O grupo municipal de voluntariado de limpeza da natureza do Rosal prepárase para unha nova saída coa que fomentar a concienciación e a participación activa da veciñanza no coidado da contorna e na conservación dos espazos naturais.
A actividade desenvolverase o vindeiro domingo 4 de xuño a partir das 10.00 horas. Nesta ocasión o grupo desprazarase ata Fornelos para a limpeza da Ponte da Parraporrosa e na Ponte da Pedra. As persoas participantes irán recollendo o diferente lixo que se vaia atopando na contorna, polo que se recomenda ás e aos participantes que leven luvas, aínda que a organización levará bolsas e tamén luvas por se alguén as precisa.
As persoas interesadas en participar deberán inscribirse ata o 31 de maio chamando ao Concello ao teléfono 986 625 000 ou enviando un correo electrónico a [email protected] especificando nome, apelidos e DNI tanto da persoa participante como daquelas inscritas baixo a súa responsabilidade.
O aeroporto de Peinador conta cunha alfombra de flores para despedir ou recibir a todas e todos os pasaxeiros. A Asociación de Alfombristas confeccionou esta fin de semana no hall do aeroporto vigués unha alfombra floral para continuar coa promoción da festa do Corpus Christi 2023.
Trátase dunha fermosa peza de arte efémera chea de cor que poderán contemplar todas as persoas que cheguen ou saian nun voo desde Vigo e que lles permitirá contemplar unha pequena mostra do que son as alfombras florais e de todo o que significan para Ponteareas.
Coa celebración da festa do Corpus ás portas, a Asociación de Alfombristas de Ponteareas continúan o seu labor para levar esta Festa de Interese Turístico Internacional máis alá da vila. Como salientan as propias e propios alfombristas, “queremos que o público que aínda non coñeza Ponteareas e o Corpus descubra todo o que podemos ofrecer en Ponteareas. E animamos a todo o mundo a compartir con nós a nosa festa grande os días 10 e 11 de xuño”.
Esta obra de arte efémera completa coa promoción do documental ‘As mans do Corpus’, unha peza audiovisual que pon en valor o traballo colectivo, o esforzo e a singularidade das alfombras de Ponteareas e da súa festa grande. O documental foi gravado durante a celebración do pasado ano 2022 para recoller todos os momentos da festa, así como os preparativos previos, menos coñecidos para turistas e visitantes. As persoas interesadas poden ver o documental na web de turismo de Ponteareas.
O Concello de Nigrán ofrece este verán a posibilidade de “modelar” in-situ a cultura ancestral mexicana de mans dos seus principais mestres oleiros e das artes plásticas tradicionais. Isto será posible grazas ao ‘IV Encontro Internacional’ que a Escola Municipal de Cerámica de Nigrán impulsa do 17 ao 22 de xullo no CEE de Panxón. O prazo de matrícula xa está aberto para calquera persoa interesada a través da web https://culturamilenariamexico.wordpress.com/ Anteriormente, e nos seus casi 40 anos de vida (é unha das escolas máis antigas de Galicia) estes encontros adicáronse a Xapón, India e os países periféricos de España.
Deste xeito, xaguares xigantes de barro, bruñidos cerámicos impresionantes, ou métodos de coccións a ceo aberto serán os protagonistas dos obradoiros de barro; a estes se lle sumarán outros dous de artes plásticas propias de México como son os xoguetes tradicionais ou os alebrijes de papel. Son en total 4 obradoiros nos que hai que inscribirse previamente e que impartirá cadanseu mestre mexican invitado para a ocasión.
“Temos unha xoia a nivel peninsular, tanto pola súa antigüidade como polas experiencias que ofrece. Esta será unha oportunidade única para compartir coñecementos e para difundir internacionalmente a nosa escola, da que todos debemos estar moi orgullosos”, considera o alcalde, Juan González.
“México mantén practicamente intacta unha cultura milenaria de gran riqueza que nos achega ao máis ancestral e primario do mundo da cerámica, por iso consideramos moi enriquecedor traer aos mellores mestres deste país, que nos amosarán aspectos tan descoñecidos aquí como as coccións prehispánicas, sumando, coma sempre, obradoiros de artes plásticas orixinais deste país, como o de álebrijes’ ou de xoguetes ”, explica Emilia Guimeráns, directora da Escola Municipal de Cerámica de Nigrán e quen contactou cos catro artistas invitados a través da Escuela Nacional de Cerámica de Guadalajara (México).
Neste encontro colabora tamén o Instituto de Estudos Miñoranos, os deseñadores ‘Liquen y Pelucas´ e Susana Rodríguez.
Obradoiros
Juana Gómez, Amatenango: “A arxila como expresión escultórica para os mayas”
Pobo de orixe maya dos Altos de Chiapas, Amatenango del Valle é coñecido como a capital chiapaneca da olería debido a que máis da metade da súa poboación dedícase a esta actividade reservada ás mulleres quen van aprendendo a traballar o barro desde os 10 anos. Juana Gómez, recoñecida pola calidade das súas esculturas e do seu trazo pictórico, ensinará técnicas propias de Amatenango (coccións prehispánicas, procesos decorativos…) desenvolvendo o obradoiro sobre a iconografía do xaguar, animal sagrado na súa cultura.
Tomás Esparza, Jalisco: El trazo Ancestral
Profundizarase no mestizo e o prehispánico, onde o trazo ancestral fúndese co imaxinario persoal, tendo o bruñido como ingrediente esencial.
Alejandro Camacho, Ciudad de México: Alebrijes zoomorfismo fantástico
Obradoiro de cartonería tradicional. A realización destes inusuais seres, forma parte da identidade colectiva mexicana desde 1936. Descubriranse os segredos da fabricación destas delirantes criaturas.
Miriam Salgado, Xochimilco: El juguete del pasado al presente
Obradoiro de xoguetería. Partindo de materiais como madeiras, teas, cartón ou obxectos reciclados. ‘La Lula juguetes’, impartirá o taller dirixido a crianzas a partir de 8 anos e adultos, onde mostrará como estes obxectos e materiais cobran vida dentro dun mundo de imaxinación e fantasía.
Fin de semana perfecta en Cesantes. Tras dúas intensas xornadas de regata, o TMKiteClub puxo o punto e final este domingo ao Campionato Galego de Kitesurf, proba que organizou o club redondelán coa colaboración do Concello de Redondela e por delegación da Real Federación Galega de Vela. En total, seis probas completadas que deron como vencedores a Xusto Fernández nas divisións Foil e Surf, Antonio Fernández “Patxi” en Twintip Masculino e María de Carmen Nieto en Twintip Feminino.
Volveu cumprir Cesantes cos máis de 30 riders rexistrados. Aínda que o parte apuntaba a que o paso da DANA podería complicar as cousas tanto o sábado como o domingo, finalmente o vento térmico característico da enseada de San Simón acudiu puntual á súa cita, permitindo que o Comité de Regatas completase tres probas por día para cada unha das categorías con ventos que foron desde os 12 ata os 18 nós de intensidade.
Na clase Foil, Xusto Fernández do club Windsurf Galicia non tivo rival e volveu adxudicarse o título de Campión Galego con pleno de vitorias na súa marcadora. Por detrás, a segunda posición foi para Mario Martínez do TMKiteClub e terceiro foi Andrés Douglas do club Windsurf Galicia.
Pola súa banda, na clase Surf repetiu Xusto Fernández no máis alto do podio, seguido nesta ocasión de Francisco Costas do TMKiteClub e de Roberto González do Papaventos Kite Club, segundo e terceiro respectivamente.
Na división masculina de Twintip, con cinco vitorias de seis posibles o rider local Antonio Fernández “Patxi” coroouse como o novo Campión Galego da clase. Por detrás, seguiulle no segundo caixón o defensor do título da pasada edición, o baionés Iván Carballo do TMKiteClub, e terceiro foi Horacio Pequeno, tamén representando ao club redondelano.
A clase Twintip Feminino foi, sen dúbida, a máis disputada cun intenso man a man entre María López Muiña e María del Carmen Nieto -ambas do TMKiteClub-, que se resolveu finalmente a favor de Nieto converténdose na nova en Campioa Galega da clase por diante de López Muiña. A benjamina da frota, Beira Vázquez, pechou o podio no terceiro caixón.
Unha vez finalizada a segunda xornada, a entrega de trofeos puxo o broche final a unha fin de semana de dez en augas da ría de Vigo. O acto contou coa asistencia do presidente do club organizador, Tato González, e do presidente da Real Federación Galega de Vela, Manuel Villaverde, que foi o encargado de entregar os galardóns aos campións autonómicos da clase.
A próxima gran cita será o esperado KiteFest Cesantes, que este ano celebra a súa sexta edición entre os días 7 e 9 do próximo mes de xullo.
A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de asesoramento tecnolóxico para pemes e persoas autónomas da provincia, oferta nesta próxima semana catro novas accións formativas enmarcadas na súa carteira de obradoiros que se celebrarán de xeito telemático e presencial. As actividades centraranse en ciberseguridade, na fabricación dixital e na análise web.
Hoxe, luns 29, tivo lugar ás 10 horas un obradoiro con Manuel Freire, experto universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia formando na materia. Encargouse de impartir o obradoiro “Ciberseguridade, ramsonware y suplantación de identidade”. O obxectivo é dar a coñecer que é un ramsonware, en que consiste a suplantación de identidade e que é o que poden facer as persoas para protexerse.
O martes 30 ás 11 horas dará comezo o taller de “Fabricación dixital. Debuxo 3D con Onshape IV – PartStudio IV” con sesións online teóricas e prácticas presenciais no Fab Lab do Centro Provincial de Economía Dixital no Viveiro de Empresas de Barro. En canto á teoría, o obradoiro afondará en debuxo 3D con Onshape (16 h), impresoras 3D de filamento (8 h), impresoras 3D de resina (4 h) e escáner 3D (2 h). Estas sesións completaranse con 20h prácticas no Fab Lab no manexo das dúas impresoras 3D e do escáner 3D. Tamén se encargará da formación Manuel Freire.
O mércores 31 ás 12 horas será a quenda dos “Primeros pasos con Google Analytics 4”, centrado no manexo deste programa de análise web. No obradoiro as persoas participantes aprenderán a comprender esta nova versión da ferramenta para poder configurala e tamén comprender ás e aos visitantes da web, coa finalidade de axudar na toma de decisións do negocio. Vai impartir esta acción formativa Esther Garcinuño, diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de marketing e dirección comercial e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión, con máis de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
O xoves 1 de xuño iníciase o obradoiro de “Fabricación dixital. Laminador Cura II”. A formación teórica en liña incluirá debuxo 3D con Onshape (16 h), manexo de impresoras 3D de filamento (8 h), impresoras 3D de resina (4 h) e escáner 3D (2 h). A parte práctica é presencial e consta de 20 horas no Fab Lab co manexo de impresoras 3D filamento (8 h), impresoras 3D resina (8 h) e escaneo 3D (4 h). Este obradoiro correrá tamén a cargo de Manuel Freire.
Se hai algún xeito de definir a xornada electoral de o domingo é de claro cambio de tendencia que leva, polo tanto, ao obrigado cambio de cor en moitos dos concellos. Nalgúns casos ‘era visto’ que dirían as xentes desta terra; noutros nin era previsible nin esperado e aínda así aconteceu. Caen maiorías absolutas que parecían firmes e asentadas e aparecen novas maiorías onde menos se espera e que, dalgún xeito, amosan o cansazo da cidadanía ante determinados xeitos de gobernar. Así, mentres PP recupera moito terreo perdido nas pasadas eleccións e BNG mantén o pulso, o PSOE influído pola tendencia á baixa que sofre a nivel estatal, perde alcaldías e parece obrigado a facer un fondo exercicio de autocrítica.
Con todo, o que se entresaca dos resultados de onte é que as veciñas e veciños que entre elección e elección permanecen calados –pensan algúns, erradamente, que aletargados– toman nota, apuntan para que non se lle esqueza nada e, chegado o momento utilizan a súa arma, o voto, para poñer e quitar razóns.
Chegarán agora as valoracións das e dos candidatos –nas que curiosamente ninguén parece perder– e tamén un tempo no as noticias sobre reunións para acadar pactos que a uns lles permitan chegar ás alcaldías e a outros non perder o sillón, serán as que copen as portadas dos xornais. A cidadanía dixo o que tiña que decir. Agora é a quenda de que a autodenominada ‘clase política’ saiba entender a mensaxe.
OCONDADO
O Condado foi nestes últimos anos un dos referentes da política municipal do BNG –gobernando en Ponteareas, As Neves e Mondariz– é un dos grandes prexudicados trala chamada as urnas de onte. No caso de Ponteareas, o PP recupera espazo –non tanto como cabería esperarse do desembarco de Nava Castro– mentres que o BNG paga tanto o desgaste de catro anos de Goberno nos que Ponteareas sufriu unha transformación radical, coma a continua campaña de acoso é derribo ao que foi sometido por parte dos sectores máis retrógados e reaccionarios para os que non poder chegar en coche ata o centro mesmo do casco urbano supuña, ao parecer, un ataque contra a propia identidade de Ponteareas.
Mentres o PSdeG-PSOE, mantén a súa tendencia a baixa a pesar de contar, como cabeza de lista, con un home curtido en mil batallas políticas como Delfín Domínguez Cerdeira.
As Neves e Mondariz, os outros dous referentes nacionalista na comarca experimentaron situacións similares. Nas Neves o PP gaña dous concelleiros mentres que o BNG perde un, unha situación que non sería crítica para o goberno de coalición BNG-PSOE –que quedarían a expensas do concelleiro dos independentes de AENE– senon fora polo descalabro dos socialistas que perdían dous concelleiros, quedándose cun único representante e deixando aos populares cunha maioría absoluta que facía que non gozaban.
En Mondariz, como dicía a mini serie da TVG ‘era visto’. Os independentes de Alternativa por Mondariz de Xoan Carlos Montes Bugarín volvían a ser a lista máis votada. Tamén o foron no 2019 e nunha situación rocambolesca, tan estraña como ridícula –proba evidente que a realidade supera sempre con moito a ficción– os votos do PP dábanlle á alcaldía ao BNG. Queda agora no aire a incógnita de saber se os populares de Mondariz volverán a facer exercicios de funambulismo político ou, simplemente, escoitarán á voz dos veciños que por segunda vez consecutiva elixen a Xoan Carlos Montes ‘Calis’ como candidato máis votado.
Queda, finalmente, Mondariz Balneario. Ay! ese Mondariz Balneario no que unha persoa que teña 40 años non haberá coñecido máis alcalde que José Antonio Lorenzo. ‘Corenta anos son máis que suficientes’ deberon pensar os votantes así que, papeleta en ristre, quitáronlle dous concelleiros ao PP –deixándoo o 2– e decidiron engadirlle eses guarismos aos 3 representantes dun BNG que, por primeira vez na historia do municipio, gobernarán e non só gobernarán senón que o farán con maioría absoluta. Como en política nada pasa por casualidade, esa maioría é froito do traballo da candidatura encabezada por César Gil que será o novo rexedor local. É, para o BNG, unha luz entre a tormenta desatada no Condado.
A PARADANTA
No que á comarca da Paradanta atinxe, poucos cambios. Ningún de feito aínda que é un ‘ningún’ con matices.
Fronte a Arbo, Crecente e Covelo, feudos indiscutibles do PP con maiorías absolutas que no caso de Arbo increméntase –de 6 a 8 concelleiros–, en Crecente baixa –de 8 a 7– e en Covelo se mantén sen cambios, A Cañiza tínguese de vermello para darlle a maioría absoluta ao PSdeG-PSOE de Luis Piña que, ata o momento, gobernaba co apoio de Ciudadanos.
Referéndase deste xeito o labor realizado polo rexedor socialista para poñer A Cañiza no mapa e traballar para convertelo nun espazo de turismo natural de referencia en Pontevedra. Ao mesmo tempo e, co seu voto, a cidadanía expresaba o apoio a un Goberno bombardeado de todos os xeitos posibles por un PP local que xamais soubo acatar o veredito das urnas.
LOURIÑA
A Louriña volve a ser popular… no sentido máis político do termo. Nidia Arévalo en Mos, que dende a súa chegada á alcaldía a través dunha moción de censura de dubidosa moralidade que vulneraba o pacto antitransfuguismo que tiñan asinado PP e PSOE en Madrid, encadenou marioría absoluta tras maoiría absoluta, segue sen perder forza e reafirma esa maioría gañando un concelleiro pasando de 9 a 10. Mentres, o crecemento do BNG que pasa de 1 a 3 representantes, deixa en evidencia a caída dos socialistas que perden un escano e reducen a 4 a súa presenza.
No Porriño dánse, posiblemente, un dos datos máis espectaculares desta xornada electoral. O PP de Alejandro Lorenzo, chegado á alcaldía a través dunha moción de censura –máis que xustificada dito sexa de paso–, duplica a súa representación –de 8 a 16 escanos– facendo desaparecer do mapa político ás formacións independentes, quitándolle dous concelleiros ao PSOE –que pasa de 4 a 2 escanos– e só o BNG, que incrementa en 1 a súa presenza –de 2 a 3– mantén o pulso.
En Salceda de Caselas a alcaldía estará a expensas dos pactos que poidan acadarse entre as forzas progresistas logo de que, unha vez máis, o PP de Santiago Rodríguez Davila sexa a lista máis votada e, unha vez máis, poida quedarse sen gobernar.
Movemento Salceda, pola súa banda, non acusa o desgaste da súa labor de Goberno e Loli Castiñeira mantén os catro concelleiros cos que xa contaba mentres que o PSOE de Verónica Tourón perde un concelleiro, unha perda achacable máis á tendencia xeral á baixa do Partido Socialista nestas eleccións, que a súa labor de Goberno. O BNG que levaba anos desaparecido da corporación salcedense, irrumpe con un escano e, co seu voto, será o que decida o destino da alcaldía.
BAIXO MIÑO
Poucos cambios no Baixo Miño pero, certo é, significativos. Tui, é o concello onde acuñouse a expresión ‘atomización do voto‘ dado que foi quen de ter, en determinados momentos da súa historia, sete partidos diferentes nunha corporación de 17 concelleiros que daban lugar a gobernos de coalición cunha amalgama de personalismos que facían difícil, senón imposible, a xestión do Concello. Pese a que as pasadas eleccións eran seis os partidos con representación municipal, os oito concelleiros do PSOE –quedaban literalmente a un voto da maioría absoluta– deu catro anos de estabilidade no Goberno polo que a baixada de 2 concelleiros fai pensar que responde a esta tendencia xeral do partido socialista que a propia labor de goberno en si.
Pola súa banda o PP, totalmente renovado, recupera un importantísimo espazo duplicando a súa presenca o mesmo que o BNG mentres que os independentes de C21 manteñen o seu escano. Mal terían que ir as negociacións para que a cidade fronteiriza non teña, no vindeiro mandato, un goberno de coalición PSOE-BNG.
Tomiño e O Rosal nestes últimos catro anos feudos e referentes do nacionalismo no Baixo Miño, seguen cun BNG forte aínda que cunha lixeira tendencia a Baixa que en Tomiño case fai perigar a maioría absoluta de Sandra González –que baixa de 11 a 9 escanos– mentres que o PP incrementa a súa represencación –de 4 a 6– e o PSdeG-PSOE mantén os seus dous escanos.
Anxela Fernández Callís, no Rosal, perde a maoría absoluta que lle arrebatara ao PP nas pasadas eleccións –baixa de 7 a 6–, escano que gaña o PP para igualar ao BNG que deberá contar có unico concelleiro do PSOE para manter o Goberno.
A Guarda é cuestión aparte. O PSOE, que ata agora gobernaba da man de Antonio Lomba –máis preocupado en gobernar con honradez, sensatez e conseguir cousas para o seu concello e a súa veciñanza que de vender os logros acadados–, sofre unha importante perda de apoios e cae de 5 a 3 representantes, os mesmos que gaña o PP para situarse nos 8 concelleiros. Os pactos dependerán da vontade que nacionalista e socialistas teñan para chegar a acordos –non acabaron precisamente amigos durante os meses en que gobernaron xuntos neste mandato– e, aínda así, dependerán do voto do concelleiro independente de ESCO que se converte en árbitro da contenda.
VAL MIÑOR
Baiona é outro dos concellos que, logo da xornada electoral de onte, sofre un cambio radical. Certo é que dito cambio non é tanto debido á discreta baixa do PSOE do alcalde Carlos Gomez, como a debacle das demáis forzas con representación no Concello. Gaña o PP de Jesús Vázquez Almuíña non só da perda dun dos 6 concelleiros socialistas, senón que tamén apropiase dos 2 escanos de NB, o único que tiña Ciudadanos e 1 que perde o BNG pasando os populares de 6 a 11 concelleiros e dispoñendo dunha holgada maioría absoluta.
Nigrán que tiña unha ampla maioría, a mira reducida en dous –baixando de 13 a 11– escanos que se distribúen a partes iguais PP –que pasa de 4 a 5– e o BNG que entra novamente na corporación cun único representante.
Gondomar, onde Paco Ferreira gobernaba comodamente apoiado nunha maioría absoluta de 9 concelleiros, un dos concelleiros mentres que os Populares incrementan a súa representación –de 4 a 6– e Manifesto Miñor e BNG manteñen os seus mesmos datos das anteriores eleccións. A gobernabilidade do Concello queda agora en mans dunhas negociacións que se prevén complexas dadas as diferencias, tanto persoais coma políticas, que manteñen o socialista Paco Ferreira e o cabeza de lista de Manifesto Miñor, Antonio Araújo.
REDONDELA
En Redondela a volta de Javier Bas, o exalcalde que asegurou abandonar a política para logo aparecer de deputado no Congreso e agora voltar de candidato –sen renunciar aínda ao seu escano en Madrid– non foi, nin de lonxe, o revulsivo que o PP esperaba para a vila do choco.
O PSOE de Digna Rivas mantén os seus 7 escanos e aguanta deste xeito un mandato no que tivo que soportar o continuo bloqueo por parte da Xunta, de todos os proxectos importantes para o municipio co “silencio cómplice do PP local” como en máis dunha ocasión asegurou a rexedora local. Pese a todo, a suba do BNG de Xoán Carlos González –de 2 a 3 concelleiros– e a baixada de AER, que se queda cun único representante, deixa aberta agora a porta á pregunta do millón: que AER será o que resulte destas eleccións? o que mantivo durante 8 anos aos dous gobernos de Javier Bas ou o que, no pasado mandato, cogobernou con bo criterio e mellor facer buscando un goberno de progreso? Esa e a gran incógnita.
Mayo es el mes de las personas celíacas. El día 16 se celebró el Día Internacional de la Enfermedad Celíaca y hasta este año, el 27 de mayo se celebraba en España el Día Nacional (este año nos unimos al resto de los países y lo celebramos el día 16).
No quiero que finalice este mes sin que haya una receta sin gluten en Comarcas na Rede, y esta vez me uno a la moda de los “hojaldres boca abajo” que tanto veo en Internet y os propongo unos salados, que pueden ser un rico aperitivo.
Son muy rápidos y fáciles de hacer. ¡Vamos allá!
INGREDIENTES (debemos asegurarnos de que todos sean aptos para celíacos)
Una lámina de hojaldre sin gluten
1 manzana
1 tomate (yo utilicé San Roque, que al ser alargado permite varias rodajas iguales y pequeñas)
Queso Brie
Queso rulo de cabra
Miel
Nueces
Cebolla caramelizada
Aceite de oliva
Sal, orégano
Huevo para pincelar
ELABORACIÓN
Hojaldres de tomate:
Precalentamos el horno a 200º
Cortamos el tomate en rodajas de ½ o 1cm de grosor
Cortamos círculos de hojaldre que sean más o menos 2 o 3 cm mayores que las rodajas de tomate.
En la bandeja de horno colocamos una hoja de papel de hornear y hacemos varios círculos con el aceite de oliva. Sobre ellos, echamos un poco de orégano y sal.
Colocamos encima la rodaja de tomate y sobre ella una rodaja de queso rulo de cabra.
Tapamos con los círculos de hojaldre, pegando los bordes al papel (como ves en el paso 4 de la imagen)
Pincelamos con huevo y pinchamos una vez el hojaldre
Horneamos unos 12-15 minutos (hasta que el hojaldre esté dorado)
Retiramos del horno y les damos la vuelta para presentar.
O Concello de Baiona chegou a un acordo coa plataforma dixital Meet Rural para que, como oferta de lanzamento, a creación do perfil para as empresas do municipio sexa gratuíta.
Meet Rural xa está en marcha en Baiona. Unha plataforma dixital que ten como obxectivo dinamizar as contornas rurais e o seu tecido empresarial, a través de diferentes iniciativas como un directorio dixital e a súa promoción a través de distintas canles, dando maior visibilidade ás empresas e os seus servizos. Ademais levarán a cabo outras accións complementarias como encontros empresariais, co obxectivo de establecer contactos e posibles colaboracións entre as empresas locais.
Dentro da plataforma terá un importante peso as empresas de experiencias turísticas, aloxamento, comercio, restauración e demais negocios vinculados ao turismo, que son o motor económico da zona. Tamén ofrece un buscador que inclúe os lugares e recursos de patrimonio cultural, natural e outras instalacións públicas, dándolles unha maior divulgación.
Meet Rural nace como unha plataforma para os municipios rurais da eurorrexión Galica – Norte de Portugal, co obxectivo de xerar sinerxias en todos eles e empeza a súa andaina en Baiona. Xunto co tecido empresarial promoverase información local, daranse a coñecer tradicións, gastronomía, patrimonio e moito máis.
“O obxectivo é que o noso municipio poida crear unha comunidade dixital da que forma parte tanto o Concello como o seu tecido empresarial, permitindo ao usuario atopar toda a información público-privada reunida nun mesmo portal”, sinala o Alcalde, Carlos Gomez Prado.
Meet Rural é un proxecto nado en Baiona e creado por dúas veciñas do municipio, que ofrece a ferramenta para que as pequenas e medianas empresas poidan competir tamén en linea.
Desde o Concello de Baiona quérese apoiar esta iniciativa chegando a un acordo para que todas as empresas, asociacións, clubs e demais entidades locais poidan crear o seu perfil básico de maneira gratuíta e así desenvolver e reforzar a súa presenza en linea participando dunha comunidade local dixital.
Os comercios e empresas de Baiona son un dos motores da economía da vila. Ademais, a proximidade e o trato familiar que ofrecen aos veciños, xunto á creación de riqueza, emprego e a fixación de poboación, incrementan o seu valor. Por iso, desde a institución municipal apóiase esta proposta co fin de darlle un impulso ao comercio local a través das novas canles de comunicación animando a comprar nestes establecementos habituais, a través destes canles. Os comerciantes, como en moitos sectores, pasaron por momentos moi complicados e facer as compras nestes establecementos é apostar pola riqueza e o emprego de Baiona.
Meet Rural segue evolucionando e en breve agregará novas funcionalidades, como eventos, actividades, ofertas de emprego e formación… todo iso para crear un único lugar onde buscar.
Todos os negocios, asociacións e demais entidades de Baiona que desexen aparecer na plataforma de maneira gratuíta só teñen que poñerse en contacto co equipo de Meet Rural a través do correo [email protected], de Instagram (@meetrural) ou do teléfono 610 600 989.
Tomiño prepárase para acoller un tramo da primeira edición da Vota Ciclista ó Baixo Miño, unha proba organizada polo Team Oiense en colaboración co Concello de Tomiño e co resto dos concellos da comarca, dirixido a deportistas Élite e Sub 23 e puntuable para o ránking nacional e a Copa Galicia nestas dúas categorías.
Xa está aberta a inscrición para participar nesta proba que acollerá a ata 200 deportistas e que se celebrará o vindeiro 4 de xuño. Será un percorrido de 125 quilómetros con saída ás 10.00 horas dende o Mosteiro de Oia e ás 13.15 h dende o campo de fútbol deste mesmo municipio.
O concelleiro de Deportes, Fran Campo, convidou á veciñanza a desfrutar desta nova proba que promete convertirse nunha cita destacada no calendario deportivo da comarca a nivel rexional e nacional.
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publicou o venres no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria, para os vindeiros días 6 de xullo e 5 de outubro, dos actos expropiatorios para executar as obras do aparcadoiro disuasorio, asociado á implantación de zonas de baixas emisións, no enlace da estrada PO-340 coa autoestrada do Val Miñor (AG-57) e adxacente á peaxe da saída A Ramallosa-Gondomar, no concello de Nigrán.
O novo aparcadoiro, cuxas obras están xa licitadas e en fase de análise das 6 ofertas presentadas por empresas, suporá un investimento de preto de 640.000 euros.
Este estacionamento disuasorio persegue facilitar o emprego do vehículo compartido para acceder á autoestrada AG-57 e reducir a presenza dos coches no centro da vila de Nigrán. A previsión é comezar os traballos no verán.
Segundo recolle hoxe o DOG, os actos para o levantamento de actas previas á ocupación están convocados para o vindeiro día 6 de xullo, das 10,00 ás 12,15 horas, na Casa do Concello de Nigrán. A formalización das actas de ocupación levarase a cabo o día 5 de outubro, á mesma hora e no mesmo lugar. No seguinte enlace pode consultarse esta información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230526/AnuncioG0181-120523-0005_gl.html.
Máis en detalle, o novo aparcadoiro contará cunha superficie total de 3.500 m², disporá de 72 prazas, das que 2 se reservan para persoas con mobilidade reducida, ademais da preinstalación para 3 puntos de recarga para vehículos eléctricos.
Na intervención inclúese, tamén, a disposición dunha franxa perimetral interior adxacente ás prazas para os itinerarios peonís e carrís de circulación dun mínimo de 3 metros de ancho e de sentido único.
No centro do aparcadoiro e na zona norte proxéctanse zonas verdes para a colocación de arborado e alumeado, que irán separadas das prazas por un bordo. A intervención forma parte dos proxectos promovidos pola Xunta ao abeiro dos fondos europeos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia Next Generation UE no impulso da transformación da mobilidade nas contornas urbanas, apostando por desprazamentos máis limpos e sostibles.
Facer que as instalacións municipais sexan accesibles para todas as persoas independentemente das súas particularidades físicas, sensoriais ou intelectuais é o obxectivo do convenio que hai uns días asinaba o Concello de Tui coa Federación de Autismo de Galicia dentro do proxecto “Concello de Tui Accesible”.
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, asinou o documento con Aitana García, responsable da Área de Accesibilidade da Federación, nun acto no que participou tamén Montse Mon, presidenta da asociación tudense Un Máis.
O Servizo de Accesibilidade da Federación de Autismo de Galicia realizará, nos próximos meses, distintas accións que permitirán eliminar as barreiras de tipo cognitivo, psicolóxico e de comunicación nas instalacións municipais dende a casa do concello, ao edificio Francisco Sánchez ou aos equipamentos deportivos. Coma punto de partida tomarán o documento elaborado dende o propio concello no que se recollen as “barreiras” existentes nos distintos servizos. Agora persoal do Servizo de Accesibilidade da Federación de Autismo de Galicia elaborará unha proposta coas medidas oportunas en cada caso coma pode ser a sinalización dos espazos cos pictogramas de ARASAAC necesarios, a eliminación de ruído acústico e visual ou a mellora da iluminación, …
Así, unha das primeiras medidas será a instalación da sinalética nos espazos, e logo informarán das pautas de axustes razoables que se poden realizar na contorna para mellorar a accesibilidade cognitiva. Amais elaborarán un informe avaliativo onde se recollan tanto os puntos clave sobre a accesibilidade cognitiva como as necesidades específicas das persoas con TEA, e as propostas de mellora e implementación de medidas en accesibilidade.
O proxecto Concello de Tui Accesible contribúe tamén a concienciación do persoal municipal, que recibirá charlas formativas e de sensibilización, coma da propia cidadanía. Brindarase así un achegamento directo ás necesidades específicas das persoas con TEA, e se aumentará o coñecemento especializado en accesibilidade cognitiva
Beneficiaranse deste proxecto de mellora da accesibilidade cognitiva no concello de Tui todas as persoas, en especial as persoas con TEA e as súas familias coma persoas con discapacidade intelectual ou sensorial, con trastornos do neurodesenvolvemento, con trastornos na linguaxe, persoas maiores e nenos e nenas, ou mesmo persoas estranxeiras que non coñecen o idioma.
O Real Decreto-Lei, o 38/1978, de 5 de decembro, modificou a Lei 50 para establecer que “a capacidade plena de voto se adquire coa maioría de idade ao cumprirse os 18 anos”. Un Real-Decreto-Lei que fará que 23 mozos de Covelo poidan hoxe votar nas súas respectivas mesas electorais. Así, esta mocidade poderá facer uso deste dereito constitucional recollido no capítulo segundo do Título I da Constitución Española de 1978.
En idade de ERASMUS e exames finais non todos poderán render homenaxe ao artigo 23 xa que algúns deles non chegaron a tempo para votar por correo. É o caso de Andrea González, da parroquia de Paraños que, nesta ocasión, non poderá participar nos asuntos públicos. Dende Malta anima a súa melliza, Sofía, que si acudirá ás urnas acompañada dos seus pais. Ela irá á mesa electoral da Casa Cultural de Paraños, en Moeiros, para votar de xeito presencial tal e como lle víu facer aos seus pais ao longo destes anos cada vez que os acompañou. Ten 19 anos e estuda un ciclo de Finanzas. Ela, ao igual que Saúl Gómez ou Cristian Ferreira e Daniel Eduardo Casal, teñen claro que medrar no rural foi unha fortuna. Tamén opina o mesmo Lorena González, que tivo en conta os prazos e votou por correo dende Mallorca.
No que si coinciden todas e todos é en salientar que son moito máis motivadoras e emocionais as eleccións municipais que as autonómicas ou as estatais. “Votar é moi importante, seremos partícipes da elección da persoa que conducirá a nosa vila”, explican tanto Sofía como Saúl.
Agás Manuel Novas, do barrio de Medelas, que tamén se estreará como votante, estes mozos non se imaxinan sendo políticos no futuro pero sí estando nunha mesa electoral “cumprindo coa obriga que supón ser notificado aínda que supoña certo nerviosismo” tal e como comenta María González, que foi seleccionada como primeira suplente da presidencia da mesa electoral do centro urbano. Ela xa puido votar nas autonómicas de 2020 pero este domingo será a súa primeira vez na cita coas municipais.
O próximo luns comezarán as obras para a instalación de catro novas marquesiñas noutras tantas paradas de autobús en Areas, Randufe, Pazos de Reis e Guillarei en puntos de entrada ao centro urbano. O Concello de Tui vén de adxudicar o proxecto para a renovación e colocación destes elementos, unha actuación que será financiada con fondos propios.
Cómpre destacar o cambio que se vai realizar na parada de autobús que até o de agora estaba situada no número 32 da Avenida de Portugal, fronte á estación de servizo, e agora pasará a estar ubicada a 40 metros de distancia, na estrada da Guarda preto da sede do CRA Mestra Clara Torres na Estrada en Bornetas, Randufe. Isto foi posible grazas á cesión gratuíta dunha parcela por parte da familia Priegue-Ausina, co que se pode levar a cabo este cambio tan demando. Dende o Concello quérese amosar publicamente o agradecemento a esta familia xa que coa doazón deste terreo a parada do autobús contará con mellores condicións de seguridade para os viaxeiros, e o autobús terá un espazo onde parar e non no propio carril de circulación como acontece agora na Avenida de Portugal.
Outro dos cambios realizarase en Areas, preto do límite co Concello de Tomiño, onde serán retirados os restos da marquesiña que afeaban esta zona de entrada ao municipio, polo novo deseño de marquesiña que reúne mellores condiciones de comodidade, seguridade e estética.
A terceira Marquesiña será instalada en Manteigada, fronte á farmacia, onde amais se colocará un paso de peóns elevado con fin de reducir a velocidade dos vehículos neste punto.
Por último substituirase a marquesiña situada en Guillarei fronte a estación de servicio.
O equipo de soporte de atención domiciliaria (ESAD), dependente do Servizo Galego de Saúde, ofrecerá en Covelo unha formación sobre os coidados dos pacientes inmobilizados este martes día 30 maio.
A charla será no auditorio municipal ás 16:30 horas e todas aquelas persoas que desexen asistir poderán facelo de balde e sen inscrición previa. A sesión será impartida pola enfermeira María Morandeira Novo, quen forma parte do ESAD.
Os nenos de Baiona aprenderán a coñecer novas receitas coa campaña “Quere o teu mercado”, unha iniciativa que busca dinamizar os mercados e prazas de abastos, enchéndoos de actividade e de vida e fomentando o consumo de produtos locais entre a veciñanza.
A través desta campaña, o Concello organiza un obradoiro de cociña infantil para cativos e cativas a partir dos 5 anos o vindeiro sábado 3 de xuño, unha actividade que terá lugar de 11.30 a 13.00 horas na plaza de abastos de Baiona.
Desde o Concello de Baiona anímase a todos os pais e nais do concello leven aos seus fillos a compartir unha mañá diferente na que aprenderán a preparar divertidos pratos e a gozar da cociña.
As inscricións son gratuítas.Para participar é necesaria a inscrición no correo electrónico: [email protected]
Os nenos participantes elaborarán (e degustarán) un menú saudable con produtos que poden atoparse na Praza de Abastos Municipal de Baiona. O obxectivo da campaña e levar a cabo unha actividade e conseguir así, dinamizar a praza de abastos.
Tomiño recibirá unha nova visita dunha unidade móbil da Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue a vindeira semana. O martes 30 de maio o autobús da axencia situarase na rúa Daniel Calzado Poceiro durante toda a xornada, en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas, para todas aquelas persoas que desexen achegar a súa pinga de solidariedade.
A Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) é un organismo público dependente da Consellería de Sanidade que engloba o centro de transfusión de Galicia. Entre os seus obxectivos atópase o de subministrar compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia en función das súas necesidades.
Cada día ADOS despraza dez unidades móbiles a diferentes puntos de Galicia e mantén abertos sete puntos fixos de doazón nos principais hospitais na procura de doazóns de sangue que despois son procesadas e preparadas para atender ás e aos doentes que así o precisen.
As persoas interesadas en doar deben lembrar que debe serse maior de 18 anos cun peso mínimo de 50 kg, que hai que almorzar ou agardar dúas horas despois do xantar e levar tarxeta de doazón, DNI ou documento similar. Recoméndase non acudir a doar se nos últimos 15 días se tivo febre, tose ou problemas respiratorios e débese informar ao persoal médico se se está a tomar algunha medicación.
“Aquí está o futuro de Santa Clara”. Así o dixo o vicepresidente César Mosquera ao amosar a documentación dos cinco anteproxectos aspirantes para rehabilitar o convento das clarisas e convertelo en parte do Museo de Pontevedra. Todas as equipas finalistas (as firmas Nieto Sobejano, Kengo Kuma, a UTE David Chipperfield-Carlos Seoane, Kaan, e a UTE Snohetta-Alfonso Penela) entregaron a documentación en tempo e forma esta semana e agora abrirase o proceso de deliberación do xurado para escoller a proposta gañadora.
Os traballos recibíronse na Deputación tanto por vía dixital como fisicamente (en total pesan máis de 20 quilos), e de maneira anónima baixo lema, xa que o xurado non pode coñecer nada sobre as equipas autoras. As lendas elixidas foron ‘Revelación’, ‘Abrente’, ‘ Piedra y madera’, ‘Verbas da Pedra’ e ‘Os inicios’.
“Hoxe queriamos resaltar que todas –as aspirantes- se presentaron (…). Aí dentro, neses paneis, está o futuro de Santa Clara, e cos pasos que estamos a dar segue o proceso a toda velocidade e en orde para ver o conxunto rehabilitado no menor prazo posible. Todos os pasos están indo moi ben. Podería terse dado o caso de que alguén non se presentase pola complexidade ou porque tiña outros traballos, pero presentáronse todos”, subliñou o vicepresidente.
Luns constituirase o xurado e abriranse os sobres, e os días 5,6 e 7 da vindeira semana as persoas integrantes do tribunal reuniranse “sen fin”, destinando as horas que sexan necesarias para facer a proposta de adxudicación. Despois, a equipa gañadora iniciará a redacción do proxecto definitivo, que debería estar listo a finais de ano.
En canto ao financiamento para as obras, o vicepresidente Mosquera sinalou que non houbo ningunha reclamación na modificación de crédito aprobada en Pleno recentemente, polo que subliñou que hai sete millóns de euros máis na Deputación consignados para realizar a reforma.
“Seguiremos avanzando no financiamento. O presidente da Xunta dixo que non querían quedar fóra disto, pero aínda non temos comunicación oficial, igual que do Ministerio de Cultura. Intentaremos que colaboren outras administracións, pero nós seguimos a cumprir cos nosos compromisos e a avanzar”, salientou.
A presidenta provincial Carmela Silva destacou, pola súa banda, a importancia da recepción dos anteproxectos “ademais de polo simbólico, porque todos os que tiñan a posibilidade de presentar propostas fixérono”, o que demostra que “hai unha enorme expectativa sobre o cambio transcendental polo que vai pasar Santa Clara”.
Na mesma liña, Carmela Silva incidiu que entre estes anteproxectos non só está o futuro do convento, tamén está “o futuro do Museo de Pontevedra, porque vamos situalo de novo no centro dos museos de Europa”. Tamén quixo aproveitar a oportunidade para felicitar a todas as persoas que están traballando para facer realidade esta transformación pola súa “eficiencia e eficacia. Estou desexando que chegue o día 7 para que saibamos máis sobre o futuro do convento”, subliñou.
Xurado
O xurado que se constituirá luns e estudará os anteproxectos para escoller o mellor deseño para Santa Clara estará formado por especialistas fundamentalmente relacionadas coa arquitectura e a museoloxía. Como presidente do xurado estará o director do Museo Xosé Manuel Rey, e como vogais a xefa de xestión do Museo Sonia Mateos, o secretario da Deputación Carlos Cuadrado, a xefa e tamén unha arquitecta do servizo provincial de Arquitectura Mª Carmen Gómez e Sara Piñón.
Por designación da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta estará Belén Suárez –xefa do servizo de Arquitectura na delegación en Pontevedra-, polo Concello de Pontevedra Rosa Magdalena Fernández, e polo COAG, Jesús Irisarri Castro.
As persoas arquitectas de recoñecido prestixio designadas pola Deputación son, Teresa Táboas, que tamén está no Consello Asesor do Museo, e Gonçalo Byrne, presidente da Orden dos Arquitectos de Portugal. A persoa designada polos seus coñecementos específicos en Museoloxía é Pilar Fatás, directora do Museo Nacional e Centro de Investigación de Altamira en Cantabria. Como secretario actuará o xefe do servizo de Contratación provincial, Pablo Montero.
A Xunta de Goberno da Deputación vén de adxudicar os contratos para as obras de conservación de firmes que se desenvolverán en 79 estradas da rede provincial ao seu paso por 45 concellos, e nas que se investirá un orzamento de 4,4 millóns (4.430.381€). O principal obxectivo destas actuacións, que abranguen as seis zonas nas que o Acordo Marco dividiu a provincia para regular a conservación de firmes, é preservar as súas características superficiais e estruturais para garantir a súa viabilidade. Así, entre outras, as tarefas inclúen a reposición de sinalización horizontal e mesturas, a reparación de fochancas, a mellora de pavimentos, regas, drenaxes ou o levantamento de firmes. En todos os casos, tal e como explicou hoxe a presidenta provincial, Carmela Silva, as obras desenvolveranse nun prazo de execución de 6 meses, de xeito que estarán rematadas ao final de ano.
A Zona A da provincia correspóndese coa comarca do Deza e vanse realizar traballos por importe de 638.183€ en 9 estradas provinciais dos concellos de Lalín (EP 6002 Botos-Mouriscade-A Xesta e Ramal, EP6007 A Goleta-Cercio e EP6009 Lalín-Rodo-Brántega); Dozón (EP6101 Bidueiros-Amedo e EP6103 Santo Domingo-Sanguiñedo); Rodeiro (EP6205 San Salvador-O Salto); Agolada (EP6303 Berredo-A Baíña e EP6306 Agolada-Cruces) e Vila de Cruces (EP6406 Carbia-Salgueiros).
Na Zona B, nas comarcas de Deza, Terra de Montes, Pontevedra e O Salnés, executaranse obras en 9 viarios por importe de 867.894€ nos concellos de Silleda (EP6508 Somoza-Escuadro); A Estrada (EP7001 A Estrada-Forcarei, EP7003 A Estrada-Ouzande; EP7005 Aguións-Santeles-Santa Cristina e EP7017 Callobre-Ponte Ledesma); Cerdedo-Cotobade (EP-7103 Cerdedo-Castro-Quireza); Valga (EP8504 Forno-As Cernadas); Catoira (EP8702 Catoira-Torres do Oeste) e Caldas de Reis (EP8001 Caldas-Carracedo-Catoira).
Na Zona C, que abrangue concellos das comarcas de Pontevedra e O Salnés, executaranse obras por importe de 634.078€ en 23 estradas de Barro (EP0507 Portela-Valiñas-Portas); Poio (EP0608 Samieira-Busto); Cambados (EP9002 Fefiñáns-Oubiña, EP9004 Corbillón-Tragove e EP9006 A Bouza-O Facho (Castrelo)); O Grove (EP9101 O Grove-Igrexa de San Vicente); Sanxenxo (EP9201 Sanxenxo-Bordóns-E. Samieira, EP9205 Sanxenxo-Meaño, EP9209 PO550-Igrexa de Vilalonga, EP9210 Acceso a Rouxique e EP9211 Vilalonga-A Fianteira); Meaño (EP9302 Xil-Cobas-Barrantes e EP9305 Coirón-Ribadumia-Leiro); Meis (EP9402 Mosteiro-Barrantes, EP9403 Santo Tomé-San Salvador, EP9406 Galles-A Armenteira e EP9407 A Goulla-Porráns); Ribadumia (EP9501 Ribadumia-Grenla, EP9506 Barrantes-Vilariño e EP9508 Lois-A Goulla), Vilagarcía (EP9601 Vilagarcía-Cea-Castrogundín) e Vilanova (EP9701 Baión-András e EP9703 Vilanova-Pontearnelas).
Na Zona D, correspondente ás comarcas de Pontevedra, Terra de Montes, O Morrazo e Vigo, actuarase cun orzamento de 878.597€ en 22 estradas de Pontevedra (EP0004 Marcón-Pintos-A Reigosa e EP0018 Xeve-Amil-Espedregueira); Vilaboa (EP0103 N550-Lago Castiñeiras), Ponte Caldelas (EP0205 Reigosa-Taboadelo); A Lama (EP0305 As Ermidas-Pigarzos e EP0307 Peso-Caroi, na que se intervirá en dous tramos); Cerdedo-Cotobade (EP0401 Carballedo-Caroi, EP0404 Viascón-Cuspedriños, EP0407 Borela-Ponte Caldelas e EP0413 Paraños-Piscifactoría); Poio (EP0602 Portosanto-Lourido-Campelo); Cangas (EP1002 A Madalena-Aldán e EP1008 O Hío-Vilanova); Moaña (EP1101 Moaña-Verducedo, EP1102 Meira-Fraga, EP1103 San Bieito-Domaio e EP1104 Moaña-Coiro); Bueu (EP1308 Acceso á praia de Lagos); Redondela (EP2907 Redondela-Cepeda); Moraña (EP8201 Moraña-Santa Xusta-Couso e EP8202 Moraña-Souto-Cequeril) e Campo Lameiro (EP8305 Chacente-Morillas-San Isidro).
Na Zona E, nas comarcas do Condado e A Paradanta, investiranse 723.061€ para actuar en 9 viarios dos concellos de Ponteareas (EP4001 Ponteareas-Guillade, EP4002 Celeiros-Oliveira, EP4003 Confurco-Couso e EP4005 Areas-Alxán-Cabreira); As Neves (EP4201 Setados-Ribarteme-Vide); Mondariz (EP4301 Riofrío-Borbén e EP4306 Ponte Val-Barcia de Mera); A Cañiza (EP5004 Valeixe-Vilar) e Covelo (EP5104 Maceira-Avión).
E na Zona F, nas comarcas de Vigo, Val Miñor e Baixo Miño, actuaranse en 7 estradas provinciais dos concellos de Vigo (EP2001 O Calvario-A Garrida); Nigrán (EP2106 A Ramallosa-Parada); Baiona (EP2202 Bareda-Loureza); O Porriño (EP2405 Cerquido-Budiño); Mos (EP2601 Mos-Puxeiros); Tui (EP3001 Tui-Rebordáns) e Tomiño (EP3101 Tebra-Cristelos) ). Investiranse 688.565€.
Un ano máis, o Concello de Salvaterra de Miño vén de convocar as axudas para a adquisición de libros e material escolar de educación infantil no curso 2023/24.
O obxecto destas axudas é promover o principio de igualdade no exercicio da educación e compensar ás familias con escasos recursos para facer fronte aos gastos derivados da escolarización dos seus fillos, entendendo por tales a adquisición de libros e material escolar, dirixido a alumnos dos cursos de Educación Infantil matriculados nos centros escolares de Salvaterra de Miño.
O prazo de presentación de solicitudes fíxase do 14 de xullo ao 14 de agosto de 2023, ambos inclusive. Os interesados deberán presentar as solicitudes acompañadas da documentación xustificativa da súa situación no Departamento de Servizos Sociais, concertando cita previa no teléfono 697911050 ou 986658126. Máis información en www.concellodesalvaterra.org.
Aproveitando a execución das obras de “Recuperación e mellora do espazo público no núcleo rural de Paraños”, o Concello de Covelo soterrará as liñas eléctricas no ámbito de actuación.
As obras, que afrontan a súa recta final, teñen un custo inicial de 359.390 € ao que o Concello suma preto de trinta mil euros para eliminar o impacto visual do cableado e mellorar unha levada obstruída e reparación da tubaxe. Ademais, o Concello decidíu amplíar a zona de adoquín na contorna da reitoral e da praza.
Habitar espazos agradables que promovan os encontros, que faciliten a vida diaria e sexan unha boa tarxeta de presentación para as persoas que chegan son algunhas das cuestións ás que dan resposta as obras de “Recuperación e mellora do espazo público no núcleo rural de Paraños”.
O ámbito de actuación no que se centra este proxecto de recuperación e mellora do espazo público engloba tanto a praza principal do núcleo como unha parte do trazado dos viarios que o vertebran e que, partindo dela, a conectan cos equipamentos públicos e privados principais como a igrexa, o parque infantil e área recreativa, o FAVUM (lagar da cera), o Centro de Interpretación da Ceraría, a Rectoral, o comezo e final do roteiro do río Xabriña, á área recreativa do Roupeiro e o centro cultural de Paraños.
Deste xeito, o Concello, no marco do Plan REACPON da Deputación de Pontevedra, actúa en 2.971,20 m² conservando o arborado existente nunha zona que será de prioridade peoníl con tramos de plataforma única abertas ao tránsito necesario con medidas de redución e calmado de tráfico, consistentes na limitación da velocidade máxima a 10 km/h e na disposición de redutores físicos de velocidade.
As actuacións ensalzarán a importancia dos elementos patrimoniais e así dotarase de calidade ao pavimento do seu espazo circundante potenciándoo con iluminación indirecta na base do seu perímetro.
Coa intención de mellorar a integración entre as edificacións e os pavimentos do espazo público e de dotar de calidade estética ao conxunto convivirán pavimento de enlousado de granito silvestre gris/moreno, formigón coloreado e pavimentos brandos de mestura de xabre.
A actual posición das árbores propicia a creación de zonas de estancia para a veciñanza dispondo bancos ao redor das mesmas, buscando as diferentes zonas de vistas e, sobre todo, sombra ao longo do día. Ademais dispóñense dúas fileiras de bancos na zona frontal da fonte coa intención, non só de focalizar (ao carón deste ben patrimonial) o encontro entre os veciños e veciñas e o punto de partida do roteiro do río Xabriña, senón tamén para delimitar e protexer a fonte. Neste lugar colocarase un aparcadoiro para bicicletas.
O pavimento de enlousado de pedra levantarase para proceder ao enlace das instalacións previstas de recollida de augas pluviais e fecais coas redes existentes, momento no que se aproveitará para regularizar algunhas zonas do mesmo que presentan un notable deterioro na súa planeidade.
O Concello de Baiona conta cunha nova identidade visual, un orixinal lavado de cara que servirá para dotar á vila dunha potente imaxe que a faga situarse no mapa do turismo mundial. Esta campaña de “brand ciudad” xa se pode ver polas principais rúas e prazas do municipio e serve de nexo de unión para todas as comunicacións públicas e todas as plataformas dependentes do concello.
Precisamente, terminar con esa falta de unidade que, ata o de agora, sufría a vila en termos de identidade visual foi o gran obxectivo desta iniciativa, que se inspira no que xa vén facendo desde hai anos en cidades de todo o mundo. De feito, a primeira intención da campaña era tan só unificar visualmente algúns documentos oficiais, pero de aí pasouse a vestir por completo unha localidade enteira.
En todo caso, esta iniciativa non só redúcese a outorgar unha maior visibilidade a Baiona en termos de reclamo turístico, senón que tamén vai dirixida cara a propia veciñanza que, dunha maneira indubidable, comprobarán a acción do concello a través dunha nova tipografía e un mostrario de orixinais iconas estreitamente vinculados á vila.
Os piares nos que se sustenta a campaña de identidade visual levada a cabo pola axencia Freebox, con sede en Vigo, son a historia, a sustentabilidade, a cultura e o deporte, catro atractivos innegables de Baiona que agora teñen a súa perfecta representación no nome da vila proxectado cunha tipografía absolutamente orixinal, que xoga con liñas sinuosas que lembran ás ondas do mar, coa sensación de cidade activa a través dun destacado “on”, as cores da bandeira da vila e un corazón que busca o agarimo de veciños, veciñas e visitantes.
A nova identidade visual de Baiona tamén servirá para unificar a comunicación oficial do Concello de Baiona a través das diferentes redes sociais, acompañará as firmas dos correos electrónicos oficiais e será utilizada en diverso material promocional para poder levar o nome de Baiona por todo o mundo.
O Concello da Guarda retoma unha das festas gastronómicas destacadas de Galicia e que coa se inaugura a programación de verán.
Este ano a Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira celebra a súa XXXI edición os días 30 de xuño, 1 e 2 de xullo. Dende o ano 2009 leva organizándose a Feira de Artesanía na rúa Porto e que forma parte da programación desta festa que mestura gastronomía, cultura, música e entretemento.
Esta feira de artesanía celebrarase durante o sábado 1 e domingo 2 de xullo. A participación nesta feira está regulada mediante as bases de participación para esta edición e será gratuíta.
Os artesáns e as artesás interesadas en participar deberán enviar a súa solicitude debidamente cumprimentada, xunto coa documentación especificada en ditas bases, ao correo electrónico [email protected].
O prazo de inscrición estará aberto do luns 29 de maio ao venres 2 de xuño.
A aula CeMIT de Ponteareas ofertará o vindeiro mes de xuño unha programación ampla e innovadora deseñada atendendo á demanda das persoas usuarias, fomentando a adquisición de habilidades dixitais entre a veciñanza. O concelleiro de Innovación e Desenvolvemento Tecnolóxico, Benito Márquez, destaca a importancia da formación en novas tecnoloxías “a todas as idades, xa que só así poderemos superar a fenda dixital á que se enfrontan as nosas e nosos maiores e ofrecer a nenos e nenas a formación necesarias sobre ferramentas que para eles e elas son de uso cotiá. A tecnoloxía está presente no noso día a día e é fundamental que todas e todos os ponteareáns teñan acceso a ela e saiban empregala correctamente”.
O mes arrancará cun curso de titorización TIC os días 1 e 5 de xuño, para logo dar paso ás aulas TIC para persoas desempregadas, que se realizaránn os días 6, 7 e 8 en horario de 15.30 a 20.30 horas. As persoas interesadas en achegarse ao mundo dos móbiles poderán inscribirse en dous cursos programados para este mes, un de iniciación que se impartirá os días 13, 15, 20, 22 e 17 de 16.00 a 18.00 h e outro algo máis avanzado que será os días 19, 21, 26 e 28 tamén en horario de 16.00 a 18.00 horas.
Unha das novidades da programación deste mes será a celebración dun curso de seis horas para aprender a manexarse con Proton Mail, o servizo de correo electrónico cifrado de extremo a extremo máis grande do mundo que garante que ninguén poida acceder aos correos electrónicos do usuario ou usuaria. Será os días 13 e 15 de xuño de 18.00 a 21.00 horas.
Por outra banda, haberá un taller para aprender a deseñar e crear currículos con Canva o día 21 de 18.00 a 21.00 horas e outro para mergullarse na experiencia inmersiva da realidade virtual co curso de Lente RV que se impartirá o día 19 de xuño de 18.00 a 21.00 horas. Con este curso formativo, a aula CeMIT de Ponteareas incorpora á súa actividade formativa ao material disruptivo facilitado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).
Na última semana do mes, rapazada e mocidade serán os protagonistas da Aula CeMIT, xa que coincidindo co inicio das vacacións estivais incluirase a actividade Maker Kids dirixida a nenos e nenas de 8 a 12 anos. O curso ofrecerá unha forma de aprender e desenvolver actividades tecnolóxicas de xeito divertido e dinámico os vindeiros días 26, 27 e 28 de xuño de 18.00 a 21.00 horas. O taller rematará cunha xincana maker en Santiago.
Ademais destas oportunidades de mergullarse nas novas tecnoloxías, a aula CeMIT reservará unha xornada para exames presenciais para as persoas que remataron os cursos de teleformación na plataforma EMA o día 5 de xuño de 16.00 a 18.00 horas.
As persoas interesadas en realizar calquera destes cursos deben facer a súa preinscrición a través do espazo da aula CeMIT habilitado na web da Xunta. Para máis información poderá contactarse coa aula CeMIT no correo electrónico [email protected] ou chamando ou enviando unha mensaxe de whatsapp ao número 634 238 962 dentro do horario da aula, que estará aberta ao público os venres de xuño de 16.00 a 21.00 horas.
A presidenta da Deputación, Carmela Silva, informou hoxe en rolda de prensa do lanzamento da programación dunha nova edición do programa “Depo Actívate”, co que a institución provincial agrupa cada ano todas as súas actividades encamiñadas a fomentar o deporte e o turismo deportivo e a difundir o patrimonio natural e cultural da provincia de Pontevedra. Deste xeito, renóvanse os programas “Depo Andainas”, “DepoRutas BTT”, “Depo Orienta” e “Depo Auga”, cun total de 13 actividades que se celebrarán entre os meses de xuño e outubro. Ademais, en “Depo Actívate”, cun orzamento de 4 millóns de euros, tamén se inclúe a liña “Depo Promo” de promoción de eventos deportivos singulares e as liñas de axudas aos clubs da provincia.
A presidenta Carmela Silva explicou que “Depo Actívate” ten cinco eixos de traballo: “turismo activo; economía sostible; fomento de grandes eventos; máis deporte, máis saúde e máis natureza; e deporte como sinónimo de mulleres”. E avanzou que cada unha das actividades deportivas incluídas no programa contarán con 200 prazas agás as de “Depo Auga”, onde se ofrecerán 32 prazas por quenda, e para todas elas a participación será gratuíta.
No marco das “Depo Andainas”, a Deputación organiza este ano 4 camiñadas que este ano serán temáticas e que, como lembrou a presidenta, “non son só rutas de sendeirismo, senón unha forma de vivir e de coñecer os lugares máis espectaculares da provincia”. Así, as 4 actividades serán: a ruta da mazá naEstrada, o 25 de xuño (apertura de inscricións o 5 de xuño), ruta da auga enSilleda, o 23 de xullo (apertura de inscricións o 26 de xuño), ruta do miradoiro da Siradella noGrove, o 10 de setembro (apertura de inscricións o 24 de xullo), e finalmente a ruta do Viño Rías Baixas en Cambados, o 8 de outubro (apertura de inscricións o 11 de setembro).
En canto ás “DepoRutas BTT”, as actividades permitirán coñecer a riqueza natural, ecolóxica e patrimonial dos montes da provincia con 3 competicións de ciclismo de montaña adaptadas ás esixencias de cadaquén. Celebraranse na Costa da Vela en Cangas, o 27 de agosto (apertura de inscricións o 5 de xuño), na Ruta Cultural en Mondariz, o 24 de setembro (apertura de inscricións o 4 de setembro) e Serra do Cando en Forcarei, o 29 de outubro (inscricións desde o 25 de setembro).
A Deputación tamén segue apostando pola modalidade deportiva da orientación trala boa acollida das anteriores edicións de “Depo Orienta”, onde se poderá practicar este deporte en familia para gozar da natureza. As tres rutas celebraranse no Monte Aloia en Tui o 16 de xullo (apertura de inscricións o 5 de xuño), no Monte do Vixiador en Redondela o 17 de setembro (apertura de inscricións o 10 de xullo) e na Illa de Arousa o 15 de outubro (inscricións desde o 18 de setembro).
Por último, a Deputación tamén renova “Depo Auga”, onde ofrece unha experiencia única de practicar pádel surf e caiac para poñer en valor as rías e os ríos da provincia. Serán tres actividades que se celebrarán en Combarro e a Illa de Tambo en Poio, os días 17 e 18 de xuño (apertura de inscricións o 5 de xuño), na desembocadura do Río Verdugo e Salinas de Ulló en Vilaboa, a fin de semana do 15 e 16 de xullo (apertura de inscricións o 19 de xuño), e finalmente en Cesantes e a Illa de San Simón en Redondela os días 29 e 30 de xullo (inscricións o 17 de xullo). As 32 prazas repartiranse ao 50% cada un dos días de celebración da actividade: 16 os sábados e 16 os domingos.
A Deputación patrocina os eventos deportivos singulares “que referencian a provincia”
Carmela Silva tamén deu conta da liña “Depo Promo”, coa que a Deputación renova o seu compromiso cos eventos deportivos singulares da provincia “que nos referencian e que fan que veñan moitas persoas para participar deles”. No marco desta liña, a Deputación patrocina as probas O Gran Camiño (24-27 de febreiro), a Copa de España Féminas Cofidis (26 de marzo), a concentración da Selección Española de Baloncesto en Vigo cara ao Eurobasket (que se está a desenvolver esta semana), Verán Deportivo (entre xullo e agosto), a Epic Race Pontevedra (4 de xuño), a Triple Corona Illas Atlánticas (10 de setembro), a Pontevedra Trail League (entre o 12 de febreiro e o 19 de novembro), a Costa Atlántica MTB Tour (23-25 de setembro), o Pontevedra 4 Picos Bike (do 14 de maio ao 26 de xuño), o 15k do Atlántico (1 de outubro) e o III Sportech Congress.
Nos primeiros meses do ano 2020 o Concello iniciou o expediente para legalizar a concesión de todas as augas que abastecen ás vivendas do casco urbano, que non estaban autorizadas, nin rexistradas ante o órgano competente, que neste caso é a Confederación Hidrográfica do Miño Sil.
O expediente tivo que iniciarse en paralelo ante a propia Confederación que é quen outorga o uso e concesión das augas, pero tamén ante a Consellería de Sanidade que é a que emite o informe favorable de que todas as augas son aptas para o consumo e cumpren con todas as garantías organolépticas.
Sen o informe sanitario, a Confederación non inicia o expediente de concesión e autorización.
Para solicitar o Informe Sanitario ante a Consellería, o Concello tivo que analizar todas as augas das captacións, mananciais, pozos de barrena e depósitos (que en total suman 35 instalacións) cada 4 meses, durante un ano, de forma estacionalizada. Unha vez acadados todos os resultados analíticos favorables, achegouse ante a Consellería de Sanidade (ao Servizo de Control de Riscos Ambientais de Pontevedra) a solicitude de emisión de informe sanitario, o día 17.06.2021.
Despois de varios requerimentos e emendas, a Consellería outorgou informe favorable con data do 20.04.2022. Informe que se remitiu á Confederación para continuar co expediente unha vez garantida que as augas do abastecemento son aptas para o consumo humano.
O seguinte paso foi a xeoreferenciación e catalogación de todas as instalacións que forman a rede de abastecemento ( as captacións, pozos e depósitos) por parte dos técnicos da Confederación, xa que para este Organismo non existía ningún elemento hidráulico do Concello da Cañiza legalizado.
A continuación Confederación comunicou a resolución favorable de concesión da autorización de captación e legalización das augas.
Seguindo coa tramitación, o Organismo remitiu ao Concello e ao Boletín Oficial da Pontevedra o 27.06.2022 o expediente de información pública para que todas aquelas persoas que se consideraran afectadas por esta concesión, puideran presentar as alegacións pertinentes.
O BOP publicou o texto o 15 de xullo de 2022. Pasado o tempo das alegacións, o Concello informou da non presentación de reclamacións, continuando o expediente que ademáis tivo que ser informado e aprobado polo novo Plan Hidrolóxico que entrou en vigor en febreiro deste ano.
O pasado 22 de maio a Comisaría de Augas da Confederación asinou finalmente as condicións que rexerán por 50 anos a autorización desta concesión. Onte, dende o Concello devolveuse á CHMiñoSil a aceptación das Condicións quedando resolto o expediente.
Queda exactamente unha semana para que artistas e bandas galegas e portuguesas interesadas en abrir novos mercados envíen as súas propostas musicais para optar a participar nos showcases que se celebrarán en distintas localizacións de Tui e Valença dentro da cuarta edición do MUMI.
As inscricións son gratuítas e poden facerse ata o próximo venres 2 de xuño a través da web mumimusicas.eu. Poden presentarse todas as bandas ou artistas de Portugal e Galiza que teñan un proxecto musical de carácter profesional, independentemente do tipo de formación ou estilo. As propostas participantes serán escollidas por profesionais do sector, seguindo non só criterios de calidade, mais tamén de viabilidade dentro dos obxectivos e características da feira.
A organización negociará as condicións económicas con cada banda/artista, dependendo do número de integrantes, ofrecendo unha noite de aloxamento para as propostas seleccionadas e garantindo o equipamento técnico necesario para a correcta realización da actuación. As bandas e artistas deberán cumprir cos horarios e tempos indicados pola organización, e permitirán ao MUMi a captación de fotografías e gravación de vídeo, cedendo os dereitos deste material para uso unicamente promocional.
Inscricións profesionais
As empresas de produción e management, axencias de booking, responsables de programacións musicais, profesionais da xestión cultural, persoal técnico dos departamentos de Cultura, xornalistas, e en xeral todas as persoas que fan parte do sector musical, tamén poden formalizar as súas inscricións, que permanecerán abertas ata as datas de celebración do evento, e que permitirán asistir a todos os showcases, palestras e sesións de traballo, ademais de participar nas rondas de speedmeetings, onde será posible axendar encontros con profesionais e artistas. Neste sentido, o obxectivo do MUMI é converterse no punto de encontro de referencia para marcar a axenda anual do traballo das empresas musicais galegas e portuguesas.
Presentación do programa
A programación do encontro será presentada a finais de xuño e incluirá showcases e actividades profesionais, tanto formativas como rondas de negocio, e contará tamén con concertos abertos ao público xeral nos que participarán artistas de ambos territorios. En colaboración cos concellos de Tui e Valença, habilitaranse espazos emblemáticos de ambas cidades para acoller as diferentes propostas do programa co obxectivo de visibilizar non só a artistas e bandas, senón as posibilidades do traballo conxunto desta alianza estratéxica que é a Eurocidade Tui-Valença, e converter o MUMI nun espazo de coñecemento mutuo, oportunidades, sinerxías, traballo en rede e deseño de proxectos futuros.
“De onde vimos? quen somos? onde imos?”. O título do cadro de Paul Gauguin e a letra da coñecida canción de Siniestro Total son interrogantes filosóficos que, aplicados ao mundano proceso electoral no que estamos inmersos, serven para lembrarnos que os procesos histórico-políticos son dinámicos e, polo tanto, teñen unha xénese no pasado que explica un presente que, á súa vez, condicionará o futuro decorrer dos acontecementos. A recente historia de Ponteareas non é unha excepción e, a poucos días das eleccións municipais, convén lembrala para non estar condenados a repetila.
A finais da década dos 80 Ponteareas era, no sociopolítico, un pobo refén aínda dos valores e dinámicas da ditadura extinguida formalmente apenas 15 anos antes. Para as persoas con conciencia democrática, e xa non digamos para as vítimas do golpe de Estado de 1936 e de 40 anos de ditadura, a atmosfera era irrespirábel. José Castro, alcalde dende a ditadura franquista, continuaba exercendo un poder omnímodo, habilmente camuflado na democracia, e estendendo o seu control cunha enorme rede clientelar baseada na compra de vontades mediante favores, moitos ilegais, en forma de colocación a dedo na función pública, nepotismo, contratos directos a empresas amigas ou un urbanismo salvaxe e ilegal ao servizo de construtores convertidos en novos ricos a costa do interese xeral. Cunha oposición exigua e ineficaz, Ponteareas amosaba un encefalograma político plano e unha parte importante da sociedade ponteareá estaba instalada na resignación convencida de que Castro gobernaría até o fin dos tempos.
En 1990 unha nova xeración irrumpíu naquel escenario que parecía imperturbábel e case da noite á mañá, cun ritmo vertixinoso, organizámonos primeiro como Grupo Ecoloxista Adenco e Asociación Cultural Irmanciños da Fala e, pouco despois, como Bloque Nacionalista Galego. Non eramos moitos, apenas uns vinte, estudantes universitarios, algúns xa traballadores, todos ávidos por cambiar o mundo. Nesa ansia transformadora liderabamos sindicatos estudantís nas facultades, devorabamos bibliografía política e publicacións das organizacións que loitaban por calquera causa xusta, acudiamos a canto acto ou conferencia nos servise para aprender e descubrir, participabamos en canta mobilización se celebrase, xa fora contra a primeira guerra de Iraq, contra o quinto centenario do “descubrimento” de América ou contra o servizo militar obrigatorio. Como obxectores de conciencia e insubmisos, fomos a xeración que, recibindo máis dun porrazo en Compostela, rematamos coa mili.
Organizados en Ponteareas ao redor do ecoloxismo e a cultura o alcalde franquista non deu crédito e a guerra se desatou. Resistimos a toda presión, represión, ameaza e ataques. Soportamos a persecución dunha policía municipal política ás ordes do dictadorzuelo que reprimía a liberdade de expresión arrincando os nosos carteis e retirando pola forza os nosos postos informativos; aturamos ameazas mafiosas: “cualquier día los nervios no estarán tan templados”, dicía José Castro na súa televisión logo de que un dos seus concelleiros fora condenado por ameazarnos gravemente. Para amedrentarnos, sufriamos denuncias que a min me levaron 18 veces a xuizo con acusacións falsas das que sempre fun absolto. Insultos, ameazas, difamacións, represión, agresións… esa era a política que exercía o Partido Popular con José Castro de alcalde e logo con Juan Carlos González Carrera de concelleiro.
Manterse no poder era unha obsesión da dereita na que todo valía: dende ocultar a contaminación das praias fluviais permitindo que a xente puxera en perigo a súa saúde até empregar a violencia física para esconder os seus manexos das contas públicas. En 1995, como concelleiro, fun agredido fisicamente por policías locais, logo condeados xudicialmente, e que cumprían as ordes de Castro para impedirme o acceso ás contas municipais. Juan Carlos González era membro dese goberno que agredía aos adversarios políticos. Agora vende outro produto para convencer aos que non o coñecen e conseguir o seu voto.
A ansia represiva non tiña límites. En 2004 José Castro pedíu en xuizo a miña prisión provisional e 18 anos de cárcere por pecharnos no 2000 no seu despacho da alcaldía para reclamar a reanudación dun pleno que el mesmo suspendera aos 30 segundos de iniciarse. Nava Castro e Juan Carlos González eran concelleiros dese alcalde e goberno e aplaudían esa persecución que rematou en absolución. Os dous queren regresar a ese despacho cos votos dos que xa os apoiaban daquela, pero tamén dos que non teñen nin idea de como as gastaban porque aínda non naceran.
Toda esa xenreira e inquina dos Castro e dos seus satélites como Juan Carlos González tiña unha razón de ser: eramos unha ameaza para o seu tinglado, que significaba para moitos deles o seu medio de vida. Un tinglado sustentado en toda clase de corrupción: ducias de persoas enchufadas no Concello; unha televisión municipal dirixida a dedo polo xenro de José Castro e cuñado de Nava Castro, inspirada no NO-DO franquista, con máis persoal que a TVE en Galicia, na que se enterraron millóns de euros; o impago sistemático da seguridade social do persoal municipal, dos préstamos e das débedas cos acreedores que levaron ao Concello á bancarrota; e os favores urbanísticos e o expolio dun pobo que foi destrozado para edificar até o último centímetro e enriquecer obscenamente a verdadeiros fanfarróns. O tinglado retroalimentábase e os favorecidos por toda esa corrupción eran ao mesmo tempo infantería e financiamento para as campañas electorais ás que a dereita acudía dopada ilexítima e antidemocráticamente. Todo isto era e son politicamente Nava Castro e Juan Carlos González. Que non o esquezan os que o viviron e que tomen nota os máis novos que agora poden ver neles pel de cordeiro.
En 1997 presentei en nome do BNG unha querela contra José Castro e o seu goberno anterior a 1995 pola colocación a dedo no Concello de 60 familiares e membros do partido. En 2004 o Tribunal Supremo condeou a 10 anos de inhabilitación a Castro e a sete anos a cada membro do seu goberno, entre eles outro dos seus fillos, Juan José, por prevaricación continuada, dando por probada a contratación ilegal do persoal. Juan Carlos González Carrera salvouse por que entrara no Concello en 1995. Pepe Castro, aquel alcalde que uns anos antes parecía imposíbel de derrotar, desapareceu definitivamente da escena política pola acción en defensa da xustiza e da honradez que emprenderamos aqueles aos que o alcalde tildara de “niñatos”.
E todo ese combate, esa loita e eses éxitos nunha carreira de fondo de moitos anos fixémolo por nós mesmos. Centos de horas adicadas a redactar e maquetar ducias de revistas e publicacións, centos de quilómetros percorridos en bici por parroquias e a pé pola vila para buzonear a información, centos de reunións onde había conflictos, un senfín de peches no Concello, manifestacións e concentracións. Daquela non había redes sociais. O cambio había que curralo. Corpo a corpo, casa a casa. Cos nosos propios e escasos recursos económicos. Con moita imaxinación. Para centos ou miles de persoas fomos a esperanza, a punta de lanza e os que puñamos a cara por eles, aínda que fora para que nola partisen. Os videos “Adenco 1990-1995. Cinco anos de ecoloxismo no Condado” e “20 anos do BNG no Concello de Ponteareas (1995-2015)”, dispoñíbeis en Youtube, son un botón de mostra dun valor incalculábel para lembrar e, no caso da xente máis nova, entender e coñecer Ponteareas, a súa historia recente e os seus protagonistas, para ben e para mal.
“
Case trinta anos despois de iniciada aquela loita exemplar, a dereita ofrece como candidatos en 2023 aos protagonistas desa época infame. Varias décadas despois siguen aí os mesmos, pretendendo que a xente “resetee” e aspirando a recuperar o poder
Mais a mala herba nunca morre. Continua viva. Case trinta anos despois de iniciada aquela loita exemplar, a dereita ofrece como candidatos en 2023 aos protagonistas desa época infame. Varias décadas despois siguen aí os mesmos, pretendendo que a xente “resetee” e aspirando a recuperar o poder. José Castro, un alcalde franquista que nunca renegou nin condeou o fascismo e a ditadura, que sempre a defendeu e a xustificou, foi cinicamente expulsado do PP en 1999 por un Fraga que o tachou de traidor e cacique, e hoxe, con absoluta normalidade, é candidato na lista do PP que encabeza a súa filla, Nava Castro. Unha candidata que, como alcaldesa, e xunto ao seu tenente de alcaldesa, Juan Carlos González Carrera, entre 2000 e 2003 protexeu e defendeu o infame busto de Franco que presidía a Praza Maior negándose a retiralo.
En Ponteareas non se presenta VOX. Non é necesario. Temos dobre versión autóctona con nostalxia do Caudillo. Agora, vinte anos despois, para limpar esas negras manchas cun bo deterxente, Nava Castro incorpora á candidatura a quen nos cantaba que estaba nunha lavadora. Na historia da humanidade sempre houbo, hai e haberá quen aparentando o contrario se presta frívolamente a branquear e “resetear” a indignidade. Juan Carlos González, a falta de lavadora, optou por poñer a “bailotear” aos que naceron despois daquelas vilezas, coa esperanza de que o entretemento en forma de concerto de DJs desvíe a atención sobre o seu pasado. Un pasado que en realidade sigue sendo presente. En xuño de 2003 Nava Castro de alcaldesa e Juan Carlos González de tenente de alcaldesa, tras recibir a filtración de que as normas urbanísticas ían ser suspendidas, deron ducias de licenzas exprés, declaradas logo ilegais, a innumerabeis construtores, moitos ligados ao PP, que destrozaron Ponteareas, consentindo incluso a ocupación de terreos públicos con enormes garaxes privados soterrados. Hoxe, 20 anos despois, Juan Carlos González, sen rubor nin pudor, pero ocultándollo á sociedade, vai da man cos mesmos construtores e promotores de inmobiliarias presentando conxuntamente con eles un recurso xudicial contra o novo Plan Xeral. Non é o candidato da xente nin do pobo, e moito menos independente. É o candidato de certos construtores e inmobiliarias, cuxos intereses representa e defende a través dos votos que a xente de boa fe lle entrega. A voracidade implacábel de todos eles non se saciou dabondo despois de décadas de expolio urbanístico, queren máis e para iso necesitan tumbar un plan que trouxo un novo urbanismo para Ponteareas e beneficios para a xente coa cesión de terreos para parques, aparcamentos e outras instalacións que as políticas de José Castro, Nava Castro e González Carrera nos furtaron durante décadas.
“Aporto capacidade de xestión”, repite a candidata do PP Nava Castro nestes días. Realmente compriría unha reforma da lei electoral e converter en obrigatorio para un candidato exhibir a súa vida laboral, porque a de algúns resumiríase con dúas verbas: sopa boba. Nun país cuns estándares democráticos elevados unha persoa que sempre vivíu á sombra da sopa boba da familia e do partido non só non sería elixida pola xente, senón que un mínimo pudor lle impediría postularse. Nun país onde falsear ou inflar currículos está á orde do día, podes alardear de capacidade de xestión por ter traballado a dedo por ser “filla de” na xestión privatizada e desastrosa dun plan de fondos públicos europeos e, a partires de aí, deputada para aquí, concelleira para alá, agora alcaldesa, agora deputada en Madrid, agora directora xeral de tal a cambio de apoiar a González Solla e evitar un alcalde do BNG, despois directora xeral de cual e agora candidata en Ponteareas porque non hai quen queira selo, e despois? Despois non hai de que preocuparse: a oficina de colocación popular atopará unha solución. Presumir de capacidade de xestión cun currículo de colocacións políticas encadeadas dende hai 30 anos resulta un insulto para os milleiros de persoas, de mozos e mozas, preparados e formados con esforzo e sacrificio, sen nada regalado e con capacidade de xestión real gañada a pulso. Que ninguén se engane: non hai tal capacidade de xestión, o único que souberon e saben xestionar con éxito e a costa dos demais é o seu sustento, o seu modo de vida e o beneficio para aqueles grupos de presión, os poderes fácticos especialmente ligados á economía urbanística e da construcción que, sen dar a cara, precisan de candidatos coma Nava Castro ou González Carrera á fronte do Concello que atendan debidamente os seus espúreos intereses.
Estas eleccións son a oportunidade de reivindicar e recoñecer a aquela xeración que cambiou Ponteareas, pero tamén o intre de dar a extremaunción política definitiva aos protagonistas da historia máis negra da democracia ponteareán para que nunca máis renaza a mala herba. 30 anos despois repítese o mesmo escenario: ou os Castro ou nós. Está nas nosas mans e non podemos fallar.
O Concello de Ponteareas organiza esta fin de semana unha nova ruta de marcha nórdica ao abeiro do ciclo de actividades para dar a coñecer esta disciplina no municipio, no que participaron máis de 60 persoas neste primeiros cinco meses do ano. Un programa de actividades “deseñado para promover un estilo de vida saudábel e ofrecendo á veciñanza unha ferramenta sinxela e ao alcance de todas as persoas que pode axudar a cambiar hábitos e levar unha vida menos sedentaria”, explica a alcaldesa, Cristina Fernández.
A vindeira ruta será este sábado 27 de maio polo monte de Celeiros, un roteiro circular de 7,5 quilómetros e dificultade moderada por superficie natural que comezará ás 19.00 horas. As persoas interesadas en participar deberán estar ás 18.45 horas no punto de encontro, no Circuíto Motocross Taboexa. A saída está aberta a todas as persoas que participaron na parte técnica e a aquelas que teñen unhas nocións básicas de marcha nórdica e contan cos seus propios bastóns.
Trátase dunha iniciativa deportiva apta para todas as idades na que xa participaron veciños e veciñas dende os 20 anos ata os 70. Neste primeiro semestre do ano celebráronse dúas xornadas técnicas, unha en febreiro en Xinzo e outra en abril en Prado, que contaron con máis de 30 participantes. Ademais, no que vai de ano xa se realizaron oito rutas diferentes pola Freixa, Xinzo, Angoares, A Picaraña, Prado, Areas e, agora, Celeiros.
A alcaldesa convida a toda a veciñanza a participar nesta nova saída e desfrutar da experiencia da marcha nórdica e de futuras actividades que buscan fomentar un estilo de vida saudábel, como as dúas novas rutas programadas xa para o vindeiro mes de xuño.
Tras as propostas lanzadas pola Asociación de Empresarios de Redondela para o impulso do tecido productivo, o Partido Popular foi o primeiro en reunirse co colectivo para analizalas. Así, O BNG mantivo tamén unha reunión co colectivo empresarial para tratar e analizar as propostas realizadas, así como para presentar o seu programa en materia económica.
O Partido Popular de Redondela anunciou aos empresarios que o mércores estaría nun acto da campaña electoral o consellerio de economía, industria e innovación, Francisco Conde López. En dito acto, o conselleiro marcou as liñas da política industrial.
Reunión do colectivo co BNG
Pola súa banda, o BNG propuxi centrar as medidas de desenvolvemento económico no comercio local potenciando o consumo de produtos da terra como garante dos valores ecolóxicos e medioambientais e dar un enfoque transversal do sector turismo centrándose en atallar os riscos e solucionar os problemas dun crecemento desmedido do sector. A posta en valor da Illa de San Simón, a Praia de Cesantes ou o Estreito de Rande son tamén algunhas das medidas propostas.
Estes días realizouse a terceira e última fase das obras de impermeabilización dos teitos das estruturas de nichos situados no Cemiterio Municipal de Baiona.
As obras consistiron na reparación das cubertas dos nichos mediante o picado de acabados soltos e limpeza das cubertas, a creación de pendentes con morteiro alixeirado con arlita e a colocación de tea asfáltica.
O proxecto realizouse en tres fases e supuxo un investimento total de 17.410,80 euros. Os traballos realizáronse en 2019, cando se investiron 2.474,30 euros; en 2021, 6.214, e os recentemente finalizados neste mes de maio de 2023.
Con estes traballos ponse fin ás deterioracións na estrutura debido a que, no seu momento, construíronse co tellado plano e sen ningún tratamento de impermeabilización das cubertas, polo que a choiva penetra no formigón e afecta o interior das construcións que aloxan os nichos afectados.
Con esta intervención preténdese previr este risco e evitar que se poidan producir entradas de auga de choiva aos nichos, á vez que se recuperan as partes deterioradas polo efecto da auga e que provocan unha imaxe negativa do mantemento do conxunto arquitectónico afectado e do propio Cemiterio de Baiona, en xeral.
Obras de ampliación da beirarrúa
Nos últimos días, tamén se procedeu á ampliación das beirarrúas do cemiterio municipal para facilitar o acceso tanto peonil dos veciños que acoden ao recinto como para facilitar o paso do carro mortuorio.
No marco da programación estable de rutas de sendeirismo guiadas do Concello de Covelo, este domingo día 28 terá lugar o roteiro da Poza Piñeiro. Esta actividade, que se enmarca no proxecto RíosAldeasMontañas, promove o coñecemento do patrimonio natural entre visitantes, veciñanza e alumnado do CEIP Antonio Blanco.
De 6,5km de duración e dificultade doada, o roteiro da Poza Piñeiro ten un trazado lineal de ida e volta cunha duración aproximada de tres horas e media. Esta actividade, que conta co apoio da Deputación de Pontevedra, é de balde e require inscrición previa no número de teléfono 654 500 652. A hora e punto de saída son ás 10 horas no cemiterio de Piñeiro.
O guía de montaña e biólogo, Julio Eiroa, explica que a Poza Piñeiro foi construída augas arriba do primixenio “Puzo Vello” que cumpría a función de rego dos campos da parroquia. Co paso do tempo, converteuse nunha zona húmida de grande interese paisaxístico e natural. Na súa contorna atópanse turbeiras activas de montaña, gandería extensiva en pastos, chozos e curralas, avifauna e o gran mamífero carnívoro, o lobo ibérico.
O Concello de Nigrán amplía a protección do sistema dunar por vez primeira na súa Historia a outro areal diferente ao Praia América-Lourido, concretamente a Praia da Cansadoura ou Abra, en Patos. Atendendo á petición da veciñanza da zona, o Concello ven de contratar á cooperativa Teixugo por 11.000 € o peche perimetral das dunas, a reparación da pasarela existente, a instalación de sinalización informativa e a eliminación de especies invasoras. Os traballos, pendentes só da autorización de Costas, estarán rematados antes do verán, época de maior uso do areal e, polo tanto, onde sofre maior erosión debido ao tránsito de bañistas.
“A diferencia da zona de Panxón xa desde hai décadas e Lourido desde o ano pasado, estas dunas non estaban siquera delimitadas e é unha oportunidade única de rexeneralas ao tempo que creamos concienciación social ao respecto”, destaca o alcalde de Nigrán, Juan González. “Por unha banda protexemos mellor o noso patrimonio natural e, con elo, gañamos en ecoloxía, e, por outra banda, creamos cidadáns máis comprometidos coa súa contorna e máis sensibilizados medioambientalmente”, conclúe o alcalde.
Este areal contiguo a Patos (ao carón da Residencia de Tempo Libre) conserva un pequeno sistema dunar actualmente en perigo porque os usuarios desta praia atallan desde o aparcadoiro por carreiros que atravesan as propias dunas en lugar de empregar a pasarela peatonal. Por esta razón, ao igual que en Panxón desde hai décadas e en Lourido o ano pasado, toda a área dunar será pechada perimetralmente mediante postes de madeira tratados en autoclave e separados 2,5 metros por arame verde. Igualmente, a pasarela de acceso será restaurada incluíndo a substitución de 10 taboleiros. Adicionalmente, e cun fin educativo e divulgativo, colocaranse 2 paneis informativos de 80×120 cm que recompilen información sobre a riqueza do sistema dunar e a importancia da súa protección e rexeneración (mediante texto, imaxes, infografías e debuxos).
Afortunadamente, nestas dunas o estado de conservación é máis que aceptable porque tan só se aprecian uns pés de margarida africana como especie invasora (serán erradicadas) mentres que figuran especies autóctonas seriamente ameazadas como o tomelo de praia, correola de praia, cebola das gaivotas, cardo marítimo e prixel de praia.
O aparcamento municipal ‘O Aral’ de Baiona alcanzou as 510 persoas abonadas, segundo os datos actualizados que recibiu hoxe o Concello.
O Concello de Baiona aprobou no ano 2021 unha ordenanza municipal na que se recollían grandes rebaixas nas tarifas para a veciñanza. Naquel momento, o número de abonados era de 187.
Na liña de que o aparcadoiro ‘O Aral’ sexa un servizo público útil para os baioneses e baionesas, o concello implantará novas medidas e descontos.
Ademais dos abonos, todos os veciños e veciñas de vila teñen unha hora de aparcadoiro gratis os 365 días do ano.
Volve a acción a Cesantes. A tempada de kitesurf en Galicia arrinca esta próxima fin de semana coa disputa do Campionato Galego, proba que volve organizar por segundo ano consecutivo o TMKiteClub en colaboración co Concello de Redondela e que reunirá de novo a máis dunha trintena de participantes en augas da ría de Vigo.
A só dous días do primeiro bocinazo de saída, o presidente do club redondelano, Ricardo González, explica que “a pasada tempada asumimos o reto de organizar o primeiro Campionato Galego de kite, que resultou ser un éxito e animounos a repetir este ano. Sabemos que as expectativas son altas e para un club como o noso supón un gran esforzo, pero grazas á colaboración do Concello de Redondela e por suposto ao apoio de todos os participantes estamos convencidos de que será un gran campionato”.
“O que queremos é que a xente #gozar da nosa contorna, da competición e do kite. Este ano, ademais, seguimos acondicionando as nosas instalacións en Cesantes para que tanto os socios como os participantes gocen dos eventos non só dentro senón tamén fose da auga”, engade González.
Dúas xornadas de regata e catro títulos en xogo
A regata comezará este sábado coa entrega de dorsais a partir das dez da mañá e o briefing previo á competición ás doce. Finalizada a reunión, e se as condicións permíteno, os aspirantes ao título escoitarán o primeiro bocinazo de saída ao redor de únaa da tarde.
Por diante, dúas intensas xornadas de campionato nas que o Comité de Regatas tratará de completar un máximo de oito mangas para as categorías Foil, Surf, Twintip Masculino e Twintip Feminino. Serán, en total, 33 riders pelexando por converterse nos novos campións e campioas de Galicia, ofrecendo todo un espectáculo na enseada de San Simón que poderá gozarse desde a mesma praia de Cesantes.
O domingo, unha vez finalizada a competición, ás 18:30 horas celebrarase nas instalacións do club a entrega de trofeos.
191 triatletas disputarán a oitava edición do Tríatlon Concello do Porriño, unha cifra que ratifica a capacidade de convocatoria que ten este evento deportivo.
Esta mañá presentouse o evento nun acto que contou coa asistencia do padriño desta edición, Javier Gómez Noya, cinco veces campión mundial nos anos 2008, 2010, 2013, 2014 e 2015, medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Londres 2012, e catro veces campión de Europa nos anos 2007, 2009 2012 e 2016, que compartiu conversa e un ratiño agradable cos nenos e nenas dos coles que tamén asistiron.
O concelleiro de deportes de Tui, Rafael Estévez, destacou a importancia da proba para o seu municipio e quixo agradecer o labor dos técnicos deportivos de Tui e do Porriño para facelo posible, ademais de convidar a todo o mundo a disfrutar dun evento deportivo desta magnitude.
Na mesma liña se expresou Gómez Noya que ademais asegurou que para el é unha honra respaldar esta proba e poder facelo rodeado de nenas e nenos que disfrutan dende pequenos do deporte.
Pola súa banda, o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, salientou que este ano a proba rende homenaxe á loita contra o cancro e contempla novidades moi destacables, como a dotación de premios económicos para os para os gañadores. E é que ademais dos tradicionais trofeos para os vencedores de cada categoría e locais, o primeiro e primeira deportista masculino e feminino recibirá un premio de 500 euros, o segundo de 200 , o terceiro de 150 euros, o cuarto de 100 euros e o quinto de 50 euros.
Como cada ano, o tramo de natación sprint será de 750 m, desenvolverase no río Miño fronte á sede da Comandancia Naval de Tui. O tramo de bici é de 20 km entre Tui e O Porriño e finalmente a carreira pedestre cun percorrido de 5 km que se disputa no casco urbano do Porriño.
Os máis pequenos tamén terán a súa proba: o Triatlón Mini, no que terán que completar 25 m na piscina municipal, 700 m en bicicleta dende a piscina ata a igrexa e alí farán a transición para encarar os 300 m de carreira a pé dende ata o Concello.
Ponteareas xa recende a Corpus. A vila prepárase para celebrar unha nova edición da súa festa grande coas súas tradicionais alfombras florais, con moitas ganas e ilusión e cunha ampla programación na que animación, música, exposicións e recendo a flores serán as grandes protagonistas. Máis de 25 actividades para todos os públicos que permitirán a veciñanza e visitantes gozar de Ponteareas dende os días previos.
“Énchenos de ilusión ver as rúas de Ponteareas cheas de xente e de vida dende días antes das nosas alfombras porque nos permite ensinar ao mundo a riqueza cultural e tradicional da nosa vila. Por iso haberá unha programación variada, atractiva e para todos os públicos que permitirá a todo o mundo mergullarse na maxia desta celebración”, salientou a alcaldesa, Cristina Fernández.
A programación comezará o vindeiro venres 2 de xuño coa tradicional presentación da revista Pregón ás 20.00 h na sala multiúsos do auditorio municipal, que contará tamén coa actuación musical de ‘Tríade’. Ás 20.30 horas haberá animación musical nas rúas a cargo do grupo folclórico ‘San Salvador de Padróns’. Xa o domingo 4, tras a inauguración da exposición ‘150 aniversario da Banda Unión de Guláns’, o psicólogo criminalista Jorge Sobral lerá o pregón do Corpus Christi 2023. Será ás 12.00 h na sala multiúsos do auditorio municipal.
O luns 5 comezará a animación musical nas rúas, que ese día será a cargo da agrupación folclórica ‘Algazara’, o martes 6 do grupo folclórico da Casa Cultural de Areas, o mércores 7 de Os Muíños de Oliveira, o xoves 8 de ‘Senfol’ e o venres 9 do grupo ‘Pedra da Garza’. Todas as actuacións comezarán ás 20 h e percorrerán os distintos portais alfombristas.
Será ese mesmo venres cando arranque a fin de semana grande desta Festa de Interese Turístico Internacional coa inauguración da exposición ‘Corpus en Flor’ ás 21.00 h no vestíbulo do auditorio e co concerto ás 21.30 h da Banda de Música Xuvenil de Xinzo na Praza Fernández Vega. Será a antesala de dous días cheos de alfombras, traballo e moita ilusión en todos os tramos da vila. O sábado 10 a partir das 18.00 h comezarán os traballos de confección das diferentes pezas de arte floral, que durante toda a noite estarán acompañados de animación musical en diferentes puntos da vila.
Xa o domingo 11 ás 10.30 h terá lugar a recepción de autoridades na Casa do Concello coa actuación da Agrupación Musical Nosa Sra. do Carme, que ás 12.30 horas acompañará a tradicional procesión do Corpus Christi. Pola tarde a música, a ledicia e a cor volverán encher as rúas dende as 19.00 h co tradicional desfile de carrozas e a batalla de flores. A música regresará ás 21.30 h á Praza Bugallal, así como á Praza Maior coa verbena da orquestra Gran Parada dende as 23.00 h.
O luns 12, festivo local, a festa comezará ás 11.00 h con inchábeis e actividades de animación infantil ata as 20.00 horas. Ás 20.00 horas celebrarase a ofrenda floral diante do Monumento ao alfombrismo en memoria das e dos ponteareáns que tanto se implicaron na celebración da festa grande de Ponteareas. A entrega de medallas do Corpus no auditorio municipal ás 21.00 h, a animación musical no centro urbano e a verbena a cargo da orquestra Combo Dominicano ás 22.30 h na Praza Maior porán o broche de ouro a unha celebración que converterá un ano máis a Ponteareas en referente mundial da arte floral efémera.
A alcaldesa convida a veciñanza e visitantes a experimentar o Corpus, “ a vivir as cores, os aromas e a ledicia que envolve a nosa centenaria tradición. Vinde connosco a desfrutar dos portais cheos de veciños esfollando as flores e preparando todo o necesario para crear verdadeiras obra de arte efémero e da ledicia contaxiosa de traballar toda a noite para plasmar eses debuxos que sempre nos sorprenden e dos aromas que tantos sentimentos espertan en todos nós”.
No día de onte, o Concello da Guarda recibiu o proxecto de rehabilitación integral da Escola de San Lorenzo de Salcidos, que será presentado como proxecto de obra no seguinte obradoiro de emprego.
En caso de que o obradoiro sexa concedido este ano, participarán como alumnos-traballadores un total de 20 desempregados que obterán, ao finalizar a formación, o certificado de profesionalidade de Albanelería, unha profesión moi demandada polas empresas de construción nos últimos tempos.
Este proxecto inclúe, entre outras intervencións, o illamento térmico do edificio, a mellora da accesibilidade ou a creación dunha aula de cociña na que calquera asociación poda impartir cursos.
Tamén, fai unhas semanas, recibiuse o proxecto de reforma integral do pavillón número 1 do Sinde Vello. Para materializar esta obra presentouse dito proxecto a unha convocatoria de subvencións da Deputación de Pontevedra (PON2030), na que se valora especialmente a mellora da eficiencia enerxética dos inmobles. Esta obra está aliñada por tanto co Plan Rehabita.
Neste edificio crearanse espazos insonorizados para que os grupos podan ensaiar, despachos para as asociacións, salas de reunións, aulas de uso compartido, e dotarase a este edificio de accesibilidade coa introdución dun ascensor.
A través destes dous proxectos, que foron encargados a dous estudos de arquitectura da vila, realízase unha firme aposta pola mellora de espazos que teñen usos sociocomunitarios, culturais, etc, xa que en ámbolos dous edificios se atopan ubicadas, neste momento, varias asociacións da vila, que poderán ver melloradas as instalacións onde desenvolven a súa actividade.
A Concellería de Deportes de Concello de Baiona organiza unha actividade gratuíta de promoción e divulgación gratuíta de Tenis de Mesa. Trátase dunha xornada lúdica que terá lugar este sábado 27 de maio no pavillón municipal de deportes dende ás 10:00 h ata ás 12:00 horas.
Todas aquelas persoas interesadas en participar na actividade deberán entregar o boletín oficial de incrición no pavillón municipal de deportes de Baiona ou chamar ao teléfono 986 35 65 68 para formular a mesma. Do mesmo xeito, tamén pode facerse vía email a través de [email protected].
As prazas son limitadas por riguroso orden de inscrición. O boletín oficial de inscrición está disponible na páxina web do Concello de Baiona: https://www.baiona.gal/cultura/area-deportes/.
A Concellería de Deportes do Concello de Baiona aposta por promover esta actividade de lecer, que é interxeneracional e universalmente coñecida. Así mesmo, desde o deporte base, fomentando o local e cercano, búscase coñecer novas persoas, interactuar e intercambiar ideas ou opinións. Será unha xornada non cometitiva para desfrutar desta disciplina.
O Concello do Porriño acolleu hoxe a presentación da 56 edición do Ralllye Recalvi Rías Baixas. O acto, que presidiu o alcalde, Alejandro Lorenzo, contou coa participación de Fernando Mouriño, presidente da Escudería Rías Baixas, José Vicente Medina, vicepresidente da RFEA, Abel Estévez, concelleiro de Deportes e José Manuel Freire, coordinador de Deportes da Xunta de Galicia.
Tal e como explicou o presidente da Escudería Rías Baixas, a inscrición este ano volveu sorprender e serán 104 os pilotos que disputen a proba. Mouriño destacou unha vez máis a vinculación do Rías Baixas co Porriño que “vén de moi lonxe, xa que a primeira clasificación que se pasou a ordenador do Camionato de España de Rallyes fíxose aquí, no Porriño. Foi no ano 1967 en Zeltia, algo que demostra a estreita vinculación do Concello con este rallye”. “No Porriño sentímonos como na casa”, incidiu.
Pola súa banda, José Vicente Medina, destacou o “incrible esforzo que está a facer a Escudería que ano tras ano traballa para mellorar e respectar escrupulosamente os regulamentos” e tamén agradeceu o apoio das administracións que o fan posible e en especial o “do Concello do Porriño que pon á nosa disposición non só medios económicos, senón loxísticos e de persoal”.
O alcalde, Alejandro Lorenzo, concluíu felicitando á escudería Rías Baixas polo seu aniversario “medio século de vida só se cumpren con moito traballo e moita adicación” e convidou a todo o mundo a “vir ao Porriño e disfrutar da gran festa do motor, ademais das nosas paisaxes, hostalería e da nosa vila que vos recibirá cos brazos abertos”.
O Concello de Redondela ten xa aberto, ata o vindeiro 15 de xuño, o prazo de presentación de solicitudes para a realización, durante a noite do 23 ao 24 de xuño, das tradicionais fogueiras de San Xoán. A solicitude pode facerse a través do rexistro de forma presencial ou telemáticamente.
A autorización é imprescindible para a realización de fogueiras en terreos particulares como públicos, se ben neste último caso, so poderán realizar fogueiras as entidades de participación cidadá.
Trátase, explica a alcaldesa Digna Rivas, de “conxugar a celebración dunha tradición como as fogueiras, coas normas básicas de seguridade”.
En todo caso, tanto particulares como asociacións, deberán seguir normas comúns, como o feito que os elementos da fogueira estean colocados o día anterior á queima para que os servizos municipais poidan levar a cabo a revisión e control desta.
Asi mesmo, o volume de material combustible non poderá superar os 8 metros de diámetro nin os 3 metros de altura e a separación entre fogueiras e os edificios, árbores e demais elementos que poidan resultar danados será, como mínimo, de 12 metros
A solicitude que deberán presentar as interesadas e interesados en realizar fogueiras de San Xoán, recolle tamén a lista de elementos que se poden queimar –leña, pólas, toros de árbores e materiais vellos sempre de madeira– e aqueles outros que están prohibidos como os pneumáticos, plásticos, latas, botellas, materiais con PVC e similares, así como botar aerosois, aceites ou líquidos combustibles e/ou calquera substancia explosiva. Nese sentido, o Concello de Redondela lembra que un bote de aerosol, aínda baleiro, pode orixinar unha explosión.
Finalmente, as e os solicitantes deberán acatar as normas ou instrucións que poidan ditar, en determinadas circunstancias, os axentes dos corpos de Policía, bombeiros e demais servizos públicos tanto municipais como de outras administracións pública.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.