23.6 C
Pontevedra
Luns, 5 de Xuño de 2023
Máis
    HomeA ParadantaCoveloCovelo soterra as liñas eléctricas na contorna da praza de Paraños

    Covelo soterra as liñas eléctricas na contorna da praza de Paraños

    Aproveitando a execución das obras de “Recuperación e mellora do espazo público no núcleo rural de Paraños”, o Concello de Covelo soterrará as liñas eléctricas no ámbito de actuación.

    As obras, que afrontan a súa recta final, teñen un custo inicial de 359.390 € ao que o Concello suma preto de trinta mil euros para eliminar o impacto visual do cableado e mellorar unha levada obstruída e reparación da tubaxe. Ademais, o Concello decidíu amplíar a zona de adoquín na contorna da reitoral e da praza.

    Habitar espazos agradables que promovan os encontros, que faciliten a vida diaria e sexan unha boa tarxeta de presentación para as persoas que chegan son algunhas das cuestións ás que dan resposta as obras de “Recuperación e mellora do espazo público no núcleo rural de Paraños”.

    O ámbito de actuación no que se centra este proxecto de recuperación e mellora do espazo público engloba tanto a praza  principal  do núcleo como  unha parte do  trazado dos viarios que  o vertebran e que, partindo dela, a conectan cos equipamentos públicos e privados principais como a igrexa, o parque infantil e área recreativa, o FAVUM (lagar da cera), o Centro de Interpretación da Ceraría, a Rectoral, o comezo e final do roteiro do río Xabriña, á área recreativa do Roupeiro e o centro cultural de Paraños.

    Deste xeito, o Concello, no marco do Plan REACPON da Deputación de Pontevedra, actúa en  2.971,20 m²  conservando o arborado existente nunha zona que será de prioridade peoníl con tramos de plataforma única abertas ao tránsito necesario con medidas de redución e calmado de tráfico, consistentes na limitación da velocidade máxima a 10 km/h e na disposición de redutores físicos de velocidade.

    As actuacións ensalzarán a importancia dos elementos patrimoniais e así dotarase de  calidade ao pavimento do seu espazo circundante potenciándoo con iluminación indirecta na base do seu perímetro.

    Coa intención de mellorar a integración entre as edificacións e os pavimentos do espazo público e de dotar de calidade estética ao conxunto convivirán pavimento de enlousado de granito silvestre gris/moreno, formigón coloreado e pavimentos brandos de mestura de xabre.

    A actual posición das árbores propicia a creación de zonas de estancia para a veciñanza dispondo bancos ao redor das mesmas, buscando as diferentes zonas de vistas e, sobre todo, sombra ao longo do día. Ademais dispóñense dúas fileiras de bancos na zona frontal da fonte coa intención, non só de focalizar (ao carón deste ben patrimonial) o encontro entre os veciños e veciñas e o punto de partida do roteiro do río Xabriña, senón tamén para delimitar e protexer a fonte. Neste lugar colocarase un aparcadoiro para bicicletas.

    O pavimento de enlousado de pedra levantarase para proceder ao enlace das instalacións previstas  de  recollida  de  augas  pluviais  e  fecais  coas  redes  existentes,  momento  no  que  se  aproveitará  para regularizar algunhas zonas do mesmo que presentan un notable deterioro na súa planeidade.

    COLABORACIÓNS

    Pilar Pallarés, «Unha boa gatucada!»

    A primeira incursión de Pilar Pallarés na literatura infantil e xuvenil resultou ser unha grata sorpresa, unha colección de poemas (en realidade un longo poema narrativo fragmentado), que ten como protagonistas un grupo de gatos que conviven cunha humana.

    Aperitivos de hojaldre sin gluten

    Mayo es el mes de las personas celíacas. El día 16 se celebró el Día Internacional de la Enfermedad Celíaca y hasta este año, el 27 de mayo se celebraba en España el Día Nacional (este año nos unimos al resto de los países y lo celebramos el día 16).

    Ponteareas diante das eleccións (II): a Xeración do cambio, un recordo para que a Historia non se repita

    “De onde vimos? quen somos? onde imos?”. O título do cadro de Paul Gauguin e a letra da coñecida canción de Siniestro Total son interrogantes filosóficos que, aplicados ao mundano proceso electoral no que estamos inmersos, serven para lembrarnos que os procesos histórico-políticos son dinámicos e, polo tanto, teñen unha xénese no pasado que explica un presente que, á súa vez, condicionará o futuro decorrer dos acontecementos. A recente historia de Ponteareas non é unha excepción e, a poucos días das eleccións municipais, convén lembrala para non estar condenados a repetila.

    Ponteareas diante das eleccións (I): David contra Goliat e a utopía feita realidade

    Botando unha ollada atrás un non pode deixar de sorprenderse da rapidez coa que transcorre o tempo e a vida. Unha velocidade vertixinosa que tamén acompaña aos acontecementos e procesos sociais e políticos e que explica a facilidade coa que a sociedade pode esquecer tan axiña o seu pasado e, sobre todo, en política, ignorar de onde vimos, onde estamos e cara onde nos diriximos. Esquecemento dos que viviron eses procesos, mais tamén descoñecemento comprensíbel por razóns biolóxicas e xeracionais dos que daquela non naceran ou eran uns cativos.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    84 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS