14.3 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeComarcasRedondelaFrancisco Conde e Digna Rivas visitan os obradoiros de emprego «Redondela Sostible»...

    Francisco Conde e Digna Rivas visitan os obradoiros de emprego «Redondela Sostible» e «Redondela Vila Bela III»

    O conselleiro de Economía, Emprego e Industria e a alcaldesa de Redondela estiveron coas 36 persoas desempregadas que adquiren coñecementos teóricos e prácticos nestas accións formativas

    O conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia Francisco Conde, acompañado pola alcaldesa de Redondela, Digna Rivas e membros do Goberno local, visitaron na mañá de hoxe as instalacións do Pousadouro, onde 36 persoas en situación de desemprego participan nos obradoiros ‘Redondela Sostible’ e ‘Redondela Vila Bela III’, iniciativas que se desenvolven ao abeiro do Plan Galego de Formación para o Emprego.

    Alumnos e alumnas destes obradoiros reciben formación teórico práctica en carpintería e vernizado, deseño gráfico, cantería e no eido forestal. Todas elas, apuntou a alcaldesa Digna Rivas, “con ampla demanda no mercado laboral o que favorecerá a empregabilidade das persoas participantes”.

    O alumnado destas accións formativas desenvolverá, na parte práctica, traballos que redunden en beneficio da veciñanza de xeito que, segundo apuntou a alcaldesa de Redondela, “poidan desenvolver os coñecementos teóricos adquiridos en traballos ‘reais’ e de utilidade para o municipio”.

    Así está previsto que, nesa parte práctica, realicen cubertas de lavadoiros na zona de Chapela e a colocación de mobiliario urbano; deseño de campaña e carteis para o Concello; actuacións de ornamentación e colocación de pedra en varios edificios municipais e mantemento da horta ecolóxica e acondicionamento de espazos verdes, dependendo da especialidade de cada quen.

    Digna Rivas que agradeceu “a axuda da Xunta de Galicia nestas accións formativas e a sensibilidade amosada neste eido polo conselleiro Francisco Conde”, subliñou a aposta do Goberno de Redondela “no desenvolvemento de accións formativas como factor fundamental para a inserción laboral das nosas veciñas e veciños”.

    A alcaldesa de Redondela animou aos alumnos e alumnas a ser constantes e aproveitar esta oportunidade. “Tendes que crer en vos, porque ese convencemento é fundamental á hora de entrar nun mercado laboral cada vez máis competitivo”. Digna Rivas cualificou estes obradoiros de emprego como “imprescindibles” á hora de loitar contra o desemprego e a exclusión social.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.