18.4 C
Pontevedra
Martes, 26 de Setembro de 2023
Máis
    HomeO CondadoPonteareasPonte Solidario inicia unha campaña de captación de fondos "pola urxencia alimentaria"...

    Ponte Solidario inicia unha campaña de captación de fondos “pola urxencia alimentaria” que vive a asociación

    A Asociación Ponte Solidario vén de facer un chamamento á colaboración para paliar a “urxencia sanitaria” que vive a Asociación. A actividade de Ponte Solidario dende marzo viuse incrementada sustancialmente e a ese incremento de solicitudes sumouse a imposibilidade de realizar recollidas de alimentos e produtos de hixiene e limpeza nos supermercados ou na rúa.

    En marzo a Asociación facía unha chamada á solidariedade e “como sempre, a resposta foi inmensa e conseguimos recadar 3.362,28 €”, explica Ponte Solidario. Grazas a esa redacación puideron facer catro compras nos últimos catro meses “e tivemos o almacén preparado para repartir máis de 200 lotes a familias con problemas económicos”. “Nestes intres voltamos ter unha situación precaria e calculamos existencias unicamente ata finais de outubro”.

    Precisamos de ti! di Ponte Solidario que ofrece dúas formas de colaborar de xeito inmediato. Unha, achegando produtos polo local, os sábados de 10:30 h a 13 h ou contactando coa asociación para recollelo no 600 58 43 86 ou no enderezo de correo electrónico pontesolidario@gmail.com

    Outro xeito de colaborar e realizando unha doazón económica na conta ES81 0133 4281 1342 0000 3088, MICROBANK, Asociación Ponte Solidario

    En caso de optar por doar produtos, a Ponte Solidario lembra que os máis necesarios son os de hixiene feminina, aceite, latas de conservas, leite e galletas.

    COLABORACIÓNS

    Alberto Mancebo, «O que me quedaba por dicirche»

    Poderiamos afirmar que nos últimos meses algo se está a mover na literatura galega pola aparición de novos autores que nos sorprenden gratamente pola frescura das súas propostas.

    Antón Riveiro Coello, «Hotel Carioca»

    Antón Riveiro Coello volve a demostrar a súa rara habilidade para a construción de historias nas que xoga a mantenta coas personaxes e mais co lector.

    Branca Novoneyra, «As cunchas baleiras»

    Logo dunha longa década de escrita íntima e de reflexión, Branca Novoneyra decide facer público un novo poemario de clara vocación estética e simbólica como é «As cunchas baleiras», que ela mesma concibe como unha «antoloxía» dos versos que saíron da súa pluma ao longo de todo este tempo.

    Fabio Rivas, «A pintura debida»

    Ás veces atopamos sorpresas inesperadas que nos fan sorrir e confiar na saúde da nosa literatura.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    89 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS