18.9 C
Pontevedra
Xoves, 21 de Setembro de 2023
Máis
    HomeÉ NoticiaEsta semana SmartPeme trae catro novos obradoiros

    Esta semana SmartPeme trae catro novos obradoiros

    A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de asesoramento tecnolóxico para pemes e persoas autónomas da provincia, oferta nesta próxima semana catro novas accións formativas enmarcadas na súa carteira de obradoiros que se celebrarán de xeito telemático e presencial. As actividades centraranse en ciberseguridade, na fabricación dixital e na análise web.

    Hoxe, luns 29, tivo lugar ás 10 horas un obradoiro con Manuel Freire, experto universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia formando na materia. Encargouse de impartir o obradoiro “Ciberseguridade, ramsonware y suplantación de identidade”. O obxectivo é dar a coñecer que é un ramsonware, en que consiste a suplantación de identidade e que é o que poden facer as persoas para protexerse.

    O martes 30 ás 11 horas dará comezo o taller de “Fabricación dixital. Debuxo 3D con Onshape IV – PartStudio IV”  con sesións online teóricas e prácticas presenciais no Fab Lab do Centro Provincial de Economía Dixital no Viveiro de Empresas de Barro. En canto á teoría, o obradoiro afondará en debuxo 3D con Onshape (16 h), impresoras 3D de filamento (8 h), impresoras 3D de resina (4 h) e escáner 3D (2 h). Estas sesións completaranse con 20h prácticas no Fab Lab no manexo das dúas impresoras 3D e do escáner 3D. Tamén se encargará da formación Manuel Freire.

    O mércores 31 ás 12 horas será a quenda dos “Primeros pasos con Google Analytics 4”, centrado no manexo deste programa de análise web. No obradoiro as persoas participantes aprenderán a comprender esta nova versión da ferramenta para poder configurala e tamén comprender ás e aos visitantes da web, coa finalidade de axudar na toma de decisións do negocio. Vai impartir esta acción formativa Esther Garcinuño, diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de marketing e dirección comercial e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión, con máis de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.

    O xoves 1 de xuño iníciase o obradoiro de  “Fabricación dixital. Laminador Cura II”. A formación teórica en liña incluirá debuxo 3D con Onshape  (16 h), manexo de impresoras 3D de filamento (8 h), impresoras 3D de resina (4 h) e escáner 3D (2 h). A parte práctica é presencial e consta de 20 horas no Fab Lab co manexo de impresoras 3D filamento (8 h), impresoras 3D resina (8 h) e escaneo 3D (4 h). Este obradoiro correrá tamén a cargo de Manuel Freire.

    COLABORACIÓNS

    Alberto Mancebo, «O que me quedaba por dicirche»

    Poderiamos afirmar que nos últimos meses algo se está a mover na literatura galega pola aparición de novos autores que nos sorprenden gratamente pola frescura das súas propostas.

    Antón Riveiro Coello, «Hotel Carioca»

    Antón Riveiro Coello volve a demostrar a súa rara habilidade para a construción de historias nas que xoga a mantenta coas personaxes e mais co lector.

    Branca Novoneyra, «As cunchas baleiras»

    Logo dunha longa década de escrita íntima e de reflexión, Branca Novoneyra decide facer público un novo poemario de clara vocación estética e simbólica como é «As cunchas baleiras», que ela mesma concibe como unha «antoloxía» dos versos que saíron da súa pluma ao longo de todo este tempo.

    Fabio Rivas, «A pintura debida»

    Ás veces atopamos sorpresas inesperadas que nos fan sorrir e confiar na saúde da nosa literatura.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    89 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS