Manuel Esteban volve a introducirnos no universo do inspector Carlos Manso, que tan bos resultados lle deu nas súas dúas primeiras novelas; a que iniciou a saga, lembremos, galardoada co Premio Xerais no seu día. Pero se nos anteriores traballos nos presentaba casos independentes, que poden ser lidos de forma separada, nesta ocasión asistimos a unha especie de continuación da saga no punto no que quedou logo da segunda entrega, «O meu nome é Ninguén».
O último Premio O Facho de teatro infantil acaba de ver a luz. «Unha estrela para Amina» é unha historia breve escrita por Celia Díaz Núñez que, logo de dar ao prelo dúas novelas para adultos, retorna ás súas orixes no eido da literatura infantil e xuvenil con esta obra. Falamos dunha peza nunha unica escena, en tempo real, e con só dúas personaxes que levan todo o peso da trama: unha nena, Amina, e a súa boneca, Sally.
É certo que neste blog non acostumamos a incluir referencias de banda deseñada, para iso xa hai outras páxinas, pero coido que a excepción ben paga a pena. Hoxe traemos a esta bitácora a adaptación da novela coa que Berta Dávila acadou o Premio Repsol de Narrativa Breve en 2013, “O derradeiro libro de Emma Olsen”.
Non resulta doado tratar de definir o novo traballo de Tamara Andrés, nesta ocasión en colaboración co ilustrador Marcos Viso. Ela mesma fala dun “artefacto poético” e quizais sexa unha definición bastante acaída a un proxecto no que a imaxe e a palabra interactúan entre si e dialogan no mesmo plano, sen que ningunha delas se supedite á outra.
A autora ceerense Rocío Leira presenta esta nova novela que, en realidade, é un xogo de intriga, coa que chegou a ser finalista na última edición dos premios Jules Verne de Literatura Xuvenil.
'Virtudes (e misterios)' é, cando menos, unha desas novelas peculiares nas que a ficción parece deixarlle paso ao relato veraz e contrastado sen por iso perder a súa capacidade de entretemento que é, á postre, unha das finalidades de calquera novela. Esa mistura entre realidade e ficción, aínda que sería máis correcto falar de “realidade ficcionada”, valeulle a Xesús Fraga a concesión dun premio da categoría do Blanco Amor. E iso xa é dicir moito.
O prolífico Xosé Antonio Neira Cruz presenta unha nova novela, galardoada o pasado ano co premio Ánxel Fole de narración curta organizado polo Concello de Lugo. Un relato que se bambea entre a realidade e a ficción e que supón unha auténtica viaxe no tempo ata A Coruña de principios do século XX.
«Terra nullius» é unha expresión latina utilizada maiormente nos tempos das colonizacións para referirse a certos territorios sen dono, case sempre deshabitados e que, en principio poderían ser reclamados por calquera país. Sobre esta idea, Alberte Momán argallou unha novela breve na que a súa protagonista, coma se fose un destes territorios sen dono, defende a súa propia liberdade e reclama a súa condición de terra sen conquistar, se se me permite a expresión.
Conmemoramos o Día Internacional da Literatura Infantil e Xuvenil
colocando neste particular andel o último traballo de Xoán Babarro,
un dos nosos clásicos do xénero con...
«O mal querer» é a narración coa que Natalia Carou obtivo o ano pasado o Premio Vilar Ponte de Novela, organizado polo Concello de Viveiro. As obras precedentes de Natalia estiveron dirixidas ao público xuvenil e, malia que sempre me resultou difuso establecer unha fronteira clara a este respecto, coido que o caso de «O mal querer» será de moito proveito para os rapaces, pero considéroa tamén moi apta para o público adulto.
Francisco Castro preséntase de novo perante os seus lectores cunha novela dual e escura, na que, dende o presente, nos traslada aos tempos turbios da Guerra Civil. Non podemos falar dunha única trama, senón de dúas que interfiren entre si e que xudan a conformar a propia novela: a primeira, protagonizada por unha investigadora que anda a traballar na descuberta dunha fosa común no ficticio Pazo de Vila Flavia; a segunda, relacionada co achado dun corpo a varios metros de distancia desa fosa, unha rapaza que garda entre as mans un libro de poemas dun autor descoñecido.
Alberto Fortes volve ao primeiro plano da actualidade narrativa cun traballo de corte intimista, cun punto nostálxico e algo de iniciático. 'O verán en Lucenza' é unha novela sobre a memoria e sobre como a memoria debuxa as nosas lembranzas, independentemente da súa veracidade, a través dos ollos dun rapaz, o fillo do Cortizo, que pasa as vacacións de verán na casa das súas tías maiores, nunha aldea do rural galego dos anos 70.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.