20.5 C
Pontevedra
Venres, 23 de Xullo de 2021
Máis
    HomeVal MiñorNigránSeis entidades de Nigrán de «especial interese ou utilidade municipal» terán unha...

    Seis entidades de Nigrán de «especial interese ou utilidade municipal» terán unha bonificación do 95% no IBI

    As agrupacións que se poden beneficiar e que así o solicitaron son A.VV. 'A Camoesa', CCD 'Bolos da Carrasca', A.VV. 'A Unión', CCR 'O Torreiro', A.C. 'As Angustias' e AVCD 'O Castro'

    O goberno de Nigrán levará ao vindeiro pleno ordinario do 27 de xaneiro a declaración de interese ou utilidade municipal de seis entidades socio culturáis que así o solicitaron por rexistro para conseguir unha bonificación do do 95 % do Imposto de Bens Inmobles (máxima rebaixa permitida por lei e aprobada polo Goberno de Nigrán no 2016).

    Con esta declaración o ‘CRC O Torreiro de Priegue’, ‘Asociación Cultural As Angustias’,‘Centro Cultural y Deportivo Bolos da Carrasca‘, ‘A.V.A.C A Unión de San Pedro da Ramallosa’, ‘Asociación de Veciños A Camoesa’ e a ‘Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva O Castro’ verán rebaixado o seu recibo en preto de 1.300 euros ao ano.

    “Trátase dunha cantidade moi cuantiosa se temos en conta que levan adiante un traballo fundamental durante todo o ano de promoción da cultura e das relacións veciñais”, subliña o alcalde, Juan González, quen recalca “a contribución pública destas entidades á cultura e sempre cunha inequívoca función social”.

    COLABORACIÓNS

    Clafoutis, un postre clásico francés a base de cerezas

    Os presento uno de los postres más conocidos de la repostería francesa, el Clafoutis. Un postre sencillo, con una elaboración y una combinación de ingredientes que le dan una textura y sabor exquisitos. La combinación de almendra y cereza veréis que es realmente deliciosa.

    Tranquila, solo va a nacer tu hijo

    La tecnología nos permite realizar cosas impensables hace unos años. Los avances en disciplinas emergentes (robótica, bioinformática, telecomunicaciones…) hacen nuestra vida más fácil a costa de que dejemos de pensar, trabajar, relacionarnos y esforzarnos física y mentalmente.

    Aposta polo teatro

    A editorial Galaxia vén de inaugurar unha nova colección á que non podemos máis que darlle a benvida, pois vai estar centrada no teatro galego contemporáneo. A pesar de todo o talento que este país manifesta a diario neste eido, en distintos estilos e nos seus máis variados aspectos, o certo é que a publicación de pezas teatrais era ata o de agora tan escasa que case podiamos considerala unha rareza.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    8 POSTS0 COMMENTS
    Ángel Covelo
    6 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    2 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    42 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    34 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    1 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    2 POSTS0 COMMENTS