22.6 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Setembro de 2023
Máis
    HomeVal MiñorBaionaBaiona organiza un obradoiro de cociña infantil para o 3 de xuño

    Baiona organiza un obradoiro de cociña infantil para o 3 de xuño

    Os nenos de Baiona aprenderán a coñecer novas receitas coa campaña “Quere o teu mercado”, unha iniciativa que busca dinamizar os mercados e prazas de abastos, enchéndoos de actividade e de vida e fomentando o consumo de produtos locais entre a veciñanza.

    A través desta campaña, o Concello organiza un obradoiro de cociña infantil para cativos e cativas a partir dos 5 anos o vindeiro sábado 3 de xuño, unha actividade que terá lugar de 11.30 a 13.00 horas na plaza de abastos de Baiona.

    Desde o Concello de Baiona anímase a todos os pais e nais do concello leven aos seus fillos a compartir unha mañá diferente na que aprenderán a preparar divertidos pratos e a gozar da cociña.

    As inscricións son gratuítas.Para participar é necesaria a inscrición no correo electrónico: concelleria.mercado@baiona.gal

    Os nenos participantes elaborarán (e degustarán) un menú saudable con produtos que poden atoparse na Praza de Abastos Municipal de Baiona. O obxectivo da campaña e levar a cabo unha actividade e conseguir así, dinamizar a praza de abastos.

    LIBROS

    Alberto Mancebo, «O que me quedaba por dicirche»

    Poderiamos afirmar que nos últimos meses algo se está a mover na literatura galega pola aparición de novos autores que nos sorprenden gratamente pola frescura das súas propostas.

    Antón Riveiro Coello, «Hotel Carioca»

    Antón Riveiro Coello volve a demostrar a súa rara habilidade para a construción de historias nas que xoga a mantenta coas personaxes e mais co lector.

    Branca Novoneyra, «As cunchas baleiras»

    Logo dunha longa década de escrita íntima e de reflexión, Branca Novoneyra decide facer público un novo poemario de clara vocación estética e simbólica como é «As cunchas baleiras», que ela mesma concibe como unha «antoloxía» dos versos que saíron da súa pluma ao longo de todo este tempo.