15.1 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeÉ NoticiaA Deputación lanza unha mensaxe contundente contra as agresións sexuais, "Non toleres...

    A Deputación lanza unha mensaxe contundente contra as agresións sexuais, “Non toleres as agresións sexuais. Actúa e denuncia”

    A campaña céntrase este ano nas redes sociais e insiste nas tres ideas: “o silencio non é un si; se a outra persoa está bébeda ou inconsciente, non hai consentimento; e a outra persoa ten dereito a parar en calquera momento”

    “Nin a Covid, nin a crise sanitaria poderá evitar que sigamos na loita contra a lacra das agresións sexuais”. Con esta declaración de intencións da presidenta provincial, Carmela Silva, anunciou hoxe o lanzamento da campaña da Deputación ‘Lembra, eu decido, ti respectas’ e “Conta comigo, eu respéctote”, as dúas iniciativas que durante estes anos a institucións realizou en festivais, praias, festas e vilas e cidades. Carmela Silva presentou os dous audiovisuais que este ano son os protagonistas e que, debido á pandemia, centraranse nas redes sociais. “Non queríamos renunciar a unha campaña tan fundamental como esta”, asegurou, “e máis cando os últimos datos do Ministerio de Interior de agresións sexuais indican que hai máis necesidade que nunca de información”. De feito, os delitos contra a liberdade e a indemnidade sexual aumentaron un 11,3% en España o pasado ano.

    “Lembra, eu decido, ti respectas”, dirixida ás mozas, e ‘Conta comigo, eu respéctote’, dirixida aos mozos, serán neste 2020 “totalmente dixitais”, a través de medios audiovisuais e das redes sociais da propia Deputación, Turismo Rías Baixas e dos Rías Baixas Fest, aínda que se levará tamén aos medios de comunicación e se pedirá a colaboración das persoas para que suban ás redes os seus vídeos “Queremos deste xeito –destacou Carmela Silva– potenciar o impacto da iniciativa, favorecendo o seu efecto multiplicador e aumentando o seu alcance”.

    A campaña centrarase en tres ideas principais, tal e como detallou a presidenta: “o silencio non é un si; se a outra persoa está bébeda ou inconsciente, non hai consentimento; e a outra persoa ten dereito a parar en calquera momento. Todo elo focalizando a culpabilidade no agresor, nunca na vítima”. No caso do vídeo dirixido ás mozas, ‘Lembra, eu decido, ti respectas’, a peza presenta a mulleres implicadas na organización dos festivais, así como integrantes femininas da administración provincial e voces das persoas protagonistas dos festivais como Dani, Baiuca, Villanueva, Eladio y los seres queridos, Fon Román, Rodrigo Cuevas, Tony Lomba, Novedades Carminha, Furious Monkey House, Igloo ou Bala. Estas últimas, xunto a homes implicados na organización dos festivais e integrantes masculinos da administración protagonizan, pola súa banda, o vídeo dirixido aos mozos ‘Conta comigo, eu respéctote’ que, en palabras da presidenta, “céntrase en facelos partícipes directos nesta loita, así como en conciencialos sobre a importancia de entender o consentimento e rachar co ideario que se nos transmite a través da cultura da violación”.

    ‘Responsabilízate’: a campaña de concienciación medioambiental

    A Deputación de Pontevedra, amais da campaña contra as agresións sexuais, tamén lanzaba cada verán unha campaña de concienciación medioambiental, dinamizando e informando en espazos públicos e eventos multitudinarios sobre o emprego dos plásticos ou as cabichas. Deste xeito, neste 2020, a campaña de medio ambiente tamén se vai reformular para divulgarase no mundo virtual, en redes sociais e a través de cuñas de radios e vídeos.

    Co título ‘Responsabilízate’, a Deputación de Pontevedra quere poñer o foco na correcta xestión de residuos como mascarillas, luvas e botes de xel desinfectante. “Estou moi preocupada –asegurou Carmela Silva– porque vexo mascarillas tiradas por bosques, montes, camiños e son moi contaminantes. Temos que concienciar á xente que hai que desbotalas nos espazos adecuados para elo, nos colectores de descartes”. Neste eido, a mensaxe apela directamente á mocidade para que deposite axeitadamente os residuos, coide o planeta e se reduza, así, a pegada medioambiental.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.