18.4 C
Pontevedra
Martes, 26 de Setembro de 2023
Máis
    HomeA ParadantaCovelo23 mozos de Covelo harán uso hoxe, por primeira vez, do seu...

    23 mozos de Covelo harán uso hoxe, por primeira vez, do seu dereito a votar

    O Real Decreto-Lei, o 38/1978, de 5 de decembro, modificou a Lei 50 para establecer que “a capacidade plena de voto se adquire coa maioría de idade ao cumprirse os 18 anos”. Un Real-Decreto-Lei que fará que 23 mozos de Covelo poidan hoxe votar nas súas respectivas mesas electorais. Así, esta mocidade poderá facer uso deste dereito constitucional recollido no capítulo segundo do Título I da Constitución Española de 1978.

    En idade de ERASMUS e exames finais non todos poderán render homenaxe ao artigo 23 xa que algúns deles non chegaron a tempo para votar por correo. É o caso de Andrea González, da parroquia de Paraños que, nesta ocasión, non poderá participar nos asuntos públicos. Dende Malta anima a súa melliza, Sofía, que si acudirá ás urnas acompañada dos seus pais. Ela irá á mesa electoral da Casa Cultural de Paraños, en Moeiros, para votar de xeito presencial tal e como lle víu facer aos seus pais ao longo destes anos cada vez que os acompañou. Ten 19 anos e estuda un ciclo de Finanzas. Ela, ao igual que Saúl Gómez ou Cristian Ferreira e Daniel Eduardo Casal, teñen claro que medrar no rural foi unha fortuna. Tamén opina o mesmo Lorena González, que tivo en conta os prazos e votou por correo dende Mallorca.

    No que si coinciden todas e todos é en salientar que son moito máis motivadoras e emocionais as eleccións municipais que as autonómicas ou as estatais. “Votar é moi importante, seremos partícipes da elección da persoa que conducirá a nosa vila”, explican tanto Sofía como Saúl.

    Agás Manuel Novas, do barrio de Medelas, que tamén se estreará como votante, estes mozos non se imaxinan sendo políticos no futuro pero sí estando nunha mesa electoral “cumprindo coa obriga que supón ser notificado aínda que supoña certo nerviosismo” tal e como comenta María González, que foi seleccionada como primeira suplente da presidencia da mesa electoral do centro urbano. Ela xa puido votar nas autonómicas de 2020 pero este domingo será a súa primeira vez na cita coas municipais.

    COLABORACIÓNS

    Alberto Mancebo, «O que me quedaba por dicirche»

    Poderiamos afirmar que nos últimos meses algo se está a mover na literatura galega pola aparición de novos autores que nos sorprenden gratamente pola frescura das súas propostas.

    Antón Riveiro Coello, «Hotel Carioca»

    Antón Riveiro Coello volve a demostrar a súa rara habilidade para a construción de historias nas que xoga a mantenta coas personaxes e mais co lector.

    Branca Novoneyra, «As cunchas baleiras»

    Logo dunha longa década de escrita íntima e de reflexión, Branca Novoneyra decide facer público un novo poemario de clara vocación estética e simbólica como é «As cunchas baleiras», que ela mesma concibe como unha «antoloxía» dos versos que saíron da súa pluma ao longo de todo este tempo.

    Fabio Rivas, «A pintura debida»

    Ás veces atopamos sorpresas inesperadas que nos fan sorrir e confiar na saúde da nosa literatura.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    89 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS