Concello de Ponteareas e Xunta de Galicia desenvolven, esta semana, diversas actuacións na Avenida de Castelao de cara a mellorar a súa seguridade viaria. O Concello habilitará un paso de peóns a carón do parque infantil situado nesa rúa. Segundo explica o concelleiro de Mobilidade e Tráfico, Roberto Mera, “trátase dun tramo ocupado por colectores, onde se ubicaba un ‘fotomatón’ e onde estacionaban vehículos obrigando aos peóns a invadir a calzada”. O Concello retirou os colectores e o ‘fotomatón’ e pintará de inmediato o paso de peóns.
Por
outra banda a Xunta pintará esta semana cebreados a 10 metros de
cada un dos pasos de peóns para asegurar esa distancia mínima de
visibilidade. Deste xeito non se poderá estacionar a esa distancia
dos pasos de peóns no sentido de circulación, para protexer aos
peóns e mellorar a visibilidade dos condutores.
O Concello tamén habilitará nas proximidades do parque infantil, unha nova praza de estacionamento para persoas con discapacidade, que se unirá ás dúas xa existentes.
Mera sinalou que “para velar polo cumprimento das normas en materia de seguridade vial, protexer aos peóns e impedir que os vehículos estacionen sobre o novo paso de peóns no parque infantil, nas zonas cebreadas e nas prazas para persoas con discapacidade sen autorización, a Policía Local intensificará, na medida das súas posibilidades, a vixilancia”.
O concelleiro nacionalista fai un chamamento á veciñanza “para poñer en coñecemento da Policía Local calquera incumprimento destas normas básicas de convivencia e seguridade e poder así actuar con máis eficacia”.
O Concello de Nigrán aprobou esta mañá en Xunta de Goberno o proxecto para modernizar a cociña e o comedor do Humberto Juanes co obxectivo de que poida dar servizo a tódolos colexios públicos do municipio que o soliciten. O goberno vincula a realización da instalación, cun custe de 373.878 euros con cargo aos fondos municipais, a que a Xunta saque a concurso a contratación do servizo de xestión utilizando esta cociña como a única habilitada.
O proxecto realizado polo estudio nigranés Aintegra contempla unha cociña suficientemente dimensionada para dar resposta a tódolos centros educativos de Nigrán que así o desexen (o CPI Arquitecto Palacios e A Galiña Azul son os únicos que dispoñen de cociña propia), así, tería capacidade para abastecer a máis de 570 usuarios, tendo os colexios de Nigrán actualmente 561 comensais asignados.
“Loxicamente, non podemos emprender as obras sen ter a total e completa seguridade de que a Consellería de Educación habilitará esta cociña como a instalación na que obrigatoriamente elabore o menú a empresa adxudicataria, trátase dun investimento importante por parte do Concello e queremos unha garantía ou compromiso de que a adxudicación do servizo será con esa condicionante”, insiste o alcalde, Juan González.
Esta cuestión xa fora formulada polo Concello en cumprimento dos acordos plenarios do 28.02.19 e 1.04.19 sen que a Xunta se pronunciase aínda. “A demanda partiu do CEIP Humberto Juanes pero é unha cuestión de xustiza, equidade e igualdade de oportunidades que beneficie a tódolos colexios públicos do municipio, con este fin se dimensionou o proxecto”, incide González.
Nesta
mesmo sentido, o rexedor insiste en que é imprescindible tamén que
a Xunta respecte os contratos do persoal actual e sexan subrogados,
xa que en moitos casos levan máis dunha década traballando nos
diferentes comedores. “Trátase de persoal que ven desenvolvendo
a súa labor con gran profesionalidade durante todo este tempo e este
cambio non debería significar a perda do seu emprego, sería
totalmente inxusto”, razoa.
“
Prescindir do sistema de catering actual permitiría ter unha alimentación máis saudable porque se contrarrestaría o uso de alimentos ultraprocesados e privilexiaría o uso de produtos frescos e materias primas do comercio local
Tanto dente a comunidade educativa como dende o Concello consideran que prescindir do sistema de catering actual permitiría ter unha alimentación máis saudable porque se contrarrestaría o uso de alimentos ultraprocesados e privilexiaría o uso de produtos frescos e materias primas do comercio local, poderían elaborarse menús máis variados, achegaría aos nenos á cultura do esforzo e traballo ao non separar fisicamente o proceso de elaboración do resultado final e crearía un ambiente máis familiar no centro. Ademais, considerase que permitiría menús máis equilibrados e axustados ao perfil do alumnado, resultando pratos máis atractivos para os cativos.
Esta
nova cociña ocuparía 490 metros cadrados dunha zona de almacén e
de aulas actualmente sen uso e que conta cunha distribución moi
pouco funcional, xa que a cociña do centro carece das instalacións
e equipamento mínimo necesario para poder facer a comida, non
existen cámaras nin almacén de alimentos. Así, o proxecto
plantexado a dota dun equipamento acorde ás demandas actuais e
renova e moderniza as instalacións de fontanería, saneamento,
electricidade, renovación do aire e seguridade contra-incendios. A
nova distribución contará con zona específica onde irán as novas
cociñas, cámaras frigoríficas e almacéns ou zona de lavado e
lixo.
A sala multiúsos da Biblioteca Pública Municipal ‘Xoán Xosé Pérez Labaca’ de Mondariz acollerá, o vindeiro sábado 25 de xaneiro ás 18 horas, unha masterclass gratuíta de iniciación ao taichí. A clase correrá a cargo de Wang Tielin, actualmente veciño de Mondariz quen, durante anos, formouse en artes marciais tradicionais de China como discípulo dun monxe do recoñecido Templo Shaolin.
Wang Tielin chegou a convertirse en instructor certificado de kung-fu Shaolin e foi ampliando coñecementos prácticos en artes marciais internas como o taichí de estilos Yang e Chen, con armas e sen armas. Foi mestre de ambas disciplinas en escolas de artes marciais de China e México, país onde aprendeu castelán.
O taichí é unha arte marcial oriental pouco coñecida en países occidentais como España. Dentro da tradición oriental, defínese como arte marcial interna –en contraste coas artes marciais externas como o kung-fu Shaolin– e relaciónase con principios do taoísmo e da medicina tradicional chinesa, como o “qi”, entendido como fluxo de enerxía vital.
Esta disciplina consiste en series de movementos suaves e coordinados que requiren un control da respiración. A súa práctica habitual é beneficiosa para a saúde física e mental, xa que contribúe a mellorar a coordinación, o equilibrio, a concentración e a relaxación.
A sala multiúsos do Auditorio Municipal ‘Reveriano Soutullo’ de Ponteareas acolle este sábado, día 25 de xaneiro ás 12:00 horas, o contacontos teatral ‘Paxariños’, a cargo de Trinketrinke Teatro, dirixido a nenas e nenos de 1 a 4 anos. Para poder participar nesta actividade é necesario facer a inscrición previa no Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ponteareas.
‘Paxariños’ trata, a través de varios contos, do nacemento dos paxariños e dos preparativos necesarios para recibilos da mellor maneira posible e no que a actriz achégase directamente ás nenas e nenos ao estar estes sobre o escenario. Esta actividade é completamente de balde.
Esta actividade forma parte dun conxunto de actividades realizadas de
xeito mensual para fomentar a vinculación das familias co galego,
dentro do proxecto Apego, un programa colectivo dirixido a fomentar e
a facilitar a transmisión do galego como lingua inicial e a
socialización dos nenos e das nenas entre 0 e 6 anos no noso idioma,
para o que se desenvolven materiais, facilítanse e difúndense
recursos, deséñanse e prográmanse actividades para nais e pais e
para nenos e nenas, etc.
Todas aquelas persoas interesadas en participar neste proxecto poden
pórse en contacto co Servizo de Normalización Lingüística do
Concello de Ponteareas, onde recibirán toda a información precisa.
A Plataforma de Afectados e afectadas pola Comunidade de Montes da Guarda, vén de dar conta das actuacións que están a desenvolver para exercer o seu dereito e solicitar a sua alta como comuneiros, na antedita Comunidade xa que, aseguran, “o monte é de todos e todas e debemos xestionalo entre todos”.
No 2018, 30 veciñas e veciños da Guarda presentamos as súas solicitudes de alta na Comunidade de Montes, “as cales foron na sua totalidade omitidas e ninguneadas pola directiva da Comunidade de Montes”, lembra a Plataforma de afectados. Ante tal omisión, “e como fixemos público en novembro de 2019, levamos á Comunidade de Montes a un xuizo de conciliación, no cal non houbo ningunha conciliación pero si conseguimos alomenos que a Comunidade de Montes habilitase un lugar onde poder recibir todas as novas solicitudes de todxs xs veciñxs que quixeran formar parte dela”.
Por este motivo, a Plataforma acordou “a entrega das nosas solicitudes por segunda vez, esperando que desta vez si, poidamos exercer dunha vez, o noso dereito a formar parte da nosa Comunidade de Montes”.
“Máis de mil cincocentas persoas recibiron formación e información no noso Centro de Desenvolvemento Local (CDL) situado na parroquia de Ribadetea”. A concelleira de Formación e Emprego, Vanesa Fernández, explica que o CDL, a pesar de ser un grande descoñecido, desenvolve “unha importante labor para acadar a inserción laboral e facer fronte ao desemprego”.
Fernández sinala que a esta cifra “hai que engadirlle os usuarios e usuarias da axencia de colocación e da oficina SMARTPEME da Deputación, departamentos cos que o CDL traballa de xeito transversal sempre na procura da inserción laboral”.
A colaboración das administracións e os esforzos do CDL por preparar persoas cun perfil axeitado ao mercado laboral –explica Vanesa Fernández– “fixo posible que no ano 2019 se produciran 72 insercións laborais directas, 59 a través de Axencia de Colocación en empresas de Pontevedra e do Norte de Portugal e 13 a través de accións formativas, en empresas de servizos da comarca e provincia”. Destaca a concelleira de Formación e Emprego que á hora de facer lectura destes datos hai que ter en conta “que Ponteareas no ten tecido industrial” e pese a iso, “hai, de media, 6 insercións laborais ao mes”.
“O centro de desenvolvemento
ofrece un servizo decisivo para acadar a inserción laboral polo que
animamos a todas as persoas desempregadas e tamén ás traballadoras
e traballadores en activo que queiran cambiar o seu rumbo laboral a
que se asesoren coas e cos nosos profesionais”, explica Vanesa
Fernández.
Neste ano 2019, 513 persoas recibiron formación de manipulador alimentos, alérxenos, aplicador de produtos fitosanitarios, prevención de riscos laborais, carretilleiro, autodefensa ou monitor de fútbol base ademais dos vinte participantes no obradoiro de emprego Coidar de Nós desenvolto en dúas modalidades (sociosanitaria e albanelería).
Ademais, tamén recibiron orientación laboral 990 persoas. A orientadora laboral ofrece, na súa oficina, información en materia de emprego e formación tanto regrada como non regrada analizando o perfil da usuaria/o e as súas intencións para guialo e deseñar a planificación de formación máis axeitada sempre pensando na procura da inserción laboral.
Cunha simple chamada ao CDL, apunta Vanesa Fernández, “tanto se a persoa está desempregada coma se está en activo, pódese solicitar cita e as orientadoras laborais axudarán ao usuario/a a retomar os seus estudos, a redeseñar o seu futuro laboral e a definir a súa folla de ruta para a inserción laboral”.
Dende o ano 1995 que abríu as
súas portas o CDL está aberto a toda a cidadanía que precise
formación e información, tanto para persoas desempregadas como para
traballadores e traballadoras en activo. Nos últimos anos, o CDL
intensificou o seu traballo na oferta de formación á carta para
institucións, organismos e colectivos e apostou pola orientación
laboral como ferramenta indispensable para a inserción laboral.
A cidadanía tamén pode atopar no CDL a oficina Smartpeme dependente da Deputación de Pontevedra e que este ano atendeu a 142 persoas ás que axudou a emprender e ás que ofreceu ferramentas para autoxestionar os seus negocios (marketing dixital, imaxe e ferramentas TICS…) ademais de organizar 43 seminarios.
No CDL traballan tamén coa axencia de colocación que este ano rexistrou 509 novos demandantes, tramitando 80 ofertas de traballo para 826 candidatos dos que 47 foron contratadas e contratados en España e Portugal. A promoción do autoemprego tamén foi un dos obxectivos deste Centro de Desenvolvemento Local.
Vanesa Fernández lembra que o CDL “colabora e traballa de xeito transversal con todas as concellerías e departamentos do Concello e tamén con institucións públicas e privadas como a Deputación, a oficina agraria, asociacións empresariais, federacións de deportistas, ONGs…”.
O Club Natación Ponteareas vén de asinar un brillante papel nos Campionatos Galegos de Inverno Máster, celebrados esta fin de semana no complexo deportivo ‘Frigsa’ de Lugo. O equipo feminino proclamábase Campión Galego e o equipo ponteareán remataba, na clasificación xeral, nun máis que notable segundo posto.
Os nadadores e nadadoras do C.N. Ponteareas amosaban todo o seu potencial establecento a Mellor Marca Galega nas probas de relevos 4×50 m Estilo mixto cat. +80 e cat. +280 ao que se sumaba a mellor marca conseguida polo equipo do 4×50 m Estilos Feminino cat. +200.
O equipo feminino proclamábase Campión Galego mentres que o masculino remataba a competición como terceiro clasificado, quedando o equipo ponteareán no segundo posto no que á clasificación xeral fal referencia. O equipo gañador era o C.N. Portamiñá de Lugo, organizador e anfitrión do Torneo.
Con estes magníficos resultados, o C.N. Ponteareas afronta a próxima xornada da Liga Galega en casa no mes de febreiro, no Complexo Deportivo ‘Álvaro Pino’. Logo, xa no mes de xuño, nadadoras e nadadores do C.N. Ponteareas terán a oportunidade de acadar, en Ourense, o Campionato Galego.
Este martes 21 de xaneiro o multiúsos da Xunqueira, en Redondela, acollerá a charla interactiva sobre Educación Afectivo-Sexual que correrá a cargo da médico de familia e especialista en Educación para a Saúde, Ana Prejigueiro Santás.
A charla terá lugar ás 20:00 horas e nela se falará, entre outras cousas, do síndrome da beleza inalcanzable e a ditadura social, a obrigatoriedade ou non de integrar sexualidade e afectividade, as relación de parella entre adolescentes e de cómo marcan as redes sociais.
O Goberno de Mondariz vén de incorporar unha máquina varredora-aspiradora para ser empregada na limpeza viaria da área urbana “unha tarefa que se viña facendo manualmente e de xeito rudimentario”, di o alcalde Xosé Emilio Barros. O executivo local trata de “optimizar os escasos recursos humanos dispoñibles coa mecanización destas tarefas” conscente “das queixas da veciñanza en relación á limpeza viaria da área urbana e das estradas de competencia municipal que atravesan o concello”.
A adquisición da varredora-aspiradora, que se realizou mediante un contrato de arrendamento con dereito a compra, súmase á dunha minicargadora con varredora prevista desde a pasada lexislatura que dará servizo á limpeza viaria de estradas.
Con estas medidas, o goberno busca atender os servizos públicos de competencia municipal o mellor posible. “Durante as charlas do Goberno nas diferentes parroquias observamos descontento respecto á limpeza viaria e outros servizos públicos de competencia municipal como a recollida de lixo. Este descontento non é novo, vén de lonxe. Nestes primeiros meses de lexislatura analizamos a situación desde o goberno e concluímos que hai factores condicionantes como a escaseza de recursos humanos e a dificultade de contratación de novo persoal e se require unha estratexia baseada na mecanización de actividades”, explica o alcalde, Xosé Emilio Barros.
La pasada semana, nos enteramos de la triste noticia del fallecimiento de Michael Allison, más conocido por todos nosotros por su nombre artístico de Darshan Ambient , por desgracia, un cáncer nos ha privado de uno de los grandes compositores de la actualidad dentro del estilo ambient, un músico que hemos recomendado en varias ocasiones en ‘A Ultima Fronteira’, unos discos de música profunda, realizada con el alma, siempre con una producción y un gusto exquisito.
Michael Allison desde muy joven se sintió atraído por la música y con sólo 16 años ya se convirtió en el cantante principal de Brimstone y luego en bajista para Los Angeles Skyway. Después de la disolución de la banda, se junto con Naux (Juan Maciel) tocando en grupos como Nona Hendryx & Zero Cool, Richard Hell y China Shop.
En
1984 formó su propia banda llamada Empty House, sin embargo fue con
Naux con el que Michael comenzó a componer música fusionando
infuencias de ambient y jazz de Brian Eno y Miles David.
En 1992 Michael comenzó su carrera en solitario escribiendo y grabando música bajo el nombre de Darshan Ambient, casi veinte discos hasta la triste noticia de su fallecimiento.
Aprovechamos para recordar un comentario que habíamos hecho de uno de sus trabajos, en concreto del Songs From The Deep Field del año 2014.
Estasmos ante el nuevo trabajo del proyecto
Darshan Ambient, el proyecto tras el que se encuentra Michael
Allison.
Darshan
Ambient es en mi húmilde opinión, uno de los mejores proyectos de
la música ambient / espacial americana de la actualidad, cada uno de
sus trabajos sigue siendo un gran paseo por ese universo que nos
rodea, su música nos transporta a ese espacio infinito al que tanto
admiramos pero que al mismo tiempo tan diminutos nos hace sentir.
La
portada de éste trabajo es una pequeña muestra del significa de mis
palaabra anteriores, un hermoso paisaje terrestre ante la inmensidad
del universo manifesta en esa instántanea capturada por el
telescopia espacial Hubble.
Once son las composiciones que forman parte de este ‘Songs From The Deep Field’, once temas donde nos sumergemos en las profundidades del universo para explorar sus oscuros y recónditos lugares, para seguir explorando lo inimaginable y para que nuestra mente nunca pierda esa ilusión que es la de viajar y explorar.
No es el mejor trabajo de éste proyecto, en algún momento los cortes se me hacen demasiado cortos, tengo la sensación de que se rompe la magia, ya que quería seguir explorando y navegando, pero sigue siendo un placer disfrutar de esa experiencia, por lo que no dejemos de disfrutar de esas profundidades con éste proyecto llamda Darshan Ambient.
Cerramos éste pequeño homenaje a este gran compositor con el tema ‘Man In The Window’ en el que Michael además de componer, también canta:
Y para finalizar el unboxing de su trabajo póstumo, ‘A Day Like Any Other’.
A ruptura do pacto de Goberno que mantiñan PSOE e BNG na Guarda, cando apenas ían transcorridos 5 meses de mandato, marcou un comezo deste cando menos, complexo. O socialista Antonio Lomba asume a responsabilidade de gobernar o municipio nestes vindeiros catro anos e por segundo mandato consecutivo o fai en minoría. Certo é que así o fixo nos catro anos anteriores e que iso da un punto de experiencia, pero agora o ten que facer con cinco concelleiros e concelleiras fronte aos sete con que contaba na súa anterior etapa.
Ten
a costume Antonio Lomba, pouco dada as veces na denominada clase
política, de falar claro e chamarlles as cousas polo seu nome.
Comedido nas súas formas, ás veces non o é tanto no fondo o que
lle ten levado a discrepar con propios e estraños porque como ten
repetido en máis dunha ocasión, defender os intereses das veciñas
e veciños, “ten que ser a primeira prioridade dun alcalde”.
Un comezo de mandato máis complicado do que en principio se tiña previsto… Si, por suposto. Bastante máis comezando polo propio resultado electoral. Nós tíñamos previsto un mellor resultado nestas pasada eleccións e iso marcou un comezo complexo. Asinamos un pacto no que eu confiaba plenamente, un pacto de esquerdas que permitíanos formar un Goberno de 10 concelleiros e concelleiras e auguraba unha lexislatura cómoda. Pero, por desgraza, non houbo entendemento entre os dous grupos políticos e iso fixo que o comezo deste mandato fora complicado e con moita tensión, tanta que acabou rompéndose o acordo de Goberno.
Falaba vostede duns resultados electorais estraños… Moi estraños porque a percepción que tíñamos era a de ter realizado un bo traballo, un traballo que deu como froito, como ben se pode comprobar, un cambio espectacular da Guarda.
Pero que a veciñanza non soubo aprezar? Pois aquí teño a dúbida de se nós non soubemos trasladar o traballo que estabamos a facer ou aqueles que trasladaban, digamos, a parte negativa ou a parte máis ‘toxica’ do noso traballo souberon chegar máis a xente e iso impediulles apreciar o que realmente estabamos a facer.
Nese
sentido apreciaron máis o que ao seu entender non estabamos facendo
ou lles contaban que estabamos facendo mal.
Pode
ser que escoitaran ‘cantos de sirenas’ interesados porque eu,
sinceramente, estou moi satisfeito do mandato anterior. Certo é que
hai cuestións que non fixemos ben. Un sempre comete erros, porque
todos os cometemos, pero hai asuntos que marcan moito un resultado
electoral.
Por exemplo? Pois un exemplo claro: a duración da obra de Concepción Arenal. Agora está rematada, a xente da Guarda está gozando dela e nos chegan parabéns de practicamente todos os sectores da cidadanía, pero foi unha obra longa e, como toda obra, xera inconvenientes e incomodidades.
Nese
sentido teño que subliñar que a rúa, agora, está funcionando tal
e como nós a concibimos e tal e como nós a tiñamos pensado dende o
comezo: unha rúa onde a xente está cómoda, onde a circulación de
vehículos reduciuse moitísimo e onde as veciñas e veciños teñen
moito máis espazo para estar e convivir.
Falaba vostede anteriormente dos erros. Apréndese dos erros? (Sorrí). Sen dúbida. Aínda que hai cousas que é difícil aprender chegados a certa idade.
Como cales? Pois como saberse vender. Este equipo de Goberno está formado por xente tremendamente traballadora e tremendamente capaz pero que, as veces, peca de modesta. En determinados momentos pecamos moito de modestos. Somos dialogantes, pero pecamos de modestia e iso pásanos factura.
“
“Este equipo de Goberno está formado por xente tremendamente traballadora e tremendamente capaz pero que, as veces, peca de modesta. En determinados momentos pecamos moito de modestos”
Gobernar en minoría xa é algo ao que estaban acostumados, pero agora é de supoñer que se lles multiplica o traballo (Suspira) Sen dúbida. Porque ademais no pasado mandato estabamos con 7 persoas, neste baixamos a cinco, menos xente a tirar do carro e polo tanto unha carga de traballo a maiores para todos nós. De todos xeitos teño que dicir que, afortunadamente, temos concelleiros e concelleiras moi solventes, moi capaces e con moita experiencia, algo que xoga ao noso favor. Precisamente, esa experiencia e coñecer á perfección o funcionamento interno do Concello foi determinante á hora de que, a pesar desa ruptura de Goberno a principios de outubro, na rúa case non se percibira e na vida diaria e nos proxectos que tiñamos en marcha o seu impacto foi pequeno.
Foi un problema coller as concellerías que eran responsabilidade do BNG a comezo de mandato? Non excesivamente. Como dicía, hai unha experiencia acumulada e o único que fixo falta foi multiplicar o noso traballo. Agora sabemos que, debido a esa minoría, temos que ser moito máis áxiles e máis produtivos
O que nos leva de volta a importancia da experiencia adquirida nos anteriores catro anos, non? Certamente, porque non é o mesmo chegar de novo que chegar coñecendo o Concello dende dentro, os temas que se están a desenvolver veñen a ser unha especie de continuidade. Repito que esixe máis traballo pero nós somos xente á que, afortunadamente, o traballo non nos asusta.
A Guarda ten por diante retos e problemas importantes. Comezamos, se lle parece, pola grave situación de degradación da zona da Lamiña. Para nós era un problema moi grave e, da gravidade da situación, fala o feito que dende que comezamos a traballar na procura dunha solución non houbo semana na que non estiveramos facendo algunha actuación para atallar o problema. É verdade que cando tíñamos case que todas as esperanzas perdidas, conseguimos que se fixera esta obra provisional dunha escollera de protección da praia de Lamiña-Forte… creo que de non tela feito e con estes últimos temporais estariamos agora a falar dunha auténtica catástrofe medioambiental e a auga tería entrado ata a arboreda.
Agradézolle
a Maica Larriba, a subdelegada do Goberno en Pontevedra, o apoio que
nos brindou sempre e ao xefe provincial de Costas do Estado que, ao
final, entenderon que había un problema moi grave e actuouse case
que ao límite.
“
“A execución da obra, dende o meu punto de vista e podo asegurar que a seguín moi polo miúdo, foi exquisita dende todos os aspectos incluído o medioambiental”.
Unha escolleira provisional que xeraba en certos sectores algunha que outra dúbida, non? Si, pero o certo é que demostrouse que non ten o impacto ambiental que moitos aseguraban que podía ter e que, ademais, está a protexer unha zona que doutra forma estaría perdéndose. A execución da obra, dende o meu punto de vista e podo asegurar que a seguín moi polo miúdo, foi exquisita dende todos os aspectos incluído o medioambiental. Os materiais que se utilizaron están perfectamente integrados…
Pero? Porque sempre hai un ‘pero‘. (Rí) Pero… é unha situación provisional e nós seguimos insistindo nese proxecto que se está a facer para darlle unha solución definitiva para esa zona. Non poño en dúbida que teña que ter todos os estudos e todas as garantías, como ten ser, pero creo que toca darlle xa unha solución.
Segundo eixo: ás comunicacións. Máis complicado que o da Lamiña se cadra? Eu o poñería de primeiro. Coincido con moitos guardeses e guardesas que a obra máis necesaria que nós temos para A Guarda son as comunicacións por estrada. Estamos illados. Así como soa. Dende que se fixo o treito da vía de alta capacidade entre Goián e A Guarda certo é que melloraron as comunicacións, pero non é menos certo que cando chegas a Goián xa tes que ir en caravana e con tráfico moi lento.
Xérase,
polo tanto, unha situación de inseguridade viaria pola alta
densidade de tráfico. Non se pode esquecer que estamos a falar dunha
zona de alta concentración de accidentes e na que se poñen moitas
multas. É lamentable que n século XXI saias da Guarda e non teñas
garantía de a que hora vas chegar ao teu destino. Iso fai que A
Guarda estea illada. Non o digo eu, que conste, o din todos os que
teñen que vir aquí e todos os que, dende aquí, teñen que ir a
outros lugares. Polo tanto, dende este punto de vista, a obra que vai
a darnos un punto de inflexión será a autovía entre Goián e Tui.
“
“Coincido con moitos guardeses e guardesas que a obra máis necesaria que nós temos para A Guarda son as comunicacións por estrada. Estamos illados”
Hai previsión de datas para esa obra? Vai demasiado lenta. Se fixéramos caso dos compromisos da Xunta agora tiñamos que estar coa recta de Figueiró desdobrada e a obra rematada… Agora chegamos á campaña electoral da Xunta e o presidente Feijóo anuncia primeiro en Tui que van a facer o enlace de Areas e logo, vai a Madrid, e volve a facer o mesmo anuncio. Penso que cando un fai pouco traballo, ten que ensinalo dúas veces para que pareza máis.
Creo,
en todo caso, que a propia Xunta é consciente da necesidade da obra
porque unha vía que, segundo os propios datos da administración
galega, soporta 15.000 vehículos/día, precisa dunha solución.
Pode ser un dos factores que inflúa na perda de poboación? (Contesta sen dubidalo) Absolutamente. Eu creo que as boas comunicacións con Tui, –que permiten ao tempo mellorar a comunicación co Porriño e con Vigo que son as áreas onde a xente vai por traballo, estudos, médicas…– farán que máis xente poida plantexarse vivir aquí na Guarda e non tela que abandonar como sitio de residencia. Non sería preciso porque xa terían facilidade de ir a traballar a Tui, O Porriño ou Vigo.
Ese
vai ser un punto de inflexión. Unha vez rematada esa vía, será un
factor determinante para que deixemos de sufrir a crise demográfica
que estamos a vivir porque, todo o mundo coincide ,que este é un
sitio magnífico para vivir, para criar fillos e fillas e para estar
tranquilos. Lugares como O Porriño, Tui ou Vigo quédanos,
curiosamente, bastante cerca
en distancia pero non en tempo que é o importante.
Terceiro eixo a sanidade… Si. Esa é outra. Neste tema levamos facendo presión continua tanto a través da Mancomunidade como dende o propio Concello porque hai un descontento grande entre o equipo de profesionais que traballan no Centro de Saúde polo estado de desatención que estamos a sufrir. Non se cobren todas as baixas que hai e iso leva aparellado unha asistencia sanitaria deficiente.
Esa
desatención, desgraciadamente, a sofren más as persoas con menos
capacidade económica que son as que temos que protexer de xeito
especial.
Por
exemplo, se unha persoa acude ao Centro de Saúde cun fillo ou filla,
como aconteceu esta fin de semana e, nese momento tivo que marchar a
Vigo, a esa persoa non lle queda outra que marchar tamén a Vigo en
coche particular, pero hai xente que, por desgraza, non o pode facer
o que provoca un estado de desatención sanitaria preocupante.
Entón
a presión que estamos facendo nós é a de apoiar ás e aos
profesionais que traballan no Centro de Saúde, apoio que tamén lles
da a cidadanía. Proba diso é que cada xoves e hai moitos veciños e
veciñas da Guarda, e tamén do Rosal e de Oia que van a concentrarse
pedindo unha atención sanitaria digna.
Que sería outro elemento para asentar poboación… Un elemento fundamental. Para asentar poboación é preciso, primeiro unha vía de alta capacidade, segundo unha boa atención sanitaria e terceiro unha escola infantil municipal. Nestes Momentos hai veciños e veciñas que teñen que levar aos seus fillos e fillas a Tomiño, Oia, O Rosal e algúns incluso a Portugal.
Pero a nova escola infantil está aprobada, non? Si. Afortunadamente. Esta mesma semana, logo de moito insistir, chegounos xa o a proposta do convenio de colaboración.
Cunhas eleccións autonómicas ás portas, algúns temas atrásanse un pouco, non? Si. Creo que se atrasan calculadamente. O anuncio da vía de Alta Capacidade agora, por exemplo, responde a estas eleccións que temos nas portas porque, de feito, tiña que terse anunciado hai dous anos.
Fálase moito de ‘gobernos amigos’ pero, os alcaldes e alcaldesas teñen realmente gobernos amigos ou son vistos como enemigos e enemigas por todos os gobernos? (Rise) Si. Posiblemente. Os alcaldes e alcaldesas temos fama de que pedimos moito e eu creo que é unha fama merecida. Dende as administracións dinnos “os alcaldes non parades de pedir” e si, claro que si, porque é o que temos que facer e porque, ademais e o teño moi claro, un alcalde ou alcaldesa débese aos seus veciños e veciñas e a súa obriga é defender os intereses da súa veciñanza independentemente da cor do goberno. Ti tes que pedir mellorar a calidade de vida da cidadanía. É certo que cando tes un ‘goberno amigo’ é máis fácil atopar un interlocutor…
Poñemos un exemplo ou mellor non? Si, sen problema. Poñemos un exemplo. Eu teño clarísimo que se o goberno da Xunta estivera presidido por un socialista eu non lle ía consentir ao conselleiro de Sanidade que non me recibira. A primeira vez que me recibiu o conselleiro de Sanidade –co que por certo non teño boas relacións– esperei un ano. Esta vez dous alcaldes e dúas alcaldesas pedímoslle unha xuntanza e aínda estamos esperando. Non nos recibiu. Aínda que só sexa para recibir a nosa queixa debería recibirnos por unha simple cuestión de cortesía institucional. O dito, iso non llo consentiría a un Goberno socialista. Así que, cos gobernos amigos, o que mellora moito é a interlocución e logo tes que pelexarte polos intereses dos teus veciños e veciñas coa mesma intensidade que cos gobernos ‘non amigos’.
Sorprendelle esa falta de resposta de alguén que foi alcalde e que é médico? Sinceramente si. Sorpréndeme moito porque eu non teño mala relación persoal con el. Creo que é unha persoa moi sensible ás cuestións municipais e sempre que falei con el tiven esa impresión. Coñece moi ben A Guarda, sabe do illamento, sabe dos problemas que temos e creo, que esa reunión aínda que sexa, como dicía, por cortesía institucional nola tiña que ter dado xa e ao mellor teríase librado de saír tantas veces nos medios de comunicación.
Parece que non ten moitas esperanzas de que se vaia producir. Pois non moitas, a verdade. Creo que cunhas eleccións á vista e a medida que vaia aumentando a nosa presión lles vai a tocar mover ficha a eles.
Amais dos tres temas ‘capitais’ dos que falabamos, que outras cousas precisaría A Guarda ou que lle gustaría ter feito ao remate deste mandato? Creo que estamos traballando ben, modernizando A Guarda pero hai temas nos que temos que facer un sobreesforzo. Por exemplo, estamos tentando agora cos concellos da Mancomunidade poñer en marcha un centro de atención temperá porque, se nestes momentos un neno ou nena ten un problema, ten que ir ao Álvaro Cunqueiro a Vigo. Así que esas cousas temos que resolvelas nós aínda que non sexan plenamente competencia municipal.
Doutra
banda, creo que hai obras importantes que van permitir a
desestacionalización do turismo como esa famosa senda que conecta A
Guarda con Tui.
O
patrimonio é outro eido no que hai que traballar e moito. Nese
sentido, no pasado mandato desenvolvemos moitas actuacións nesa
materia grazas a Deputación porque, neste tema teño que
reprocharlle á Xunta que ‘nin está nin se lle espera’. Fixémoslle
pequenas demandas e solicitude de colaboración e non obtivemos
resposta alguna cando saben que no Santa Trega temos un dos castros
máis importantes do noroeste peninsular.
Preocúpame
tamén a falta dalgunhas infraestruturas que precisamos e que, pola
súa envergadura, precisan de axuda de fora como, por exemplo, un
Auditorio Municipal do que carecemos. Cando a banda de música actúa,
o ten que facer na igrexa parroquial a falta de un lugar máis
axeitado. Ese auditorio permitiríanos dar un salto moi importante no
que fai referencia á actividade cultural. Estamos fora das redes
culturais e precisamos un sitio de referencia.
O intentaron? Sempre o intentamos. O fixemos neste mandato pasado coa Xunta, non o conseguimos pero son temas nos que temos que seguir traballando. Pendente temos tamén o acceso Sur que é unha infraestrutura interna pero que cambiará enormemente a dinámica da Guarda. Mantiven contactos coa conselleira de Infraestruturas e teño pedida unha reunión coa de Pesca… pavillón, temos o proxecto feito e precisamos un pavillón que se corresponda coa categoría o equipo que alí disputa os seus encontros.
Doe ir petando nas potas e que nin sequera contéstenlle? Eu xa me vou acostumando. O primeiro que te chama a atención cando chegas á política, pero sobre todo a unha alcaldía, é a lentitude con que vai todo. Esa falta de produtividade… Hai cousas que se teñen que resolver moito máis rápido. Sabemos que as cousas de “palacio van despacio” pero, ás veces, parece que nin tan sequera se moven. Resulta moi frustrante. O meu lema é insistir, insistir e insistir. Esa é a única maneira que te escoiten. E unha cuestión de reequilibrio, nos estamos loitando para que A Guarda se reequilibre con outras zonas.
“A
Cidade Amiga da Infancia non pode quedar cinguida á realización de
plenos xuvenís, de cando en vez, e que logo as propostas que fan os
mozos e mozas caian no máis fondo dos esquecementos”, asegurou a
alcaldesa Digna Rivas nunha xuntanza mantida cos representantes dos
centros escolares redondeláns co fin de “darlle un impulso
definitivo a esta fermosa iniciativa”.
A
rexedora local, acompañada do Concelleiro de Cultura, Daniel
Boullosa, incidiron na necesidade avanzar no proceso de constitución
do Consello Municipal da Infancia e a Mocidade, “ferramenta
imprescindible para que os nosos mozos e mozas dispoñan dun órgano
no que presentar achegas, debater propostas e presentar iniciativas”.
Nese
sentido, tanto Rivas como Boullosa, aseguraron que o concepto Cidade
Amiga da Infancia, ten que deixar de ser un “simple escaparate”
para converterse nun xeito de participación “activa da mocidade na
vida do seu municipio”.
Lamentaron
a alcaldesa e o concelleiro que nos plenos da mocidade que se
fixeron, as iniciativas presentadas polas mozas e mozos “caesen no
máis absoluto esquecemento”. Estes plenos, que teñen que ter toda
a solemnidade que merecen, “non poden ser transformados nun
espectáculo público carente de todo contido”.
Rivas
insistiu na necesidade de que mozos e mozas teñen que ter a
seguridade que “as iniciativas, proxectos e achegas que fan, se
transforman en realidades porque é a forma, a única forma, que a
mocidade se sinta como parte da vida do seu municipio”.
Para
a rexedora local, o correcto desenvolvemento do proxecto ‘Cidade
Amiga da Infancia’ vai máis aló dun diploma colgado na parede
“senón permite que a mocidade, a través da súa participación
activa, comprenda que a política e unha ferramenta marabillosa para
transformar a sociedade”.
“Queda
moito traballo por facer porque, ata o momento, todo quedou nunha
simple declaración de intencións sen ningún contido”, aseguraron
Digna Rivas e Daniel Boullosa, traballo que incluirá reunións con
todos os sectores involucrados na iniciativa “e cos representantes
dos partidos políticos porque se trata dun proxecto de todos e de
todas”.
O Concello de Nigrán leva solicitando dende o 2016, e de xeito insistente, a mellora da rúa Otero Pedrayo, un treito da estrada PO-333, dependente da Xunta de Galicia, é que constitúe un eixo fundamental nas comunicacións do muncipio ao enlazar Nigrán e Panxón e ser, polo tanto, unha vía cunha alta densidade de tráfico e de desprazamento de peóns.
As relacións entre o goberno socialista de Nigrán e a Xunta de Galicia nunca foron moi cordiais agravadas, se cadra, polas continuas faltas de “lealdade ou cortesía institucional” –cada quen que elixa o que prefira– que fixo que o alcalde de Nigrán se tivera que enterar pola prensa de máis dunha visita dun conselleiro da Xunta ao seu municipio.
Os últimos resultados electorais que fixeron que o PSOE acadase 13 dos 17 escanos deixando ao PP con 4 representantes, parece ser que, a vista dos feitos, non sentaron nada ben en San Caetano que opta por “pasar amplamente” das peticións e necesidades do Concello de Nigrán.
A situación tradúcese en que, logo de anos de reclamacións sobre a mellora dun vial de competencia autonómica como é Otero Pedrayo, “a Xunta non contestou a ningunha das nosas peticións para firmar un convenio de colaboración e tampouco o inclúe nos seus orzamentos pese as nosas reiteradas emendas”, sinala Juan González, alcalde de Nigrán que ten claro que “a estas alturas xa temos claro que non pretende arranxar Otero Pedrayo, así que agora só pedimos ter a titularidade para poder emprender desde o Concello as obras”.
González apela á “responsabilidade pública” para tomar esta decisión pese a discrepar coa “inxustiza” que comete a Xunta ao non investir en asuntos da súa competencia e desoír á veciñanza de Nigrán. “Discrimina ao municipio por cuestións de cores políticas”, engade.
Así pois o goberno de Nigrán levará ao vindeiro pleno ordinario do 27 de xaneiro unha moción pedindo o cambio de titularidade a rúa Otero Pedrayo (PO-333) a favor do Concello de Nigrán co fin de poder emprender dunha vez por todas obras de mellora neste tramo de 1,8 km que une Nigrán e Panxón. O goberno local toma esta decisión tras anos reclamando á Xunta unha intervención nesta estrada autonómica, “que se atopa nun estado calamitoso e conta coas beiravías peor conservadas da provincia coas consecuentes denuncias da veciñanza”. O Concello conta cun proxecto que cifra o investimento en 1,5 millóns de euros, contía que, definitivamente, asumirá en solitario con cargo ao remanente de tesourería.
En todo caso, o goberno autonómico fai oídos xordos a unha petición unánime da Corporación de Nigrán do 2016 cunha moción apoiada polo tanto tamén polo PP, na que se pedía á Xunta a renovación de beirarrúas, saneamento, abastecemento e firme implementando medidas de seguridade viaria para, posteriormente, asumir o Concello a titularidade. Non se obtivo resposta a ningunha das peticións e este silencio mantense incluso despois de que o Concello remitise á Conselleria de Infraestruturas en xullo de 2017 un anteproxecto e solicitar todo este tempo diferentes reunións para tratar o asunto. Tampouco a Xunta incluíu Otero Pedrayo nos seus orzamentos pese as emendas realizadas dende o PSdG a instancias do goberno de Nigrán.
“A
situación é absolutamente calamitosa, cunhas beiravías
esnaquizadas, cuns servizos que tanto ambientalmente como
estruturalmente supoñen un gran problema para Nigrán e de novo a
resposta da Xunta é de rexeitamento a calquera colaboración con
Nigrán”, recolle a moción, que incide en que debe
rehabilitarse “sen seguir esperando a colaboración dunha Xunta
de Galicia ausente”.
O Concello subliña que, ao ser unha estrada de natureza urbana, é susceptible de cesión a titularidade municipal como foi o caso de rúa Mariñeiro en Panxón, onde a situación resultou moi similar e o Concello xa tivo que asumir en solitario as obras.
“Este
é o primeiro paso dun proceso que non é inmediato pero que
significa acadar o obxectivo buscado tanto tempo de facer as obras de
mellora. O primeiro é a tramitación da titularidade, despois
finalizar o proxecto e acadar as autorizacións pertinentes e,
finalmente, abrir o proceso de contratación”, resume González.
Despois de anos de xestións do alcalde da Guarda, Antonio Lomba e de miles de quilómetros en viaxes a Santiago, acompañado, a maioría das veces, pola anterior concelleira de Servizos Sociais, Tere Vicente, a construción da nova Escola Infantil da Guarda plasmarase na sinatura dun convenio entre a Xunta e o concello en próximas datas.
Ante
a necesidade evidente de contar con máis prazas de atención a
infancia de 0-3 anos na Guarda. No ano 2017 o alcalde tomou a
decisión de encargar e financiar, por conta do concello, o proxecto
de construción da nova Escola Infantil, que estará emprazada na
parcela municipal que actualmente ocupan as que foron vivendas de
mestres do antigo colexio Manuel Rodríguez Sinde.
A consellería de Política Social remitiu fai uns días o borrador do convenio que comprometerá a Xunta e concello na execución da obra. Esta actuación representa un importante investimento para o concello da Guarda. Un esforzo que o propio alcalde considera urxente e prioritario para a vila ao sinalar que “esta actuación é unha necesidade para avanzar realmente na conciliación da vida familiar e laboral, mellorar a calidade de vida das veciñas e veciños, sobre todo os máis novos, e forma parte das políticas contra a crise demográfica, orientadas a frear a diminución de poboación na localidade”.
A partir do 1 de febreiro o Concello de Tui procederá a realizar un cambio no sentido de circulación das rúas na zona de San Bartolomeu. Deste xeito as rúas Palláns, San Bartolomeu e Arraial pasarán a ter sentido único. O obxectivo é axilizar o tráfico e mellorar a seguridade vial na zona.
Este días procederase ao pintado e colocación da sinalización correspondente. Amais o alcalde, Enrique Cabaleiro, informa que están a redactar un proxecto para proceder á humanización destes viais, contemplando a ampliación das beirarrúas, unha actuación que co dobre sentido de circulación non se podía acometer. Lembra o rexedor que se trata dun ámbito estratéxico xa que parte destas rúas forman parte do percorrido do Camiño Portugués de Santiago ao seu paso por Tui. Un bando municipal informa xa aos veciños deste cambio de tráfico na zona de San Bartolomeu.
As paradas do
autobús estarán dende o 3 de febreiro na rúa Ourense
O goberno municipal traballa
tamén por outra parte na implantación doutros cambios que afectarán
ás rúas Casal Aboy e Augusto González Besada. Así dende o próximo
3 de febreiro realizarase o cambio das paradas do autobús situadas
no Paseo da Corredoira, que pasarán a situarse na rúa Ourense, de
tal xeito que dende a Avenida da Concordia os autobuses xirarán cara
a rúa Maristas e Ourense, onde se situarán as paradas.
Tal e coma anunciara hai un mes o Goberno local das Neves que preside Xosé Manuel Rodríguez Méndez, este pasado martes, día 14 de xaneiro, comezou a andar o proxecto ‘Acompañados’, unha iniciativa pioneira en Galicia, que buscar eliminar a “sensación de soidade” que moitas veces teñen as veciñas e veciños que viven nun entorno rural.
A primeira das xuntanzas tivo lugar na parroquia das Neves e, a seguir, o día 15 desenvolveuse a iniciativa na parroquia de San Cibrán, de 16 a 18 horas e o xoves, día 16, en tivo lugar en Liñares. Nesta vindeira semana seguirán as reunións polas demáis parroquias do municipio.
Retomar las relacións entre veciños e combater a soidade
‘Acompañados’ é unha actividade innovadora e pioneira, que non ten antecedentes en Galicia, que está a organizar o Concello, en colaboración con Avelaíña, unha asociación sen ánimo de lucro, e co financiamento da Fundación La Caixa.
Rafael Álvarez, máximo responsable de Avelaíña sinala que o obxectivo deste programa é o de “facilitar as relacións entre veciños, mellorar a súa calidade de vida ao mesmo tempo que se mellora a comunidade na que vive, dentro de cada unha das parroquias das Neves”.
Ademais, supón unha axuda na labor cotiá a veciños e veciñas dun entorno rural, que en moitos casos viven illadas, especialmente no inverno, e “tecer lazos entre elas, de xeito que esas relacións persistan e sirvan para acabar coa sensación de soidade”.
Tres actividades en cada parroquia
Durante los próximos 6 meses, catro profesionais -Rosabel Martínez Ku, traballadora social, Lorena Francisco, psicóloga, unha técnica de emprego de Feafes Galicia e unha monitora especializada en actividades funcionais- con axuda de membros de Voluntariado de As Neves, poñerán en marcha tres actividades: Dinamización Comunitaria; Alfabetización Funcional e Procura de Emprego, en locais sociais das 13 parroquias de As Neves e no propio Centro Social Municipal.
Dinamización Comunitaria
Está dirixida a veciños e veciñas maiores de 55 anos e abrangue actividades coma ‘transmisión de saberes’, obradoiros, estimulación cognitiva ou xogos que servirán para retomar e afianzar relacións ou reactivar o coñecemento. Esta actividade se realizará durante 2 horas por semana en cada parroquia.
Alfabetización Funcional
Pensada para maiores de 25 anos e menores de 65, coa que se pretende axudar a que poidan entender un recibo, unha carta do banco ou unha notificación do Concello, o Sergas ou de Tráfico e realizar trámites normais, coma pedir hora no médico ou reservar un billete de tren. Tamén se realizará en cada parroquia 2 horas por semana.
Procura de Emprego
Destinada a grupos de 15 persoas de máis de 25 anos e menores de 65, con participación tanto conxunta coma individual, durante 2 meses cunha periodicidade de 1,5 horas semanais.
O Concello de Arbo vén de facer públicas as bases polas que se rexerá o concurso de carteis e redacción, destinado exclusivamente aos alumnos e alumnas matriculados no CEIP ‘Antonio Carpintero’, con motivo da celebración da ‘LX Festa da Lamprea’ que se desenvolverá lugar os días 24, 25 e 26 de abril do 2020.
O alumnado do ‘Antonio Carpintero’ poderá presentar os seus traballos ata o día 24 de xaneiro, se os entregan no Centro Escolar, ou ata o 27 de xaneiro se os presentan no Concello de Arbo.
Concurso de Carteis
O cartel terá como tema fundamental Arbo, ‘LX Festa da Lamprea’, gastronomía, paisaxe, patrimonio, o Viño, a Lamprea, os Rios Miño, Cea, Deva, etc. Os traballos poden ser presentados en calquera soporte que o concursante considere axeitado e con técnica libre podendo, polo tanto, utilizar lapis de cores, ceras, acuarelas, témperas, collage, etc…
Concurso de Redacción
Ao igual que no concurso de debuxo, a redacción presentada terá como tema fundamental Arbo, ‘LX Festa da Lamprea’, gastronomía, paisaxe, patrimonio, o Viño, a Lamprea, os Rios Miño, Cea, Deva, etc., e deberá ter unha extensión máxima de dous folios escritos por unha cara.
Outorgaranse dous premios pola modalidade de carteis, por cada un dos cursos de Educación infantil e dous premios por cada un dos cursos de primaria. Do mesmo xeito outorgaranse dous premios pola modalidade de redacción por cada un dos cursos de 3º a 6º de primaria. Os premios consistirán en material didáctico, xogos, etc…
O Alcalde do Concello de Arbo e concelleiro de Turismo e Promoción, Horacio Gil, salientou que con esta iniciativa “preténdese achegar aos máis cativos ao mundo da Lamprea, o Viño , o patrimonio e a todos os demais recurso turisticos que o Concello de Arbo ofrece, así como sobre a importancia que a Festa da Lamprea –que este ano cumpre o seu sesenta aniversario– supon para Arbo, non só durante os tres días, senon tamén durante o resto do ano”.
Os silencios, moitas veces, din máis que os berros e esta mañá a Corporación Municipal de Ponteareas e a veciñanza, converteron o seu silencio nun grito que dicía “basta xa” á violencia machista. Hai problemas –máis ben lacras sociais– ante as que non cabe división nin medias tintas. O silencio, neste caso, é sinónimo de complicidade porque, o dixemos moitas veces e o seguiremos facendo cantas sexa preciso, coa violencia machista se non se é parte da solución estase a ser parte do problema.
Contra a violencia machista ou se está ou non se está. As persoas e colectivos que tentan poñerlle “peros” ou acotacións a esta lacra da nosa sociedade, atrasan a saída do túnel e a posibilidade de acadar unha solución definitiva. Ese atraso, por se a alguén se lle esquece, custa vidas.
Hoxe Ponteareas dixo non, un non reflectido nun comunicado asinado por todos os grupos da Corporación, sen distinción de cores, ao que deu lectura a concelleira de Igualdade Verónica Carrera.
Nesa liña, toda a Corporación de xeito unánime, animaba á cidadanía á hora de erradicar a violencia “denunciando e descubrindo ante as autoridades accións e actitudes impropias nunha sociedade cívica, respectuosa e avanzada”
‘O esplendor da
natureza’ da provincia de Pontevedra será neste 2020 protagonista de
‘Sigue
o teu instinto‘,
a campaña de promoción turística das Rías Baixas que se
presentará o xoves 23 de xaneiro ás 12.30 horas na feira FITUR de
Madrid nun acto no que “non imos deixar a ninguén indiferente”,
tal e como afirmou a presidenta da Deputación, Carmela Silva.
Silva anunciou que a
coñecida actriz Celia Freijeiro será a condutora do evento, amais
de ser a protagonista dun audiovisual “espectacular, que apela
directamente ás emocións, que suporá un antes e un despois na
presentación da paisaxe e da natureza de todas as comarcas da
provincia”. Amais de Freijeiro, a “delegación” turística da
Deputación contará con “embaixadoras e embaixadores
potentísimos”, e con “incribles materiais de promoción con
moita capacidade para emocionar, que falan da provincia dun xeito que
ninguén antes fixo”.
De feito, xunto a
‘Sigue o teu instinto’ tamén se vai empregar o hashtag ‘Detente e
mira’, para facer fincapé na necesidade de “escoitar o que nos
pide o corpo, deternos, e deixarnos levar para conectar co noso lado
máis humano, co natural, coas raíces”. O vídeo “de carácter
intimista e moi de pel” estará baseado nas emocións, contando
historiais en escenarios de todas as comarcas da provincia de
Pontevedra e representando os 365 días do ano, “porque cremos na
desestacionalización”. Tamén explicou que no vídeo se verán
cuestións relacionadas co turismo de benestar, o respecto aos
animais e á fauna, a acción ecolóxica cidadá e institucional e o
turismo activo e de aventura con deportes relacionadas coa natureza.
Neste último caso, haberá unha peza audiovisual na que deportistas
de elite da provincia como Desiré Vilas, Pablo Dapena, Rodrigo
Conde, Susana Alonso e Roi, Uxía e Iria Huertas, “farán a súa
propia reflexión sobre a natureza desde paisaxes espectaculares”.
A selección da
natureza, a sustentabilidade e medio ambiente, responde a un dobre
motivo tal e como explicou Silva. “Seguimos a pechar o círculo
que iniciamos en Fitur promovendo produtos ao abeiro das directrices
do Plan Estratéxico. Deste xeito comezamos coa cultura, con ‘Somos
historias’, continuamos coa gastronomía, con ‘Fame de experiencias’
e, neste 2020, escollemos natureza e ‘Sigue o teu instinto’. Ademais,
con este eixo temático “estamos a amosar o compromiso da
Deputación coa Axenda 2030 e cos Obxectivos de Desenvolvemento
Sostible”. “Temos unha natureza e paisaxes espectaculares, onde
non soamente se pode desfrutar de xeito pasivo senón tamén de forma
activa, realizando actividades relacionadas co turismo activo e
rural, co turismo de aventura, cos deportes e tamén co turismo de
benestar e termalismo”, asegurou Carmela Silva. Por iso este ano o
lema escollido é ‘Sigue o teu instinto’, no que se pon de manifesto
“que somos parte da natureza, que ás veces temos que acudir a un
lugar que nos permita recordalo e ese lugar é a provincia de
Pontevedra”.
No evento, que será
retransmitido por streaming a través da web e redes sociais da
Deputación, tamén aparecerá un terceiro audiovisual no que se
dará conta do proceso de elaboración do agasallo “marabilloso”
que se vai entregar en Fitur. Ao respecto, Silva asegurou que “imos
espallar natureza en estado puro en Madrid. Imos repartir mar e
montaña nun regalo que a ninguén lle vai pasar desapercibido. Un
regalo no que o patrimonio inmaterial do saber popular relacionado
coa natureza dará moito de que falar”. Tamén detallou a
presidenta que o agasallo foi feito en colaboración cunha empresa
sostible e con persoas con diversidade funcional e que “as 500
unidades elaboradas en edición limitada terán un valor moi especial
xa que van formar parte dunha obra de arte efémera e colectiva”.
Axenda en Madrid
A presidenta informou
que amais da presenza en Fitur, manterase unha completa axenda de
traballo en Madrid. O mesmo día da presentación, o xoves 23 de
xaneiro ás 20.30 horas na Galería de Cristal do Palacio de Cibeles,
a Deputación estará presente na Gala Q de Calidade para recoller as
renovacións dos distintivos Q para a Oficina de Turismo Rías
Baixas, o punto de información turística do Mosteiro de Armenteira,
o punto de información turística do Aeroporto de Vigo, a oficina de
Caldas de Reis, a de Cangas, a oficina de Turismo de Baiona e o punto
de información turística da Illa de Arousa. Ao respecto, a
presidenta amosou a súa satisfacción porque “acadamos unha
puntuación de 94 sobre 100 e chegamos á máxima puntuación en
canto a revisión do sistema de calidade, prestación do servizo de
atención ao turista, recursos humanos e infraestruturas e en
instalacións e equipamento”.
Xunto a este
acontecemento, A Deputación tamén estará presente nas
presentacións de destinos da provincia de Pontevedra e manterá
reunións con turoperadores, empresas TIC aplicadas ao turismo,
empresas de comunicación, co ICTE, co Instituto de Turismo
Responsable así como coa organización do Congreso Europeo de
Turismo Rural. Ademais as técnicas de Turismo Rías Baixas acudirán
a foros e obradoiros no marco de FITUR relacionados co big data,
calidade, destinos turísticos intelixentes ou ODS.
Tamén, o día previo á presentación, o 22 de xaneiro ás 19:30 na librería ‘La Buena vida’ de Madrid presentarase o libro de Diego Piay ‘María Vinyals. La mujer del porvernir. Siete vidas bajo la sombra de un castillo”. “Queremos facelo –asegurou Silva– porque María Vinyals tivo unha estreita relación con Madrid, onde viviu e desenvolveu un papel moi importante como pintora, escritora, conferenciante e en asociacións de diversa índole como o Ateneo”.
O antigo campo de fútbol de Santa Marta, en Sabarís, Baiona, acollerá este domingo 19 de xaneiro a partir das 10:45 horas, o XXI Cros Escolar do Val Miñor, que este ano é proba de carácter oficial e clasificatorio para o Cros Escolar Provincial dentro do programa Xogade da Xunta de Galicia.
O Cros está organizado pola Dirección Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e a Concellería de Deportes do concello de Baiona e colabora a Sociedade Atletica Val Miñor, englobado o mesmo dentro do programa de Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar.
O número de participantes rexistrados para esta edición do cros Escolares do 2020 alcanzou a cifra de 636 participantes repartidos entre as distintas categorías: Chupetes, Prebenxamín, Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete.
A Concellería de Deportes e Actividades Marítimas de Baiona continua así a súa programación deportiva do Deporte en Idade Escolar, fai un chamamento a nais, pais, nenos e nenas para que se animen e participen nesta nova edición do cros escolar. A organización entregará a todos os seus participantes avituallamiento.
Para a realización desta proba cóntase coa colaboración de protección Civil Val Miñor, Policía Local, Garda Civil, Cruz Vermella, Pena Moteiros Val Miñor, Sociedade Atletica Val Miñor e a Concellería de Medio Ambiente e Vías e Obras do Concello de Baiona.
Para máis información, os interesados e interesadas poden dirixirse ao pavillón de Deportes Municipal, chamar ao teléfono 986 356 558 ou escribir un correo ao enderezo [email protected]
O goberno de Nigrán levará ao vindeiro pleno ordinario do 27 de xaneiro a declaración de interese ou utilidade municipal de seis entidades socio culturáis que así o solicitaron por rexistro para conseguir unha bonificación do do 95 % do Imposto de Bens Inmobles (máxima rebaixa permitida por lei e aprobada polo Goberno de Nigrán no 2016).
Con esta declaración o ‘CRC O Torreiro de Priegue’, ‘Asociación Cultural As Angustias’, ‘‘Centro Cultural y Deportivo Bolos da Carrasca‘, ‘A.V.A.C A Unión de San Pedro da Ramallosa’, ‘Asociación de Veciños A Camoesa’ e a ‘Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva O Castro’ verán rebaixado o seu recibo en preto de 1.300 euros ao ano.
“Trátase
dunha cantidade moi cuantiosa se temos en conta que levan adiante un
traballo fundamental durante todo o ano de promoción da cultura e
das relacións veciñais”, subliña o alcalde, Juan González, quen
recalca “a contribución pública destas entidades á cultura e
sempre cunha inequívoca función social”.
O goberno municipal do Concello do Porriño establecerá unha folla de ruta coas demandas expostas polas AA.VV. de todas as parroquias da vila en materia de mantemento de viais e conexión ca rede de saneamento. Representantes de todas as parroquias do Concello acudiron e expuseron as súas demandas e necesidades na reunión celebrada onte á noite.
A convocatoria, que partía da iniciativa da Concellería de Vías e Obras, era a primeira destas características na historia recente do Concello do Porriño. “Trátase de establecer unha folla de ruta para acometer as necesidades demandadas e manter unha canle de interlocución permanente entre o Concello e o movemento asociativo vecinal”, manifestou Lourdes Moure, concelleira de Vías e Obras. Na reunión participaron tamén Pedro Pereira, concelleiro de Infraestructuras; Rafa Alonso, enxeñeiro municipal; Alba Rodríguez, arquitecta municipal e Miguel Feijóo, encargado municipal de Obras.
A concelleira
explicou que os traballos de reparación de baches, mantemento e
reasfaltado de viais así como de conexión coa rede de saneamento
realizaránse de xeito escalonado o longo do presente mandato, tanto
con medios propios do Concello como coa achega do Plan Concellos da
Deputación”.
Para afrontar os traballos con medios propios, o Concello do Porriño vai contratar en breve 6 peóns para reforzar a brigada municipal de Vías e Obras.
Lourdes Moure
explicou que esta reunión con todas as asociacións de veciños do
concello “era un compromiso que tiñamos adquirido coas parroquias
para celebrar a primeros deste ano e que nos servirá para priorizar
as actuacións que palien as múltiples deficiencias que arrastra O
Porriño, algunhas desde a época de Barros”.
Un ano máis, o Concello da Guarda estará presente na Feira Internacional de Turismo de Madrid (FITUR), unha das grandes citas europeas en materia turística, para dar a coñecer todo o seu potencial. A Guarda promocionarase no stand de Turismo de Galicia do 22 ao 26 de xaneiro. O mércores 22 de xaneiro participará na presentación oficial do Xeodestino Ría de Vigo Baixo Miño co seu primeiro produto coa temática ‘Benvidos ao primeiro reino medieval de Europa’.
A Guarda forma parte deste Xeodestino que se creou no 2019 e ao longo do pasado ano estívose traballando na elaboración do Plan Estratéxico con horizonte 2025. Esta presentación será ás 18:00 h no espazo habilitado para os eventos no stand de Turismo de Galicia.
Na xornada do xoves 23 destaca a asistencia á dúas presentacións. En primeiro lugar á presentación da Deputación de Pontevedra co Destino Rías Baixas onde A Guarda como destino turístico sempre está presente e tamén será no stand de Turismo de Galicia.
A terceira e última presentación terá lugar no stand de TURESPAÑA coa Presentación dos Destinos Europeos de Excelencia (EDEN) e a entrega oficial aos premiados na 9ª edición coa temática Turismo de saúde e Bienestar coa asistencia da Secretaria de Estado de Turismo. A Guarda asistirá como convidada ao ser Destino EDEN dende 2010. Ademais haberá unha mesa de traballo dos Destinos EDEN para definir os obxectivos de promoción para vindeiros anos.
Durante estas xornadas a delegación da Guarda, encabezada polo alcalde Antonio Lomba, manterá diversas reunión con maioristas e asociacións de turismo para potenciar a promoción da Guarda como destino turístico.
Mañá sábado, 18 de xaneiro, ás 12.30 h terá lugar no Teatro Municipal de Tui o acto inaugural da V Mostra da Camelia Cidade de Tui. Este evento está organizado por ATUCA, Amigos Tudenses da Camelia, co patrocinio do Concello de Tui, a Deputación de Pontevedra, o Xacobeo 2021 e a Xunta de Galicia, e a colaboración da Sociedade Española da Camelia.
A mostra reunirá a máis de
80 expositores de Galicia, Asturias e Portugal que achegarán
distintas variedades de camelia en máis de 180 metros de exposición.
Poderá visitarse na Sala Municipal de Exposicións mañá sábado de
16.30 h a 21 h e o domingo de 10 a 14 h e de 16 a 20 h.
O
acto inaugural contará coa actuación do grupo Saragana da
Asociación do Traxe Tradicional de Tui e no transcurso do mesmo
farase entrega dos premios dos concursos escolares de debuxo e
poesía. O domingo ás 16.30 h fará un pasarrúas dende o Paseo da
Corredoira até a mostra a Rondalla O Mosteiro de Pexegueiro.
Entre as novidades destacadas deste 2020 está a
edición dun selo de Correos dedicado a exposición tudense.
A Deputación de Pontevedra vén de comezar as obras do proxecto para a mellora da mobilidade e seguridade peonil na estrada provincial EP-4004 de acceso á igrexa de Guláns, dende o PQ 0+000 ao PQ 0+490, no concello de Ponteareas. A actuación, a cuxo inicio asistiu hoxe o deputado de Infraestruturas Gregorio Agís, acompañado do alcalde Xosé Represas, foi adxudicada cun orzamento de 305.023,73 euros. O prazo de execución das obras é de 5 meses nun proxecto enmarcado nos criterios de mobilidade segura da Deputación de Pontevedra.
O
obxecto da actuación é a mellora do firme actual da estrada, a
mellora das instalacións e a ampliación da beiravía, o que
permitirá mellorar a mobilidade nesta vía. En concreto, levaranse a
cabo obras nun tramo de case 500 metros da estrada, que dá acceso á
igrexa e o cemiterio de Guláns, así como ao colexio Feliciano
Barrera. Ata o de agora, este tramo carecía de elementos de calmado
de tráfico e seguridade peonil.
O deputado Gregorio
Agís destacou a importancia desta intervención que “busca a
mellora da seguridade peonil e dos servizos públicos”. Ademais,
“esta contorna agradece este tipo de actuacións que poñen en
valor un espazo, dándolle prioridade a seguridade dos peóns sobre o
tráfico rodado”, engadiu o deputado. Por último, Agís tamén
fixo fincapé na renovación do alumeado “substituíndoo por un
novo sistema máis eficiente e sostible”. Pola súa banda, o
alcalde de Ponteareas puxo en valor que a Deputación atendeu a
demanda do concello. “Este é un exemplo da colaboración entre
institucións”, asegurou, e subliñou que “a intervención será
satisfactoria para todas e todos, especialmente para a veciñanza”.
O
tramo da actuación, con velocidade limitada a 30 quilómetros por
hora, está composto por unha calzada de dous carrís, de 3 metros
cada un, e dúas beiravías de tamaño variable. Así, o proxecto
inclúe unha beiravía na marxe esquerda para garantir a mobilidade e
seguridade da veciñanza, e na zona da igrexa contempla unha
plataforma única compartida con prioridade para os peóns. Ademais,
tamén se procederá á mellora e renovación do alumeado público,
así como á execución da sinalización horizontal e vertical
correspondente.
De Nazaret López tiñamos algunhas referencias abeiradas ao mundo da comunicación e do teatro, pero é a primeira vez que se adentra, publicamente cando menos, no eido da narrativa a través dunha novela, e faino para falarnos da reconstrución psicolóxica dunha muller que se ve desbordada por unha ruptura sentimental. A contracapa di que a novela é “un calidoscopio” e “unha radiografía dun sentimento” e, a pesar de que este tipo de concesións ao marketing non sempre son tan precisas como sería desexable, coido que nesta ocasión si representan plenamente o contido do relato.
“Calidoscópica” porque estamos diante dunha novela fragmentada, estruturada a partir dunha morea de pequenos apuntamentos que nos va dando conta de todos e cada un dos pasos polos que a protagonista camiña, como digo, cara á súa propia reconstrución emocional. Unha especie de diapositivas que reflicten a súa situación en cada fase e que conseguen que vivamos o que ela vive. Iso implica luces e sombras, renuncias ás que facer fronte e feridas que cicatrizar para escapar dese foxo ao que a levou a ruptura. E todo iso significa penetrar nos sentimentos que empurran a protagonista en cada momento e que, en conxunto, conforman esa “radiografía dun sentimento” universal. Porque, no fondo, esta é unha novela sobre o amor e as súas (posibles) consecuencias.
Tamén é unha novela de mulleres. E non só porque a protagonista e maila autora o sexan, senón pola escasa presenza de homes nas súas páxinas (un “ex” case ausente, un fillo alonxado e pouco máis) e, sobre todo, polo arroupamento que implica un variopinto grupo de amigas nas que se apoia para saír adiante e volverlle a sorrir á vida. Non podemos considerala unha novela “feminista” porque non hai reivindicación do rol da muller nin ningún outro elemento que nos leve por esa vía, pero ese grupo de amigas, por momentos, chega a asumir un papel de secundario de luxo na narración, par con par da protagonista. A súa misión é a de guiala cara a esa luz de esperanza que, a pesar das dificultades do camiño, non deixa de brillar en ningún momento. Porque este é sen dúbida un dos acertos da autora: o feito de facernos pasear polas zonas máis escuras da psique da protagonista sen que nos vexamos afogados na tristura. A pesar dos moitos atrancos, a luz da esperanza sempre está aí, viva coma un facho no medio da néboa.
Quero destacar tamén a linguaxe empregada pola autora. Porque se a novela ten, como dixemos, unha estructura moi fragmentaria, iso trasládase tamén á expresión: frases curtas e directas, ás veces incluso sen verbo, que fan da lectura algo áxil e dinámico. Moito intimismo, moita reflexión, moita memoria e moito remexer no interior da muller, son as liñas básicas do relato. Amais diso, Nazaret López emprega unha linguaxe delicada e concisa que nalgúns momentos poderiamos cualificar de lírica, deixando que a acción se intúa, máis ca explicitala. O resultado desborda beleza e sensibilidade por cada poro de cada liña escrita.
A Corporación
do concello de Ponteareas (BNG, PSOE, PP E ACIP) condena os feitos
acontecidos na noite de onte na que unha veciña era vítima da
violencia machista e rexeita de cheo todo tipo de violencias. Todas e
todos os membros da Corporación fan un chamamento á cidadanía para
traballar de xeito conxunto na erradicación da violencia de xénero,
denunciando e descubrindo ante as autoridades accións e actitudes
impropias nunha sociedade cívica, respectuosa e avanzada.
Así
mesmo, convidan a toda a veciñanza a construir unha sociedade
igualitaria na que as diferenzas non sexan de xénero se non
diferenzas enriquecedoras que manifesten o mellor de cada un e de
cada unha.
Todos
os grupos coinciden en destacar que non se deben perder os folgos e
que cada día é preciso a concienciación, a formación e os apoios
ás vítimas.
O
concello, que dende o momento en que tivo coñecemento a concellería
de Igualdade e o CIM lle prestou o seu apoio á familia, reafirma
este compromiso e a disposición de axudar con todos os medios
municipais cos que se contan para seguir ao lado da vítima e dos
seus achegados.
Todos
os grupos da Corporación convocan unha concentración de repulsa da
violencia de xénero para este venres ás 12 do mediodía diante do
concello e convidan a toda a cidadanía a participar. A Corporación
lamenta
profundamente estes sucesos e agarda que todas e todos xuntos poñamos
fin á violencia de xénero
O alcalde de Nigrán aprobou esta mañá o prego do concurso público para adxudicar un contrato privado de arrendamento dunha parcela céntrica destinada ao estacionamento público e gratuíto de vehículos, cuestión considerada prioritaria para este goberno. O obxectivo do consistorio é alugar de xeito transparente unha nova finca que sirva de alternativa ao aparcamento público da rúa Vilameán (este fora cedido de xeito gratuíto no 2013 e está inoperativo dende decembro por iniciar a propiedade obras de urbanización). Os pregos e a convocatoria serán publicados este venres na sede electrónica do Concello (http://sede.nigran.org) e os interesados disporán desde ese momento de 20 días para presentar ofertas a través do Rexistro.
“O
prego elaborado polos técnicos contempla entre os seus criterios que
sexa unha parcela igual de céntrica que a de Vilameán ou un prezo
máximo tasado por metro cadrado. É fundamental contar con este
espazo porque somos
conscientes do beneficio que supón para os veciños que non viven no
núcleo urbano e para o comercio e empresas da zona”,
sinala o alcalde, Juan González, quen engade que o aluguer dunha
finca por parte dun organismo público conleva unha tramitación
transparente que dé igualdade de oportunidades a tódolos
propietarios interesados en concorrer. “É un procedemento que
conleva uns prazos e que outorga seguridade xurídica e
transparencia”, sinala.
As
características mínimas desta parcela, segundo establece o prego, é
situarse nun radio de 250 metros medidos dende o acceso ata a casa
consistorial; acceso por vial público asfaltado e con iluminación
pública e fronte mínima de 5 metros; topografía eminentemente
chaira; solo rústico ou apto para desenvolver; superficie mínima de
2.000 m2 non sendo abonados nin empregados os metros cadrados que
superen os 3.000; e, finalmente, establécese un prezo máximo de
2,58 €/metro cadrado ao ano cun máximo anual de 7.440 € (sen
IVE) e cunha duración máxima de 4 anos.
“Afortunadamente,
hai varias parcelas que cumpren os requerimentos e os propietarios
amosaron o seu interese por presentarse ao concurso”, indica
González, quen subliña que os criterios de adxudicación ponderan
especialmente a baixa respecto ao prezo base de licitación (55
puntos máximo), a ubicación céntrica (30 puntos máximo) e a
entrada e saída independentes (15 puntos máximo).
O
prego inclúe que o Concello poderá levar a cabo as obras precisas
para adaptar a configuración actual da parcela á finalidade
prevista e ao remate o Concello a devolverá libre de calquera
edificación ou instalación sobre ela.
O Concello de Tomiño subvencionou no pasado ano a 30 comunidades de augas rurais, repartindo un total de 50.000 € dos cales 40.000€ serviron para a mellora das infraestruturas e mantemento, e 10.000 € para a subvención ao 50 % das analíticas básicas de augas.
Para
conceder as subvencións tivéronse en conta datos como o número de
billas, a cota por usuario, se proporcionan auga a colexios, IES ou
centros de maiores; a alta no SINAC (Sistema de Información
Nacional de Auga de Consumo), e a presentación
dun protocolo sanitario, entre outras cuestións.
As
infraestruturas subvencionadas, que dan servizo a máis de 5.500
usuarios e usuarias, foron sobre todo cloradores,
recubrimentos de depósitos, decantadores,
cerres de mananciais e casetas. Tamén houbo casos nos que se
inverteu en innovación, coma estudios para prototipos destinados a
reducir o aluminio na auga, ou placas solares.
A
subvención foi publicada no Boletín Oficial da Provincia de
Pontevedra o 8 de maio de 2019, rematando o prazo para solicitala o
10 de xuño de 2019, e o de xustificación o 1 de decembro.
O concelleiro de Servizos Públicos, Lois Vázquez, confirmou a vontade do goberno de seguir axudando ás traídas de auga locais e salientou o traballo desenvolto polo seu conxunto que, de forma totalmente desinteresada, se ocupa de optimizar a xestión dun recurso tan importante coma é a auga para o seu consumo. Asemade, o edil agradece a labor de COXAPO pola súa labor de superación constante, non so en Tomiño –onde ten a súa sede– senón tamén en Galicia, España e o estranxeiro, organizando xornadas de formación e compartindo a súa experiencia, en defensa das comunidades veciñais de augas.
O mércores 15 de xaneiro do 2020 representantes das asociacións guardesas, ORPAGU, Piueiro, Alagua e Confraría de Pescadores, encabezados polo alcalde, Antonio Lomba, mantiveron unha reunión en Santiago coa conselleira do Mar, Rosa Quintana, e a presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, para trasladarlle as demandas da cidadanía guardesa, en relación ao futuro do porto, expresadas a través das súas asociacións.
En agosto de 2019 xurdiu na Guarda un movemento civil apoiado polas asociacións empresariais, culturais, deportivas e sociais, e polo propio Concello, que ten como obxectivo conseguir melloras para o seu porto que permitan un uso máis intensivo da lámina de auga, tanto para profesionais como náutico deportivas, e que actúe como o motor económico da localidade, como o fixo no pasado.
As
melloras que se pretenden conseguir permitirán poder usar o porto
durante todo o ano de forma segura e dotalo de servizos e
infraestruturas de atraque.
A
obra principal que se propón, e así llo trasladaron ás
responsables políticas da Xunta, e a construción dun espigón que
parta do sur do espigón vello (na zona do Balueiro) e que remate por
fora do espigón norte. Isto evitará a entrada dos mares que na
actualidade fan o porto impracticable con mal tempo.
A
representación Guardesa valorou de forma positiva a reunión xa que
conseguiron o compromiso das responsables da Xunta de traballar nas
demandas que lle presentaron co obxectivo de elaborar un estudo de
viabilidade técnica e unha valoración económica da construción do
espigón.
Así
mesmo o alcalde solicitou, unha vez máis, o apoio da conselleira
para a construción do vial de acceso sur ao porto. O proxecto desta
infraestrutura foi redactado na anterior lexislatura pola Deputación
Provincial de Pontevedra e na actualidade está pendente dos informes
sectoriais.
O PP de Ponteareas vén de expresar públicamente o seu rexeitamento á postura adoptada polo Goberno local de “torpedear” o traballo dos grupos da oposición. As manifestacións da portavoz popular, Belén Villar, foron realizadas logo de que o seu grupo recibira o venres pasado o documento dos Orzamentos 2020 e foran convocados ás comisións informativas esta semana. “Nin sequera tres días hábiles para revisar un documento de gran extensión e dos máis importantes do Concello”, sinalou a portavoz popular.
A principal queixa do PP fai referencia “a falta de informes tan necesarios e importantes como o do Secretario Municipal ou o do responsable de Persoal, o que ao seu entender, pon en entredito “a legalidade do documento”.
Lamenta Belén Villar que no documento achegado polo Goberno “non se recollan as propostas que os populares levamos a pleno” e aseguran non compartir as súas prioridades “e moito menos a forma na que se vai a empregar o diñeiro público”.
Rematan augurando un 2020 “nefasto” habida conta que, segundo o Partido Popular, o Concello “vai adquirir préstamos que supoñerán endebedarse en catro millóns de euros” polo que, “de non mudar a situación” anuncian o seu voto en contra. “É unha vergoña –remata Villar– que logo do traballo que costou a veciñanza e traballadores municipal sanear as contas agora vean de novo hipotecado o futuro do municipio”.
A
presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, visitou hoxe
o Concello de O Rosal, onde mantivo unha xuntanza de traballo coa
alcaldesa, Ánxela Fernández, e intercambiou opinións co persoal
municipal e a veciñanza. A visita institucional, a primeira do
mandato, foi cualificada por Silva como “rápida, concreta e con
decisións”. “Nótase que estamos a traballar entre mulleres”,
remarcou. A alcaldesa, pola súa banda, destacou “o pracer que
supón recibir nun concello pequeno, de 6.000 habitantes, a unha
muller que é unha referencia na política e exemplo de boa xestión”.
“Hoxe”, engadiu, “deuse un paso máis na colaboración entre O
Rosal e a Deputación”.
O
principal acordo entre Silva e Fernández foi a reconversión
integral da Estrada
Provincial EP-3303 entre Tabagón (O Rosal) e Goián (Tomiño) para
apostar pola mobilidade peonil, toda vez que a día de hoxe xa están
en servizo outras infraestruturas que comunican e artellan a bisbarra
e existe unha importante mobilidade a pé nesta estrada, tanto por
parte de peregrinos que buscan conectar coa Variante da Costa como de
persoas que acoden a Tomiño para o seu lecer, realizar xestións ou
compras.
Carmela Silva remarcou
que trátase dunha obra “moi ambiciosa e que terá un importante
custo económico, pero que permitirá marcar unha diferencia no trato
ao territorio, devolvendo o protagonismo ás persoas e recuperando o
que, no pasado, nos arrebataron os vehículos”. Ambas partes
decidiron, diante da envergadura do proxecto, que se iniciará de
inmediato o traballo técnico para establecer a execución da estrada
en tres fases. Ánxela Fernández subliñou que a EP-3303 foi
construída nuns tempos nos que non houbo “a perspicacia” de
pensar que no futuro habería vías alternativas de alta capacidade,
polo que defendeu que sexa reconfigurada para recuperar a mobilidade
peonil. Deste xeito anticipou que hai que ir pensando en conectala
coa senda do río Miño, outro proxecto que é froito da colaboración
comarcal.
Da visita saíu tamén o acordo firme de que a Deputación colaborará con O Rosal na organización dun Congreso de Deporte Feminino da comarca do Baixo Miño. Ánxela Fernández destacou que a existencia dun Servizo de Igualdade na Deputación, que financia proxectos, e dunha presidenta feminista como Carmela Silva abre oportunidades de traballar a prol dunha sociedade máis igualitaria con accións concretas para a comarca.
A rexedora municipal referiuse ao tecido asociativo rosaleiro, no que abundan persoas e profesionais dedicados/as diariamente á promoción do deporte feminino e lembrou que a igualdade só é posible se é unha prioridade para todas e todos. Carmela Silva acolleu a idea e destacou a importancia de que haxa mulleres á fronte das Alcaldías “porque as mulleres temos que estar en tódolos ámbitos de decisión e particularmente no eido local que é onde se toman as decisións que máis afectan ás persoas”.
A
última cuestión abordada foi a planificación que o Concello do
Rosal xa está a facer dos 569.679,54 euros (un 2,4% máis) que lle
corresponden da convocatoria do Plan Concellos 2020, o operativo
provincial que financia regradamente aos 59 municipios de menos de
50.000 habitantes en base a criterios de poboación, dispersión e
extensión territorial. Ánxela Fernández anunciou que gracias á
estabilidade desta fórmula de financiamento pode anunciar a reforma
integral da Praza de Abastos de O Rosal. A alcaldesa puxo en valor “a
gran utilidade que para os municipios supón a existencia dun plan
que reparte obxectivamente os recursos públicos en favor da
cidadanía de a pé”, “e iso non é tan habitual na
Administración pública”, remachou.
O
Plan Concellos, nacido en 2015 co cambio de Goberno na institución
provincial, fixo posible neste tempo a realización de 41 obras, 25
actividades socioculturais e a contratación de 57 persoas paradas
para a atención de servizos municipais. O investimento total, sumado
o Plan Concellos e a totalidade das iniciativas despregadas pola
Diputación en O Rosal durante este mesmo período, alcanza xa os 3,4
millóns de euros, o maior da historia.
Ponteareas conta cun tesouro único que fai historia no mundo da música, hai noventa anos un día como hoxe xoves día 16 nacía en Guláns o mestre Rogelio Groba Groba. Máis de setecentas obras acompañan a traxectoria deste prolífico compositor que sigue amencendo cada mañá coa inquedanza de compor e de trasladar a cada partitura as sensacións e vivenzas do cotidiá.
O concello de Ponteareas quere darlle os parabéns co concerto que ofrecerá a Orquestra de Cámara Galega este venres día 17 ás 20:30 horas no auditorio municipal. Dirixida por Rogelio Groba Otero, fillo do ilustre compositor, contará coa participación do clarinetista Spyros Fakiolas e a pianista Elisa D´Auria.
Este concerto homenaxe será
ofrecido totalmente de balde polo concello de Ponteareas co obxectivo
de achegar a todos os públicos a programación cultural que oferta
de xeito establa ao longo do ano tanto no centro urbano como nas
parroquias.
Rogelio Groba Groba é para Ponteareas un referente e un orgullo do que nos gusta presumir, motivo polo que ano tras ano se consolida o Festival Groba que cada ano brinda a oportunidade de gozar de xeito gratuíto e sen sair da nosa vila dos e das mellores músicos do panorama internacional.
A Orquestra de Cámara Galega
á principal ferramenta de difusión da obra do mestre Groba levándoa
polos escenarios de todo o mundo sendo un privilexio mútuo. “Levamos
25 anos estreando obras do mestre por todo o mundo, unha
responsabilidade pero tamén un orgullo”, explica o director
Rogelio Groba Otero.
Un orgullo ao que se suma a Fundación Rogelio Groba, encargada de velar por este patrimonio musical e cultural en contínua producción que neste ano rexistará outras tres obras máis que o inquedo compositor pontearéan ven de escribir.
O alcalde Xosé Represas amosa o seu profundo agradecemento “polo valor do traballo que Rogelio Groba Groba deixa en herdanza a todas e todos os ponteareáns sendo o compositor máis prolífico da xeración do 51 en España”.
“Queremos darlle as grazas
a Rogelio Groba Groba por toda a súa obra que compón o maior legado
de música para o noso país e para Ponteareas e felicitalo ao acadar
os noventa anos e seguir agasallándonos con novas composicións”,
manifestou o alcalde de Ponteareas, Xosé Represas
O Concello de Salvaterra de Miño vén de presentar o programa de charlas formativas que se impartirán dende o ‘Orquidiario’ do Parque Público A Canuda entorno ao coidado das orquídeas. O parque de Salvaterra de Miño, con máis de 200.000 metros cadrados, alberga o único orquidiario de Galicia e Norte de Portugal con máis de 100 variedades e preto de 500 orquideas.
Esta instalación no que é un auténtico pulmón verde do sur de Pontevedra, fai que sexa unha zona de parada obrigatoria para os amantes desta planta que conta cun espazo moi especial neste parque, que mestura natureza e ocio.
Este ano 2020 ponse en marcha dende o propio Orquidiario un programa de charlas formativas sobre o cultivo e coidado de varias variedades de orquídeas que se levarán a cabo a través da colaboración coa Asociación Portuguesa de Orquidofilia.
Esta asociación creouse no ano 2007 en Lisboa, conta con 546 asociados e, nestes momentos, participa en diversas feiras–exposicións en Portugal e España, xa que colabora xunto ao Concello de Salvaterra na organización da súa Feira–Exposición Internacional de Orquídeas.
Dende a tarde deste mércores día 15 de xaneiro unha avaría obriga a cancelar as viaxes do Ferry Boat que comunica A Guarda e Caminha. A previsión é que se resolva a incidencia na xornada do venres 17 e se recupere a normalidade no servizo.
Para máis información, recoméndase chamar ao despacho de billetes (Tel. 986 61 15 26) no horario de atención ao público, de 10:00 a 13:00 e de 15:00 a 20:00 horas.
O Concello de Nigrán aprobou onte na Xunta de Goberno o proxecto para acondicionar a zona de rodadura do paseo marítimo de Panxón, orzamentado en 122.300 € e que será incluído no Plan Concellos 2020. A actuación comprende o levantamento das lousas dispostas (moitas delas rotas e descolocadas provocando non só as caídas de peóns, se non tamén ruído no tránsito de vehículos e dificultade na conducción) repoñéndoas por adoquinado de pedra de 15 cm de espesor (13x13x10 cm).
Esta obra de mantemento e conservación de firme comeza no entronque do paseo marítimo coa rúa Mariñeiro e finaliza na Travesía Ciudad de Vigo no encontro con Camiño do Regueiro. Durante as obras, cun prazo previsto de 2 meses, o tráfico poderá seguir circulando coas debidas garantías.
“É un tramo que se atopa nun estado calamitoso, provocando caídas contínuas de peóns, polo que tras anos e anos realizando parches compre dar solución definitiva a este problema que existe practicamente desde a orixe do empedrado co conseguinte malestar veciñal; é ademais un dos principais escaparates de Nigrán e presenta unha imaxe negativa que ao fin se solucionará cun adoquín axeitado”, explica o alcalde, Juan González.
O
goberno de Nigrán incluirá no Plan Concellos 2020 un total de
773.305,23€ de investimento para actuacións como a instalación de
saneamento e abastecemento na Carrasca por 138.344 €; a
restauración e posta en valor de 7 lavadoiros de Camos, Parada,
Priegue e Panxón por 129.000€ ; saneamento e reposición de firme
na rúa Carreiro (Panxón) cun orzamento base de 90.547 € e de
51.084 € na Carousa (Camos); rehabilitación das casas dos mestres
de Nigrán para o uso da terceira idade, máis saneamentos…
A Asociación ADAPTA de Ponteareas vén de anunciar a posta en marcha dun obradoiro de pintura enmarcado dentro do programa ‘En-red.arte’, que cofinancia a Conselleira de Cultura da Xunta de Galicia. A iniciativa diríxese fundamentalmente ás persoas con discapacidade, aínda que tamén poderán participar persoas sen discapacidade.
A actividade, que vai iniciar a súa andaina o próximo mércores 5 de febreiro, levarase a cabo nas instalacións do centro Asprodico de Ponteareas e constará de 20 sesións de dúas horas de duración cada una a desenvolver en horario de 17 ho a 19 horas, os luns e mércores.
O prezo total da actividade é de 15 € e os materiais correrán por conta da persoa participante.
O Concello da Guarda celebrou, ounte, 14 de xaneiro de 2020, un Pleno extraordinario co fin de aprobar a Conta Xeral do ano 2018 como estipula a lei. A conta xeral, segundo o Goberno local, “cumpre todos os requisitos para a súa presentación e aprobación no pleno, como son: o dictame da Comisión de Contas e a exposición publica da mesma, (sen que ninguén fixese alegacións) ademais de contar co informe favorable de intervención”.
O alcalde da Guarda, Antonio Lomba asegurou, rematada a sesión, ter sentido “vergoña pola actitude do portavoz do PP, Roberto Álvarez, ao ver que non soamente non se abstiña, senón que votaba en contra da aprobación das contas que temos que remitir á Xunta de Galicia, para poder optar ás subvencións e cumprir coa lei, buscando réditos partidistas e persoais clarísimos”.
A non aprobación e presentación da Conta Xeral, explica o alcalde guardés, “tería producido un importante prexuizo para as veciñas e veciños da Guarda que perderían o dereito recibir subvencións da Xunta para a nosa localidade”. Antonio Lomba non dubida á hora de asegurar que “ese era o seu obxectivo para despois poder recriminar ao Goberno que non é capaz de gobernar”
“
“Ao PP da Guarda non lle importa prexudicar aos seus veciños e veciñas se con iso consegue réditos políticos, como quedou demostrado no pleno da Conta Xeral, onde o seu portavoz Roberto Álvarez avergoñou a todos e cada un dos seus votantes coas súas declaracións”
Pero do que parece que non se dá conta o señor Roberto Álvarez, engade o rexedor local guardés, “polos seus comentarios no Pleno, é que as veciñas e veciños da Guarda non querían un Goberno do Partido Popular e por ese motivo hoxe atópanse na oposición”.
As afrontas constantes cara ao PSdeG-PSOE e ao propio alcalde fixeron que Antonio Lomba tivese que defenderse das malas formas do señor Roberto Álvarez dicíndolle “que tome boa nota do sucedido no pleno de hoxe, onde se constatou que o PP non ten a maioría.”
Así, a pesar do seu voto en contra, saiu adiante a Conta Xeral. O alcalde advertiulle que deixara de poñer paus nas rodas, que se o portavoz do PP cre que tería que ser el o alcalde, presente unha moción de censura, e se non, que deixe traballar aos que realmente queren un beneficio para este concello.
No mesmo sentido, o alcalde Antonio Lomba, agradeceu ao BNG “a súa altura de miras” ao demostrar co seu voto favorable, “que saben recoñecer que é fundamental a aprobación das contas para a boa xestión do Concello”
O
conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia
Francisco Conde, acompañado pola alcaldesa de Redondela, Digna Rivas
e membros do Goberno local, visitaron na mañá de hoxe as
instalacións do Pousadouro, onde 36 persoas en situación de
desemprego participan nos obradoiros ‘Redondela Sostible’ e
‘Redondela Vila Bela III’, iniciativas que se desenvolven ao
abeiro do Plan Galego de Formación para o Emprego.
Alumnos
e alumnas destes obradoiros reciben formación teórico práctica en
carpintería e vernizado, deseño gráfico, cantería e no eido
forestal. Todas elas, apuntou a alcaldesa Digna Rivas, “con ampla
demanda no mercado laboral o que favorecerá a empregabilidade das
persoas participantes”.
O
alumnado destas accións formativas desenvolverá, na parte práctica,
traballos que redunden en beneficio da veciñanza de xeito que,
segundo apuntou a alcaldesa de Redondela, “poidan desenvolver os
coñecementos teóricos adquiridos en traballos ‘reais’ e de
utilidade para o municipio”.
Así
está previsto que, nesa parte práctica, realicen cubertas de
lavadoiros na zona de Chapela e a colocación de mobiliario urbano;
deseño de campaña e carteis para o Concello; actuacións de
ornamentación e colocación de pedra en varios edificios municipais
e mantemento da horta ecolóxica e acondicionamento de espazos
verdes, dependendo da especialidade de cada quen.
Digna
Rivas que agradeceu “a axuda da Xunta de Galicia nestas accións
formativas e a sensibilidade amosada neste eido polo conselleiro
Francisco Conde”, subliñou a aposta do Goberno de Redondela “no
desenvolvemento de accións formativas como factor fundamental para a
inserción laboral das nosas veciñas e veciños”.
A
alcaldesa de Redondela animou aos alumnos e alumnas a ser constantes
e aproveitar esta oportunidade. “Tendes que crer en vos, porque ese
convencemento é fundamental á hora de entrar nun mercado laboral
cada vez máis competitivo”. Digna Rivas cualificou estes
obradoiros de emprego como “imprescindibles” á hora de loitar
contra o desemprego e a exclusión social.
A concelleira de Vías e Obras, Chus Garrote, visitou xunto cos técnicos responsables do proxecto o vial de Duca no que mañá comezarán as obras de ampliación e mellora. As obras deste vial público, sito na parroquia de Santiago de Oliveira, foron adxudicadas por 128.109,04 € e dotarán dunha axeitada accesibilidade á zona de actuación. Na actualidade, o camiño existente apenas permite o paso dun vehículo lixeiro non sendo suficiente para o acceso, por exemplo, de vehículos de emerxencias.
Respondendo á demanda veciñal
ensancharase nun dos tramos o camiño que na actualidade tamén
carece de pavimentación e conta con anchuras inferiores a 2,5 m o
que complica enormemente o paso diario de turismos dos veciños e
veciñas que queren acceder as súas casas.
“Estaba entre os nosos
obxectivos realizar canto antes esta obra para a que traballamos da
man da veciñanza para as conseguir as cesións, estudar a tipoloxía
de muros e a reposición de fosas sépticas”, explica Chus
Garrote.
Con estas obras dotarase o
camiño dun novo pavimento mediante o estendido dunha capa de asfalto
en quente, ensancharase para facilitar o paso de todo tipo de
vehículos e reporánse os subministros que se vexan afectados polas
obras así como os muros e peches.
Ademais Chus Garrote engade que, en coordinación coa comunidade de augas de Santiago de Oliveira “e dando resposta a súa petición, realizarase un novo trazado e se colocará nova tubaxe de abastecemento de auga”.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.