15.7 C
Pontevedra
Venres, 2 de Xuño de 2023
Máis
    HomeVal MiñorBaionaAs obras do cemiterio de Baiona comezan a última fase

    As obras do cemiterio de Baiona comezan a última fase

    Estes días realizouse a terceira e última fase das obras de impermeabilización dos teitos das estruturas de nichos situados no Cemiterio Municipal de Baiona. 

    As obras consistiron na reparación das cubertas dos nichos mediante o picado de acabados soltos e limpeza das cubertas, a creación de pendentes con morteiro alixeirado con arlita e a colocación de tea asfáltica.

    O proxecto realizouse en tres fases e supuxo un investimento total de 17.410,80 euros. Os traballos realizáronse en 2019, cando se investiron 2.474,30 euros;  en 2021, 6.214, e os recentemente finalizados neste mes de maio de 2023. 

    Con estes traballos ponse fin ás  deterioracións na estrutura debido a que, no seu momento, construíronse co tellado plano e sen ningún tratamento de impermeabilización das cubertas, polo que a choiva penetra no formigón e afecta o interior das construcións que aloxan os nichos afectados.

    Con esta intervención preténdese previr este risco e evitar que se poidan producir entradas de auga de choiva aos nichos, á vez que se recuperan as partes deterioradas polo efecto da auga e que provocan unha imaxe negativa do mantemento do conxunto arquitectónico afectado e do propio Cemiterio de Baiona, en xeral.

    Obras de ampliación da beirarrúa

    Nos últimos días, tamén se procedeu á ampliación das beirarrúas do cemiterio municipal para facilitar o acceso tanto peonil dos veciños que acoden ao recinto como para facilitar o paso do carro mortuorio.

    COLABORACIÓNS

    Aperitivos de hojaldre sin gluten

    Mayo es el mes de las personas celíacas. El día 16 se celebró el Día Internacional de la Enfermedad Celíaca y hasta este año, el 27 de mayo se celebraba en España el Día Nacional (este año nos unimos al resto de los países y lo celebramos el día 16).

    Ponteareas diante das eleccións (II): a Xeración do cambio, un recordo para que a Historia non se repita

    “De onde vimos? quen somos? onde imos?”. O título do cadro de Paul Gauguin e a letra da coñecida canción de Siniestro Total son interrogantes filosóficos que, aplicados ao mundano proceso electoral no que estamos inmersos, serven para lembrarnos que os procesos histórico-políticos son dinámicos e, polo tanto, teñen unha xénese no pasado que explica un presente que, á súa vez, condicionará o futuro decorrer dos acontecementos. A recente historia de Ponteareas non é unha excepción e, a poucos días das eleccións municipais, convén lembrala para non estar condenados a repetila.

    Ponteareas diante das eleccións (I): David contra Goliat e a utopía feita realidade

    Botando unha ollada atrás un non pode deixar de sorprenderse da rapidez coa que transcorre o tempo e a vida. Unha velocidade vertixinosa que tamén acompaña aos acontecementos e procesos sociais e políticos e que explica a facilidade coa que a sociedade pode esquecer tan axiña o seu pasado e, sobre todo, en política, ignorar de onde vimos, onde estamos e cara onde nos diriximos. Esquecemento dos que viviron eses procesos, mais tamén descoñecemento comprensíbel por razóns biolóxicas e xeracionais dos que daquela non naceran ou eran uns cativos.

    “The Last Of Us”

    Hace unos días, terminé de ver la primera temporada de la serie "The Last Of Us", una serie basada en la historia de un videojuego inspirado en un mundo apocalíptico.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    83 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS