8.7 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Marzo de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasComezan en Ponteareas as obras de ampliación e mellora do vial público...

    Comezan en Ponteareas as obras de ampliación e mellora do vial público en Duca

    As obras permitirán realizar un novo trazado da tubaxe de abastecemento de auga dando cumprimento a unha petición formulada pola comunidade de Augas de Santiago de Oliveira

    A concelleira de Vías e Obras, Chus Garrote, visitou xunto cos técnicos responsables do proxecto o vial de Duca no que mañá comezarán as obras de ampliación e mellora. As obras deste vial público, sito na parroquia de Santiago de Oliveira, foron adxudicadas por 128.109,04 € e dotarán dunha axeitada accesibilidade á zona de actuación. Na actualidade, o camiño existente apenas permite o paso dun vehículo lixeiro non sendo suficiente para o acceso, por exemplo, de vehículos de emerxencias.

    Respondendo á demanda veciñal ensancharase nun dos tramos o camiño que na actualidade tamén carece de pavimentación e conta con anchuras inferiores a 2,5 m o que complica enormemente o paso diario de turismos dos veciños e veciñas que queren acceder as súas casas.

    “Estaba entre os nosos obxectivos realizar canto antes esta obra para a que traballamos da man da veciñanza para as conseguir as cesións, estudar a tipoloxía de muros e a reposición de fosas sépticas”, explica Chus Garrote.

    Con estas obras dotarase o camiño dun novo pavimento mediante o estendido dunha capa de asfalto en quente, ensancharase para facilitar o paso de todo tipo de vehículos e reporánse os subministros que se vexan afectados polas obras así como os muros e peches.

    Ademais Chus Garrote engade que, en coordinación coa comunidade de augas de Santiago de Oliveira “e dando resposta a súa petición, realizarase un novo trazado e se colocará nova tubaxe de abastecemento de auga”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.