de xogo algunhas das situacións máis incómodas que afectan á sociedade actual e afrontar o reto de aportar algo de axuda na súa resolución. ¡Que non é pouco!
Levabamos tempo sen ter novas de Berta Dávila, tanto no eido da poesía como no da narrativa. E chegaron, por fin, o pasado verán, co prestixioso premio de novela García Barros debaixo do brazo e un título suxestivo: 'Carrusel'. Agora materialízase ese traballo coa súa edición impresa por parte de Galaxia e, estou seguro, non deixará a ninguén indiferente.
Cando unha novela vén avalada polo premio Xerais merece, cando menos, prestarlle unha mínima atención. Neste caso, a proposta narrativa de Amador Castro Moure que se fixo con tal galardón este mesmo ano é unha novela ben peculiar e moi traballada, arriscada no seu prantexamento e resolta con gran habilidade.
Afirmar que «Mnemea» é unha novela englobada dentro do xénero fantástico ao que Xosé Duncan nos ten acostumados, sería faltar á verdade; pero afirmar o contrario, tamén.
Emma Pedreira volve a sorprender cun traballo arriscado. «As fauces feroces» trata de ser unha novela, pero afástase dos estereotipos clásicos da estrutura novelesca na procura de novos camiños, dende unha liña intimista e introspectiva debuxada por catro mulleres protagonistas e algunhas outras que transitan ao seu arredor.
Segunda novela de María Alonso logo do seu paso pola ciencia ficción distópica a través de 'Despois do cataclismo', que nesta ocasión se mergulla nun ambiente máis realista pero absolutamente marxinal, para narrarnos unha historia de vinganza que, ao meu entender, débelle moito ao cine de acción, sobre todo na parte final.
«O ceo das reixas» é unha desas novelas curtas que deixan un gran sabor de boca, pois en apenas 80 páxinas Eli Ríos é quen de relatar unha historia chea de silenzos, de complicidades, de maxia, de violencia, de crítica social, de amizade, e da imprescindible calidade literaria da que fai gala en cada nova entrega.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.