20 C
Pontevedra
Mércores, 24 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasA Deputación inicia a mellora da mobilidade e seguridade peonil da contorna...

    A Deputación inicia a mellora da mobilidade e seguridade peonil da contorna da igrexa de Guláns

    O deputado de Infraestruturas, Gregorio Agís, acompañado polo alcalde Xosé Represas, asistiu ao inicio dos traballos que teñen un orzamento de máis de 300.000 euros e un prazo de execución de 5 meses

    A Deputación de Pontevedra vén de comezar as obras do proxecto para a mellora da mobilidade e seguridade peonil na estrada provincial EP-4004 de acceso á igrexa de Guláns, dende o PQ 0+000 ao PQ 0+490, no concello de Ponteareas. A actuación, a cuxo inicio asistiu hoxe o deputado de Infraestruturas Gregorio Agís, acompañado do alcalde Xosé Represas, foi adxudicada cun orzamento de 305.023,73 euros. O prazo de execución das obras é de 5 meses nun proxecto enmarcado nos criterios de mobilidade segura da Deputación de Pontevedra.

    O obxecto da actuación é a mellora do firme actual da estrada, a mellora das instalacións e a ampliación da beiravía, o que permitirá mellorar a mobilidade nesta vía. En concreto, levaranse a cabo obras nun tramo de case 500 metros da estrada, que dá acceso á igrexa e o cemiterio de Guláns, así como ao colexio Feliciano Barrera. Ata o de agora, este tramo carecía de elementos de calmado de tráfico e seguridade peonil.

    O deputado Gregorio Agís destacou a importancia desta intervención que “busca a mellora da seguridade peonil e dos servizos públicos”. Ademais, “esta contorna agradece este tipo de actuacións que poñen en valor un espazo, dándolle prioridade a seguridade dos peóns sobre o tráfico rodado”, engadiu o deputado. Por último, Agís tamén fixo fincapé na renovación do alumeado “substituíndoo por un novo sistema máis eficiente e sostible”. Pola súa banda, o alcalde de Ponteareas puxo en valor que a Deputación atendeu a demanda do concello. “Este é un exemplo da colaboración entre institucións”, asegurou, e subliñou que “a intervención será satisfactoria para todas e todos, especialmente para a veciñanza”.

    O tramo da actuación, con velocidade limitada a 30 quilómetros por hora, está composto por unha calzada de dous carrís, de 3 metros cada un, e dúas beiravías de tamaño variable. Así, o proxecto inclúe unha beiravía na marxe esquerda para garantir a mobilidade e seguridade da veciñanza, e na zona da igrexa contempla unha plataforma única compartida con prioridade para os peóns. Ademais, tamén se procederá á mellora e renovación do alumeado público, así como á execución da sinalización horizontal e vertical correspondente.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.