O Club Baloncesto Nigrán e o Panxón Nigrán FS organizan, conxuntamente, o primeiro Campus Multideporte, actividade que conta coa colaboración do Concello de Nigrán. O Campus desenvolverase nas instalacións do Pavillón Municipal de Panxón en dúas quendas, a primeira desde o día 10 ao 17 de agosto e a segunda quenda do 17 ao 21.
Ambos os grupos terán horario de 9 h a 14 horas e, para facilitar a conciliación da vida laboral e familiar, a organización ofrece un servizo de conciliación a partir das 8:30 horas cun custo adicional de 5 euros.
As actividades que se desenvolverán no Campus, ademais de baloncesto e fútbol sala, xirarán tamén ao redor de deportes alternativos, xogos populares, olimpíadas deportivas, praias, gymkanas, etc.
Todas e cada unha das actividades programadas cumprirán coas medidas higienico sanitarias anti COViD 19 –grupos reducidos, máscaras, distancia de seguridade, desinfección de material, xeles na recepción e despedida dos nenos e nenas, etc–.
A data límite de inscrición no vindeiro mércores día 5 de agosto quedando, a día de hoxe, prazas valeiras só para a segunda quenda ao terse cuberto o cupo da primeira quenda. As e os interesados poden inscribirse dirixíndose ao mail [email protected] ou nos teléfonos 647 048 966 (Nuria) ou 654 168 876 (Ramón).