Mércores, 12 Novembro de 2025

Circo, clown, música, teatro e títeres chegan a Ponteareas da man do III Festival Internacional de Teatro de Rúa

A concellería de Eventos, que dirixe a tenenta de alcalde Cristina F. Davila, convida a toda a cidadanía a desfrutar da terceira edición do Festival Internacional de Teatro de Rúa que comeza o mércores día 5  ás 19 horas nos xardíns do Concello. O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e Luis Crespo de Teatro do Zurdo e asesor da programación, presentaron esta nova edición na que non faltarán os mellores ingredientes para encher de ilusión as rúas da vila.

Respectando todas as recomendacións e normas de seguridade sanitarias e de distanciamento, o concello de Ponteareas gozará dunha terceira edición deste tan afamado festival de teatro de rúa que resultou un grande éxito nas súas dúas primeiras edicións.

Máis ca nunca o Concello pide a colaboración cidadá pero, nesta ocasión non só para interactuar co espectáculo, se non tamén para o bo desenvolvemento das actividades sendo escrupulosos e rigorosos no cumprimento das normativas COVID-19. “Este é un festival que convida á participación e á interacción, e podemos seguir sendo cómplices e disfrazarnos e xogar pero, nesta ocasión, mantendo ben as distancias e sempre empregando mascariñas”, explica Cristina F. Davila, quen engade que nos puntos nos que se empracen os espectáculos con cadeiras para o público deberá accederse coa previa desinfección con xel hidroalcólico e colaborando tamén na toma da temperatura e sempre con máscara de seguridade.

Nesta edición o público poderá gozar das actividades ou ben nas rúas do percorrido mantendo sempre as distancias ou nos puntos habilitados como escenarios nas prazas ponteareás que se atoparán delimitados e nos que poderemos estar sentados.

O pistoletazo de saída será o mércores día 5 nos xardíns da Xiralda co espectáculo “A Gran Familia” dos cataláns Fadunito que sairá de aquí á praza Bugallal, rúa Oriente e praza Maior. Ás 19:30 horas na praza Maior Cé Orquestra Pantasma  ofrecerá o espectáculo musical “A voar”. Ás 20:30 horas na praza Maior tamén Fadunito arrancará con “A Gran Familia” rumbo á República Arxentina e Fernández Vega.

O xoves día 6 ás 19:00 horas as prazas de Ponteareas Cidade volverán ser escenario dos cataláns e da súa “Gran Familia” que percorrerá tamén o Paseo Matutino, Rogelio Groba, praza Bugallal, Vidales Tomé, Emilio Rodríguez e rematará na Feira Vella. Ás 19:30 horas na Feira Vella actuará o belga Rudy Dudy que nos achegará o mellor do circo co seu espectáculo “Rastafarudi”. Ás 20:30 horas na Feira Vella voltará o espectáculo de Fadunito para percorrer o Paseo Matutino, Rogelio Groba, Concha Brey, Rosalía de Castro, Redondela e Parque das Pombas.

O venres día 7 chega o momento de disfrazarse de pitiño ou galiña ou do animal que máis gosten para participar no “Paseo dos pitiños” de Biringucho. Ponteareas converterase nun gran poleiro máxico da man de Mamá Galiña para percorrer Fernández Vega, Ramiro Sabell, Castelao e o Parque da Perillana. A charanga Alecríns alegrará tamén as rúas de Ponteareas neste percorrido. Ás 19:30 horas no parque da Perillana sesión de títeres coa compañía galego-cubana Cascanueces que nos agasallará con “Unha armadura con ferruxe”. Ás 20:30 no parque da Perillana volverá rexurdir “O Paseo dos Pitiños” para viaxar á rúa Braña, Fdez Vega, República Arxentina, Esperanza e praza Bugallal. Ás 21 horas o madrileño Máximo Óptimo presentará o espectáculo circense “Optimus” na praza Bugallal. Ás 22 horas na praza Bugallal actuará  a charanga Alecríns.

O sábado día 8 ás 19 horas nos xardíns do Concello arranca “O Paseo dos Pitiños” e todos podemos volver disfrazarnos de galiñas ou poliños para chegar a Trovador Xoán García de Guillade, ao parque Ferro Ucha, ao Paseo Matutino e rematar na Feira Vella coa participación da charanga SDK. Ás 19:30 horas na Feira Vella volve Máximo Óptimo co seu circo “Óptimus” e ás 20:30 horas na Feira Vella teremos unha nova oportunidade de gozar co paseo de Biringucho.

O III Festival Internacional de Teatro de Rúa despedirase de Ponteareas ás 21 horas na praza Maior coa música de Paco Nogueiras e o seu espectáculo “Radio Bule Bule” que nos fará mover o esquelete.

Podes descargar o cartel da programación nesta ligazón.

Mos fomenta a reciclaxe de envases lixeiros no sector da hostalería

0

Os concelleiros mosenses de Recollida de Residuos e Medio Ambiente Sostible, Gonzalo Alonso e Leo Costas, respectivamente, informaron hoxe de que desde o Concello de Mos vense de poñer en marcha un programa de fomento da reciclaxe de envases lixeiros nos negocios de hostalería mosenses mediante a entrega de colectores e outro material.

Para elo o Concello de Mos a asinou un convenio de colaboración con Ecoembes para poder poñer en marcha este proxecto que se realiza con fondos do Convenio Marco entre a Xunta de Galicia e Ecoembes, co fin de mellorar a calidade e achega da recollida selectiva de envases lixeiros (contedor amarelo).

Trátase do proxecto HORECA, que ten como fin incrementar a recuperación de envases lixeiros e de papel-cartón, propoñendo unha ampliación do ámbito das recollidas selectivas existentes na actualidade. Para iso, actúase nun importante nicho de envases asimilables a domésticos existente nos pequenos e medianos establecementos pertencentes ao sector hostaleiro e de restauración.

Deste xeito perséguese conseguir un aumento na taxa de reciclaxe a través da recollida selectiva de envases lixeiros asociada á devandita canle.

Para levar a cabo esta acción, realízase de maneira coordinada entre o Concello de Mos, concretamente as concellerías de Recollida de Lixo e Medio Ambiente Sostible, e Ecoembes. Tras a sinatura do acordo entre ambas entidades, que non implica aportación económica por parte da administración local, detectáronse os establecementos obxecto do estudo que foron a continuación visitados por monitores que lles consultaron o interese de adherirse voluntariamente ao proxecto de establecementos localizados.

O pasado 6 de xullo, a asistencia técnica para a implantación da recollida selectiva no sector de hostalería (HORECA), iniciou as visitas nos locais de hostalería do concello.

Tras elo procedeuse a identificar as necesidades operativas de cada un deles e para a posta en marcha do servizo é necesaria a entrega aos mesmos de cubos/papeleiras e material. Tamén se emprende unha campaña de comunicación e formación aos establecementos participantes que reciben unha pegatina identificativa como “ECOhosteleiro”.

Ecoembes asume todos os custos vinculados á entrega dos cubos/papeleiras e á formación, facéndose cargo tamén do pago dos envases lixeiros recolleitos en liña co indicado no convenio de colaboración.

Máis detalles do proxecto

O Concello de Mos e Ecoembes, entidade sen ánimo de lucro que xestiona a reciclaxe de envases lixeiros e papel cartón depositados polo cidadán nos colectores de recollida selectiva municipal en toda España, están a colaborar nesta nova campaña co fin de facilitar a recollida selectiva e reciclado nos establecementos da canle HORECA en Mos.

Para iso Ecoembes en colaboración con Mos, pon a disposición dos establecementos da canle HORECA, a prestación dun servizo de asesoramento encargado de avaliar xunto a cada establecemento os medios necesarios que facilitarían a participación na reciclaxe de envases lixeiros. Os establecementos que se sumaron á iniciativa, dispoñen de medios para depositar os devanditos residuos nos colectores amarelos municipais.

O sector da hostalería e a restauración ten un importante papel para seguir incrementando a reciclaxe de envases lixeiros no noso municipio. A colaboración e participación dos hostaleiros é fundamental á hora de realizar unha correcta separación de envases lixeiros (envases de plástico, briks e envases de aceiro e aluminio) que se consumen nos seus establecementos para que sexan posteriormente depositados no colector municipal amarelo.

A súa implicación é fundamental para seguir contribuíndo no incremento da reciclaxe de envases lixeiros no municipio e na mellora e conservación do medio ambiente. Grazas ao poder da colaboración de todos os cidadáns, alcanzouse xa unha taxa de reciclaxe global do 74,8% de envases lixeiros e papel cartón.

Nigrán traslada o ‘Festival Solpor’ de Monteferro ás Dunas de Gaifar para poder cumpir con todas as garantías sanitarias

0

O Concello de Nigrán celebra este venres e sábado o seu exitoso festival ‘Solpor’ no espazo público Dunas de Gaifar con Toni Lomba e Llorente&Tribu o venres e Deteriorados e La Franga o sábado. O evento musical organizado desde o Concello, como xa anunciara, abandona este ano o miradoiro de Monteferro para poder manter a gratuidade do mesmo cumprindo ao mesmo tempo con todas as garantías sanitarias, polo que o aforo será reducido e o público deberá permanecer en cadeiras. Un ano máis, contará co patrocinio de Cervezas Alhambra, xa que se trata dun festival que representa á perfección a filosofía da marca, a súa paixón pola música e polo descubrimento de creacións auténticas feitas para gozar cos cinco sentidos.

“Este ano cambiamos o solpor Monteferro polo de Panxón polas circunstancias sanitarias actuais, pero a filosofía é a mesma, gozar dos mellores grupos locais ao aire libre e nunha contorna privilexiada, fronte ao mar e coincidindo cun momento do día máxico”, incide o alcalde, Juan González, quen insiste en que esta edición precisamente non se suspendeu para amosar o compromiso do goberno co festival. “Agardamos que o verán que ven poida regresar a Monteferro porque iso querería dicir que volvemos de verdade á normalidade”.

Esta sublime localización e a indubidable calidade artística dos grupos participantes – todos eles con raigame na comarca- farán, sen dúbida, que a maxia do solpor tome unha nova dimensión en Panxón. “Este ano abrimos o festival con Tony Lomba non por casualidade, se non porque foi símbolo en toda España durante o confinamento grazas a súas actuacións de balcón, polo que teremos sorpresas neste sentido”, avanza o alcalde, Juan González

Venres 7, dende as 20 horas

Tony Lomba

TONI LOMBA é un coñecido crooner da escea galega, un gran showman que reinterpreta de forma gamberra temas de outros e también canta os seus propios, coñecido tamén por ter pertencido a grupos como Unión Penosa, Los 3 Sudamaricones e Tony Lomba & Elio dos Santos, entre outros. A súa versatilidade lévalle temén polos camiños do cantante solista, sentíndose cómodo entre os grandes intérpretes da música lixeira, desde Raphael a Nino Bravo, de Marvin Gaye a Vicente Fernández, de Rod Stewart á música lixeira italiana.

Llorente & Tribu

LLORENTE&TRIBU é un grupo vigués de versións soul, funk, blues, rock, bossa… Formado por Paloma Llorente na voz, Valeria Araujo na percusión, Pablo Garrido no saxo, Humberto Heredia na guitarra e Juan Sánchez no baixo.

Sábado 8, dende as 20 horas

DETERIORADOS son un grupo interxeracional con idades que van dos 22 aos 70 anos inmersos no proxecto ‘Vulnerables’. Composto por Laura Villanueva, Xaime Fandiño, Alfonso, Jesús Rodríguez ‘Chimay’, Héctor Rivero e Anne Tooming, realizan versións de country e blues con grandes doses de enxenio e instrumentos moi peculiares que sorprenderán aos asistentes.

LA FRANGA É un dúo vigués de versións en acústico formado por Fran Brea e Jorge Villar cun repertorio que vai dos grandes clásicos de todas ás épocas e estilos a éxitos de U2, Coldplay, Michael Jackson, The Beatles, Bon Jovi, Oasis, Los Ronaldos, Nacha Pop, Los Secretos, Sabina, Miguel Ríos ou máis actuais como Ed Sheeran, Avicii, The Lumineers o Mumford & Sons. Os temas son a dúas guitarras acústicas, dúas voces perfectamente armonizadas e, en ocasións, pequena percusión ou teclado.

Música, novo circo e cinema, na programación semanal de ‘Volvemos á rúa’ de Tui

0

Esta semana prosegue a programación cultural ‘Volvemos á rúa’ con novas propostas entre as que, a primeira, será a música da man do pasarrúas que o mércores, dende ás 21 h, ofrecerá a charanga tudense A Tu Ritmo. Amais na fin de semana, a partir das 21 h, continúan os pasarrúas o sábado co grupo folclórico Inquedanzas da Asociación Cultural Aloia de Pazos de Reis e o domingo co grupo folclórico San Fins de Rebordáns.

Charanga ‘A Tu Ritmo’

O xoves, ás 21 h chega ao Paseo da Corredoira un espectáculo de novo circo dirixido a público familiar dende os 2 anos. Sempre Arriba con Marta Iglesias convida nesta obra, ‘C’est pas possible’, a saír da rutina e gozar con aquilo que nos gusta. A capacidade está limitada a 100 espectadores.

‘Siempre Arriba’ con C’est pas possible

O venres será novamente a quenda do cinema ao aire libre coa proxección de “Peter Rabbit”. Será ás 22.15 h no Paseo Fluvial con capacidade para 300 persoas.

Para estes espectáculo do xoves e do venres dende este mediodía está xa activa a reserva de entradas en enterticket.es. Pódese realizar a reserva até o día do espectáculo ou até esgotar as prazas dispoñibles.

Cómpre lembrar que nestes espectáculos desenvolvese un protocolo de seguridade ante a situación de pandemia pola COVID19. Deste xeito o aforo está limitado, realízase unha distribución de cadeiras gardando a distancia de seguridade. Os espectadores non poderán mover a cadeira nin cambiar de cadeira unha vez accedan ao recinto, e deberán levar en todo momento a máscara e permanecer sentados. Nos accesos deberanse desinfectar as mans con xel hidroalcohólico, e seguirase o percorrido indicado.

Os Orzamentos Participativos Transfronteirizos Cerveira-Tomiño, premio ‘Autarquía do Ano 2020’

O Lisbon Awards Group concedeu este xoves ao municipio de Vila Nova de Cerveira un premio na categoría ‘Democracia, Igualdade e Participación Cívic-Orzamento Participativo’ na 1ª edición do Premio Autarquía do Ano, co proxecto ‘Participación pública sen fronteiras’ (Orzamento Participativo Transfronteirizo-OPT Cerveira-Tomiño).

Con carácter pioneiro na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, o OPT Cerveira-Tomiño implementouse en 2017, integrando un proxecto máis amplo de participación das poboacións veciñas de Vila Nova de Cerveira e Tomiño na definición de solucións para necesidades comúns, a través dunha Axenda Estratéxica de Amizade para a Cooperación Transfronteiriza Cerveira-Tomiño.

Con catro edicións concretadas, o OPT Cerveira-Tomiño xa ten oito proxectos executados e dous aínda pendentes debido á realidade mundial máis recente provocada pola pandemia da Covid-19. Dotado cun orzamento total de 20 mil euros, desde a primeira edición (2017), o impacto deste mecanismo de participación pública sen fronteiras supera calquera investimento financeiro ou físico, xa que a súa esencia consiste na realización de actividades conxuntas, buscando unha maior cohesión social e un maior desenvolvemento económico a través da cooperación entre os dous municipios.

O Premio Autarquía do Ano, do Lisbon Awards Group, naceu co obxectivo de apoiar aos concellos e freguesías que destacan, nas súas diferentes áreas, polas súas prácticas innovadoras e de xestión rigorosa do interese público. Os gañadores das distintas categorías foron coñecidos este xoves nunha cerimonia que, debido a condicionantes derivados da Covid-19, tivo lugar a través de plataformas dixitais.

Perante a consecución deste premio, o Concello de Tomiño quixo transmitir os seus parabéns aos veciños de Cerveira polo galardón obtido, alén de expresar unha inmensa gratitude por formar parte deste proxecto de cooperación internacional entre os dous municipios. Segundo a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, “recoñecementos coma este animan a seguir tecendo lazos e construíndo pontes para mellorar a vida da veciñanza”.

A rápida intervención da Policía Local de Ponteareas evita a propagación dun incendio nun hotel da vila

O dispositivo especial de vixilancia nocturna da Policía Local de Ponteareas do pasado sábado permitíu actuar con rapidez nun incendio declarado no Hotel Condado da localidade sobre a 1:30 da madrugada, hora en que as dúas patrullas da Policía Local recibiron unha chamada alertando da existencia dun incendio no hotel e dunha persoa atrapada que pedía auxilio.

Tras dar aviso aos bombeiros municipais, os axentes comprobaron que pola xanela dunha habitación do cuarto piso saia unha densa fumareda negra e berros pedindo auxilio. Ao atoparse coas portas de acceso ao hotel pechadas, os axentes entraron no establecemento forzando a porta de entrada e rachando o seu vidro.

Unha vez no interior os axentes subiron ao cuarto andar desaloxando aos hóspedes e procederon a tirar abaixo a porta da habitación na que se estaba producindo o incendio. Mediante o uso de extintores e da mangueira do sistema contraincendios do propio hotel os policías locais rebaixaron e extinguiron as lapas e lograron rescatar á persoa que se atopaba atrapada na habitación.

Acto seguido os bombeiros accederon ao lugar, asegurando a zona e ventilando o edificio. O afectado foi trasladado ao PAC de Ponteareas por posíbel intoxicación por fume. As causas do lume son obxecto de investigación.

O concelleiro de Bo Goberno, Roberto Mera, felicitou aos axentes que interviron no suceso pola súa actuación e a súa profesionalidade e salientou que “o reforzo do cadro de persoal da Policía Local resulta fundamental para velar polo cumprimento das normas de convivencia, pero tamén para dar resposta eficaz a situacións de emerxencia”. Mera sinalou que nesta semana se incorporarán ao cadro de persoal cinco novos auxiliares de policía.

Tui habilita un dispositivo especial da Policía Local na fin de semana para evitar os botellóns

0

A Policía Local de Tui desenvolveu esta fin de semana un operativo especial para evitar a celebracións de botellóns. O venres á noite os axentes disolveron varios botellóns en diferentes puntos do centro urbano e o sábado volveron actuar disuadindo da celebración de botellóns noutros puntos da cidade.

Amais esta fin de semana os axentes realizaron oito propostas de sanción polo non uso de máscara tal e coma establece a normativa, 5 delas o venres pola noite e tres o sábado.

Por outra parte ás 3:43 h do domingo tramitouse unha denuncia administrativa á persoa que conducía un vehículo tras dar positivo no control de alcoholemia en 0,58 mg/l en aire expirado.

Tamén na mañanciña do domingo foron identificadas catro persoas involucradas nunha pelexa, e foron propostas para sanción por alteración da orde pública.

Por último onte domingo, pasadas ás sete da tarde axentes da Policía Local colaboraron con outros corpos de seguridade e sanitarios tras rexistrarse un accidente na PO-304 Tui-Gondomar. Tratouse dunha colisión frontolatera entre un turismo e unha motocicleta. Resultaron feridos de gravidade os ocupantes da motocicleta que foron trasladados a un centro hospitalario de Vigo.

C.B. Nigrán e Panxón Nigrán F.S. organizan un Campus Multideporte

0

O Club Baloncesto Nigrán e o Panxón Nigrán FS organizan, conxuntamente, o primeiro Campus Multideporte, actividade que conta coa colaboración do Concello de Nigrán. O Campus desenvolverase nas instalacións do Pavillón Municipal de Panxón en dúas quendas, a primeira desde o día 10 ao 17 de agosto e a segunda quenda do 17 ao 21.

Ambos os grupos terán horario de 9 h a 14 horas e, para facilitar a conciliación da vida laboral e familiar, a organización ofrece un servizo de conciliación a partir das 8:30 horas cun custo adicional de 5 euros.

As actividades que se desenvolverán no Campus, ademais de baloncesto e fútbol sala, xirarán tamén ao redor de deportes alternativos, xogos populares, olimpíadas deportivas, praias, gymkanas, etc.

Todas e cada unha das actividades programadas cumprirán coas medidas higienico sanitarias anti COViD 19 –grupos reducidos, máscaras, distancia de seguridade, desinfección de material, xeles na recepción e despedida dos nenos e nenas, etc–.

A data límite de inscrición no vindeiro mércores día 5 de agosto quedando, a día de hoxe, prazas valeiras só para a segunda quenda ao terse cuberto o cupo da primeira quenda. As e os interesados poden inscribirse dirixíndose ao mail [email protected] ou nos teléfonos 647 048 966 (Nuria) ou 654 168 876 (Ramón).

Arbo desenvolve traballos de mellora nos camiños rurais cunha achega de Medio Rural

0

O Concello de Arbo dará inicio á obra ‘Acceso Couto-As Laxas’, que se raliza ao abeiro do Plan Marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), ao abeiro do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014–2020. A obra permitirá a ampliación do antedito vial, de titularidade municial e a mellora do trazado e da drenaxe da vía, traballos que contará cun investimento de 38.102,90 euros.

As obras contemplan a roza do terreo, demolición e realización do movemento de terras necesario, escavacións e terraplenados, así como a carga e transporte do material sobrante a entulleira. Inclúese ademáis a execución de muros de cachotería, realización de cunetas formigonadas nos tramos sinalados nos planos, ampliación do vial e posteriormente aglomerado en quente e pintado do eixo e colocación de barreiras de seguridade, son algunhas das obras que constan na memoria do proxecto.

O alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil, responsable tamén da área de Obras, explicou que esta actuación “enmárcase dentro do plan do seu goberno en marteria de investimento e mellora de camiños municipais”.

Gil engadiu en que estes traballos de mellora “suponen unha continuación das infraestructuras rurais que o Concello de Arbo vén realizando nos últimos anos, e que suman máis de 350 obras de melloras e mantenemento”. Neste caso, o investimento realizado no camino ‘As Laxas–Couto’, “permitirá a mellora no camino de acceso a estes barrios e que comenzaron o ano pasado”, remata o rexedor.

Cómpre salientar que dada a superficie do concello de Arbo e o gran número de estradas existentes, “a tarefa de mantelas todas en perfecto estado é complicada sendo necesarios proxectos de pavimentación que rexeneren completamente a rodadura en ditas estradas e que melloren a seguridade viaria coa optimización do trazado”, finaliza Horacio Gil.




O IGE confirma de novo ao Porriño coma un dos concellos que máis medra en poboación

O Porriño mantense entre os cinco concellos de toda Galicia con saldo vexetativo positivo ao rexistrar máis nacementos ca mortes, segundo volveu acreditar o Instituto Galego de Estadística (IGE). O Porriño pechou 2019 con 39 nacementos máis ca defuncións como ven de recoller o estudo “Movemento natural da poboación” que elaborou o IGE e se coñeceu esta fin de semana.

Deste xeito, O Porriño é un dos poucos concellos da comunidade autónoma que continúa a medrar demográficamente nos últimos anos. Incluso neste 2020, como reflictiu que durante o estado de alarma (entre o 13 de marzo e o 12 de xuño) Porriño medrou en 136 habitantes.

Eva García, alcaldesa da vila lembrou hoxe que “O Porriño trae esta tendencia de crecemento demográfico dende hai máis de 40 anos o que convirte a este concello nun caso único en Galicia”.

E como consecuencia desta tendencia positiva, O Porriño xa entrou no “club” dos concellos galegos de máis de 20.000 habitantes. Exactamente son 20.100 habitantes que o INE (Instituto Nacional de Estadística) acreditou ao Concello.

Para O Porriño, superar a barreira dos 20.000 habitantes, “significará a partir de 2021 máis participación nos fondos públicos tanto dos Orzamentos Xerais do Estado como nos Orzamentos da Xunta de Galicia así como acceso directo ás subvencións da Unión Europea”, segundo valorou a alcaldesa do Porriño.

Asimesmo, este salto demográfico traducirase noutros feitos futuros. Un deles será que nas vindeiras eleccións municipais de 2023, os porriñeses xa teran que elexir máis concelleiros pois a próxima corporación local medrará de 17 a 21 membros.

O PP da Cañiza pide un pleno para que o bipartito explique a perda de subvencións por non ter as contas aprobadas en prazo

0

O Partido Popular da Cañiza pediu esta mañá a celebración dun pleno extraordinario para que o Bipartito PSOE-Ciudadanos dea conta das numerosas subvencións perdidas por non ter as contas aprobadas en prazo, e tamén de todas as que non se solicitaron, perdendo importantes investimentos e proxectos para os veciños deste concello.

O voceiro Miguel Domínguez explique que, ademais, tamén se contrataron obras que “sabían que non se ían poder xustificar a tempo e xeraron unha débeda de 112.000 euros nas arcas municipais”, motivo polo que entende que “alguén deberá asumir a súa responsabilidade política”.

Entre a relación de subvencións perdidas, Domínguez pon como exemplo o fondo de compensación ambiental, que por un importe de 112.000,00€ se concede sempre por ter a existencia de parques eólicos no municipio, fondo que non xustificou no 2019 perdendo polo tanto dous anos da mesma axuda. Ademais, non solicitou axudas para mellorar as infraestruturas municipais nin de parques empresariais, para igualdade e prevención da violencia de xénero, para equipamento da escola infantil, para plans de formación ou a creación de viveiros industriais de empresas, entre outras.

Domínguez critica que en febreiro de 2020, Piña xa tiña subvencións perdidas, investimentos sen xustificar en prazo, outras presentadas sen cumprir os requisitos e outras incluso sen solicitar. “Pero continúa dicíndolle aos veciños que non pode atender as súas necesidades e reclamacións porque non hai cartos no concello por culpa do anterior Goberno, cando a realidade é que é incapaz de xestionar o concello, non pide subvencións a Xunta e nin solicita a Axuda Plan Concellos da Deputación para Pago a Provedores que nos corresponde sempre”.

Por iso, entende que “Piña xa non pode seguir co engano da débeda na que baseou o seu primeiro ano de mandato, e co que estivo escondendo a súa inactividade”.

A Guarda acolle o 23 de agosto un encontro de Ioga ao aire libre

0

O Castelo de Santa Cruz da Guarda será o escenario para a realización de “Ioga de Verán”, o segundo encontro de ioga ao aire libre para todos os públicos que se vai desenvolver o domingo 23 de agosto ás 10:30h.

Cada participante deberá traer unha esteira ou toalla, un cinto ou un foulard.

Esta actividade é totalmente de balde, pero é preciso unha inscrición previa no seguinte formulario: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSd2H9Z6-F8mglI7HYZQhs3p8GdbLk0BlteWDbvcwhLfWJlnXg/viewform?vc=0&c=0&w=1

Os interesados en participar poden ampliar información no Departamento de Deportes do Concello da Guarda chamando ao 690 928 751 ou contactando en [email protected].

O Tramo Internacional do Río Miño estreará novas medidas de xestión fluvial durante a próxima tempada de pesca

A tempada de pesca para o ano 2021 comezará con novas normas de xestión dos recursos no Tramo Internacional do Río Miño (TIRM). A proposta foi elaborada no marco do proxecto de cooperación transfronteirizo  POCTEP Migramiño, liderado pola Xunta desde 2017, financiado con fondos europeos e que ten como obxectivo a protección e conservación dos peixes migradores nesta conca.

As novas normas adoptadas de cara ao vindeiro ano van destinadas a protexer as especies fluviais de interese preferente; en concreto, establécense vedas para o uso de redes de trasmallo, butrón e cabeceira, cañas e liñas, reducindo o período hábil de pesca. Tamén se definen por primeira vez cupos e tamaños no exercicio da pesca recreativa para o salmón (1 exemplar), reo e troita (8 exemplares), sábalo (1 exemplar) e saboga (5 exemplares) por pescador e día. No caso de pesca en embarcación duplícanse os cupos, excepto no caso do salmón, que se mantén sen cambios. Tamén se unifica a talla mínima para a pesca do reo e da troita en 25 centímetros.

Grazas ao proxecto Migramiño, esta será a primeira vez que se estableza unha base consensuada para a xestión dos recursos pesqueiros, co obxectivo de adoptar medidas e harmonizar criterios á hora de xestionar o aproveitamento das diferentes especies presentes na conca internacional do río. Parte destas medidas foron consideradas e aprobadas pola Comisión Permanente Internacional do Miño para o seu edicto de pesca 2021 e agárdase que o ano que vén tamén sexan de aplicación nos afluentes pontevedreses do río.

O documento no que se recolle esta proposta de medidas de xestión comúns para a pesca fluvial no TIRM e os seus afluentes foi desenvolvido contando coa opinión das administracións con competencias na xestión da pesca fluvial, expertos científicos e tamén entidades representantes de colectivos de pescadores de Galicia e do Norte de Portugal.

Un total de 31 medidas

En total, acordáronse 31 medidas para lograr unha mellor conservación e protección do ecosistema fluvial, un aproveitamento óptimo dos recursos pesqueiros e unha mellor xestión e harmonización lexislativa da pesca profesional, artesanal e lúdico-deportiva.

Entre as propostas destacan a creación dun coto internacional de pesca recreativa de salmón, a restrición do uso do trasmallo na desembocadura do Miño e da rede de cabeceira, a unificación de cupos de troita e reo e a fixación de cupo para salmón, saboga e sábalo. Tamén se propón a unificación de cuotas e tallas mínimas para a troita nos afluentes galegos e portugueses, entre outras medidas.

Actividade pesqueira no Miño

No río Miño desenvólvese desde hai séculos unha pesqueira que aínda persiste na actualidade e que hoxe se concentra fundamentalmente na angula e na lamprea. Hoxe en día estas especies son un recurso moi importante para a actividade económica a ambos lados do Miño.

De feito, existen máis de 400 pescadores profesionais, 250 embarcacións activas e cerca de 300 pesqueiras en explotación utilizadas por 500 patróns e pescadores. A modo de exemplo, no caso da angula só durante a tempada 2019-2020 capturáronse 1.756 kg.

Nigrán continúa o mércores co programa ‘A igualdade non é un conto’ coa aventura de Daniela Pirata

0

O Concello de Nigrán, a través do Centro de Información ás Mulleres, continúa este mércores 5 de agosto ás 20:30 na Praza do Concello o programa “A igualdade non é un conto”, dirixido á infancia e que inclúe varios contacontos, un espectáculo de maxia e outro de monicreques que se desenvolverán ata o día 5 de setembro en diferentes ubicacións.

Nesta ocasión terá lugar “A aventura de Daniela Pirata”, a cargo de Donde Viven los Cuentos. O programa, cofinanciado polo Ministerio de Igualdade a través do Pacto de estado contra a violencia de xénero, pretende rachar cos prexuízos e esterotipos de xénero desde idades temperás a través da participación activa das crianzas en actividades lúdicas.

A Deputación de Pontevedra abre a inscrición para a primeira “Depo Orienta”, que terá lugar no Monte do Galiñeiro

Grazas a Vive Deporte, a nova programación coa que a Deputación de Pontevedra pon en valor as actividades deportivas sustentables, as persoas amantes da natureza teñen a oportunidade de realizar dúas actividades de orientación. A institución provincial xa ten aberto o prazo de inscrición da primeira destas “Depo Orienta”, que terá lugar o domingo 6 de setembro no Monte do Galiñeiro.

As persoas interesadas en asistir poden anotarse de xeito gratuíto no sitio web da Deputación (www.depo.gal) ata completar o límite das 200 prazas. Aquelas persoas que se apunten con posterioridade, ata un máximo de 100, pasarán á lista de agarda. O prazo para inscribirse, de non completarse antes o aforo, rematará o 31 de agosto ás 12 horas.

Amais da actividade que se levará a cabo no Monte do Galiñeiro, a Deputación tamén ten programado outro desafío de orientación no Monte da Lagoa de Castiñeira. Esta segunda actividade terá lugar o 27 de setembro e as inscricións poderán realizarse dende o día 7 do mesmo mes. O obxectivo das persoas participantes en “Depo Orienta” é realizar no menor tempo posible un percorrido marcado no terreo por puntos de control e coa axuda dun mapa, que se lles entregará xunto co material preciso para a realización da actividade no punto de partida.

“Vive Deporte” ten como obxectivo fomentar o deporte á vez que se pon en valor os montes da provincia, a súa riqueza natural, ecolóxica e patrimonial. O programa está dirixido a todas aquelas persoas que gocen do deporte en contacto coa natureza e aposten por actividades sustentables e inclúe, aparte das actividades de orientación, unha trintena de rutas e andainas.

O mercadillo semanal dos sábados pasa aos venres o 7 e 14 de agosto na Guarda

0

O Concello da Guarda informa que o mercadillo semanal, que habitualmente se celebra os sábados na vila da Guarda, pasa a celebrarse os venres na semana do venres 7 e venres 14 de agosto.

Deste xeito esas semanas non se celebrará o mercadillo semanal no sábado e adiántase á xornada previa do venres.

Arrancan as obras de reforma e acondicionamento das instalacións do Campo Municipal de Dextros

O Concello de salvaterra de Miño ven de firmar un un convenio de colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia para cofinanciar e levar a cabo diversas obras de reforma e mellora nas instalación do Campo Municipal de Dextros, solicitadas tanto pola Sociedade Deportiva Salvaterra como polos propios afeccionados, e as cales a rexidora municipal se comprometeu dende un primeiro momento co fin de telas finalizadas antes de que empece a nova tempada.

O obxecto desta obra é acondicionar os baños exteriores do campo e adaptalos á minusválidos ademais da mellora xeral das instalacións; estas melloras se corresponden tanto con actuacións de fontanería e albañilería nos baños de cabaleiros e señoras, coma nos vestiarios do equipo  local e visitante, engadindo tamén unha reforma na  oficina existente entre os propios vestiarios e a grada do campo onde o propio club ten a súa oficina, umha obra de reforma que ascende a 10.432,40€, dos cales a Secretaría Xeral para o Deporte achegará 6.067,68€ e o Concello de Salvaterra de Miño aportará 4.364,72€

O Concello de Salvaterra  de Miño mostra unha vez máis a súa insistencia co deporte sumando este proxecto á obra recentemente rematada nas Instalacións do Casal, onde se acaban de instalar unha pista de pádel e a reposición do céspede sintético do campo de fútbol, mellorando de maneira notable as facilidades para a práctica deportiva e convertindo as súas instalacións en  referentes da comarca.

Arbo celebra a Semana Gastronómica coa LX Festa da Lamprea e a XXV Festa da Lamprea Seca

0

O 14 de marzo de 2020 entrou en vigor o Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, no cal se estableceron medidas dirixidas a limitar a mobilidade da cidadanía que derivou nunha situación excepcional, o que supuxo para o Concello de Arbo, suspender todos os actos que tradicionalmente xiran en torno a LX Festa da Lamprea, que este ano cumpría a súa sesenta edición.

A Festa da Lamprea pretende poñer en valor o traballo feito en cada etapa polas diferentes corporacións municipais; polos Comités de Honra, polas comisións de festas; polas cociñeiras e cociñeiros, polos agricultores que colleitan o viño, polos pescadores que traen o peixe; polos hostaleiros, polas asociacións veciñais, culturais e deportivas; e por todos os demais implicados, con especial mención aos pioneiros, pensadores da idea e creadores do “Día da Lamprea”, que desde a edición inicial albiscaron na gastronomía un feito de relevancia socioeconómica e cultural, non podía quedar este ano no olvido e sen celebración  .

A primeira Festa da Lamprea Seca tivo lugar no ano 1996, sendo concelleiro de cultura o actual alcalde, Horacio Gil, co obxectivo de dar continuidade á promoción desta delicia gastronómica, poñendo en valor estoutras formas de preparar a  lamprea fóra de tempada, que permiten, desta maneira, degustala durante todo o ano, é como non podía ser de outra maneira a XXV Festa da Lamprea, cumprira o seu 25 aniversario  dacordo a situación de crise sanitaria actual

O Sector turístico, clave na economía local, foi  un dos máis prexudicados pola crise, con todos os seus establecementos pechados. Co agravante de que a pandemia chegou cando arrancaba a tempada da Lamprea, un período fundamental para a rendibilidade cafeterias, bares, restaurantes, casas de turismo rural…. Ademais, afectou de cheo  o mes de abril, donde ademais de conincidir a semana santa, se celebra tamén a Festa da Lamprea.

Dende o Concello de Arbo e dentro do plan de reactivación redactado e presentado aos todos os sectores esta a celebración da LX Festa da Lamprea e a XXV Festa da Lamprea adaptada as circunstancias do COVID-19, atopase contemplada a celebración de actos evitando aglomeracións pero que permite aos visitantes e peregrinos disfrutar de este manxar delicioso como é a Lamprea, que ademais e o sinal de identidade da Vila de Arbo.

O primeiro menú que servirán Restaurante os Pirus estes nove días custa 25 euros e inclúe catro pratos: empanada de  lamprea,  lamprea rechea con  salpicón,  lamprea seca afumada con  fideos e chícharos, de sobremesa postre según carta de restaurante e café. A segunda opción, de cinco pratos, custa 30 euros e inclúe empanada de  lamprea,  lamprea rechea con  salpicón,  lamprea seca asada ou frita,  lamprea seca afumada con  fideos e chícharos, postre según carta de restaurante e café.

A Semana Gastronómica está dirixida tamén a aqueles que están a pasar as súas vacacións na comarca ou os arredores, para que veñan gozar deste manxar exquisito tradicional de Arbo, cuxa preparación se foi transmitindo de xeración en xeración e para todos os que ano tras ano  son fieis a Tempada da Lamprea e a degustación nos días da Festa, da Lamprea na Carpa de Arbomostra – manifesta o alcalde de Arbo, Horacio Gil.  A Festa da Lamprea, é a festa gastronómica máis antigua de Galicia, eleva a degustación desta exclusiva exquisitez ao estatus de culto. Xa os emperadores romanos facían que lles levaran lampreas das nosas “pesqueiras” a Roma,  e o último fin de semana de abril son milleiros de persoas as que se acerquen a Arbo para cumprir coa súa peregrinaxe anual ao templo da lamprea – remata Horacio Gil 

Os actos da LX Festa da Lamprea e da XXV Festa da Lamprea Seca tamén teran cine e máxia, e rematarán coa Gala da Lamprea que terá lugar o día 9 de agosto na Praza Consistorio, donde se ten programado a entrega de premios do Concurso de redacción e debuxo do CEIP Antonio Carpintero, premiados do concurso do Cartel da LX Festa da Lamprea e do Certame Brais Alonso, así como a entrega de diplomas aos voluntarios e voluntarias que coa súa solidaridade teceron mascarillas reutilizables para os comercios, empresas e veciños e veciñas de Arbo, as adegas que puxeron a disposición a súa maquinaria para desinfección de lugares públicos e aos voluntarios que desinfectarón, así como  o final do acto se descubrira unha placa a favor do pobo de Arbo, Arbense Distinguido 2020 polo seu comportamento exemplar durante a crise sanitaria que afectou a todo o  mundo.

A AECT do río Miño afirma que “se segue a ignorar a realidade de miles de traballadores e traballadoras transfronteirizos

O AECT do Río Miño enviou onte un escrito à Presidencia da Xunta, a Conselleria de Sanidade e mais á DX de Relacións Exteriores amosando a súa perplexidade perante as medidas adoptadas considerando “sorprendente que a medida proceda da Xunta de Galicia, despois de meses de pronunciamentos e manifestacións de alcaldes e presidentes de cámaras denunciando o impacto negativo das medidas impostas polos gobernos de Madrid e Lisboa relacionadas co peche de fronteiras por motivo do COVID-19”.

Esta reacción conxunta aparece despois de que se publicase no Diario Oficial de Galicia a Orde do 27 de xullo da Consellería de Sanidade na que se establecen as medidas preventivas para facer fronte á crise da COVID-19.

Uxío Benítez, deputado provincial e director do AECT do Río Minho declara que “Sorprende e irrita que suceda isto despois de todo o que levamos dicindo sobre o impacto negativo das medidas relacionadas co COVI-19 na nosa fronteira” engadindo que “deberíase actuar con prudencia e sensibilidade, ademáis de consultar aos que coñecemos a situación na fronteira“.

A orde non está concibida tendo en conta os fluxos laborais de persoas que cruzan a fronteira do Miño diariamente. Tería que facerse mención específica á súa circunstancia “e debería marcar un itinerario ou protocolo claro e específico que contemplara a realidade dos traballadores e traballadoras transfronteirizas, xa que non todo o mundo pasa a fronteira por turismo e moito menos agora”.

“Levamos reivindicando a visibilidade dos fluxos transfronteirizos desde o inicio da pandemia. Enviamos informes da Universidade de Vigo á Xunta de Galicia e a outras institucións. A pesar a isto séguese sen considerar os fluxos laborais na promulgaciónde medidas de control sanitario (necesarias desde logo, pero que deben estar adaptadas a cada realidade específica para non causar mais prexuízos)”, sinala un comunicado da AECT do río Miño

Segundo este organismo, a resolución “está xerando unha enorme confusión, falta de confianza e restricións dentro da poboación, incluso debido á falta de aclaración do seu propósito. Polo tanto, pode ser un golpe negativo con impacto nas relacións sociais, comerciais e, fundamentalmente, na economía transfronteiriza”.

O presidente da Cámara de Vila Nova de Cerveira, Fernando Brito Nogueira, que tamén asume o cargo de subdirector da AECT Río Minho -a entidade que liderou as protestas para flexibilizar o paso dos traballadores transfronteirizos ao pechar as fronteiras-, tamén fai un chamamento ao sentido común das autoridades, portuguesas e españolas na área de saúde pública, para que a toma de decisións non sexa allea aos contextos epidemiolóxicos reais. “Polo momento, os dez concellos que formamos o Alto Minho non rexistran unha grave situación pandémica que xustifique esta medida, eu diría que discriminatoria”, sinala o rexedor portugués.

Uxío Benítez engade que “cando os alcaldes e alcaldesas de ámbalas dúas marxes do treito internacional do río Miño, se manifestaron hai un mes nas pontes internacionais, a favor da apertura dun maior número de pasos fronteirizos co fin de evitar prexuizos aos traballadores e traballadoras transfronteirizos, a Xunta de Galicia dixo ter trasladada tal reivindicación ao Goberno do Estado. Sorpende que agora, a Xunta, unha vez recuperadas as competencias sanitarias tras o estado de alarma, sexa a que non teña en conta a situación delicada da área fronteiriza con Portugal”.

Galicia mantén importantes relacións comerciais económicas e sociais co norte de Portugal, e non se pode comparar con países que están a miles de kms cos cales non hai apenas relacións.

A rexión do Norte portugués e máis Galicia manteñen relacións institucionalizadas desde hai décadas, polo que non se entende porque estas cuestións non teñen sido tratadas nunca de xeito bilateral nos organismos de cooperación que foron criados ao efecto e que esmorecen por falta de interese. O AECT Río Minho leva solicitando insistentemente á Xunta a convocatoria da comisión de Traballo Galicia Norte de Portugal para abordar a situación criada na fronteira pola pandemia COVID-19, sen apenas resultados.

Redondela investirá máis de 600.000 euros na mellora enerxética dos edificios municipais e o alumeado público

0

O Goberno de Redondela contratará a realización dunha auditoría enerxética que determine as actuacións e traballos que se deben desenvolver, tanto nos distintos edificios municipais coma no alumeado público de cara “a mellorar a optimizar a súa eficiencia e diminuír as emisións de CO2”.

A auditoría será a encargada de avaliar os edificios sobre os que se debe actuara en primeiro lugar como é o caso da Casa do Concello “tanto por ser o edificio onde se concentran o maior número de traballadoras e traballadores como por ser o lugar onde a veciñanza leva a cabo a maioría das súas xestións”.

“Unha vez realizado este paso previo –explica a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas– contaremos con datos fiables do consumo enerxético e do gasto asociado a fin de conseguir unha optimización no consumo que, amais de reducir a contaminación, supoña unha notable redución do gasto en este concepto”.

Cómpre salientar que a meirande parte de instalacións, edificacións e equipamentos municipais configuráronse sen considerar ningún tipo de medida de eficiencia enerxética, polo que, nas medidas a adoptar, “haberá que traballar sobre as melloras das envolventes térmicas, instalacións de calefacción, climatización e auga quente sanitaria ou mesmo a través de substitución de carpinterías exteriores”, engade a rexedora local.

Do mesmo xeito, o Concello coñecerá con exactitude a situación do alumeado público o que permitirá mellora, non só a súa eficiencia, senón detectar as liñas de maior consumo e que, polo tanto, precisan dunha actuación para a súa mellora.

O Concello destinará, para estes traballos un investimento de máis de 600.000 euros (605.769,00 €) cofinanciados polos Fondos Feder Redondela 2020 constitúen o obxectivo “Racionalización da eficiencia enerxética” dentro das liñas da “Rehabilitación enerxética de edificios públicos, mellora do alumeado público e fomento das enerxías renovables en equipamentos públicos”.

Areeiro salienta o bo estado fitosanitario das viñas, favorecido polas condicións meteorolóxicas

A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, vén de lanzar un novo aviso fitosanitario no que salienta o bo estado xeral das viñas debido ás condicións climatolóxicas e subliña que a progresión da maduración das uvas debido á calor deste mes de xullo pode motivar o adianto da vendima, de continuar a actual situación.

Recomenda, non obstante, unha maior vixilancia das avelaíñas do acio, pola súa relación coa enfermidade da botrite, ao estar as uvas máis sensibles a este patóxeno por ese proceso de maduración. Porén, o aviso de Areeiro fai referencia a que as condicións de humidade e temperatura previstas non son favorables a este patóxeno e que amais, a presenza de podre está relacionada coa existencia de feridas nas uvas e neste momento os grans en xeral están bastante sans. Non obstante , neste senso suxire seguir con atención a evolución dos acios nas vindeiras semanas.

O persoal especialista de Areeiro destaca tamén no aviso a boa situación das viñas respecto ao mildio. Deste xeito, nin nas fincas da Estación Fitopatolóxica nin nas revisadas e as abandonadas apareceron sequera síntomas nos gromos novos. Engade que os acios xa empezan a estar libres de poder ser afectados debido ao estado fenolóxico actual, pero non así a folla e os pampos, e co estrés destes días as plantas non poden perder máis folla da que xa está a caer pola climatoloxía debido a que pode interferir na boa maduración da uva. Porén, en ausencia de choivas non se espera ningunha nova contaminación, e a iso apuntan as previsións meteorolóxicas, polo que apunta que non será preciso renovar os tratamentos.

Respecto ao oídio, o aviso sinala que nas revisións desta semana volveron a observarse focos de acios afectados nas viñas que veñen arrastrando síntomas, pero de pequena superficie, e que afectan aos acios onde primeiro se desenvolveu a enfermidade e aos próximos. Aínda que coas condicións climatolóxicas actuais e as próximas de tempo seco non existe tanto risco de perda de acios ao estar no pintado, Areeiro sinala que haberá tamén que manter a vixilancia nos predios onde se detectara a enfermidade na campaña.

E, no caso do Black-rot, o risco tamén é baixo, porque os acios son a estas alturas da campaña inmunes á enfermidade, e só poderían ter lugar contaminacións nas follas nas viñas con presenza do fungo de producirse choivas, o que parece que non sucederá nos próximos días.

Consecuencias da eiruga Lobesia

O aviso fitosanitario refírese tamén ás avelaíñas do acio, ao sinalar que aínda que se manteñen en niveis moi baixos as capturas de machos nas trampas, na práctica totalidade de viñas visitadas hai presenza dalgunha penetración de Lobesia botrana. Sinala que é fundamental facer seguimentos específicos en cada predio para decidir sobre a conveniencia ou non de realizar unha intervención. Deste xeito, insiste en que non deben ser intervencións inxustificadas para protexer á fauna beneficiosa que existe nas viñas.

Tamén se incrementaron o número de capturas de adultos de cicadelidos nalgunhas viñas de seguimento habitual, pero na súa maioría eran da especie Zygina rhamni, que non ten importancia. Canto ás ninfas nas follas, hai poucas en todas as viñas. Por esta razón, o persoal da Estación considera que os síntomas que serían compatibles cos ataques de cicadelidos son debidos a causas non bióticas como a seca, carencias ou acidez. Doutra banda, aínda non se recolleron exemplares nin se viron ninfas do Scaphoideus titanus, vector da flavescencia dourada, grave patoloxía de corentena que está detectada en Portugal, pero non en Galicia.

Nalgunha zona do Salnés, detectáronse síntomas das picaduras de trips, pero os recontos de individuos nas follas deron resultados moi baixos. Aínda así, Areeiro suxire manter a vixilancia. Amais, nalgunhas viñas onde xa estaba presente o ácaro, aumentou de xeito notorio o número de brotes afectados pola erinose de verán. En canto ás outras especies de ácaros fitófagos, non se atoparon exemplares nas mostras, senón varios individuos de ácaros fitoseidos útiles, que regulan de xeito natural as poboacións dos fitófagos.

Areeiro alertou de que continúan outras incidencias nas plantas da viña: plantas con síntomas de alteracións de madeira, acios con golpe de sol e síntomas de déficit hídrico.

Doutra banda, o aviso fitosanitario refírese a outros cultivos como a maceira. Así, advirte de que continúan incrementándose as colonias do pulgón laníxero nas plantas revisadas, e tamén esta semana se recibiu no centro unha mostra cunha elevadísima porcentaxe de individuos parasitados, a maioría con buracos de emerxencia do parasitoide. Amais, Areeiro apunta que xa é un bo momento para instalar as bandas de cartón ondulado arredor dos troncos para que as eirugas de cydia pomonella vaian cara elas. Estas bandas deben quedar nas plantas ata o outono e despois hai que retiralas e a súa finalidade é reducir as poboacións para a próxima campaña.

Así mesmo, apunta que coa froita en fase de maduración, hai danos (por paxaros, pola avespa asiática…) que están facendo que as mazás empecen a podrecer. Tamén se observou nesta semana un macho de Drosophila suzukii (mosca que pon os ovos en moitas froitas e cuxas larvas se alimentan da polpa) nunha mazá, polo que o persoal de Areeiro recomenda eliminar tanto a froita con podremias na árbore como a do solo, que tamén é xa frecuente.

No que respecta aos cítricos, Areeiro sinala que nos controlados diminuíu a presenza da psila africana. Non obstante, nesta semana recibíronse numerosas consultas sobre esta praga, cuxas poboacións poden reducirse eliminando os gromos tenros, colocando trampas engomadas amarelas na zona das árbores e, se así non se consigue frear o avance da praga, tratando con aceite de parafina 54,6% ou deltametrin 1,5 e 2,5%. É importante destacar que nas follas ben desenvolvidas (xa grosas) os síntomas permanecen pero xa non hai formas vivas nelas. No caso da nogueira, o aviso refírese a que xa se produciron capturas de rhagoletis completa,, o cal supón un adianto de dúas semanas en relación aos anos anteriores (desde o 2017). Este insecto é típico da casca verde da noz, que podrece e seca, e que diminúe a calidade das noces así como a cantidade, porque ataques temperás fan caer os froitos que se están a formar. En España xa hai dispoñibles feromonas para detectar a presenza desta especie, o cal xa reduce as poboacións, pero é moi importante retirar os froitos que caian prematuramente no solo para evitar que as larvas se enterren para poder transformarse en novos adultos.

Doutra banda, no que se refire ao buxo, non se atoparon eirugas da Cydalima perspectalis (bolboreta do buxo) nas sebes e plantas illadas visitadas e, de feito, están amosando certa brotación, mesmo plantas abandonadas seriamente afectadas pola praga. E, no caso do piñeiro, capturáronse machos de procesionaria nas trampas de feromona instaladas en dous xardíns.

Mondariz continúa sen orzamentos municipais actualizados

0

O goberno de Mondariz levou este venres ao Pleno da Corporación Municipal a súa proposta de Orzamento Xeral para o exercicio 2020, despois de varios meses de conversas cos diferentes grupos políticos. A proposta, que era austera pero incluía partidas para facer fronte a obrigas financieiras do Concello tan importantes como a débeda acumulada desde 2017 coa Xunta de Galicia pola xestión do Centro de Día, non foi aprobada polos votos en contra de Alternativa por Mondariz e Partido Popular, que superaron aos votos a favor de BNG, PSOE e Ciudadanos.

“O goberno iniciou o diálogo cos grupos políticos de oposición o ano pasado. Durante a primeira fase de diálogo, consistente en reunións por separado con cada grupo político para intercambiar puntos de vista e comprobar que había interese en consensuar uns novos orzamentos municipais, mantivéronse reunións con PP e Ciudadanos, porque AporM rexeitou esta modalidade de diálogo inicial e non quixo participar”, explica o alcalde de Mondariz, o nacionalista Xosé Emilio Barros.

Nas últimas semanas, engade o rexedor local, co plan orzamentario para este exercicio 2020 xa preparado, “houbo ata tres reunións conxuntas nas que todos os grupos políticos puideron manifestar as súas opinións, mais non se fixeron propostas construtivas respecto ao plan orzamentario”. “O goberno chegou á sesión plenaria coa esperanza de que AporM ou PP se abstivesen na votación para facilitar a necesaria actualización do orzamento municipal”, engade Barros.

O Concello de Mondariz funciona actualmente cun orzamento pensado para 2017, xa que foi prorrogado durante dous anos, sen ter en conta as necesidades municipais. Esta situación provoca que non haxa partidas orzamentarias para facer fronte ás actuais obrigas financieiras, dar resposta ás lexítimas demandas dos veciños e das veciñas ou promover o desenvolvemento local de Mondariz. “Actualizar o orzamento municipal é unha cuestión de responsabilidade política. Os grupos políticos están informados da grave situación financieira do Concello de Mondariz desde fai tempo e saben que hai pouca marxe de manobra porque os gastos estruturais, como os gastos de persoal (47,93 %) e os gastos correntes en bens e servizos (36,27 %), son amplamente maioritarios. Por parte do goberno houbo unha transparencia total”, comenta o alcalde de Mondariz.

Entre as novas partidas que se incluían no plan orzamentario do goberno municipal había axudas para as traídas de augas veciñais, o baleirado de fosas sépticas e o desenvolvemento rural nas parroquias. Tamén se recoñecía o dereito das entidades locais menores a percibir polo menos o 25 % da recadación fiscal entre os seus veciños e veciñas, “que é unha reclamación histórica avalada este ano por unha senteza xudicial”. Os incrementos de gastos en transferencias e persoal, alleos á decisión política, obrigaron a conter o gasto corrente en servizos e asumir unha necesaria austeridade.

Xosé Emilio Barros apunta que “AporM alegou na sesión plenaria que as contías das partidas destinadas a traídas de augas veciñais non eran suficientes, pero aquí o máis importante é crear a partida. Se non hai partida orzamentaria é imposible dar resposta ás necesidades, e as traídas veciñais son fundamentais para a xestión dun servizo tan básico como o suministro de auga”.

“Tamén dixo que non era o momento de recoñecer o dereito das entidades locais menores a percibir o 25 % da súa recadación fiscal, como manda a lei. O goberno xa deixou claro que abriría un proceso de negociación con Vilasobroso e Queimadelos para determinar as competencias que debían asumir en contrapartida, pero se realmente hai vontade de solucionar este asunto é preciso crear unha partida orzamentaria” subliña o alcalde mondaricense.

Tanto o alcalde, Xosé Emilio Barros, como o concelleiro de Facenda, José Luis Fernández, manifestaron a súa decepción “pola frivolidade e a inconsistencia de AporM e PP na valoración da situación municipal derivada da mala xestión política dos gobernos anteriores, especialmente no ámbito económico-financieiro”. Malia esta votación en contra, “o goberno continuará optimizando os recursos dispoñibles e traballando desde este mesmo luns para presentar, canto antes, un novo plan orzamentario para o vindeiro exercicio 2021”, comenta Barros.

Nigrán poderá acometer a humanización da rúa Otero Pedrayo logo de que a Xunta dera luz verde ao cambio de titularidade do vial

0

O alcalde de Nigrán, Juan González, xunto a ‘A.V. Monteferro’, comunicou onte á veciñanza da contorna de Otero Pedrayo a aprobación onte por parte do Consello da Xunta do cambio de titularidade desta rúa a favor municipal, o que permitirá ao fin ao Concello emprender obras de humanización en solitario por valor de 1,5 millóns de euros. O goberno local levaba seis anos reclamando á Xunta unha intervención nesta estrada autonómica, que se atopa nun estado calamitoso e conta coas beiravías peor conservadas da provincia, chegando ao punto de pedir no pleno ordinario de xaneiro que directamente fose transferida ao Concello para non depender máis do goberno autonómico (incluso no 2016 a unanimidade da corporación reclamara á Xunta que asumise as obras de xeito inmediato, tamén sen resposta).

“Agora que a estrada pasa a ser municipal ao fin ímos emprender estas obras que son urxentísimas e que durante máis de 6 anos viñemos reclamando á Xunta sen resposta algunha, o intentamos por todos os medios e esta é a única solución. Xa temos un proxecto e que non lles quede ningunha dúbida aos veciños de que é un asunto prioritario e urxente para este Concello”, resume o alcalde, Juan González, quen califica a situación de Otero Pedrayo como “absolutamente calamitosa, cunhas beiravías esnaquizadas, e uns servizos que tanto ambientalmente como estruturalmente supoñen un gran problema para Nigrán”. Compre sinalar que esta estrada vertebra o municipio ao comunicar o núcleo urbano de Nigrán con Panxón e conta con ducias de denuncias por mor da caída de peóns debido ao mal estado xeral.

Precisamente para avanzar prazos, o Concello conta cun proxecto desde febreiro deste ano que cifra o investimento en 1,5 millóns de euros, contía que, definitivamente, asumirá en solitario con cargo ao remanente de tesourería ou mediante crédito, “a única solución pasa, lamentablemente, por asumir sen axuda algunha da Xunta estas obras que, realmente, tiñan que ter feito eles hai xa moitos anos ao ser unha estrada da súa competencia”, incide González. O proxecto, do que xa se foron tramitando os pertinentes permisos, contempla a renovación de toda a pavimentación ampliando as beirarrúas, nova rede de abastecemento e saneamento, iluminación, arbolado, xardinería e mobiliario urbano, asi como nova sinalización. “Será unha reforma integral desta estrada de 1,8 km e que se atopa en estado pésimo”, argumenta González.

“Este é o paso definitivo porque as obras dependerán só de nos, e estamos totalmente comprometidos. Xa temos o proxecto e estamos a esperar os diferentes informes sectoriais para aprobalo definitivamente e abrir o proceso de contratación, con todo, agardamos que a finais de 2021 a nova rúa Otero Pedrayo sexa xa unha realidade”, resume.

Adegas ‘La Val’ entrega a recadación íntegra do seu ‘La Val Solidario’ á asociación ‘Alento’ de Vigo

Adegas La Val, unha das marcas pioneiras da Denominación de Orixe Rías Baixas, fixo entrega onte aos representantes de ALENTO (Asociación de Dano Cerebral Adquirido da provincia de Pontevedra) dun cheque polo importe íntegro resultante da venda das 200 botellas da III Edición Limitada do seu albariño ‘La Val Solidario 2019’.

O acto de entrega nas instalacións das adegas situadas en Salvaterra de Miño e nel, Fernando Bandeira, socio e xerente de Adegas La Val e Antonio Ruiloba, socio e administrador, entregaron un cheque por valor de 1.600 euros a Gracinda Pampillón Campos e Gonzalo Mira Villar, presidenta e xerente de ALENTO respectivamente.

Bandeira asegurou que “para nós foi un pracer poder colaborar con Alento a través deste proxecto social e, máis aínda, dada a situación actual. Tivemos a oportunidade de visitar a Asociación e é incrible o labor que fan e tremendamente necesaria”.

Alento destinará esta doazón a un dos seus proxectos: o ‘Horto Ecolóxico Terapéutico’, un horto adaptado que, durante o pasado confinamento, tivo especial relevancia para as persoas pertencentes a esta Asociación.

Pola súa banda, Gracinda Pampillón, presidenta da Asociación, expresou a súa ledicia e agradecemento “por ser os beneficiarios desta III Vendima Solidaria. Foi moi bonito o desenvolvemento do proxecto: ir á adega a vendimiar o pasado setembro, o posterior deseño da etiqueta da Val Solidario 2019 na Asociación e, agora, ver os resultados. Esta acción parécenos moi necesaria e enriquecedora.”

Péchase así o ciclo iniciado coa III Vendima Solidaria, tras a venda do albariño ‘La Val Solidario 2019’ e a entrega do cheque á Asociación Alento. O próximo setembro, co inicio da vendima e se a situación actual permíteo, terá lugar a IV Edición deste proxecto social iniciado en 2017, co que Adegas La Val quere amosar o seu compromiso coa sociedade.

O Hospital Álvaro Cunqueiro acolle a obra que a artista baionesa Lula Goce realizou para os Premios da Cultura Galega

O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo; o xerente da Área Sanitaria de Vigo, Julio García Comesaña, e o secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade, Alberto Fuentes, inauguraron hoxe o mural Xa che Vigo, a obra de gran formato que a artista baionesa Lula Goce elaborou para a escenografía dos Premios da Cultura Galega 2019 e que foi colocada na zona de consultas do complexo hospitalario. Ao acto asistiron tamén membros do equipo directivo da Área Sanitaria.

Para realizar esta peza Goce, que tamén estivo presente na inauguración, estableceu tres referencias principais. A primeira, a propia cidade olívica, coa presenza dalgúns dos seus espazos máis emblemáticos. A segunda foi a movida viguesa, movemento cultural e creativo excepcional que foi protagonista da derradeira edición dos Premios da Cultura Galega.

E a terceira foi o movemento artístico Atlántica, que iniciou a eclosión dun momento artístico dinamizador da arte galega no último terzo do século XX. Pódese polo tanto asegurar que a peza conecta 40 anos de creación artística e cultural de Vigo. A técnica empregada neste mural foi acrílico, pintura plástica e sprai sobre madeira e a obra ten unhas medidas de 7,5 m x 2,5 m.

Lula Goce é unha das expoñentes da arte urbana en Galicia. A súa obra ten un amplo percorrido internacional, especialmente os murais de gran formato, que están presentes en cidades de España, Europa, México e Estados Unidos. O seu traballo adoita ter unha gran dimensión social e conta con abundantes retratos de persoas onde transita do íntimo ao global para captar toda a identidade de cada faciana.

O Concello de Arbo mellorará o parque infantil de Barcela e colocará mobiliario no casco urbano

0

O Concello de Arbo,  detectou a necesidade de mobiliario urbano para mellora do servizo o cidada e a calidade do mesmo.

 Detectouse a necesidade de colocar unha nova balaustrada no Punto de Atención a Infancia (PAI) para a mellora da seguridade e das prestacións aos usuarios do parque infantil e colocación de  xardineiras para ubicar no Casco Urbano para delimitar as zonas peatonais.

Ante esta  necesidade de contratar o proxecto “Subministro de Material para colocar en distintos puntos do Concello en Parque PAI Barcela e zonas Públicas Casco Urbano”, o Concello de Arbo solicitou subvención que foi  concedida pola Deputación Provincial de Pontevedra con cargo ao Plan Concellos (Plan de Obras e Servizos 2020).

Dentro deste Plan, atópase na Liña 1 – Subministración coa execución das actuacións contempladas no presente proxecto preténdese acadar un múltiple obxectivo mellorar o servizo o cidada e a calidade do mesmo e mellorar a seguridade no parque infantil  e buscase manter a imaxen e a conservación do patrimonio municipal e dotar de servizo adecuados as intalacións existentes, no caso do Parque Infantil dotase de balaustrada polo perigo que supon para os nenos e nenas que fan uso do citado parque –.

O alcalde de Arbo, Horacio Gil, indica que “a seguridade dos veciños e veciñas de Arbo, é a prioridade deste goberno dende a súa chegada ao Concello de Arbo”.

A Deputación destina 2,1 millóns para infraestruturas e desenvolvemento sostible para dez municipios da provincia

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, deu conta hoxe dos novos investimentos aprobados pola Xunta de Goberno, presupostados en 2,1 millóns de euros e enmarcados na “aposta medioambiental e de apoio aos concellos” que mantén a institución, en aras de acadar unha provincia referenciada no desenvolvemento sostible. Da citada cantidade, 1,6 millóns corresponden a achegas do Plan Concellos que están destinadas a dez municipios, mentres que case medio millón (492.000€) permitirán a cinco concellos desenvolver proxectos de eficiencia enerxética, coa substitución das caldeiras de gasóleo por biomasa.

No que se refire ao Plan Concellos, a presidenta explicou que as achegas aprobadas da Liña 1 de Investimentos (1,2 millóns) permitirán aos municipios de Cangas, A Guarda, Bueu, Silleda, Ponteareas, Mos, Cambados, O Rosal e Meaño realizar distintas obras de “acondicionamento e mellora de servizos urbanísticos, pavimentación, restauración e mellora da seguridade viaria entre outros”.

Máis polo miúdo, destínanse 116.688,61 euros para financiar a renovación do pavimento en varías rúas do concello da Guarda, mentres que Cangas recibirá 78.806,70 euros para mellorar as instalacións e a accesibilidade da biblioteca do Seixo-Darbo-Cangas. Pola súa banda, Bueu contará con 112.138,45 euros para acometer a segunda fase da restauración do Estaleiro de Banda do Río e Cambados terá unha achega de 62.106,54 euros para a mellora dos servizos urbanísticos da rúa Manuel Murguía. Así mesmo, para O Rosal aprobouse unha subvención de 161.261,01 euros que serán empregados para o acondicionamento do mercado de abastos.

A lista de investimentos complétase coas achegas que recibirán Ponteareas (61.359,97 euros), para acondicionar un camiño na parroquia de Santiago de Oliveira e para acometer o ensanche e pavimentación do lugar Outeiro de Castro; Silleda (250.000 euros), para financiar a mellora de vías municipais do concello e Mos, que recibirá 318.739,32 euros ao fin de mellorar a seguridade viaria nas parroquias de Guizán e Tameiga. Por último, Meaño contará cunha achega de 73.865,43 euros para financiar a mellora e pavimentación dos camiños de Coirón a Ganón e de Morouzos a Ganón, así como o camiño Padrenda de Abaixo e varios camiños na parroquia de Lores. No marco da Liña 3 de Emprego, a Xunta de Goberno da Deputación aprobou a modificación, por reaxustes da Covid19, dúas achegas, por importe de preto de 445.000 euros, destinadas a Ponte Caldelas e Ponteareas, para contratar a 13 e 39 persoas respectivamente.

Proxectos medioambientais

Doutra banda, no marco da aposta da Deputación “por unha provincia referenciada no medio ambiente”, Carmela Silva destacou hoxe dúas iniciativas que beneficiarán aos concellos, en concreto as achegas aprobadas para a substitución de caldeiras de gasóleo por biomasa, enmarcadas nos fondos europeos IDAE para proxectos sostibles e de eficiencia enerxética, así como a renovación do convenio para a retirada de vehículos abandonados, destinado ao concellos de menos de 50.000 habitantes.

No primeiro caso, a presidenta indicou que trátase dun investimento de case medio millón de euros para os proxectos de substitución de caldeiras de gasóleo por biomasa en cinco concellos, A Guarda, Salvaterra de Miño, Mondariz, Portas e Caldas de Reis. Son actuacións “de grande interese público que lles permitirán reducir as súas emisións contaminantes e acadar un aforro enerxético do 25 %”.

“Estas obras –manifestou– levan aparellada a redución considerable dos custes de subministro de gasóleo para as arcas dos concellos. Pero o máis importante é que teñen grandes beneficios ecolóxicos, xa que permiten aforros de emisión de CO2 á atmosfera e contribuír deste modo a atallar as consecuencias da emerxencia climática que estamos a sufrir debido ao quentamento global”. Silva lembrou así mesmo que a biomasa ten a consideración de enerxía renovable, “un método eficiente e sustentable, así como máis seguro e limpo”. “De feito –engadiu–, a extracción da biomasa forestal contribúe a ter os montes máis limpos, o que axuda a previr os incendios, que este ano estamos volvendo a sufrilos. E amais reduce os residuos das industrias”.  

Como explicou, con estas achegas A Guarda vai substituír a caldeira de gasóleo do Centro Cultural, mentres que Salvaterra acometerá tres actuacións, coa substitución das existentes no Concello, o Centro Cultural e no Xulgado de Paz. Pola súa banda, Mondariz cambiará a caldeira do Centro Social; Portas, as do edificio da Azucreira, a gardería e o Centro de Día e, por último, Caldas de Reis substituirá a da piscina.

Doutra banda, a Deputación vén de renovar o convenio para a retirada de vehículos abandonados que ofrece aos municipios de menos de 50.000 habitantes, un servizo que “non supón coste algún para os concellos” e ao que están xa adheridos 43. “Ofrecemos esta prestación –destacou a presidenta da institución– conscientes do número de vehículos abandonados nos distintos concellos, coa contaminación ambiental e visual que provoca. Amais, axudamos con recursos aos concellos para poder levar a cabo este servizo de competencia exclusivamente municipal”.

O servizo consiste na recollida destes vehículos ao final da súa vida útil ou fóra de uso –para o que previamente os concellos deben tramitar a súa declaración como residuo sólido urbano– así como o posterior tratamento de descontaminación. Carmela Silva explicou que os 43 concellos adheridos terán agora que renovar o convenio, mentres que a Deputación abre a posibilidade agora de que os municipios restantes de menos de 50.000 habitantes poidan sumarse.

Salvaterra de Miño restaura e amplía o espazo de recreo infantil do Parque de A Canuda

O Concello de Salvaterra de Miño, aproveitando o peche do parque por mor da pandemia, e co afán de continuar coas melloras das infraestruturas que se prestan, ven de empezar as obras de restauración do parque infantil da Canuda por un importe total de  48.335,98€, dos cales 33.835,19 están  financiados a través da subvención de Vicepresidencia da Xunta de Galicia para a creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalación e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais, destinadas a concellos de Galicia para o ano 2020, e o resto,  14.500,79€ están financiados con fondos propios.

O obxecto deste proxecto é dotar, máis se cabe, a zona de ocio infantil do Parque de A Canuda  dos mecanismos de seguridade e ocio dos seus xogos deteriorados polo paso do tempo, coa restauración e reparación de todos os xogos e a instalación de dous novos,  unha pirámide de cordas de 2,50m de altura e unha tirolina de madeira.  Cómpre destacar que  o Parque de A Canuda ten ao redor de 300.000 visitas cada ano, cun atractivo singular para os máis cativos no seu espazo de xogo infantil.

O Parque Público A Canuda é un referente do ocio para a comarca e a provincia de Pontevedra, pola súa extensa e variada oferta de ocio, que resulta unido aos máis de 30km de sendas, ao Espazo Termal Lúdico, o Recinto Amurallado e o Museo da Ciencia do Viño, que a nosa Vila sexa moi atractiva para o visitante, ademais de contar cun emprazamento privilexiado, a beira do Río Miño, que invita ao paseo, relax e disfrute dos nosos veciños e visitantes.

Debido ao paso do tempo e as diferentes inundacións que ten soportado esta zona de xogos dende a súa inauguración no ano 2007, facía  necesario implementar unha obra de mellora que abarcara a toda a zona, tanto na restauración de toda a zona de xogo como coa instalación de novos xogos para aumentar a variedade temática dos mesmos, que suporá unha gran mellora nas infraestruturas de ocio infantil existentes no termo municipal.

As obras teñen un soporte definido en tres piares fundamentais:

1.     Restauración de practicamente a totalidade xogos infantís.

2.     Substitución das pezas danadas ou en mal estado por outras novas.

3.     Instalación de DOUS NOVOS xogos: Unha TIROLINA e unha PIRÁMIDE de rede.

Desta maneira e cando a COVID o permita, o Parque de A Canuda abrirá as súas portas enchendo de ledicia aos nenos e nenas que gozarán novamente dun espazo saudable e lúdico referente na nosa comarca.

A Corporación Municipal de Ponteareas aproba por unanimidade a moción da veciñanza de Ribadetea sobre o saneamento da parroquia

No pleno ordinario do Concello de Ponteareas, celebrado o pasado 28 de xullo, a totalidade dos concelleiros da Corporación Municipal votaron a favor dunha moción presentada pola Plataforma veciñal de Ribadetea, na que se acordou esixirlle á Xunta de Galicia que elabore o proxecto de execución da totalidade do saneamento da parroquia, así como “que cumpra o seu compromiso de aportar o 80 % do seu custo”.

Esta actuación na parroquia máis poboada de Ponteareas na que aínda carecen de saneamento os seus 900 habitantes, forma parte da programación de obras do Plan Director de Saneamento, iniciativa deste Goberno ponteareán “que permitirá achegar este servizo básico aos máis de 7.000 veciños e veciñas que a día de hoxe carecen del, a maioría nas parroquias de Ponteareas”, sinala o executivo local.

“O Concello xa ten unha reserva orzamentaria no 2020, e asumiremos o 20 % do custo da totalidade da obra, como puxemos enriba da mesa nas reunións celebradas con Augas de Galicia nos últimos anos”, explica o alcalde de Ponteareas, Xosé Represas ao que engade que o goberno que preside “estableceu as bases para poder acometer agora estes importantes investimentos en saneamento, que serán tamén unha prioridade nos vindeiros anos. Resulta incrible que no 2020 teñamos tantos milleiros de veciños e veciñas sen a canalización e tratamento das augas residuais”.

Tui pon en marcha un programa integral para mulleres vítimas de violencia de xénero e en situación de vulnerabilidade

0

O Concello de Tui vén de pór en marcha un Programa Integral para mulleres vítimas de violencia de xénero e en situación de vulnerabilidade denominado ‘Muller Tui’. A súa presentación tivo lugar onte na Casa do Concello por parte do alcalde, Enrique Cabaleiro; a concelleira de Igualdade, Ana Mª Núñez; o concelleiro de Servizos Sociais, Ismael Díz, xunto á traballadora social e as dúas técnicas do programa. Asistiron membros da corporación municipal xunto a axentes sociais e representantes de distintas asociacións.

Na presentación o alcalde, Enrique Cabaleiro, sinalou o compromiso inequívoco do Concello de Tui coa igualdade destacando que por vez primeira se vai pór en marcha no municipio un programa integral para muller.

Pola súa banda, a concelleira de Igualdade, Ana Mª Núñez, amosaba a súa satisfacción polo desenvolvemento deste programa co que dende o Concello “se dará resposta ao que nos parece que é unha clara necesidade das mulleres de Tui: unha atención especializada que teña en conta a desigualdade estrutural que aínda hoxe en día podemos percibir en tantas facetas da nosa sociedade respecto das mulleres polo simple feito de seren mulleres, e que esta pandemia viu a pór aínda mais de manifesto”. Expresou o seu convencemento en que as mulleres tudenses “o saberán aproveitar e será un gran paso na mellora do seu benestar, na dos seus fillos e por ende na da sociedade en xeral, comenta Dª Ana Núñez, concelleira de Igualdade.

Ismael Diz, concelleiro de Servizos sociais destacaba, nas súas palabras a “necesidade” de poder contar cun programa como este “especificamente dirixido ás mulleres”

A coordinadora dos Servizos Sociais, Carmen González, sinalou a importancia deste día pola posta en marcha dun servizo que “permitirá traballar en conxunto e prestar unha atención global”. Silvia…, a asesora xurídica de Muller Tui apuntou que prestarán unha atención especializada en todos os aspectos, e psicóloga Mónica , aludiu a atención psicolóxica especializada que se vai prestar grazas ao programa.

O programa integral Muller Tui ten por obxectivo brindar un servizo de asistencia psicolóxica e asesoramento xurídico, pero tamén laboral e social a mulleres do Concello de Tui. Tamén busca impulsar a creación dunha rede de mulleres que, con acceso a estes recursos, sexan quen de mellorar a súa situación e proxecto vital e desenvolver a súa autonomía.

O programa está dirixido a mulleres tanto vítimas de violencia de xénero como a todas aquelas que se atopen en situación de vulnerabilidade: mulleres desempregadas, con baixa cualificación, con discapacidade, menores de 30 anos ou maiores de 45 anos, migrantes, con responsabilidades familiares non compartidas, etc. e que precisen unha atención e asesoramento especializado. Respectará sempre a vontade das persoas usuarias e terá en conta os distintos perfís das mulleres participantes e en todo caso aplicando a perspectiva de xénero e a realidade posta de manifesto tras a emerxencia sanitaria derivada da Covid 19.

As mulleres interesadas poden solicitar este servizo no correo [email protected] e nos teléfonos 664 552 493 e 687 227 190.

Amais do servizo de asistencia psicolóxica e asesoramento xurídico o programa impartirá 9 obradoiro de formación durante o mes de agosto e o de setembro. Terán por obxecto mellorar a autoestima e a autoconfianza das mulleres e dotalas dos recursos necesarios para mellorar a súa participación social e laboral.

O programa conta co financiamento da Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral de Igualdade e é confinanciado pola Fondo Social Europeo (FSE) con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020 e polo Pacto de Estado contra a violencia de xénero, e polo Concello de Tui.

Un centenar de veciños contan xa cun composteiro individual

0

Un centenar de veciños e veciñas de Tui contan xa nos seus domicilios cun composteiro individual, COIN, distribuído polo concello de Tui nos últimos meses. O pasado venres dez persoas recibiron o seu composteiro tras asistir á charla sobre a compostaxe que impartiu a mestra composteira municipal. Estas persoas tiñan presentado previamente a solicitude dun COIN para a súa vivenda.

Coa distribución de composteiros individuais o Concello de Tui aposta pola reciclaxe, e neste caso concreto pola redución da fracción do lixo que vai ao contedor verde.

A mestra composteira realiza ao longo do ano un seguimento de cada un dos composteiros entregados, para comprobar que se está a realizar o proceso de xeito correcto. Ao tempo resolve aos veciños e veciñas calquera dúbida que lles poida xurdir na utilización do COIN.

As persoas que desexen contar cun composteiro individual nos seus domicilios poden presentar a solicitude, no modelo accesible en tui.gal, a través do correo [email protected], por rexistro de entrada na casa do concello ou na sede electrónica.

Amais dos composteiros individuais cómpre lembrar que en Tui hai tres composteiros comunitarios situados na rúa Compostela, no Camiño do Parador e no aparcamento municipal.

Nigrán continúa este domingo co programa ‘A igualdade non é un conto’ destinado a rachar cos estereotipos de xénero dende a infancia

0

O Concello de Nigrán, a través do Centro de Información ás Mulleres, continúa este domingo ás 20:30 no esteiro de A Foz (escenario Niranjazz) o programa ‘A igualdade non é un conto’, dirixido á infancia e que inclúe varios contacontos, un espectáculo de maxia e outro de monicreques que se desenvolverán ata o día 5 de setembro en diferentes ubicacións.

Nesta ocasión terá lugar ‘Coas mans na masa’, a cargo de Felipe Díaz Valle (Caxoto contacontos). Ó gran Chef Caxoto sempre lle dixeron que cociñar era cousa de mulleres e desta volta proporá un menú elaborado con ingredientes de igualdade co que desmontar os estereotipos de xénero e os micromachismos cociñados a lume lento ao longo da historia. Un prato de bo gusto onde entre risas, contos e sorpresas afinaremos o noso padal na igualdade e contra os estereotipos de xénero. 

O programa, cofinanciado polo Ministerio de Igualdade a través do Pacto de estado contra a violencia de xénero, pretende rachar cos prexuízos e esterotipos de xénero desde idades temperás a través da participación activa das crianzas en actividades lúdicas

O Campus Tea fai unha xincana fotográfica na vila e visita o Muíño de Cepelo en Guláns

Setenta cativos e cativas de entre 3 e 12 anos participan nestes días na segunda quenda do campamento Campus Tea e Verán Rural 2020 organizado pola Concellería de Ensino de Ponteareas.

Na actual situación sanitaria debido a COVID-19, estanse a tomar todas as medidas preventivas, sanitarias e hixiénicas precisas, así como a división en grupos reducidos e pechados a fin de preservar a saúde das persoas usuarias, pero mantendo o espírito das actividades como noutros anos e sobre todo poder dar un servizo que permita ás familias a conciliación laboral.

Deste xeito os participantes nesta sexta edición do Campus Tea do Concello de Ponteareas teñen a oportunidade de aprender xogando e de descubrir os espazos públicos da cidade, ademais de mesturarse coa natureza nas saídas didácticas que realizan.

As nenas e nenos do Campus Tea percorreron o centro da vila facendo unha xincana fotográfica, que resultou unha actividade novidosa e moi divertida, onde recoñecían e fotografaban os espazos públicos que lles eran indicados previamente.

No caso das nenas e dos nenos do Verán Rural saíron da Casa Cultural A Avisoureira a fin de visitar o Muíño de Cepelo na parroquia de Guláns, onde tiveron a oportunidade de coñecer a súa historia e a utilidade que proporcionaba á veciñanza noutros tempos onde se usaba a diario.

Xogos predeportivos, música, visitas a espazos públicos, obradoiros nos que se trasmiten valores, visitas á estación de bombeiros ou a policía, obradoiros nos que aprenden a crear coas mans… e un sinfín de actividades didácticas que se desenvolven en horario de mañá de nove a dúas da tarde, extenderase tamén durante o mes de agosto.

O torreiro de Celeiros, Ponteareas, acolle a actuación da Agrupación Folclórica Algazara

A agrupación folclórica Algazara actuará no torreiro de Celeiros hoxe sábado día 1 ás 20 horas dentro da programación de Cultura 24, unha iniciativa que posibilita unha programación estable ao longo de todo o ano nas casas e centros culturais das parroquias.

Como tódalas actividades de Cultura 24 que ofrece a concellería de Cultura do Concello ponteaerán, que dirixe Fernando Groba, será totalmente gratuíta.

Manuel Esteban, «A vinganza dos homes bos»

Manuel Esteban volve a introducirnos no universo do inspector Carlos Manso, que tan bos resultados lle deu nas súas dúas primeiras novelas; a que iniciou a saga, lembremos, galardoada co Premio Xerais no seu día. Pero se nos anteriores traballos nos presentaba casos independentes, que poden ser lidos de forma separada, nesta ocasión asistimos a unha especie de continuación da saga no punto no que quedou logo da segunda entrega, «O meu nome é Ninguén». Non é que resulte imprescindible ler a novela anterior para entender a nova trama, pero de seguro que axudará a comprender certos matices do relato que, doutro xeito, poderían pasar desapercibidos. E non só iso, senón que tamén viaxaremos no tempo ata os inicios da carreira policial do protagonista ao vincular un caso actual con sucesos anteriores, nun percorrido paralelo entre ambas as dúas situacións.

Na anterior novela, o inspector Carlos Manso ten que deixar o seu posto no Corpo Nacional de Policía. Agora, en franco declive do mundo que o rodeou durante as últimas décadas, decide seguir a desenvolver as súas aptitudes en calidade de investigador privado. A desaparición dun axente policial pon en marcha a acción, que non tarda en desdobrarse en dous escenarios separados por 20 anos e 2.000 quilómetros: a actualidade en Vigo e máis os primeiros pasos profesionais do protagonista en Fuerteventura. As dúas historias, con títulos propios (“Leo e o volcán” e “O kraken e o mar”), vanse misturando ao longo da novela ata confluíren nun final que ten moito que ver co perdón e a redención, cuestións estas que exercen de verdadeiros alicerces da novela.

O xogo temporal alóngase durante dúas décadas, como dixemos, marcando o peso do pasado sobre o presente e axudándonos a comprender un pouco mellor a peculiar personalidade do antiheroe que protagoniza a saga. En canto ao xogo espacial, presenta dous escenarios ben diferenciados, case antagónicos, que contrastan entre si: por unha banda, no caso de Vigo, nuns túneles escuros e húmidos que percorren boa parte da cidade (descoñezo se reais ou ficticios), e pola outra, unha Fuerteventura luminosa e seca. Os túneles de Vigo veñen a simbolizar unha especie de descenso aos infernos de Carlos Manso que, dalgún xeito, terá que propiciar a súa redención para que a saga continúe, algo que o autor se permite deixar intencionadamente no aire. Aproveita o espazo canario para deixar algunhas pingas sobre o papel español na Marcha Verde e no Sahara Occidental, mesmo para expoñer cuestións relacionadas co narcotráfico naquela zona.

Compre sinalar finalmente a linguaxe empregada por Manuel Sebastián, sinxela e directa, pero moi traballada. Un vocabulario amplo e conciso e un uso dos recursos narrativos ben dosificados para manter a intriga no lector, fan da lectura unha experiencia pracenteira e anuncia que este autor, que se ve a si mesmo coma unha especie de intruso literario, segundo ten confesado nalgunha ocasión, chegou para quedarse. Benvido sexa.

Manuel Esteban

A vinganza dos homes bos

Xerais

A Guarda intensifica a presenza policial e adopta novas medidas fronte ao Covid-19

0

Na reunión mantida na xornada de hoxe entre o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba; o Concelleiro de Seguridade, Miguel Ángel Español; un representante da Policía Local; o Capitán da Guardia Civil da Comandancia de Tui, Francisco Javier Martínez e o Comandante do Posto da Guardia Civil da Guarda, Elicio Rivas Freiría, tomáronse unha serie de medidas que entrarán en efecto a partires desta mesma fin de semana, co obxecto de evitar que se produzan situacións que poñan en perigo a seguridade e salubridade pública, como consecuencia da crise sanitaria orixina polo COVID 19.

Destacando que, polas datas nas que nos atopamos e pola coincidencia da suspensión das Festas do monte 2020, se vai intensificar a vixilancia policial nocturna dende esta mesma fin de semana en colaboración entre a Policía Local e a Guardia Civil, para que todas as noites exista presenza policial para disuadir das tentativas de botellón e de que estes non se celebren.

Ademais, por parte da Alcaldía se puxo en coñecemento da próxima publicación dunha Resolución de Alcaldía, onde se decreta o corte de tráfico rodado e peonil o domingo 9 de agosto ao longo de todo o día no Monte Santa Trega e, así mesmo, contempla tamén a prohibición de acceso rodado e peonil ao Monte Santa Trega dende o luns 3 ata o domingo 9 de agosto de 2020, todos os días a partir das 22:00h da noite.

Dende o Concello da Guarda se quere facer un chamamento á poboación a cumprir coas normativas vixentes e ser consecuentes coa situación que estamos a vivir, agradecendo de antemán a colaboración de todos os veciños e visitantes, así coma aos corpos e forzas de seguridade do estado, polo esforzo que están a facer para protexer a saúde de todos.

A Deputación de Pontevedra, primeira institución provincial de Galicia en contar co certificado de xestión ambiental de AENOR

A Deputación de Pontevedra vén de coñecer que a entidade acreditadora AENOR outorga o prestixioso Certificado de Xestión Ambiental ao Pazo provincial da institución provincial. Este recoñecemento, “un espaldarazo-segundo destacou a presidenta Carmela Silva- a todo o traballo desenvolvido no marco da nosa aposta polo medio ambiente e por dar cumprimento á Axenda 2030”, sitúa á institución provincial como a primeira das deputacións de Galicia en conseguilo e unha das poucas do Estado. “Estamos moi orgullosas e orgullos porque volvemos a ser unha referencia e ponse en valor todo o esforzo realizado para converter á transición ecolóxica nun obxectivo transversal da acción do goberno” asegurou Silva.

A través do Certificado de Xestión Ambiental de AENOR, que recoñece a adecuación do sistema de xestión ambiental do Pazo provincial ás directrices da norma ISO 14001:2015, acredítase o “noso compromiso co medio ambiente, minimizando os impactos e favorecendo a mellor xestión dos recursos”. A presidenta provincial tamén destacou o carácter “diferenciador competitivo” do distintivo, ao ser a única institución provincial galega en conseguilo e unha das poucas do Estado, que amais “danos credibilidade e confianza de cara ao exterior e implica que temos un compromiso de mellora continua en canto ás prácticas medioambientais”.

Para alcanzar a acreditación medioambiental de AENOR, tal e como informou Carmela Silva, púxose en marcha un sistema de xestión ambiental no Pazo provincial da Deputación centrado en dar cumprimento aos requisitos legais en xestión ambiental; sensibilizar e formar ás persoas, “motivándoas para que se sumen a este desafío imparable”; protexer ao medio ambiente, “minimizando o impacto dos nosos servizos a través dun uso sostible dos recursos, redución das emisións atmosféricas, mediante a segregación en orixe dos residuos xerados e comprometéndose coa prevención da contaminación”; e en seguir os obxectivos e accións de mellora continua. De feito, a presidenta provincial aproveitou a ocasión para agradecer a implicación dos servizos provinciais e “o compromiso e traballo diario do persoal da Deputación, sen o cal non sería posible ter este certificado”.

A unidade móbil de doazóns de sangue estará no Rosal o vindeiro xoves 6 de agosto

0

A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia desprazarase de novo ata O Rosal o vindeiro xoves 6 de agosto. O autobús estará situado na Praza do Calvario e permanecerá aberto ao público de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas.

O Centro de Transfusión continúa extremando os protocolos de seguridade para preservar a saúde de todos e todas e garantir a continuidade dun servizo esencial, que permite cada día salvar vidas de moitos enfermos ingresados nos hospitais galegos. Por este motivo, todas as persoas que desexen doar sangue deberán pedir cita previa chamando ao teléfono gratuíto 900 100 828 para escalonar a afluencia axeitada e ordenada dos e das doantes, evitando esperas a aglutinacións de xente.

En cada unidade móbil o persoal segue uns protocolos de seguridade exhaustivos, usando luvas limpas con cada doante, limpando as padiolas despois de cada doazón, utilizando material esterilizado e dun só uso con cada paciente e facendo unha limpeza profunda da zona de venopunción con dobre desinfección. Ademais, cada unidade conta con líquido desinfectante á entrada e saída do autobús para que as persoas doantes o empreguen antes de acceder á zona de revisión de saúde e despois de realizar a doazón e de tomar o refrixerio.

Aínda que o persoal do Centro de Transfusión fai unha revisión de saúde a todas as persoas que acoden a doar para garantir a seguridade dos compoñentes da sangue, recomendan que non se vaia a doar sangue se nos últimos 15 días tívose febre, tose ou problemas respiratorios. Pídese aos doantes ademais agardar un metro de separación entre persoas nas zonas de espera.

Os hospitais galegos precisan ente 400 e 500 doazóns de sangue cada día, arredor de 10.000 ao mes, para garantir a asistencia a moitas persoas que son sometidas a intervencións cirúrxicas, que sufriron accidentes de tráfico ou laborais, que padecen anemias, hemorraxias, cancros, leucemia, transplantes de órganos…

Nove comunidades de augas acadaron subvencións do Concello por un importe global de máis de 52.000 euros

Nove comunidades de augas de consumo acadaron subvencións do Concello do Porriño para realizar control sanitario, mantemento de instalacións e reparacións na rede de distribución durante este ano 2020.

As nove comunidades de augas beneficiadas son: Cerquido; Rozadas-Eirís; Atios; Torneiros; San Jorge-Mosende; Chenlo; Carracido; Budiño-Cruz e Cans.

Esta semana reuniuse e coñeceuse a resolución da comisión de avaliación que presidiu o concelleiro de Infraestructuras, Pedro Pereira asistido por tres técnicos municipais. A comisión determinou os importes das subvencións que totalizan 52.162 €.

As achegas maiores serán para Cerquido, San Jorge-Mosende, Chenlo e Cans que recibirán a o importe máximo que estaba limitado nas bases da convocatoria a 8.000 euros. 

As restantes recibirán: Atios, 7.647 €; Rozadas-Eiris, 5.914 €; Torneiros, 2.800 €; Carracido, 2.542 €; e Budiño-Cruz, 1.258 €.

Pedro Pereira, concelleiro responsable deste departamento anunciou que “o Concello do Porriño mvai manter nos vindeiros anos esta liña de subvencións municipais en colaboración coas comunidades de augas”.

As Neves recibe unha axuda da Xunta para a posta en Marcha de programas de conciliación

0

A Xunta de Galicia financiará programas de conciliación no Concello das Neves, ademais doutros 4 concellos da área territorial de Pontevedra, logo de que a Administración autonómica ampliara esta liña de axudas destinada aos concellos.

En concreto, os novos beneficiarios son As Neves con 12.000 euros, Catoira, con 10.720 euros, Meis, con preto de 4.000 euros, A Cañiza con 4.052 e Forcarei con 12.000 euros.

Entre os programas que se desenvolverán se encontran campamentos de verán e de conciliación familiar, programas educativos e de fomento de conciliación en concellos e centros sociais.

Estas novas concesións inscríbense dentro da ampliación de crédito que vén de acometer a administración autonómica na liña de axudas a concellos para programas de conciliación. En toda Galicia, o incremento orzamentario supera os 220.000 euros, co fin de chegar a máis concellos, moi especialmente tendo en conta a demanda rexistrada e o elevado interese que xeran estas accións de conciliación.

Cómpre recordar que o programa de fomento de conciliación non é a única liña de axudas destinada a concellos para a promoción da igualdade. Ademais dela, a Xunta pon a disposición dos concellos galegos outros tres programas de financiamento:  de promoción da igualdade entre mulleres e homes e prevención e tratamento da violencia de xénero; de financiamento dos Centros de Información ás Mulleres (CIM); e de sensibilización, información e difusión sobre igualdade e prevención da violencia contra as mulleres. Os tres primeiros están cofinanciados polo Fondo Social Europeo, mentres que o último está financiado ao abeiro do Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero.

Na provincia de Pontevedra, en total beneficiaranse destas catro ordes de axudas 50 entidades e 53 concellos, cun importe total de subvencións de 1.483.182 euros.

En total, entre a primeira e a segunda concesións recibiron axudas do programa de conciliación un total de 14 concellos (Cerdedo-Cotobade, Arbo, Cuntis, Pontecesures, Redondela, Silleda, Valga, así como Catoira, Neves, Meis, Vigo, Soutomaior, Forcarei e A Cañiza); 18 concellos (Baiona, Caldas de Reis, Cambados, Cangas, Cuntis, O Grove, A Guarda, Moaña, Porriño, Ponteareas, Redondela, Ribadumia, Salceda de Caselas, Soutomaior Tomiño, Tui, Vigo e Vilanova de Arousa) recibiron tamén subvencións para a promoción da igualdade, para levar a cabo accións orientadas a mellorar a situación das mulleres vítimas de violencia de xénero, das súas fillas e fillos e das persoas delas dependentes, así como actuacións para loitar contra a explotación sexual. Tamén resultaron beneficiarios os 27 Centros de Información á Muller que hai na provincia. E, finalmente, 19 concellos da provincia (Cerdedo-Cotobade, Arbo, Campo Lameiro, Catoira, Covelo, Cuntis, A Guarda, Meis, Mondariz, Moraña, Mondariz-Balneario, As Neves, Oia, Pazos de Borbén, Portas, Pontecesures, Rodeiro, O Rosal e Silleda) recibiron axudas a través do programa de sensibilización, información e difusión sobre igualdade.