Sábado, 18 Xaneiro de 2025

Baiona acolle este domingo unha nova edición do Cros Escolar do Val Miñor

O antigo campo de fútbol de Santa Marta, en Sabarís, Baiona, acollerá este domingo 19 de xaneiro a partir das 10:45 horas, o XXI Cros Escolar do Val Miñor, que este ano é proba de carácter oficial e clasificatorio para o Cros Escolar Provincial dentro do programa Xogade da Xunta de Galicia.

O Cros está organizado pola Dirección Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e a Concellería de Deportes do concello de Baiona e colabora a Sociedade Atletica Val Miñor, englobado o mesmo dentro do programa de Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar.

O número de participantes rexistrados para esta edición do cros Escolares do 2020 alcanzou a cifra de 636 participantes repartidos entre as distintas categorías: Chupetes, Prebenxamín, Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete.

A Concellería de Deportes e Actividades Marítimas de Baiona continua así a súa programación deportiva do Deporte en Idade Escolar, fai un chamamento a nais, pais, nenos e nenas para que se animen e participen nesta nova edición do cros escolar. A organización entregará a todos os seus participantes avituallamiento.

Para a realización desta proba cóntase coa colaboración de protección Civil Val Miñor, Policía Local, Garda Civil, Cruz Vermella, Pena Moteiros Val Miñor, Sociedade Atletica Val Miñor e a Concellería de Medio Ambiente e Vías e Obras do Concello de Baiona.

Para máis información, os interesados e interesadas poden dirixirse ao pavillón de Deportes Municipal, chamar ao teléfono 986 356 558 ou escribir un correo ao enderezo [email protected]