Mércores, 12 Novembro de 2025

Arbo adopta medidas preventivas fronte á COVID-19 contratando os servizos dun camión atomizador

0

A Concello de Arbo, vén de adxudicar o contrato de ‘Servizo de desinfección mediante pulverización con camión como medida de prevención da COVID-19’ á empresa que leva realizando a desinfección con camión atomizador nos últimos meses. A empresa adxudicataría conta con toda a maquinaria e os medios persoais para seguir realizando estes traballos por todas as parroquias. O custe dos produtos desinfectantes correrán a cargo do concello de Arbo e as desinfeccións serán semanais cun importe total de 15.000,00 €.

Tendo en conta a situación de pandemia actual, e co fin de evitar posibles rebrotes, o Concello considera importante que se preste “especial atención a desinfección das zonas de maior afluencia da poboación, como é o caso de Prazas, rúas e víais municipais”.

Segundo os informes sanitarios, considérase que a forma de transmisión do virus entre humanos ocorre por un determinado tipo de pingas que se emiten ao tusir, falar ou respirar por parte dunha persoa infectada, e que polo seu tamaño e peso, están presentes en aerosois a distancias curtas e medias –de aí a distancia mínima de un metro e medio que recomenda a OMS– e que tenden a depositarse sobre as supercies próximas, polo que ás principais vías de transmisión do virus son a vía aérea e a vía de contacto. Por este motivo, as aglomeracións que poden darse nos viais púbicos poden significar factores de risco engadido para o contaxio.

[su_image_carousel source=”media: 18922,18921,18920,18919,18918″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Horacio Gil, alcalde do Concello de Arbo, manifestou o seu “agradecemento e orgullo” pola axuda que “durante ós difíciles momentos ofreceron as persoas voluntarias e as adegas que puxeron a disposición do Concello os seus traballadores e a maquinaria precisa para poder desinfectar e limpar as rúas, as prazas, os parques…”, iso, lembra o rexedor local,”permitiu chegar ao máximo de núcleos de poboación, un traballo complicado, tendo en conta que Arbo é un concello rural con máis de 370 quilómetros de rede viaria e núcleos moi dispersos”.

Nestes momentos, engade o alcalde de Arbo “e tendo en conta que moitos de eses voluntarios e viluntarias traballan en adegas ou dedícanse a viticultura, non poden seguir cumprindo con esta labor dado que esta é a época de máis traballo”, polo que é preciso contratar os medios precisos para garantir a saúde da veciñanza.

Durante toda a crise sanitaria e dende antes de decretarse o Estado de Alarma polo Goberno de España, o Concello de Arbo cumpriu con todo o establecido para controlar o COVI-19, seguindo as medidas de prevención precisas coa finalidade de conter a propagación do virus e tratar de minimizar as afeccións no noso municipio, conseguíndoo cos nosos recursos e axudas doutros organismos, e anticipándonos sempre a que a COVID-19 non afectase a Arbo, tal e como sucedeu.

Co todo o acontecido e como medida de prevención, dende un primeiro momento o Concello de Arbo, adoptou un protocolo de desinfección de rúas, beirarrúas, prazas e vías. Neste intres o Goberno de España e a Xunta de Galicia, nos seus decretos e ordes, asignan as responsabilidade de previr e adoptar as medidas necesarias fronte a crise sanitaria aos concellos.

A época do ano na que nos atopamos fai que o desfrute das zonas de lecer, espazos públicos e que o tránsito polos viais municipais sexa de máis afluencia “polo que é necesario que se adopten polo Concello medidas de prevención que minimicen o risco de transmisión do SARS-CoV-2, de maneira que se poida facer un uso máis seguro dos lugares públicos pola poboación de Arbo e visitantes a noso pobo”, explica o alcalde Horacio Gil.

Co servizo de desinfección “pretendese cumprir cos protocolos establecidos polo Goberno de España e a Xunta de Galicia, para a limpeza e desinfección de rúas, víais municipais e lugares onde se concentra maior aglomeración”, remata o rexedor local.

O Castelo de Soutomaior, escenario de ‘Te con Kant’ dentro do programa da Deputación ‘Re-Acción nos Castelos!’

É posible un mundo e sociedade mellores baixo os ditames da razón ilustrada ou esta é ad infinitum unha condena ó fracaso? Esta é a pregunta fundamental que a compañía Inversa Teatro pretende responder no espectáculo ‘Té con Kant’, que terá como escenario o patio de armas do Castelo de Soutomaior e será o xoves 13 de agosto ás 19.30 horas. O evento, organizado pola Deputación, atópase enmarcado dentro do programa de dinamización cultural ‘Re-acción nos castelos!’ e está dirixido a un público adulto.

A través do humor e a ironía, este proxecto experimental escrito e dirixido por María Caparrini e Marta Pérez e interpretado por María Roja e a propia Marta conxugará o ensaio filosófico e a creación escénica para obter unha peza de teatro próxima ó formato de teatro-didáctico. A cita terá unha duración aproximada de 90 minutos e conta con protocolos de seguridade, hixiene e distanciamento ante a crise sanitaria xerada pola pandemia de covid-19, polo que os asistentes deberán asistir con máscara de xeito obrigatorio e os accesos e a capacidade serán controlados de xeito exhaustivo.

Inversa Teatro, a compañía produtora do espectáculo, foi fundada no ano 2009. Actualmente, ten en cartel cinco producións teatrais: Expostas, Kamouraska, Paper Dolls, Té con Kant e Fémina Sapiens. Dous dos puntos clave para Inversa Teatro son a súa intención feminista e a súa aposta filosófica, polo que non é casual que todas as súas obras cuestionen o papel da muller na sociedade e sexan críticas coas estruturas sociais e políticas do sistema.

‘Re-acción nos castelos!’, o programa no que se atopa inserida esta cita, ten como pretensión principal reactivar a programación cultural tras o estado de alarma e confinamento. Para isto, a Deputación de Pontevedra organiza manifestacións artísticas que levarán a todos os públicos a sentir estes espazos cheos de maxia e memoria dende todos os sentidos. O ciclo recolle artes escénicas e música, danza e circo, contacontos, creación contemporánea e música clásica para todos os públicos. Así, este programa está inserido no plan de reactivación da cultura ‘Re-Acción cultural’ que o ente provincial puxo en marcha cun orzamento de 2,5 millóns de euros para recuperar a cultura en vivo.

Nigrán homenaxea ás súas comisións de festas a través da gravación do musical da TVG ‘100 anos de verbena galega’ a cargo de ‘La Ocaband’

0

O Concello de Nigrán acollerá este xoves de 22:00 h a 00:30 horas no campo de Lourido a gravación do musical da TVG ‘100 anos de verbena galega’, a cargo de ‘La Ocaband’ e ao que se sumarán artistas convidados pertencentes ás mellores orquestras do país. O público, limitado e previamente acreditado por razóns sanitarias, estará formado por representantes das diferentes comisións de festas do municipio e entidades culturais.

“Desde o Concello queremos aproveitar esta ocasión para render homenaxe aos que traballan todo o ano no municipio co obxectivo de organizar verbenas e festas, xa que precisamente neste 2020 viron truncados os seus esforzos por mor do Covid-19. Este é o motivo polo que pensamos neles como público ao que se lle ofrece o espectáculo”, sinala o alcalde, Juan González, quen aclara que por protocolo de seguridade realízase con aforo moi limitado e mediante invitación numerada.

O espectáculo, que será emitido ao longo do verán, estará protagonizado polo gran show da orquestra ‘La Ocaband’, que contará para a ocasión coa súa formación de 10 músicos e 4 técnicos e coa presenza de artistas convidados como Sito Sedes (Los Satélites), Lito (Panorama), Blas (París de Noia), Miguel Torres (Orquesta Compostela), Luis Queima, Tita Lijo (Los Players), Carlos Mariano (Suavecito), Fátima Pego (Panorama) e Marcos Rodríguez (excantante de Amistades Peligrosas).

Presentado por Sara Rodríguez, disporá dun escenario de 24 metros, pantallas de 4×3 para visuais, unidade móbil de 7 cámaras e un equipo técnico composto por 18 profesionais.

Mondariz estrea actividade ao aire libre

0

O Departamento de Cultura e Xuventude do Concelllo de Mondariz informa que xa está aberto o prazo para inscribirse na RUTA ETNOGRÁFICA: A CADA PASO POLA BEIRA DO RÍO XABRIÑA, que se vai a realizar o venres 21 de agosto ás 18.30h.

Esta actividade é gratuíta e, polas súas características, está recomendada para persoas a partir de 8 anos. Ademáis de ser unha boa actividade física, esta ruta permite descubrir parte do patrimonio natural e cultural do concello de Mondariz.

Terán preferencia as persoas empadroadas en Mondariz. As doutros concellos, poderán anotarse e quedarán nunha lista de agarda e, se quedan prazas vacantes cando remate o prazo de inscrición, as persoas serán contactadas por teléfono por orde de entrada da solicitude.

Se estás interesado/a en anotarte nesta actividade podes contactar coa OMIX Mondariz nos teléfonos 986 664 306 / 680 964 461 (de luns a venres de 9 a 14h) ou seu correo electrónico: [email protected]. O prazo de inscrición remata o mércores 19 de agosto ás 14h.

A Deputación entrega nove transpaletas aos nove puntos limpos da provincia ao abeiro do proxecto europeo ‘Estraee’

O deputado de Economía e Réxime Interior, Carlos López Font, e a deputada de Medio Ambiente e Transición Ecolóxica, Iria Lamas, xunto ao alcalde de Meaño, Carlos Viéitez, o concelleiro de medio ambiente de Moaña en representación da Mancomunidade do Morrazo, Odilo Barreiro, e o concelleiro de medio ambiente de Vilagarcía, Lino Mouriño, asistiron ao acto de entrega, no Parque de Maquinaria, das nove transpaletas que prestarán servizo nos nove puntos limpos nos que está a actuar o proxecto europeo ESTRAEE de reciclaxe do “lixo electrónico” promovido pola Deputación. En concreto, Meaño, A Guarda, A Lama, Gondomar, Nigrán, Ponteareas, Silleda, Vilagarcía de Arousa e a Mancomunidade do Morrazo (Cangas, Bueu e Moaña) reciben esta maquinaria, valorada nun total de 80.912,7 euros.

As transpaletas son eléctricas, en sintonía co proxecto sostible e de coidado co medio ambiente, teñen unha capacidade de carga de ata dous mil quilos e unha velocidade máxima de 10 quilómetros hora. Ademais, estas máquinas permitirán transportar e mover dunha maneira cómoda e segura os aparellos eléctricos e electrónicos, uns residuos extremadamente contaminantes, en crecemento exponencial e que están a supor xa un grave problema. A provincia de Pontevedra revalida, con estes recursos, a súa posición como referencia europea, e mesmo mundial, no marco da protección do medio ambiente e no cumprimento da Axenda 2030.

O proxecto ESTRAEE (Estratexia Sostible Transfronteiriza para a Xestión dos Residuos de Aparellos Eléctricos e Electrónicos) conta cun orzamento total de 2.145.000 euros e ten por finalidade impulsar no espazo transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal a xestión de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE). Está soportado ao 75% polo fondo FEDER, que achega algo máis de 1,6 millóns de Pontevedra. A Deputación e o resto dos socios achegan os 536.381 euros restantes (a Deputación de Pontevedra destinou 227.000 euros do seu propio orzamento e o resto dos socios españoles, Revertia, ERP España e EnergyLab, e portugueses, ERP Portugal e Liport, achegan o resto).

En menos de 10 minutos esgotáronse as entradas para o autocine de Tui deste venres

0

En menos de 10 minutos esgotáronse as 110 prazas dispoñibles para asistir á proxección de “Joker” este venres en autocine no aparcamento municipal na traseira da Área Panorámica. Coma aconteceu xa tamén coa primeira proxección de autocine de “Grease” as entradas esgotáronse rapidamente. Precisamente o autocine é unha das novidades da programación cultural do verán “Volvemos á rúa” en Tui este ano.

Este mediodía abriuse a reserva de entradas para os catro espectáculos previstos esta semana a través da plataforma enterticket.es. Debido á pandemia da covid 19 hai establecido un protocolo con aforo limitado en cada evento, polo que é preciso realizar previamente a reserva de forma gratuíta e facilitar os datos de contacto.

Si quedan entradas dispoñibles para os outros tres espectáculos previstos.

O mércores ás 21 h na praza de San Fernando ofrecerá un concerto a sección de metal da Banda de Música Popular de Tui. Neste caso poderán asistir 120 persoas. Este é o terceiro dos concertos que banda tudense ofrece este verán na programación organizada polo Concello de Tui.

Xa o xoves, tamén ás 21 h, no Paseo da Corredoira actuará a compañía Ghazafelhos con “Acuario”. Este espectáculo está baseado no libro homónimo de poemas de María Canosa. O seu obxectivo é que a xente miúda da casa se achegue á poesía en lingua galega á vez que aprende os nomes dos peixes e descobre a riqueza biolóxica (e gastronómica) do noso litoral. Todo dun xeito ameno e divertido con vistosos monicreques, e co humor e dinamismo dos actores Pepablo Patiño, Marisa Canosa e Montse Piñón.

Mentres o domingo ás 22 h á música chega á rúa Compostela co concerto “Son Galego, son Cubano”  que ofrecerá Roi Casal.  Este evento chega a Tui ao abeiro do programa Musical da Deputación de Pontevedra.

O Instituto Cubano da Música propuxo a Roi Casal un gran espectáculo entre Cuba e Galicia, tras recibir o artista galego o Premio Internacional Cubadisco 2014 na illa caribeña. Roi Casal traballou conxuntamente co escritor Neira Vilas, na concepción e elaboración deste proxecto internacional. No disco, gravado na Habana en Marzo de 2016, participaron os algúns dos mellores músicos cubanos como Pablo Milanés, Laritza Bacallao, Miguel Núñez, Osmani Sánchez, Jorge Jorge Leliebre, César López… e da parte galega, figuras destacadas como Nando Casal (Milladoiro) ou Carlos Calviño.   Este domingo chega a Tui dentro da programación Volvemos á Rúa. A capacidade está limitada a 290 persoas sentadas.

Amais dentro de Música na Rúa haberá pasarrúas a cargo da Banda de Gaitas San Xoán de Paramos o sábado ás 21 h e do Grupo O Mosteiro de Pexegueiro o domingo ás 21 h.

Salceda úrxelle á Xunta a renovación dos baños do colexio Altamira

O Concello de Salceda de Caselas ven de solicitarlle á Xunta de Galicia que acometa a renovación dos aseos do CEP Altamira, unhas instalacións con máis de 40 anos de antigüidade que coa situación de pandemia que se está a vivir resultan un posible foco de infección para os 600 nenos e nenas escolarizados no centro, un dos máis numerosos de Galicia. Tamén o Consello Escolar, con representación do profesorado, pais/nais e o propio Concello, aprobou unha solicitude no mesmo senso, que lle foi trasladada xa á Xunta de Galicia. Se xa viña sendo unha necesidade urxente, esta situación vese agravada pola pandemia da COVID.

A concelleira Gela Ledo lembrou que un ensino de calidade “ten moito que ver tamén coas súas instalacións” polo que reafirmase no compromiso de “seguir a traballar para que as nenas e os nenos de Salceda teñan unhas instalacións como se merecen, e non do século pasado”

Cómpre salientar que o xefe territorial de Educación, César Pérez Ares, comprometeuse xa fai máis de dous anos a que, unha vez se rematase a ampliación do CEP Altamira (realizada no 2018), se procedería á renovación dos aseos, tal como lle trasladou á directora do centro daquel momento, e tal como foi exposto entón no Consello Escolar. A día de hoxe os aseos seguen sen reformar polo que o Concello ven de remitir unha nova solicitude con un orzamento da obra precisa, facilitado por un construtor local, no que as obras ascenden a 32.350 € máis IVE no edificio principal, e 31.740 € máis IVE no edificio do ximnasio. As mencionadas obras deberían ser levadas a cabo canto antes pola Xunta de Galicia, para que o colexio estivese listo para ser empregado en setembro sen problemas de salubridade para os nenos e nenas.

Lembran dende o equipo de goberno que entre o ano 2019 e o 2020 son cinco as citas solicitadas coa Consellería de educación (tres co xefe territorial e dúas coa exconselleira), sen que se dese resposta a ningunha delas, no que dende o Concello se considera unha mostra de deslealdade institucional e falta de compromiso coa veciñanza, polo que a única fórmula dispoñible para este tipo de solicitudes pasa a ser a da comunicación escrita, agardando que deste xeito sexa atendida, en aras a garantir a seguridade dos nenos e nenas salcedenses.

Nese sentido, a acaldesa de Salceda, Loli Castiñeira, lembra que dende o Concello se están a acometer “as obras de mantemento e mellora precisas que nos corresponden para garantir un correcto inicio do curso escolar” polo que agarda que a Xunta de Galicia, “da cal dependen as competencias educativas, asuma as súas obrigas e responsabilidades e dea resposta a esta necesidade urxente canto antes”.

Novo espazo para a participación infantil e adolescente na web municipal

A alcaldesa en funcións, Cristina F. Davila, convida a toda a infancia e mocidade a sacarlle o máximo partido ao novo espazo creado para eles e elas na páxina web municipal co obxectivo de facilitarlles a súa participación. Desde a creación do consello municipal de infancia e adolescencia, os nenos, nenas e adolescentes representantes dos distintos centros escolares teñen a oportunidade de expoñer directamente ao goberno municipal a súa opinión sobre aqueles aspectos que máis lle preocupan, así como de achegar as propostas de solución que consideran máis oportunas en cada caso.

Agora dase un paso máis coa creación dun espazo específico para a infancia e a adolescencia na marxe dereita da web municipal. Coa intención de seguir avanzando na consecución dun concello máis amigable coas persoas e no que todos os nenos, nenas e adolescentes poidan participar con normalidade das decisións importantes que lles afecten, o Concello de Ponteareas habilitou este espazo con información sobre a súa candidatura ao recoñecemento de Unicef como cidade amiga da infancia, que inclúe unha enquisa para coñecer o seu parecer sobre as actividades e recursos cos que conta o concello para persoas da súa idade ou sobre as características da localidade na que residen

Esta enquisa estará dispoñible durante todo o mes de agosto para que poida ser cumprimentala directamente desde estes enlaces por todos os nenos, nenas e adolescentes do concello que o desexen.

Enlaces: https://forms.gle/VkFAiPvAqiKPrYsj8 ou https://ponteareas.gal/cidades-amigas-da-infancia/

Ponteareas aumentará os espazos peonís e as prazas de estacionamento

A concellaría de Mobilidade e Tráfico que dirixe Roberto Mera continua coa súa campaña informativa sobre a reordenación de espazos peonís e tráfico prevista para un total de 14 rúas durante o mes de agosto. Tras concluir o proceso na zona oeste da vila, no entorno do Mercado Municipal, agora a campaña lévase a cabo na zona leste, entre a Avenida de Galicia, Paseo Matutino e Rúa Real, na zona coñecida como Ponteareas Cidade. As medidas propostas atinxen ás rúas Carballos, Castañal, Orotava, Pedra Pequena, Lamazáns, Manuel Rodríguez e Paseo Matutino.

As actuacións programadas van dirixidas por un lado a asegurar os itinerarios peonís alí onde aínda non existen e que obrigan actualmente ás persoas a camiñar pola calzada. É o caso da rúa Castañal desde a Escola Infantil até a rúa Real, que carece en case todo o seu trazado de zona peonil na marxe esquerda. A concellaría de Mobilidade e Tráfico habilitará un paso para camiñar cun mínimo de 2,50 metros de anchura.

Outra das medidas será a supresión do dobre sentido de circulación na rúa Carballos e nun tramo do Paseo Matutino. “Deste xeito gañamos fluidez no tráfico, seguridade e espazos para incrementar as zonas peonís e as prazas de estacionamento”, sinala Mera. Ademais, as rúas serán de sentido único xerándose itinerarios de circulación cara o exterior da vila que evitarán o tráfico de axitación que dá voltas de forma continua en lugar de estacionar nun aparcadoiro e que supoñen ruido, contaminación e inseguridade para as persoas residentes na zona. Mera lembra que dentro do ámbito de actuación existen tres aparcadoiros públicos e gratuitos con 220 prazas, que se ampliarán proximamente en 60 máis en Granitos de Galicia.

Ademais, tamén se prevé a creación de novos pasos de peóns e asegurar a visibilidade de todos eles eliminando atrancos visuais. Asemade, crearanse seis prazas de aparcamento para persoas con mobilidade reducida, dúas en Castañal, dúas en Carballos e outras dúas no Paseo Matutino.

A App móbil de Tomiño recibe unha media de 200 incidencias ao mes

0

A App móbil Liña Verde do Concello de Tomiño, un servizo de comunicación directo ca cidadanía, que leva funcionando uns cinco meses, recibe unha media de 200 incidencias ao mes, das que se resolven dúas de cada tres (68,7%) en poucos días.

No caso do alumeado público (tema principal das demandas) o 97% das incidencias resólvense nas primeiras 48 horas.

Dende a posta en marcha da iniciativa virtual, súmanse máis de 1.000 pedidos veciñais; as referidas á iluminación pública ocupan, polo seu volume, o promeiro posto entre as incidencias denunciadas, seguidas polas de lixo, fochancas e baleirado de fosas sépticas. Tamén son importantes as referidas á vía pública, escolas e loxística; recollida de voluminosos e sinalización viaria, entre outras.

O tempo de resolución das incidencias varía dependendo do tipo de problema e dos recursos dispoñibles, sendo de 3 ou 4 días no caso de baleirado de fosas sépticas, e dunha semana ou 15 días (máximo) na limpeza de xardíns e zonas verdes.

Alexandre Pérez Souto, concelleiro de Obras, valora que tras cinco meses de funcionamento, os resultados son bos e salienta a importancia de poder coñecer mellor as necesidades da veciñanza, e poder actuar de maneira máis eficiente, dando solución con maior rapidez ás cuestións comunicadas.

“O persoal xa está adaptado ao novo modelo de traballo. Cada equipo recibe as tarefas a realizar, na súa tablet, e comunícao a través da mesma, cando está resolta. Esta información chégalle, tanto á veciña ou veciño que comunicou a incidencia, como ao concelleiro ou concelleira da área, e ademais, pódense obter estadísticas en tempo real dos traballos a realizar”, explica.

Para poder utilizar este novo servizo só é necesario proceder á descarga gratuíta da APP “Linea Verde” dende Google Play ou APP Store. A continuación, seleccionar o municipio de Tomiño, e comunicar o problema, pinchando sobre o botón “nova incidencia”, escoller a tipoloxía de incidencia e achegar unha foto e unha explicación sinxela sobre a mesma. A persoa recibirá unha notificación no seu teléfono móbil, comentando o progreso do caso.

O Concello anima á cidadanía a descargar a aplicación e enviar as súas demandas ou preguntas a través dela, xa que a resolución das mesmas é moito máis rápida, eficaz e sinxela.

O Rosal camiña cara a eficiencia enerxética

0

O Concello do Rosal deu esta semana o primeiro paso dun plan estratéxico que procurará camiñar cara un modelo de consumo enerxético sostible, eficiente e comprometido co medio ambiente. Trátase da adxudicación dun contrato para a redacción dunha auditoría enerxética co que coñecer o estado actual do municipio, tanto no consumo da iluminación pública exterior coma no conxunto das instalacións municipais, co obxectivo de establecer un conxunto de reformas e melloras encamiñadas a facer un uso racional da enerxía.

A auditoría terá un custo total de 16.552,80 euros, aportados nun 50% pola Consellería de Presidencia ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental, sendo o outro 50% provinte de fondos propios do concello.

A auditoría representa un primeiro paso dunha estratexia planificada, a medio e longo prazo, para mudar por completo o consumo enerxético do concello, e que precederá a elaboración dun Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible (PACES) co fin de establecer un modelo de consumo eficiente e sustentable. Este plan está encadrado no denominado “Pacto dos Alcaldes e Alcaldesas polo Clima e a Enerxía”, ao que está adherido o Concello do Rosal, un movemento no que se agrupan milleiros de gobernos locais que se comprometen a afrontar retos coma o cambio climático, a enerxía sostible e que pretende garantir un entorno estable dende o punto de vista económico, social e medioambiental para as xeracións actuais e futuras.

A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, sinala a importancia desta acción non como unha medida para o presente senón como unha aposta para o futuro. “A idea non é pedir unha subvención para repoñer ou mudar algunhas luces, senón para mudar o sistema por completo de forma estratéxica e planificada, e isto non se debe só a criterios de eficiencia económica e de consumo senón tamén a criterios éticos e de compromiso co medio ambiente”, sinala a rexedora.

Esta aposta decidida por un sistema enerxético responsable e sustentable pretende tamén acompañar as políticas ditadas pola Unión Europea en materia de lexislación medioambiental e enerxética, e axudarán a mellorar a posición do concello en previsión de escenarios futuros nos que as esixencias teñan un carácter máis restritivo.

O Concello de Redondela inagura as obras de conservación e mantemento do cemiterio de Eidos

0

A alcaldesa de Redondela, acompañada polo grupo de Goberno municipal, concelleiras e concelleiros da Corporación Municipal e veciñas e veciños de Redondela, inaugurou no serán de hoxe as obras de conservación e mantemento do Cemiterio de Eidos, un ben patrimonial de primeira orde que levaba anos “nun lamentable estado de abandono e deterioro”, sinalou a alcaldesa Digna Rivas.

Nas súas palabras, a rexedora local asegurou que a recuperación deste espazo “supón a posta en valor dun ben patrimonial do municipio que, como tal, forma parte inseparable da historia de Redondela”. Non se pode esquecer, dixo Rivas, “que este cemiterio cuxa construción remóntase aos anos 30 do século XIX, alberga tallas e panteóns de gran valor artístico e histórico de persoeiros ilustres da vida social, cultural e política do municipio, pero tamén acolle os restos de persoas represaliadas durante os escuros anos da Guerra Civil e a posguerra”.

A alcaldesa de Redondela lembrou que a posta en valor do cemiterio dos Eidos, “era un dos compromisos que adquirimos coa veciñanza porque era, ao mesmo tempo, un recoñecemento a todos aqueles que aquí descansan e que contribuíron, de moi diversas maneiras, a construír a Redondela de hoxe”.

Queda agora, concluía Digna Rivas, “traballar para que a recuperación deste cemiterio de Eidos non quede só nas obras que se realizaron, senón tamén en desenvolver iniciativas que contribúan á promoción da súa importancia histórica”.

Nese sentido, a alcaldesa redondelá adiantou a realización de visitas guiadas que poñan en valor este camposanto ou a realización de exposicións sobre a historia do mesmo.

[su_image_carousel source=”media: 18858,18860,18861,18862″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Unha coidadosa recuperación

O Goberno de Redondela, que iniciaba no mes de febreiro os traballos de conservación, mantemento e posta en valor do Cemiterio de Eidos, tras a súa adxudicación por importe de 207.014,42 euros e que contaron co financiamento do Fondo Europeo, a través do Programa Operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020 e dentro da liña de actuación 22, destinada á Recuperación, rehabilitación e mellora do Patrimonio Histórico e cultural.

Os traballos tiveron como finalidade poñer en valor este espazo a través dunha total rehabilitación do recinto con actuacións que se centraron en resolver as problemáticas apreciadas nos diferentes elementos que o configuran, dende os muros exteriores que o delimitan ata os pavimentos interiores, pasando por zonas axardinadas, peches, elementos ornamentais, instalacións e servizos urbanos, así como favorecer a accesibilidade universal mediante a realización de actuacións na súa totalidade.

Dada a importancia histórica e patrimonial da actuación durante a realización das obras tívose especial coidado en seguir as recomendacións técnicas autorizadas dende Patrimonio cultural.

O proxecto, foi redactado polo arquitecto Ángel Santorio quen exerceu as funcións de dirección de obra, obra que dilatouse lixeiramente debido as circunstancias especiais marcadas pola declaración estado de alarma provocado pola pandemia da COVID-19.

A importancia histórica e cultural

A importancia histórica e cultural deste camposanto construído na década dos anos 30 do século XIX, é indiscutible, motivo que fai incomprensible o estado de abandono ao que estivo sometido durante moitos anos.

Alberga tallas e panteóns de gran valor histórico artístico, atopándose neste espazo os sepulcros do exalcalde Ramón Pardo Ferro, –cunha escultura que escenifica a fe con ollos vendados– ou o mausoleo do procurador Francisco Crespo Rivas, cunha columna coroada cunha grande pirámide deseñada en Arxentina.

Pero o cemiterio dos Eidos garda tamén un gran valor no que atinxe a Memoria Histórica. Entre os seus muros atópase unha foxa común cos restos de 42 republicanos represaliados durante a Guerra Civil.

Outro acontecemento bélico anterior, como é a Guerra da Independencia Española, tamén deixou pegada neste camposanto cunha tumba de John O’Dogherty, un dos heroes da batalla de Ponte Sampaio.

O Concello da Guarda pide á poboación un uso racional e responsable da auga

0

A Concellería de Medio Ambiente, ante o período de seca que levamos atravesando nos últimos meses, reitera a apelación á cidadanía de facer un uso racional da auga.

Alén da falta de precipitacións e temperaturas elevadas, a recente avaría dunha das bombas obríganos a tomar medidas para que o abastecemento de auga chegue a todas e todos os veciños.

Por iso, dende o Concello, queremos concienciar da importancia deses bens tan prezados que son os recursos hídricos.

Recoméndase que certos usos da auga como: rego, baldeos, recheos de piscinas… adminístrense dun xeito apropiado á situación excepcional destes días.

A Deputación pon en valor o centro de Crecente acondicionando a contorna do centro de saúde, colexio, residencia e pavillón de deportes

O núcleo municipal de Crecente afronta unha completa transformación grazas ás obras de mellora integral da mobilidade e accesibilidade executadas no marco do Plan de Mellora da Seguridade dos Viarios Municipais (DepoRemse) da Deputación de Pontevedra. Os deputados provinciais Carlos López Font e Santos Héctor, acompañados polo alcalde, Julio César García-Luengo, visitaron hoxe esta actuación, na que a institución provincial investiu 426.300 euros. Aproveitaron tamén para revisar as obras de emerxencia que a Deputación levou a cabo a fin de mellorar a seguridade viaria na estrada EP-5005 ao seu paso polo núcleo de Crecente, cun orzamento de preto de 60.000 euros.

As obras do plan DepoRemse están financiadas integramente pola Deputación (o 10% de achega municipal foi con cargo ao Plan Concellos 2019) e poñen en valor esta parte do núcleo de Crecente, cunha actuación para mellorar a seguridade ao abeiro do modelo de mobilidade que está a desenvolver a Deputación en toda a provincia. A zona onde se actuou é de especial tránsito, xa que nela se sitúan os equipamentos do Centro de Saúde, a Residencia da Terceira Idade, o CEIP Plurilingüe Manuel Sieiro e a zona deportiva do pavillón municipal e o ximnasio.

As obras están practicamente rematadas, a falta só de realizar o asfaltado final nun tramo por parte da empresa adxudicataria e o correspondente pintado da sinalización horizontal. Máis polo miúdo, para mellorar a accesibilidade na zona, proxectouse a pavimentación da calzada en todos os viarios existentes e habilitáronse beirarrúas (todas de 1,80 metros de ancho agás as da parte posterior das vivendas de mestres, de 1,35) en tramos nos que non existían, mentres que se substituíron outras en mal estado. Así mesmo, con esta actuación créanse novos pasos de peóns, regúlase o tráfico e delimítanse zonas de aparcadoiro, ademais de soterrar as redes eléctrica, de alumeado público e telefonía e repoñer servizos e instalacións nas redes de abastecemento, pluviais e saneamento. Os traballos complétanse co pintado en todos os viarios e pasos de peóns, así como coa nova sinalización vertical (con 20 sinais novas) e incluíron tamén a reposición do muro de peche e contención do CEIP.

Como destacou o deputado Carlos López Font, esta ambiciosa actuación, “que vai cambiar a calidade de vida dos veciños e veciñas de Crecente”, se enmarca no proxecto integral de mobilidade co que se rexe a institución en toda a provincia: “Certamente, o modelo da Deputación é dunha mobilidade para o século XXI _apuntou_. Onde antes ocupaban o espazo os coches, hoxe o teñen que ocupar as persoas. É unha satisfacción ver unha actuación como esta que serve para mellorar a calidade de vida das veciñas e veciños. É unha obra que o ten todo e desenvolvida nun núcleo urbano, onde están o Centro de Saúde, a residencia, o ximnasio e o pavillón. Polo tanto, este ámbito vaise converter nun dos centros neurálxicos de convivencia da veciñanza. Para nós é unha satisfacción de que este DepoRemse sexa unha realidade”. Font felicitou ao alcalde por ter impulsado un proxecto destas características. “En definitiva _concluíu Font_, estamos a apostar polos concellos pequenos. Son os que máis o necesitan. E fixar poboación no ámbito rural é un obxectivo de todos e todas”.

Mellora na EP-5005

Doutra banda, no que se refire ás obras da EP-5005 A Cañiza-Pousa ao seu paso polo núcleo de Crecente, a Deputación tivo que actuar de urxencia tras constatar mediante inspección a existencia de desprendementos no noiro situado a carón da estrada. A caída de pedras tiña provocado a restrición da circulación. A actuación acometida agora implicou a construción dun novo muro para mellorar a seguridade do viario e, na mesma, investíronse preto de 60.000 euros. “É unha obra que quedou moi ben e solucionou o problema”, apuntou Font.

O deputado lembrou que no marco do Plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra, Crecente ten asignado un total de 393.000 euros, unha dotación económica que financia boa parte das actividades municipais, pois servirá para acometer un total de 12 obras, ao tempo que permitirá a execución dunha iniciativa sociocultural e a contratación de 9 traballadoras/es para a realización de diversas funcións no marco das competencias municipais.

Pola súa banda, o alcalde, Julio César García-Luengo destacou que esta obra do plan DepoRemse “é magnífica e foi moi ben aproveitada”. “Tiñamos problemas de acceso ao CEIP _explicou_; ao pavillón, á residencia municipal, ao Centro de Saúde e á gardería e grazas a este proxecto, hoxe os veciños e veciñas de Crecente poden desfrutar desta impresionante obra, na que se aproveitou todo o orzamento, próximo aos 500.000 euros. Quero agradecer tamén á presidenta Carmela Silva o proxecto do ximnasio que se realizou co Plan Reequilibrio e que imos inaugurar dentro dun mes. Son obras magníficas para un concello pequeno e rural como é Crecente e creo que grazas a isto é máis doado fixar poboación”. Tamén subliñou a axilidade da institución provincial á hora de solucionar o problema da EP-5005: “Nun mes estaba a obra realizada”.

O contacontos de Raquel Queizás no Centro Cultural ‘A Cela’ de Baredo pon fin ao programa ‘Contacontos pola Igualdade’ do Concello de Baiona

0

O centro cultural A Cela de Baredo , acollerá o vinndeiro venres venres 14 de agosto ás 20:00 horas , a sesión de contacontos da mán de Raquel Queizas baixo o título ‘Somos Iguais. Contos pola Igualdade’. A actividade está drixida ao público familiar e recomendable a partir de catro anos. A actividade é organizada pola Concellería de igualdade do Concello de Baiona, e financiada con cargo aos créditos recibidos o Ministerio de Igualdade, Secretaría de Estado de Igualdade e contra a Violencia de xénero.

Nesta obra Queliña quere ser aviadora, gústalle vivir aventuras e contar historias. De pequena estaba farta de escoitar contos de ‘Princesas Rosas’ e apoucadas e de ‘Príncipes Azuis’ e insensibles e un día dixo BASTA XA!!!

Puxo o gorro e os anteollos de pilota e foi buscar contos para demostrar que nenas e nenos SOMOS IGUAIS. Si, igual de valentes e igual de sensibles.

Descubriremos historias de nenas e nenos (ou animais) que rompen os estereotipos que abundan nos contos; nenas decididas, nenos sensibles. Identificaremos situacións as que nos temos que enfrontar día a día, na escola, na casa, coas amigas e amigos, … onde a violencia ou a agresividade física e verbal pode ter solución grazas á palabra e gozaremos brincando coa imaxinación que nos une.Dende a nenez pódese previr todo tipo de violencia mediante novos modelos de feminidade e masculinidade rachando así cos roles e estereotipos asignados..

Con esta actividade, remata o programa “contacontos pola igualdade” que se ten desenvolvido este verán en tódalas parroquias do municipio.

A Guarda condena o ataque ‘vandálico’ contra as Salinas do Seixal

0

O Concello da Guarda, a través da Concelleira de Patrimonio, Montserrat Magallanes, ven de facer pública a súa condena dos desperfectos ocasionados no panel que, en lingua galega, explicaba todo o relativo ás Salinas do Seixal no que é “un auténtico ataque vandálico contra o patrimonio guardés”.

Estes paneis foron instalados a finais do ano 2019 como parte do proxecto ‘A Guarda, Mar de sal. Posta en valor das salinas romanas do Seixal e Camposancos’. Ao longo dos vindeiros días agárdase poder recuperar este panel, que está a disposición de todos os veciños e visitantes ao igual que os que se instalaron nas Salinas da Lagoa e do Puntal en Camposancos.

O proxecto ‘A Guarda, Mar de Sal’ fundaméntase na necesidade de sustentar o desenvolvemento patrimonial sobre un sólido respaldo científico. O estudo rigoroso das paisaxes do sal e a súa posta en valor permitirán crear un recurso patrimonial posto ao servizo da cidadanía.

O importe total subvencionado por parte da Consellería do Mar é de 74,496,68 €, repartidos en dúas anualidades (2018 e 2019). Proxecto GALP7-066.

Salvaterra cancela a programación do Verán Cultural e da Festa do Viño por mor dos recentes rebrotes da COVID-19

O Grupo de Goberno do Concello de Salvaterra de Miño ven de reunirse ao longo de toda mañá de hoxe na procura dunha solución urxente para tratar as novas noticias que chegan dende a Consellería de Sanidade, informando a situación de un rebrote de coronavirus no Concello. Si ben é certo que ao día de hoxe ese rebrote pertence a tres membros dunha mesa familia, tamén é certo que non temos coñecemento da movilidade, lugar e forma de contaxio dos mesmos.

Por tal motivo e logo de que a alcaldesa Marta Valcárcel puxérase en contacto a primeira hora do día cos voceiros dos grupos da oposición, o Concello de Salvaterra tomou a decisión de SUSPENDER toda aprogramación referente ao Verán Cultural, así como a Festa do Viño na súa totalidade. O descoñecemento da evolución de posibles rebrotes que aumentan considerablemente nas cidades máis próximas, fai que a coherencia e a seguridade dos veciños e veciñas impere sobre todas as cousas.

Dende o Concello se levan tomado unha serie de medidas de gran esforzo conxunto que non se poden por en perigo de ningún xeito, sendo a seguridade , a prevención e especialmente a anticipación a línea tomada dende o primeiro momento e que terá continuación ata que as indicacións dos distintos organismos de saúde mostren confianza e certeza para os nosos veciños e veciñas.

É de vital importancia neste escenario de rebrotes do que xa fomos advertidos que teñamos a máxima precaución e responsabilidade tanto individual como colectiva, polo que dende o Concello non queremos arriscar o máis mínimo para conter os novos posibles rebrotes e por fin o antes posible a esta Pandemia.

«As lentes violetas» de ‘Volvoreta e Volvoreta’ levan a Vilariño o programa ‘A Igualdade non é un conto’

0

O Concello de Nigrán, a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM), continúa este mércores 12 de agosto ás 20:30 en Vilariño (capela de Padres Franciscanos) o programa “A igualdade non é un conto”, dirixido á infancia e que inclúe varios contacontos, un espectáculo de maxia e outro de monicreques que se desenvolverán ata o día 5 de setembro en diferentes ubicacións.

Nesta ocasión terá lugar o contacontos creado para a ocasión pola parella artística de Nigrán ‘Voltereta e Volvoreta’. O programa, cofinanciado polo Ministerio de Igualdade a través do Pacto de estado contra a violencia de xénero, pretende rachar cos prexuízos e esterotipos de xénero desde idades temperás a través da participación activa das crianzas en actividades lúdicas.

Carlos Font enxalza o apoio da Deputación ao sector primario no primeiro simulacro de ‘vendima anti-Covid de Galicia’

0

O deputado provincial Carlos Font xunto ao alcalde de Arbo, Horacio Gil, asistiu ao ensaio de vendima anti-covid levado a cabo por Marqués de Vizhoja, converténdose así na primeira adega de Galicia en poñer en marcha un simulacro previo destas características. Durante o acto púxose en práctica o protocolo desenvolvido polo equipo técnico e de campo da adega e tamén se explicaron as indicacións xerais e normas de prevención que se levarán a cabo durante a vendima. “Son un conxunto de medidas que garanten totalmente, en primeiro lugar, a saúde dos traballadores e traballadoras, e tamén do produto final, o viño para as persoas consumidoras”, destacou Font.

Na súa intervención, o deputado provincial puxo en valor esta “demostración dos novos tempos nos que estamos e as medidas que se teñen que tomar” e cualificou como “unha situación sobresaínte poder comprobar in situ como se vai desenvolver unha vendima que será especial este ano”. Carlos Font, que destacou o apoio constante da Deputación ao sector primario e, en concreto ao vitivinícola, asegurou marchar “coa satisfacción de saber que a economía se reactiva e que algo tan tradicional como a vendima vai contar con todas as medidas de seguridade”.

Debido á crise sanitaria, a vendima terá que cumprir cunha serie de normas entre as que se atopan o uso da máscara en todo momento, o control de entrada á adega e medición da temperatura, poñer a disposición dos e das traballadoras hidroxel, máscaras e papeleiras, evitar o contacto de mans coa cara, redución do contacto físico e distancia mínima de dous metros, non compartir obxectos persoais e non facer reunións. Tamén se recomenda lavar a roupa despois de cada xornada de traballo, evitar beber auga en fontes ou lugares de tránsito común, e tanto a entrada como a saída da adega farase de forma escalonada e mantendo en todo momento a distancia de seguridade. Ademais, introduciuse un sistema de sinalización con balizas para que cada vendimador/a saiba ata onde ten que ir e evitar a concentración de varias persoas nun mesmo punto.

Pola súa banda, se algunha persoa presenta síntomas debe comunicalo inmediatamente á empresa, minimizar o seu contacto co resto e ir a un lugar onde permaneza soa. A empresa deberá informar das persoas coas que estivo en contacto ás autoridades sanitarias e seguirá as instrucións que lle indiquen. Ademais, realizarase unha limpeza minuciosa das zonas nas que permaneceu a persoa afectada.

Salceda envía unha solicitude á Consellería de Sanidade e ao SERGAS pola situación que se está a vivir no Centro de Saúde

A alcaldesa, Loli Castiñeiras, expón que nas últimas semanas están a recibir multitude de queixas dos veciños e veciñas do municipio pola dificultade que se está a producir para recibir
atención no Centro de Saúde.

Lévanse producido situacións de ter realizado máis de 15 chamadas ao centro de saúde sen que ninguén responda, e cando o veciño ou veciña ante esta situación se achega ata o edificio para conseguir unha cita tampouco lle dan esa opción, comunicándolles que as citas tan só se
poden dar a través de chamada telefónica. Isto estase a producir tamén naqueles casos en que o/a paciente sae dunha consulta presencial e se achega ao mostrador para pedir unha cita, negándoselle esa cita e obrigando á persoa a chamar por teléfono para solicitala, chamada que logo, non se responde.

A isto súmase que as persoas que por fin conseguen que lles establezan unha cita se atopan con que a primeira cita se está a dar con máis de 15 días de retraso, o que perde todo sentido cando estamos a falar de atención primaria.

Como consecuencia desta situación son moitos os veciños e veciñas que acoden ao servizo de urxencias do PAC do Porriño ou que se presentan directamente no Hospital Álvaro Cunqueiro, co consecuente colapso dos servizos de urxencias en cuestións que a priori dependen da atención primaria.

Ante esta situación son numerosas as reclamacións trasladadas a este Concello. A alcaldesa considera especialmente grave e moi preocupante que nun momento de pandemia como o que estamos a vivir neste momento resulte practicamente imposible acceder á atención primaria, que debería estar máis cerca que nunca da veciñanza.

Solicita

Se tomen medidas para corrixir a situación moi deficitaria que se está a dar no servizo de atención primaria no Concello de Salceda de Caselas, co reforzo de persoal administrativo e de liñas telefónicas, de xeito que se garanta unha correcta atención á nosa veciñanza.

O Concello felicita á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil

O Concello do Porriño felicitou á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil polo seu continuado traballo a prol da veciñanza como ven amosando dende o estado de alarma e no período posterior.

A concelleira Lourdes Moure, responsable de Protección Civil, trasladou a Suso Gónzalez Pexegueiro, a felicitación no nome do Concello para que a fixera extensiva a todos os membros da Agrupación que, ás ordes de “Carrola” están a traballar diariamente nun feixe de actividades.

Neste días, os voluntarios de Protección Civil están a colaborar na extinción de incendios forestais como aconteceu onte nos lugares de Sanguío e Eirís, na parroquia de Budiño onde os lunes ameazaban núcleos habitados.

A concelleira Moure Varela lembrou o papel desarrollado polos voluntarios de Protección Civil do Porriño na recollida, clasificación e reparto de alimentos, a través de “SOS Porriño”, en colaboración co departamento de Servizos Sociais do Concelllo.

Tamén recordou a concelleira no seu ámbito de Educación que “o persoal de Protección Civil foi indispensable para o reparto dos 250 ‘routers’ e ‘pinchos’ de 60 GB entre escolares dos centros educativos do Porriño que carecían de conexión á Internet nas súas casas para que poideran seguir as clases e rematar o curso sen fenda dixital co respecto aos seus compañeiros”.

Do mesmo xeito, tamén Protección Civil encargouse do reparto de material didáctico en centros de día, para o alumnado de ACEESCA ou da distribución de medicamentos entre as persoas maiores durante o confinamento.

O Concello de Tui prepara as instalacións deportivas municipais para o inicio da tempada

0

O Concello de Tui ven realizando distintas labores de mantemento nas instalacións deportivas municipais pese a que o inicio da temporada dos deportes de equipo non está clara, debido a pandemia da Covid-19.

A semana pasada, unha empresa especializada, realizou o mantemento nos campos de céspede sintético de “O Foxo” de Caldelas, “Santa Columba” de Ribadelouro e no “Álvarez Durán” de Tui. Os labores consistiron na limpeza da superficie, aireación do revestimento, descompactación do caucho, pegado de xuntas e cepillado do céspede.

En próximas datas, serán os campos de céspede natural “Álvarez Durán” de Tui e “A Gándara” de Guillarei, os que reciban os tratamentos de pinchado e aporte de area, co apoio da Deputación de Pontevedra.

Estes labores de mantemento e os realizadas nos vestiarios e oficina do Campo Municipal de Fútbol “A Gándara” de Guillarei, xunto ás obras que se realizarán proximamente nos pavillóns municipais novo e vello, e  no Centro Municipal de Piragüismo, así como a reforma integral das Pistas de Tenis de Areas, que en breve estarán operativas, veñen a cumprir un dos obxectivos plantexados polo concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez, o de ter as instalacións deportivas municipais ao nivel dos clubs tudenses e dos seus deportistas.

[su_image_carousel source=”media: 18816,18814,18813″ crop=”5:4″ captions=”yes” link=”lightbox” autoplay=”0″]

A rúa do Paseo da Praia de Cesantes terá tres días un tramo cortado o tráfico por mor da reparación dun muro de contención

0

Esta semana o Concello de Redondela realizará obras de reparación nun tramo do muro da rúa Paseo da Praia e será preciso cortar o aceso a residentes os días 10,11 e 12 de Agosto.

Esta actuación ven a raíz do mal estado dun tramo do muro de contención do litoral, que no mes de Xuño foi revisado polos servizos municipais debido a varias  fochancas que apareceron  na beira da calzada o entrar o mar por debaixo da cimentación e que  podían causar perigo para vehículos e viandantes. Os informes técnicos chegaron a conclusión de que a reparación tiña que realizarse a curto prazo.

Unha vez trasladados os incidentes o Servizo Provincial de Costas e obtidos todos os permisos necesarios unha empresa contratada polo concello realizará a obra de reparación e substitución do muro de contención. Durante a execución das obras o departamento de Medio Ambiente instalará unha barreira anti-contaminación para evitar posibles danos medioambientais as augas da enseada de San Simón.

A Deputación constrúe unha senda peonil en Covelo e transforma a estrada provincial 5105 Maceira-A Graña nun espazo seguro

A Deputación de Pontevedra vén de rematar as obras de mellora da seguridade viaria e construción dunha senda peonil na EP 5105 de Maceira á Graña, no concello de Covelo. Esta actuación, cun orzamento de 226.240,11 euros, enmárcase no modelo de mobilidade segura e sustentable que a Deputación está a desenvolver nas vías provinciais para converter ás vilas e cidades da provincia en contornas urbanas do século XXI, nas que as persoas cobran protagonismo e gozan de preferencia sobre os vehículos.

Os traballos consistiron na execución dunha senda peonil de 2,5 metros de ancho paralela ao actual trazado da estrada provincial. A senda está separada da calzada a través de marcas viarias continuas e elementos retroreflectantes, e no seu tramo final conta cunha plataforma de convivencia para os peóns e peoas. Ademais, ao paso sobre un regato nun espazo natural foi necesaria a execución dunha pasarela de madeira paralela á actual estrutura de formigón. A actuación completouse coa mellora de firmes e a instalación de novos pasos de peóns e redutores de velocidade.

Covelo está a recibir un notorio apoio da Deputación en obras da máxima calidade. A semana pasada, o deputado de Cooperación, Santos Héctor, visitou as obras executadas no marco do Plan de Mellora da Seguridade dos Viarios Municipais (DepoRemse) no concello de Covelo. Unha actuación que, valorada en 91.323,46 euros, dotou dunha contorna segura a sete camiños rurais, boa parte deles asociados a espazos de  centralidade para a veciñanza.

O Concello de Covelo ten recibido un investimento total da Deputación de Pontevedra dende o ano 2015 de 4.560.470 euros, dos que boa parte corresponden ao Plan Concellos. Neste ano está a recibir 453.809,18 euros deste plan provincial. Ata o momento, o Concello foi quen de executar 31 obras; financiar 34 actividades socioculturais propias e contratar a 95 traballadores con cargo ao Plan Concellos. A maiores, Covelo beneficiouse das adxudicacións das obras da praza de Barciademera con cargo ao Plan de Reequilibrio (287.407 euros) e unha mellora no seu viario rural con cargo ao DepoRemse.

As Neves segue coa prevención de incendios

0

O Goberno municipal das Neves segue adiante coa posta en marcha do convenio asinado coa Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos (SEAGA) para a limpeza das franxas de protección nos núcleos das parroquias de Liñares, Tortoreos e As Neves.

Durante o final do mes de xullo o Concello enviou cartas informativas aos propietarios da parcelas afectadas e a pasada semana realizáronse reunións nas tres parroquias as que acudiron preto de 300 persoas.

Os propietarios das parcelas na franxa de 50 metros arredor das zonas edificadas ou edificables, teñen o deber de limpar as mesmas de maleza e de especies arbóreas prohibidas, como a acacia, o piñeiro e o eucalipto e, dacordo co convenio, SEAGA realizaría ese traballo de roce a un “prezo moi reducido”, sinala o segundo tenente de alcalde, Óscar González.

Para facelo posible, os propietarios interesados asinarían un contrato de 3 anos con SEAGA que, dende ese momento, faríase responsable do mantemento da parcela.

Algúns propietarios xa asinaron os contratos nas reunións mantidas os días pasados e aqueles que non o fixeron aínda, sinala Óscar González, “poden facelo en calquera momento co contrato que recibiron nas cartas e entregando o mesmo no Concello”.

Para resolver dúbidas particulares sobre temas como as parcelas afectadas, posibles erros de catastro ou calquera outra, estableceuse unha atención personalizada co persoal de SEAGA  a través de cita previa, que se pode solicitar chamando ao teléfono do Concello (986648038). Tamén é posible consultar os mapas das parcelas afectadas na entrada do propio Concello e na páxina web municipal (www.asneves.gal).

Ponte Solidario inicia unha campaña de captación de fondos “pola urxencia alimentaria” que vive a asociación

A Asociación Ponte Solidario vén de facer un chamamento á colaboración para paliar a “urxencia sanitaria” que vive a Asociación. A actividade de Ponte Solidario dende marzo viuse incrementada sustancialmente e a ese incremento de solicitudes sumouse a imposibilidade de realizar recollidas de alimentos e produtos de hixiene e limpeza nos supermercados ou na rúa.

En marzo a Asociación facía unha chamada á solidariedade e “como sempre, a resposta foi inmensa e conseguimos recadar 3.362,28 €”, explica Ponte Solidario. Grazas a esa redacación puideron facer catro compras nos últimos catro meses “e tivemos o almacén preparado para repartir máis de 200 lotes a familias con problemas económicos”. “Nestes intres voltamos ter unha situación precaria e calculamos existencias unicamente ata finais de outubro”.

Precisamos de ti! di Ponte Solidario que ofrece dúas formas de colaborar de xeito inmediato. Unha, achegando produtos polo local, os sábados de 10:30 h a 13 h ou contactando coa asociación para recollelo no 600 58 43 86 ou no enderezo de correo electrónico [email protected]

Outro xeito de colaborar e realizando unha doazón económica na conta ES81 0133 4281 1342 0000 3088, MICROBANK, Asociación Ponte Solidario

En caso de optar por doar produtos, a Ponte Solidario lembra que os máis necesarios son os de hixiene feminina, aceite, latas de conservas, leite e galletas.

Nigrán instala iluminación específica en 9 pasos de peóns como mellora da seguridade viaria

0

O goberno de Nigrán extrema as medidas para eliminar os atropelos en pasos de peóns do municipio investindo 18.000 € en nove sistemas de iluminación específica. O obxectivo é mellorar a seguridade do camiñante e do conductor en viais onde os pasos non están regulados semafóricamente e resultan especialmente perigosos, cuestión que tamén demandaran as diferentes entidades veciñais. Así, estos reforzos foron instalados por operarios municipais na Ramallosa en Torrente Ballester (2), Avda Portugal (1), Manuel Lemos (2); en Panxón en Arquitecto Palacios e Cidade de Vigo; en Nigrán fronte á Praza do Concello e PO-552.

Os conxuntos de reforzo lumínico son de iguais características aos instalados pola Deputación nos viais provinciais co obxectivo de manter a mesma estética. Así, constan dunha columna de iluminación led de ata 6 metros de altura que ten integrada unha placa decorativa de aceiro inoxidable brillante co escudo do Concello de Nigrán cortado a láser.

“Ao igual que os lombos, unha correcta iluminación nos pasos de peóns é un punto crave para a seguridade viaria, tanto para o vehículo que circula na calzada como para o peón. Isto é especialmente importante onde non se dispoña de semáforo, pois o peón cruza cando non se achega ningún vehículo, polo tanto, se a iluminación non é axeitada o vehículo pode non divisar ao camiñante provocando un accidente ou atropelo”, incide o alcalde, Juan González.

A Policía Local de Tui rexistrou na fin de semana catro alcoholemias positivas

0

Catro alcoholemias e unha proba por drogas positivas, dúas denuncias por non empregar a máscara, un vehículo atrapado  e unha actuación nun presunto caso de violencia de xénero foron parte das actuacións realizadas na fin de semana polos efectivos da Policía Local de Tui.

Por unha parte os axentes cursaron dúas denuncias a dúas persoas por non usar a máscara e non amosar a vontade de poñela. Amais con carácter informativo advertiron a outras persoas sobre o seu uso, realizando un control durante a fin de semana do emprego obrigatorio da máscara.

Por outra parte en materia de tráfico a Policía Local denunciou a catro condutores que circulaban cunha taxa de alcohol superior á permitida.  Unha das denuncias foi a unha condutora novel que deu unha taxa de 0,60 mg/l, superando en catro veces a permitida aos condutores con menos dun ano de carné.

Tamén en materia de tráfico os axentes auxiliaron a unha familia de turistas que ían pasar a fin de semana en Tui e camiño do hotel, segundo as indicacións do navegador, quedaron atrapados entre os muros de pedra nunha rúa. Un axente tras moitas manobras puido retirar o vehículo do lugar onde estaba atrapado, e posteriormente acompañaron á parella e aos seus fillo ao hotel onde tiña a reserva hostaleira.

Xunto coa Garda Civil a Policía Local acudiu na tarde do sábado a un presunto caso de violencia de xénero. Os axentes trasladaron á muller ao PAC de Tui mentres a Garda Civil detivo ao presunto agresor que se dera á fuga. A vítima presentou posteriormente denuncia no cuartel da Garda Civil.

Por outra parte o venres pola tarde a Policía Local acudiu a Malvas onde se rexistrou un lume forestal preto de vivendas. A rápida actuación da brigada forestal de Medio Rural, da Comunidade de Montes, dos veciños e dos axentes permitiu controlar o lume. Nas últimas semanas téñense rexistrado en Tui outros conatos de incendio en Pazos de Reis e Malvas, polo que dende o Concello se fai un chamamento a extremar as precaucións tendo en conta que estamos en época de alto risco de incendio forestal.

A Policía Local actuou tamén o sábado á tarde na PO-404 onde unha árbore cortaba a circulación no acceso á estación de tren de Guillarei.

Outras actuacións da fin de semana foron ante as chamadas dos veciños do conxunto histórico queixándose do ruído xerado polos locais de ocio nocturno, así coma por algunha festa privada no rural.

O tráfico pesado desaparecerá de Puxeiros e Sanguiñeda

0

O Concello de Mos ven de recibir a notificación dunha subvención do Plan Concellos 2020 para acometer a sinalización nas zonas urbanas residenciais de Puxeiros e Sanguiñeda, co fin de prohibir e eliminar o tráfico pesado das mesmas. Así o informaban esta mañá a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, e o xefe da Policía Local de Mos, Gerardo Álvarez.

A instalación dos sinais de prohibición que impidan a camións e trailers circular por ambas zonas urbanas residenciais realizarase próximamente, unha vez adxudicada a empresa que acometerá a instalación dos mesmos, que se atopa en procedemento de contratación.

O proxecto de eliminación do tráfico pesado das zonas urbanas residenciais do municipio foi elaborado o ano pasado e nel traballaron, durante meses, a Policía Local, coa colaboración de técnicos especializados.

O proxecto non se puxo en marcha ata o de agora porque estaban acometéndose as obras do nó de Sanguiñeda e da Estrada Puxeiros-Peinador. Unha vez rematadas, xa se pode iniciar a instauración deste plan de eliminación de tráfico pesado das zonas urbanas residenciais.

Detalles do proxecto

Na parroquia de Sanguiñeda actuarase en catro tramos, a Avenida de Sanguiñeda, o tramo que vai desde a rotonda do Costilleta ata a rotonda das Angustias sentidos ascendente e descendente, a rúa Areas que vai cara ó supermercado Día; e o tramo desde As Angustias ao supermercado Mercadona; e na zona de Puxeiros actuarase na rúa Ludeiro e na propia Avenida de Puxeiros. Tamén se está a estudar a posibilidade de ampliar o rango de actuación en Puxeiros, intervindo a maiores na estrada Puxeiros-Peinador, no tramo que vai desde o edificio da Axencia de Colocación (antigo CDL) ata a rotonda do alto de Puxeiros, neste único sentido; e no tramo que vai desde o Colexio Lar ata a rotonda do alto de Puxeiros, en ambos sentidos de circulación.

Pola zona de Sanguiñeda, segundo estimacións da Policía Local, pasan diariamente unha media de 1.000 vehículos dos cales sobre 100 son pesados, é dicir, un 10% do total.

E pola zona de Puxeiros, a Policía Local de Mos fai un cálculo de paso de tránsito rodado duns 9.000 vehículos ó día, dos que 1.800 son vehículos pesados, o que representa unha porcentaxe do 20%.

Arévalo, rexedora local, e Gerardo Álvarez, Xefe da Policía Local de Mos, explicaron sobre este proxecto que “se tratou dun traballo arduo e complexo, de ahí que se prolongase durante meses, porque son zonas cunha elevada actividade empresarial, moitas empresas asentadas ás que hai que darlle alternativas de paso para o transporte que leva e trae mercadorías, producto e materias primas ás mesmas. Non se pode deixar ás empresas sen acceso e servizos, pero ao mesmo tempo a necesidade existente de eliminar o tráfico pesado destas tres zonas é acuciante, de ahí o labor intenso e pormenorizado que se está a facer valorando pros, contras, posibilidades, alternativas… todo para regular o máis óptimamente posible o tránsito rodado e que as medidas adoitadas repercutan en moito na mellora da calidade de vida dos nos nosos veciños e veciñas”.

A existencia dos polígonos industriais da Portela, Rebullón e Monte Faquiña na zona de Puxeiros fai especialmente delicado o traballo, ao requerir dunha complexa reorganización do tráfico (só ata o alto de Puxeiros se desprazan diariamente entre 2.000 e 3.000 persoas a traballar, estudar, mercar, facer xestións, etc.).

Dúas persoas resultaron feridas como consecuencia dunha colisión frontal en Ponteareas

Unha persoa sufriu feridas de consideración como consecuencia dunha colisión frontal entre dous vehículos en Ponteareas.

No sinistro tamén resultou ferida outra persoa, aínda que de carácter leve. Así o indicaron os efectivos de emerxencias a través do 112 Galicia unha vez que remataron a súa intervención coa excarceración dunha das vítimas.

Efectivamente, o impacto entre un turismo e unha furgoneta na PO-403, na parroquia de Angoares, provocou que un dos ocupantes quedase atrapado no interior dun dos vehículos implicados. Isto obrigou intervir aos Bombeiros-GES de Ponteareas, que, finalmente, rescataron á persoa e facilitaron a asistencia ao equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia 061. Así, a persoa foi evacuada, xunto con outro ferido, ao centro hospitalario de referencia. 

Foi unha persoa particular quen contactou co 112 Galicia ás 18:30 horas de onte para dar conta da situación e pedir a asistencia dos servizos de emerxencias. Deste xeito, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias púxose a traballar nun operativo no que, ademais de bombeiros e sanitarios, participaron axentes da Policía Local e da Garda Civil.

Jazz e humor protagonizan o ‘Baiverán’ desta semana en Baiona

0

Hoxe martes continúan as actividades culturais programadas polo Concello de Baiona e o seu departamento de Cultura dentro o Baiverán 2020. O cine abrirá esta semana de programación coa proxección en pantalla xigante do éxito ‘Yesterday’. Será ás 23:00 h no Parque da Palma.

Xa o mércores, ás 23:00 h tamén no Parque da Palma, será a quenda do humor da man do coñecido actor galego de teatro e series de televisión Avelino González que trae o seu monólogo ‘Sereas, dragóns e pistas de baile’. O polifacético  actor sorpréndenos con este novidoso espectáculo de narración oral, teatro, audiovisual e humor no que mestura o vello co novo para falar de amor.

Jazz

O xoves e o venres o mellor jazz chega a Baiona da man de dúas formacións de recoñecido prestixio internacional: ‘Fernando Sánchez Quartet’ e ‘Martín Verde Trío’. O primeiro, actúa no Parque da Palma ás 23:00 h. Pola súa banda, o guitarrista Martín Verde súbese ao escenario na Praza Victoria Cadaval, tamén ás 23:00 h.

Todos os espectáculos estarán supervisados por un técnico de prevención que certificará que o espectáculo sexa seguro tanto para os profesionais que actuarán no Baiverán como para o público en xeral.

[su_image_carousel source=”media: 18773,18771,18772″ crop=”5:4″ captions=”yes” link=”lightbox” autoplay=”0″]

A Concellería de Cultura de Ponteareas e Banastra entregan os premios do concurso de relatos ‘Remata o conto’

Hoxe luns día 10 de agosto, na Biblioteca Municipal de Ponteareas entregáronse os premios do concurso de relatos ‘Remata o conto’. Unha iniciativa realizada pola Concellaría de Cultura en colaboración coa Asociación Comercial Banastra con motivo da IV edición da Feira do Libro de Ponteareas.

Nesta iniciativa participaron máis dunha ducia de relatos. O xurado despois das pertinentes deliberacións outorgou os seguintes premios.

  • 1º Premio a Estefanía Rodríguez Ríos que consiste nun vale de 100 € para gastar nos comercio do Centro Comercial Aberto Banastra máis un lote de libros.
  • 2º premio a Deborah Francisco Garrido consistente nun vale de 75 € para gastar nos comercio do Centro Comercial Aberto Banastra máis un lote de libros.
  • 3º premio a Victor Rodríguez Hermida que consiste vale de 50 € para gastar nos comercio do Centro Comercial Aberto Banastra máis un lote de libros.

O concelleiro de Cultura e Lingua destacou “a calidade dos relatos presentados” e animou a cidadanía “a participar nestas iniciativas culturais que tamén benefician ao comercio local”.

Nigrán estrea este mércores na Foz o seu novo festival para a rapazada ‘Parrulas Fest’

0

O Concello de Nigrán, dentro da súa programación de verán ‘Equilibrio Natural’, estrea este mércores 12 de agosto na Foz o seu primeiro festival para miudos ‘Parrulas Fest’, a cargo de ‘Charlatana Cooperativa Galega de Artistas’. Deste xeito, no mesmo escenario do Nigranjazz, terán lugar desde o día 12 ao sábado 15 dúas funcións diarias ás 20:00 e 21:30 horas con espectáculos como malabares, maxia, clown, música… Peter Punk, Asacocirco, Pau Segalés, Brais Das Hortas, Mago Paco e Pajarito serán os protagonistas.

“É un festival que ven para quedarse, foi proposto polo noso veciño Isaac Rodríguez, coñecido como Peter Punk, e nos pareceu moi acertado facelo tendo en conta, ademais, que os nenos non asisten ao cole desde marzo e que eles sufriron o confinamento máis duro, polo que é máis preciso que nunca ofrecerlles alternativas culturais de ocio de calidade”, considera o alcalde, Juan González.

Peter Punk, co seu clásico ‘Chungo que te Cagas’, abrirá o Parrulas Fest o mércores ás 20:00 horas, un show no que queda patente a súa personalidade irreverente e divertida ao tempo que amosa as súas destrezas con elementos como o plato chinés, bolas, látego, lume… A continuación, ás 21:30 horas, será o turno de Asacocirco co seu espectáculo de malabares, manipulación, pirofaxia, humor ‘Circo de lume’. Ao día seguinte, o catalán Pau Segalés dará vida en ‘Abre os ollos’ ao seu número de maxia, humor, misterio, interaccións e ilusións con obxectos. O día rematará co concerto punk infantil de Peter Punk e Brais das Hortas. Xa o venres, Brais das Hortas con ‘Zona en obras’ transmitirá o seu ritmo musical e Cirkompacto dará vida aos dous pobres diaños de ‘Hell Brothers’. O sábado 15 o ‘Parrulas Fest’ chegará ao final coa maxia e diversión do Mago Paco no seu show ‘Hocus Pocus’ e o espectáculo de clown e escapismo de Pajarito con ‘A vida tola’.

A Guarda ofrece novas actividades ao abeiro da axenda do ‘Verán 2020’

0

O Concello da Guarda continúa apostando por unha programación de actividades para todos os gustos e idades, tendo sempre en conta as medidas de hixiene e seguridade motivadas pola pandemia do covid-19.

Nesta semana a programación, recollida na Axenda de verán 2020, continúa coas visitas á embarcación O Piueiro que se repiten os martes e xoves do verán, as visitas regulares ó Monte Santa Trega (de venres a domingo), as visitas de natureza que se sucederán cada domingo e as Visitas polo casco urbano os mércores e xoves de agosto. As inscricións se poden realizar a través da Oficina de Turismo Municipal no 986 61 4546 ou no enderezo electrónico [email protected].

Os venres, sábados e domingos proseguen as visitas guiadas ao Monte Santa Trega. Inscrición previa no MASAT 986 610 504 ou no enderezo electrónico [email protected]

Tamén continúan esta semana as visitas teatralizadas no Monte Santa Trega, cun notable éxito e que xa colga novamente o cartaz de aforo completo para esta semana.

O venres 14 ás 22:30 h a Praza do Reló acolle unha nova sesión de cinema na rúa coa proxección de ‘O noso último verán en Escocia’, é preciso reservar praza no Centro Cultural no 986 61 1850 ou en [email protected]. Tamén é preciso reservar praza no mesmo enderezo para o espectáculo ‘Punkdemia’ que terá lugar o sábado 15 ás 20 horas no Castelo de Santa Cruz. Trátase dun espectáculo para todas as idades de Peter Punk.

A Deputación reforza cunha páxina web a súa aposta pola concienciación cidadá na xestión dos residuos de aparellos eléctricos e electrónicos

A Deputación de Pontevedra vén de lanzar unha nova web institucional para dar a coñecer a Estratexia Sostible Transfronteiriza para a Xestión dos Residuos de Aparellos Eléctricos e Electrónicos (ESTRAEE). Deste xeito, a través de https://estraee.depo.gal/inicio, pode consultarse información en galego, español e portugués sobre o proxecto europeo ESTRAEE, os seus obxectivos, municipios nos que está a impulsar iniciativas, socios que participan no proxecto e as principais accións que está a desenvolver.

A través desta nova web complétase a campaña informativa que a presidenta da Deputación, Carmela Silva, presentou recentemente e a través da cal se pretende achegar á cidadanía información sobre o proxecto ESTRAEE e os nove ecopuntos nos que actuou a institución provincial, situados en Meaño, A Guarda, A Lama, Gondomar, Nigrán, Ponteareas, Silleda, Vilagarcía e Arousa e Cangas (Mancomunidade do Morrazo). Deste xeito, a campaña situará ‘miniecopuntos informativos’ nestes concellos con datos sobre o proxecto, o horario e atención do ecopunto situado no seu termo municipal, así como sobre os RAEE (residuos de aparellos eléctricos e electrónicos). Ademais, os ‘miniecopuntos informativos’ irán acompañados de tres caixas de recollida: unha para móbiles e tablets, outra para pilas e outra para cargadores.

O proxecto europeo ESTRAEE, cofinanciado polo FEDER a través do programa POCTEP, está liderado pola Deputación de Pontevedra coa participación de socios como Energylab, Revertia, ERP e Liport. Cun orzamento de máis de dous millóns de euros, ESTRAEE pretende converterse nun modelo en Europa de xestión responsable deste tipo de residuos, os RAEE, cada vez máis habituais, así como nun exemplo da estratexia de economía circular encamiñada a xestionar os recursos eléctricos e electrónicos de forma sustentable. Entre as súas accións, o proxecto contempla a adaptación de nove puntos limpos da provincia á Directiva Europea dos RAEE, así como a definición dun borrador de ordenanza para os concellos sobre a xestión destes residuos e a análise do ciclo de vida das diferentes tipoloxías de residuos que nos últimos cinco anos, segundo The Global E-Waste Monitor, se dispararon un 21 % no mundo.

‘MercaSerán’, a gran festa do comercio de Ponteareas

O concello de Ponteareas presentou hoxe o ‘Mercaserán’, unha iniciativa do comercio ponteareán que une esforzos para pór en valor a súa ampla oferta de servizos e produtos. A alcaldesa en funcións, Cristina Fernández, e a concelleira de Promoción Económica, Eva Gil, presentaron hoxe xunto a membros da Asociación de Comerciantes Tea e a membros de BANASTRA esta primeira edición que terá lugar o vindeiro venres 14 de agosto seguindo tódalas medidas de seguridade e distanciamento COVID-19.

Nesta xornada o comercio ponteareán abrirá as súas portas no horario habitual de mañá e tarde prolongando o peche ata as 00:30 horas.

O venres será o momento desta gran festa do comercio de Ponteareas con agasallos para as compras maiores de 10 euros. Unha festa na que a clientela poderá realizar grandes compras a pequenos prezos tendo así a ocasión de mercar produtos de calidade con importantes descontos.

Ademais, na zona peoníl da praza de abastos ás 12 horas poderase gozar da actuación de Pa Ti Na Ma e da do violinista Gabriel Cracium ás 13 horas na Praza Maior. A partir das 18:30 horas na praza Bugallal terá lugar o obradoiro de tatoos e chapas con Enredos Animación. Ás 19:30 horas na rúa Amado Garra comezarase a bailar coa charanga Os Alecríns rumbo a distintas rúas do centro urbano para continuar co ritmo da discoteca móvil LoopDiscomovil DJ+vocalista na zona da rúa Reveriano Soutullo confluencia con rúa Constitución ás 20:30 horas. LoopDiscomovil DJ volverá hacia o Paseo Matutino acompañada dun saxofonista ás 22:30 horas e para rematar Edgar Cuerdo actuará nos xardíns do Concello ás 23:30 horas.

Un día grande para as compras en Ponteareas ao trasladarse a feira do sábado festivo a este venres día 14.

O actor Amador Rivas presenta en Ponteareas ‘O que arde’ dirixido por Oliver Laxe

O Concello de Ponteareas programa unha nova sesión de ‘Cine na rúa’ para este xoves día 13 ás 22 horas na Feira Vella. O actor Amador Arias presentará o filme ‘O que arde’ do director Oliver Laxe e premio do xurado no afamado festival de Cannes. Santiago Fillol e Oliver Laxe guionizan este drama protagonizado por Amador Arias e Benedicta Sánchez. 

‘O que arde’ ven avaliada por un extraordinario recoñecemento tanto dentro coma fora das nosas fronteiras. Boa proba diso é a ampla listaxe de premios e galardóns recibidos en tan só un ano.

  • 2019: Festival de Cannes: Un Certain Regard – Premio do xurado
  • 2019: Premios Goya: Mellor fotografía e actriz revelación. 4 nominacións
  • 2019: Festival de Mar del Plata: Mellor película e guión
  • 2019: Premios Feroz: 5 nominacións incluíndo a de Mellor Película e Mellor Director
  • 2019: Premios Forqué: Nominada á Mellor Película
  • 2019: Premios Gaudí: Mellor film europeo e fotografía

As Neves acomete a mellora de dúas áreas de lecer nas antigas escolas unitarias de San Cibrán e Vide

0

O Concello das Neves vén de dar comezo as obras de mellora da área de lecer no terreo que rodea a antiga escola unitaria  de San Cibrán de Ribarteme. As mesmas contan cun orzamento de 26.598,25€, financiado con cargo ao remanente municipal de 2019.

Os traballos abranguen o adiamento do noiro posterior, a colocación de distintos elementos, entre eles unha ‘casa de xogo’ para as rapazas e rapaces de 3 a 14 anos de idade; un ‘túnel’, tamén para o entretemento das pequenas e pequenos e unha pista polideportiva con porterías de fútbol 7 e balonmán.

Área de lecer en Vide

Tamén está prevista a actuación na antiga escola unitaria da parroquia de Vide, semellante á iniciada en San Cibrán de Ribarteme, cun orzamento previsto de 15.608,14€.

Neste caso, a obra proposta consiste na mellora da xogos actuais, a instalación dun ‘parque biosaudábel’ para as veciñas e veciños da zona. Ademais, está contemplado o arranxo do valado do peche e a reforma e pintado do muro lateral.

A Xunta impulsa a mellora da eficiencia enerxética do centro de saúde de Mondariz

0

As Consellerías de Economía, Emprego e Industria e de Sanidade impulsan un acordo marco para o desenvolvemento de proxectos de enerxías renovables nun total de 28 centros de saúde da Comunidade que permitirán mellorar a eficiencia enerxética dos edificios e importantes aforros nas súas facturas enerxéticas. Entre os beneficiados atópase o centro de saúde de Mondariz.

O acordo conta cun orzamento de 1,5M€, dos que 1,2 serán financiados polo Inega, e permitirá ao Sergas aforrar ao redor de 100.000 euros anuais nos custos enerxéticos grazas ao desenvolvemento de 25 proxectos de biomasa e outros tres de aerotermia. O investimento previsto na obra deste centro será de 60.000 euros, permitindo unha redución de emisións ao ano de 10,76 toneladas.

En concreto, substituírase o sistema actual deste centro que utiliza gasóleo por unha caldeira de biomasa.

Este acordo enmárcase nos proxectos de enerxías renovables que a Xunta está impulsando en edificios da administración pública autonómica, como xa se fixo coa sinatura doutros acordos marco coas Consellerías de Educación, de Política Social ou de Turismo dentro da aposta decidida do Goberno galego por fomentar un cambio cultural no que se prioricen tanto o uso das enerxías renovables como actuacións e hábitos tendentes ao aforro enerxético. Deste xeito, ademais destes proxectos tamén se convocan axudas dirixidas a familias, empresas e entidades locais e sen ánimo de lucro.

Neste sentido, destaca a Estratexia da biomasa posta en marcha no ano 2014, co obxectivo de promover o uso deste recurso limpo, autóctono e renovable co que se conseguen aforros de ata o 60% con respecto a outras fontes de enerxía como o gasóleo, ademais de poñer en valor o monte galego, favorecendo a xestión forestal. Esta Estratexia xa ten permitido, no período 2014-2019, apoiar a instalación de 7000 caldeiras con aforros de 14M€ anuais.

A Deputación abre o prazo para participar na ruta “Os viñedos do Castelo”

O goberno de Carmela Silva vén de lanzar “Os viñedos do Castelo”, unha novidosa iniciativa para achegarse ao Castelo de Soutomaior que combina historia cun percorrido polos viñedos, cata do caldo “Pedro Madruga” e espectáculo teatral a cargo de Rosso&Bianco.  A actividade, cuxo prazo de inscrición abre hoxe mesmo a través de entradas.castelodesoutomaior.com, terá lugar os días 20, 21, 27 e 28 de agosto e 3 de setembro ás 19 horas e terá un aforo máximo limitado a 15 persoas.

A actividade “Os viñedos do Castelo” durará 90 minutos e comezará cun paseo guiado pola senda dos viñedos de Soutomaior, a cargo de persoal propio de turismo que achegará a experiencia natural do percorrido. O obxectivo desta iniciativa impulsada polo goberno de Carmela Silva é promover o produto local e actividades sostibles e respectuosas co medio ambiente, dando a coñecer ás persoas participantes experiencias a carón do patrimonio histórico e natural. Deste xeito, ao longo do traxecto explicaranse cuestións relativas ás orixes do viño, á DO Rías Baixas e as súas subzonas (destacando a de Soutomaior), así como sobre os tipos de uvas e o proceso da vendima.

Tralo percorrido pola senda dos viñedos, terá lugar unha cata do caldo “Pedro Madruga”, que sae das mesmas cepas do Castelo de Soutomaior e foi obtido da colleita de 2019 da man da adega “Quinta das Eiras”. Ademais, esta última parte de degustación estará amenizada por Rosso&Bianco (o dúo cómico formado por David Carrera e Alberto Antelo) e a súa peza teatral “Albariño Edition”, un monográfico sobre o viño albariño dende un punto de vista persoal, divertido e refrescante.

A actividade, cun prezo de 8 euros por persoa e para a que xa se pode formular a inscrición, está dirixida a persoas amantes do enoturismo, con interese en aprender e coñecer en que consiste o proceso de vendima nunha contorna natural privilexiada, a carón dun castelo medieval e dun xardín de Excelencia Internacional.